5 de out. de 2006

As mazás de Amparo

O malo de ter unha familia espallada é que nunca tes cómo chamar aos fillos dos curmáns da tua nai ou aos netos da madriña da tua avóa. Por iso, eu sempre uso o democrático termo de "primo/a" que, por xeral e ambiguo, non perde o agarimo. Alá están os curmáns Rocío, Emilio, Lisardo, Carlos e Belén e Adolfito. Tamén as tías Jesusa e as dúas Anas. E moitos outros. E Amparo. Porque hoxe quería falar de Amparo.

Lembrome dela con moita frecuencia, sempre con agarimo e admiración. Teño vivo e intenso o recordo da vez que a coñecín fai xa case dez anos. Eu apenas pasaba dos vinte anos e tiña daquela un estilo estridente, deses que veñen coa xuventude. Ela co seu falar construido de palabras e tamén de silencios pareceume -nos primeros momentos- tímida. E non sería o derradeiro erro de ollada.

Non era tímida. Era intelixente. E as persoas intelixentes so falan o necesario, non mais. E Amparo, por riba, tamén sabe escoitar. É unha muller curiosa e inquieta, un deses espíritos xenerosos que sempre pensan que hai nos outros algo por descubrir. Por iso, tanto pode un falar con ela sobre política no Pais Vasco (onde viviu ata o ano pasado), mergullar nas diferentes políticas de saude que se aplican no Estado Español ou en América Latina, ou recorrer os recunchos dos asuntos mais diversos.

Se a primeira ollada é a que importa, este caso é unha excepción. Cando coñecín a Amparo, pode que polo tempo das vacacións ou polos anos que tiñamos cada unha de nós, parecume discreta de mais. Unha desas mulleres que pon mais énfase en pasar desapercibida que en facerse ver e chamar a atención. Pode que a memoria teña mudado e debuxado as cousas de xeito diferentes, pero ainda a vexo con roupas dunha muller maior ca ela, unha veciña da aldea sempre ocupada na casa, nos fillos e no home. Moito me trabuquei. De novo.

Amparo brilla sen impor a sua presencia. Un fala con ela e así, sen decatarse, ela vai tornando coa forza do interés, a conversa cara a ela. Sempre admirei moito a esas persoas que destacan sen facer esforzo, sen berros nin roupas de vangarda. E estamos a falar dunha delas.

E certamente, ainda non contei o meu erro central daqueles tempos nos que coñecín a Amparo. Souben cedo que tiña estudiado Medicina. A carreira toda. De comenzo a final. E deixara a residencia sen facer cando quixo ser nai. Para quen, coma min, tivo tempo de universidade e logo (moito tempo despois) para os fillos, aquela decisión deixoume abraiada. Na miña cabeza non entraba explicación razoable que dera conta dunha muller que renuncia á medicina para traballar co seu home nun negocio. Non a había.

Pero chegoume o tempo de entendelo. Mais ou menos pola data na que eu souben que ia ter un fillo, Amparo pasou o examen e acadou unha praza de médico. Quen vive en calqueira cidade ou aldea de España sabe moi ben que estou a falar dunha proeza. É unha fazaña para os novos, os graduados do ano pasado que fan os examenes tendo na mente os coñecementos mais recentes. Pero falo acá dunha muller que levaba 20 anos fora da universidade, que estudiara Medicina nos tempos onde o VIH non era mais que tres letras. Ela loitaba por unha praza fronte a médicos xovens que lle levaban vantaxes evidentes.

Cando souben da boa nova (por medio da sua filla Rocío, estudante de Medicina tamén), mandei un correo con présa: "Felicitaciones -puxen en el-. No sé cómo felicitarte y que te llegue toda la alegría que tengo a través de un medio tan limitado como el correo electrónico. Si es que tengo una felicidad tan enorme que parece que la que pasó el examen soy yo!!!".

Logo fun eu nai. E entendín todo.

Este verán, Amparo e a sua familia non tiveron vacacións por mor do traballo novo en Oviedo. O de médica. Contabame fai días nunha carta que sentía moito non poder voltar á aldea en agosto, non tanto polos días de descanso, senón por ver unhas maceiras que puxo alá no inverno. Seica a nai dela, que vive alá, xa lle dixo que non deran froito ningún. Pero ela ainda quere ir e velo por se mesma. E eu, agora que entendo, creo que cando Amparo vaia a Quintá, as maceiras estarán cheas de froitos. Porque ela pode o que ninguén pode. E o fai sin estridencias. Discretamente e ao seu tempo. Coma nacen as mazás.

