tag:blogger.com,1999:blog-18210334.post114834075606736737..comments2023-08-23T07:48:02.849-03:00Comments on Fios invisibles: Que che deu o blog?torredebabelhttp://www.blogger.com/profile/10859702839230155788noreply@blogger.comBlogger18125tag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1149033883195691062006-05-30T21:04:00.000-03:002006-05-30T21:04:00.000-03:00Moitas gracias a todos os amigos, que así vos pens...Moitas gracias a todos os amigos, que así vos penso e vos sinto dende tan lonxe e sen vos coñecer a cara sequera. Porque iso e un lugar para que a miña identidad medre é o máis importante que me deu este blog. En especial, hoxe, quero decir gracias a María de Santiago de Compostela que, sen formar parte do blogomillo, procurou este enderezo e deixou un comentario. María: eu son unha persoa (case) totalmente galega e gústame moito a miña nación (as dúas que teño). O que máis me gusta da miña Galiza son as persoas xovens coma ti que falan galego. Iso é o que máis me gusta xunto cos libros, a chuvia e a cociña de mi tía Jesusa. "Esperemos que pouco a pouco esto tamén se vaia recuperando aqui, porque cada día que pasa, menos xente fala galego", dis e eu tamén digo. Porque como dixo SurOeste, o blogomillo pero tamen a Galiza toda é "un fermoso campo inzado de flores" e por iso -coma dixo XulioDRabal- "non deixemos morrer a labareda galega da palabra". Gracias!!!!torredebabelhttps://www.blogger.com/profile/10859702839230155788noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148936943996526632006-05-29T18:09:00.000-03:002006-05-29T18:09:00.000-03:00Tamén cheguei á casa de traballar ás 14:45, prend...Tamén cheguei á casa de traballar ás 14:45, prendo a tv. Zapeo e alí estás na 2. Chego ós tres derradeiros minutos dos teus Fíos Visibles, a demostración palpable de que alén, as raíces, esta Terra, turran. O dito ten razón de ser : "Fai máis quen quere ca o que pode".

XulioDRabalAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148846392438514102006-05-28T16:59:00.000-03:002006-05-28T16:59:00.000-03:00Tamén a min, como a case todos, o blogue deume moi...Tamén a min, como a case todos, o blogue deume moito máis do que lle pedía. A verdade é que é unha alegría ver que hai xente que se para a ler o que escribo e que dá a súa opinión.
Saúdos ;)Davidhttps://www.blogger.com/profile/13874949997194966206noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148839718282857882006-05-28T15:08:00.000-03:002006-05-28T15:08:00.000-03:00É curioso: o outro día confeseille a unha amiga o ...É curioso: o outro día confeseille a unha amiga o do blog e contáballe o gratificante que me está resultando esta experiencia comunicativa. Ó outro día ela poñía en marcha un propio.
Fermoso campo inzado de flores.
Por certo, Torre, non te vin na tele pero adícoche o último post.SurOestehttps://www.blogger.com/profile/07319914851638393068noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148823251784920632006-05-28T10:34:00.000-03:002006-05-28T10:34:00.000-03:00Felicidade, amig@s novos e milleiros de cousas imp...Felicidade, amig@s novos e milleiros de cousas impagables...
Bicos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148648464844234662006-05-26T10:01:00.000-03:002006-05-26T10:01:00.000-03:00Hola! Acabo de verte pola televisión, nunha entrev...Hola! Acabo de verte pola televisión, nunha entrevista que che fixeron, e animeime a acudir a túa blog! Estiven lendo e, páreceme estar lendo algo dunha persoa totalmente galega, que reside aquí e que gosta da súa nación; eu chámome María e resido en Galiza, teño 23 anos e vivo en Santiago de Compostela. E increibel observar como lexos de nos hai xente que se considera galega e o leva con todo o orgullo, que aprende un idioma, como é o galego, e o fala; esperemos que pouco a pouco esto tamén se vaia recuperando aqui, porque cada día que pasa, menos xente fala galego.
Moitas grazas por ser así.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148570986504604912006-05-25T12:29:00.000-03:002006-05-25T12:29:00.000-03:00Noraboa polo artigo. E graciñas por incluirme a m...Noraboa polo artigo. E graciñas por incluirme a min que son dos poucos que non teño bitácora (conxuntamente co do portal de Fillos).Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148557452727487712006-05-25T08:44:00.000-03:002006-05-25T08:44:00.000-03:00Ola, como di magago, son poucos os que se fan esa ...Ola, como di magago, son poucos os que se fan esa pregunta...ata o de agora non se me ocurrira plantexarma e de feito tampouco sería quen de dicir que é o que me da (tamén é que levo pouquiño tempo), pero dende logo nada malo.

