14 de fev. de 2008

Misterios en clave galega

Pezas valiosas que desaparecen, escritores mortos pero que ainda escriben, o suicidio dun importante funcionario que non está moi claro, trata de persoas, o secuestro de Manuel Rivas, ou unha familia asasinada nunha aldea galega, son algúns dos misterios que comezaremos a desvelar dende o mes de marzo na sala Alfonsina Storni do Café Tortoni.

O ciclo deste ano vai de policial e de novela negra na literatura galega. "Pensamos que, por unha banda, o traballo con novelas policiais e negras fará visibles fronte ao lector escenarios e problemáticas en parte ausentes nos textos lidos durante o ciclo pasado e, por outra, permitirá presentar un conxunto de textos e autores actuais nunca traballados formalmente en Bos Aires", explica a licenciada en Letras Andrea Cobas Carral, coordinadora do ciclo.

O percorrido por historias -as máis delas- actuais, a achega a autores novos que falan da Galiza de do hoxe en día, a ollada sobre problemáticas urbanas repetidas en calquera grande cidade pero tamén sobre crimes rurais e o fenómeno bravú, van abrir unha fiestra fantástica para asomarnos á terra tal e como ela é agora, digo eu. Será dende a nosa perspectiva de galegos na diáspora, de lectores formados na Arxentina, de herdeiros dunha tradición a dúas beiras.

Borges, Forcadela, Link, Reigosa, Borrazás, Malvar, López, Jaureguizar, Fernández, de Toro e Villar, son algúns dos nomes. Estades convidados!

21 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  2. Bendita Andrea, y usted.
    Qué pena estar tan lejos.

    Abrazo, Torredebabel.

    ResponderExcluir
  3. Non sabia eu da existencia dese blogo.

    ResponderExcluir
  4. Unha boa iniciativa. Aquí hoxe no Obelisco, manifestanse uns que afirman que o Castelán está perseguido en Galiza. Manda carallo!

    ResponderExcluir
  5. SUSO LISTA!! en realidade cres que esa manifestación é a prol do castelán??

    ResponderExcluir
  6. Tenche boa pinta o tema e mais a escolla dos autores.

    ResponderExcluir
  7. Encántame a novela negra. No Tortoni, na sala Alfonsina Storni....uff, porque teño compromisos, que sinó xa me achegaba ó ciclo.

    ResponderExcluir
  8. é magoa que me colla un tanto a desmán de Vigo...

    ResponderExcluir
  9. Acepto o convite, grazas por ese interesante enlace.

    ResponderExcluir
  10. Paréceme un blog moi interesante. Moitos saúdos

    ResponderExcluir
  11. Encantanme as novelas de Suso de Toro. Ten pinta de ser interesante este ciclo

    ResponderExcluir
  12. Sempre interesantes a s túas palabras...

    Unha aperta grande grande.
    :)

    ResponderExcluir
  13. Que teñades moito éxito e proveito nesas xornadas.
    Por certo a noticia de "El País", que me remitiches en días pasados alusiva a un ancián que vive só en Traspenas (Agolada) fala dun amigo meu co que estiven falando o domingo pasado pola mañá. Encontreino cando ía camiño da misa. E faloume de que o estiveran a entrevistar e de que viñeran da TVG para filmalo.
    Vaia coincidencia. Nós chamámoslle Emilio de Traspenas. Está en Artoño, a carón dun pazo moi deteriorado que fora a antiga fortaleza de Traspenas. Vese ben que o mundo xa é pequeno.
    Unha aperta, Débora.

    ResponderExcluir
  14. Que teñades moito éxito e proveito nesas xornadas.
    Por certo a noticia de "El País", que me remitiches en días pasados alusiva a un ancián que vive só en Traspenas (Agolada) fala dun amigo meu co que estiven falando o domingo pasado pola mañá. Encontreino cando ía camiño da misa. E faloume de que o estiveran a entrevistar e de que viñeran da TVG para filmalo.
    Vaia coincidencia. Nós chamámoslle Emilio de Traspenas. Está en Artoño, a carón dun pazo moi deteriorado que fora a antiga fortaleza de Traspenas. Vese ben que o mundo xa é pequeno.
    Unha aperta, Débora.

    ResponderExcluir
  15. Noraboa un ano mais, a caron do xerente xeneroso do Tortoni, neto de galegos que garda como un tesouro os cadros que retratan a Blanco Amor, a Luis Seoane, a Arturo Cuadrado. Maxia que facedes realidade, con este grupo comprometido, libre, plural e orixinal. Bicos e agarimos de Mafalda e Claraflor.

    ResponderExcluir
  16. Parabéns polo novo ciclo aos "Lectores Galegos en Bos Aires".
    Para xullo quizás poida estar por aí e gustaríame moito poder participar nunha das vosas tertulias literarias :-))
    Xa falaremos...

    Unha aperta

    ResponderExcluir
  17. uihh! que falta de actualizar tem este blog. Algúns fazemo-lo diariamente!!!

    Mais ganhas gentinha!!!

    ResponderExcluir
  18. Moitas grazas a todos polas vosas visitas e disculpade pero son tempos de movemento. Estou deixando a pel dunha nai de neno pequeno para vestirme coa dunha nai de neno escolarizado e iso da traballo... vaia se da!
    Cuspe, non deixe de escribirme cando estea por vir. Din os amigos que son unha bastante boa embaixadora-guia turística nesta cidade ;-))

    ResponderExcluir
  19. Dá gusto ver o que facedes polo idioma desde tan lonxe! Que gocedes moito desta nova xeira lectora que comeza!

    Bicos moi fortes

    ResponderExcluir
  20. Estarei alá para o 2 de Agosto, Déborah. Farei o posible para estar convosco no Tortoni nesa data.

    Biquiños

    ResponderExcluir
  21. Cuspedepita, por favor non deixe de nos contactar (no correo lectoresenbosaires@gmail.com ou no meu que aquí está) xa que -tanto os integrantes dos Lectores Galegos en Bos Aires como nós as dúas- fainos moitísima ilusión ter amigos que veñen da terra como convidados no Tortoni. Agardamos esta visita con moita ledicia!!!!!!!

    ResponderExcluir