21 comentários:

Anônimo disse...

É unha historia ben fermosa a de Amparo, unha ilustre muller. Unha vez máis un claro exemplo de que os nomes imprimen carácter e de que os momentos axeitados van chegando só é cuestión de tempo...


Unha aperta grande grande.
:)

X disse...

Supoño que Amparo ha de ser como vostede di, pero se non existise o seu exquisito retrato abondaría para xustificar a súa existencia.

Lúa disse...

Qué fermoso relato, Amparo dende logo é o que eu chamo unha "muller, muller" felicitacions !

Ra disse...

La gente con "duende" es la que habla más bajito.Preciosa esta Amparo tuya.Saludo!

David disse...

Fermosa historia. ;)
Espero que cando chegue a alegre esa maceira chea de froitos. :D
Saúdos

Torreira disse...

Gosto da historia de Amparo mais tamén da maneira que tes ti coas verbas de dibuxar a Amparo..

moucho branco disse...

A veces déixame sorprendido a túa habilidade para a narración... verdadeiramente fermoso de ler, grazas, :D

un saúdo.

SurOeste disse...

Ás veces hai que saber esperar, pero nunca renunciar.

Anônimo disse...

A historia de Amparo é fermosa pero tal e como ti a contas é doblemente fermosa. Qixera que chegase algún día en que poidera manexar e mesturar as verbas como ti o fas. Saúdos.

Moralla disse...

A paciencia e a constancia son sinais de madurez. Tes moita arte escribindo, "Babel". Parabéns. Aperta de Yoli

Anônimo disse...

E o máis marabilloso de todo é que alguns pacientes poidan gozar dunha médica así...
Seguro que será ese ser que quere enontrar un enfermo.
Bicos.

Veloso disse...

Fermoso exemplo de sacrifico e constancia. A historia de Amparo deixou no aire un suave recendo de mazás. Unha aperta.

Laurindinha disse...

Que historia tan bonita...
A ver se lle botan froito as maceiras... :)

Cobiñas disse...

Se me hace difícil explicar la emoción que siento. Recién leía en el blog de Ra aquel verso que dice "gallegos de lluvia y calma". Esta, la calma de Amparo, ilumnia las palabras de Hernández. Unha aperta, Cobiñas

paideleo disse...

Xente como a túa curmá Amparo dálle valor á especie humana; e refírome tanto no aspecto profesional coma no humano.
Ogallá lle vaia ben nestes mundos e que a maceira lle dea as máis sabrosas mazás da terra.
Un saúdo e dígoche que a cantinela de "Este queixo, queixolán..." non ten música especial.

TXARI disse...

gosto de conheçer gemte asim, e pols túas vebas creo que conheço a amparo dende tan cedo coma ti, diraslhe que jâ é um ejemplo para muita máis gemte...

Xosé Manuel Carreira disse...

Agora os estudantes de Medicina teñen que aprender tantas cousas, manexar tantas máquinas, analisar tantos indicadores, que case perderon o contacto co paciente durante os estudos.

Moralla disse...

Grazas Torredebabel. Sempre liquidan a mulleres con coraxe que defenden a liberdade e os dereitos humanos, como Anna Politkóvskaya. É tan inxusto!!!
Unha aperta fértil de Yoli

Mrs.Doyle disse...

Fermosa historia: no fondo e na forma.

torredebabel disse...

dixome Amparo, ao ler este post que eu vexoa mellor do que é. Sen dúbida, iso tamén fala de que levo a razón cando digo o que digo de ela. Quero agradecervos as cousas tan lindas que engadiron. Grazas Marinha de Allegue, X, Lúa- Haberlas, hailas, Ra, David, Torreira, moucho branco, SurOeste, A Randeeira, Moralla, muralla, Veloso, Laurindinha, Cobiñas, paideleo, TXARI, Xosé Manuel Carreira (mendinho), e Mrs.Doyle. Grazas pola presencia e a compaña e sempre ese agarimo feito de letras e de visitas. Son repetitiva, ben o sei, pero é que non o sei decir doutro xeito: Grazas!

Anônimo disse...

estiven na feira este ano e todo o que din é certo, pero as persoas como Amparo, son premios anónimos do Príncipe de Asturias ao saber vivir. Fermoso post
Un saúdo