Gústame chegar aquí e pararme a ver que é o que conta o resto da xente, algo así coma unha correspondencia, escribes cartas, recíbelas e esas relelas unha e outra vez.Ás veces mandas unha notiña de volta ou, se non, gárdalas na caixiña coma ouro en paño.

Pode ser eso o que aporte, tesouros, secretos e amiguiños/as cos que reunirse e compartilos, coma nenos pequenos.
Saúdos :)besbehttps://www.blogger.com/profile/13611614608674183126noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148503729900008132006-05-24T17:48:00.000-03:002006-05-24T17:48:00.000-03:00Eu xa expresei, como ben recolliches ti todo o que...Eu xa expresei, como ben recolliches ti todo o que o blog me da, intentei aglutinar as sensacións que teño. Xa che agradecín no seu momento que pensaras en mín para respostar as túas preguntas e agradézoche de novo que me menciones no teu post. Chámame a atención que o resto dos mencionados sexan todos "blogs masculinos". Sería ese tamén un interesante estudio, valorar si hai máis homes ou mulleres no blogomillo e pensar nas razóns...

Unha aperta de satisfación e gratitude.
:)Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148440823282446262006-05-24T00:20:00.000-03:002006-05-24T00:20:00.000-03:00Gracinhas por este artigo e incluirme nel (xa me s...Gracinhas por este artigo e incluirme nel (xa me sinto importante e tenho o peito a rebentar).
Podo engadir que aparte de diversion o meu blogo deume satisfacion emocional co estes xiringazos de moral que fan rexurdir un defunto.
Un saudo para ti, para a tua familia e para eses blogueiros que nos len nesta "lareira virtual".acedrehttps://www.blogger.com/profile/14921432604260315415noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148422093721712422006-05-23T19:08:00.000-03:002006-05-23T19:08:00.000-03:00Unha pregunta básica pero que pouca xente se fai. ...Unha pregunta básica pero que pouca xente se fai. Moitas grazas por facer remexer as ideas!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148403111608937502006-05-23T13:51:00.000-03:002006-05-23T13:51:00.000-03:00nom pode dar nunca nada malo, a min doume liberdad...nom pode dar nunca nada malo, a min doume liberdade, de información, de contactar e de escolher a quem me lea (un chisco se cadra) e últimamente dáme pena nom ter tempo para levalo ao día...un saúdo.TXARIhttps://www.blogger.com/profile/07717226029428890592noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148392369619429912006-05-23T10:52:00.000-03:002006-05-23T10:52:00.000-03:00Gran traballo. Parabéns.Gran traballo. Parabéns.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148381564722235382006-05-23T07:52:00.000-03:002006-05-23T07:52:00.000-03:00É interesante ver coma coincidimos case todos e co...É interesante ver coma coincidimos case todos e como a todos o bloghear deunos máis ainda do que lle pediamos cando comezamos.Mr Tichbornehttps://www.blogger.com/profile/12509436915566404809noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148379759614165492006-05-23T07:22:00.000-03:002006-05-23T07:22:00.000-03:00¿Que me deu o blog?... É curioso, o primeiro en ga...¿Que me deu o blog?...
É curioso, o primeiro en galego, non o actual, naceu coa dobre pretensión de utilizar un arquivo virtual en galego, idioma ao que amo, onde ir desenvolvendo os bosquexos dunha non novela que estaba / estou a escribir e cal sería a miña sorpresa ao ver que había persoas que me lían e encima tiñan uns blogs moi interesantes.
Nun momento de esmorezo, dúas delas, Marinha e Muralla, tiraron de min.
O blog dame o pracer de ler e tratar a outras persoas que me enriquecen cos seus puntos de vista e os seus comentarios, a unha parte dos blogueiros, aínda que non os coñezo en persoa, os sinto moi vinculados por eses fíos invisibles que están prendidos por afinidades.
Quitar, non me quita, nin tempo, simplemente o distribúo doutra maneira.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148368785830723642006-05-23T04:19:00.000-03:002006-05-23T04:19:00.000-03:00Para min é unha grande honra pertencer ao blogomil...Para min é unha grande honra pertencer ao blogomillo, dígoo moi en serio. Graciñas polas túas palabras, Torredebabel, xa me puxen rubio de mañá. Unha aperta.Velosohttps://www.blogger.com/profile/17688516096647618695noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148355006562129852006-05-23T00:30:00.000-03:002006-05-23T00:30:00.000-03:00Pois Torre, ainda que non teño blog –minto si o t...Pois Torre, ainda que non teño blog –minto si o teño dende dous meses atrás, pero non me atrevín ata o de agora, facelo público porque estiven agardando por algo que presentía integramente en galego, (verei de crealo agora en blogalego ou blogaliza sin ter que galegizalo), pola contra o noso fillo de 11 anos máis desvergonzado có seu pai, sí que o ten, para intercambiar cos seus colegiñas.
Lévovos cheirando, e tamén saboreando no cocido do blogomillo para dous anos e pico, teñovos nunha dúcia de preferidos que agora non vou citar, a algúns ultimamente téñolle feito comentarios e certamente estou enganchado.
Pra min os blogs son a sustitución da grande lareira co lume facendo ferver o pote do caldo da palabra no centro, e tallos ou cadeiras ocupadas polos donos dos blogs, onde o maxín, a historia, as experiencias, e tamén as andrómenas de cada un pasan, e deambulan polo mundo globalizado da rede.
Así era tamén a cociña da miña veciña de porta con porta, a da Sra Emilia, onde todos do pobo, ían parar ó remate do día, a fisicamente conversar o mesmo que conversamos nós virtualmente Aquela cociña era tamén un parlamento libre, que tiña como testigo o bó e malo, e cada un contaba e opinaba o mellor que cada un sabía cousas actuais, e cousas do faiado dos seus miolos, era a literatura de cordel da miña aldea, e entraban e saían pola porta da lareira, e entre o canizo, polas regandixas das tellas curvas de tella do país, os bules bules, chismes e aconteceres de Rabal dos pobos dos arredores.
A min o blogomillo pois, veume a sustituir aquela cociña añorada da Sra Emilia.

Un abrazo de corazón a ti Torre e a tódolos blogistas, e non deixemos morrer a labareda galega da palabra.
XulioDRabal.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-18210334.post-1148342263534532042006-05-22T20:57:00.000-03:002006-05-22T20:57:00.000-03:00tamén eu teño unha resposta á pregunta que quero d...tamén eu teño unha resposta á pregunta que quero deixa acá: o blog deume a cada un de vós e a xenerosidade de tanta xente marabillosa que deixa nesta páxina minutos valiosísimos do seu tempo. Nin no mellor dos meus soños eu podería imaxinar algo así de fermoso. Nunca. E non é que non teña imaxinación. É que pertencer a este blogomillo é un agasallo tan fermoso que nin imaxinalo podía eu!torredebabelhttps://www.blogger.com/profile/10859702839230155788noreply@blogger.com