Non sei o que di este home porque fala moito e eu pérdome. O cartón tamén é como a xente. Ás veces está. E outras non. Se chove non, porque non vale mollado e os do camión non o mercan. Ela sabeo todo do cartón: sei atopalo no lixo, sei desarmar as caixas e sei dobralas e amorealas. Sabe chegar a primeira á porta do Carrefour e remexer nos colectores. Sei adiantar na avenida co carro moi rápido, moi rápido, e non me importa se o bandullo se pon duro. Eu sei chegar a primeira e encher o carro dos mellores cartóns.
Cantos anos tes? Ela di que trece ou así. Non dí que non se lembra. Queres o neno? Ela non o sabe. Non-o-sei. O home tira dun peto da chaqueta un pequeno cartón branco. Esténdello e como ela non fai aceno de collelo, pousallo na man. Dille que o pense, que son moitos cartos, pero ela non sabe o qué ten que pensar. Olla o cartón branco e os debuxos pequenos que sabe que son letras. Ela sabe que o cartón que vale é o gordo, a 20 céntimos o quilo. Tira a tarxeta e marcha. Ela sabe chegar a primeira.
Foto de Olmovich
12 comentários:
Este relato soame bastante xq será...?
Que a sabiduria nos acompanhe!!.
MUUUUAAAAAAASSSSSSSS enerxéticos linda.
:)
gustoume este realismo no relato
É fermoso ver que a sabiduría habita nos lugares máis insospeitados. Aínda queda esperanza.
Canta desigualdade! Nós a tiralos aquí e ela(s) a recollelos por aí.
fermoso relato, si señor
Retiro-San Isidro. Tódolos días do mes de setembro/06 collín o último trén. Recordei co teu relato unha pequena con dous enanos colgados e un home naquel tren que sempre levaba cartoeiros. Pero a miña historia é ben diferente, prefiro a túa, eu non podo ser tan optimista. Bueno! un saúdo
Cuento breve:
Mr. Firglebinkle me pidió que le cuide la casa hasta que regrese. Me dio un manojo de llaves y me advirtió: nunca utilices la llave dorada, nunca abras la puerta trasera. Cuando volvió, le devolví las llaves intactas.
Un bo relato, real como a vida mesma. Bicos
Fermoso.
O home quedaría contento porque ela quedou coa tarxeta.
Fermoso texto.
Graciñas pola compaña e os comentarios. Andiven algo fora nestes días por cousas da saúde e é fermoso voltar e atopar tanto agarimo. Como di Condado, esta é unha imaxe repetida nas rúas da cidade de Bos Aires. E, tamén como di, non é un fenómeno nin feliz nin optimista. Ricos cada vez mais e mais ricos e pobres cada vez máis naturalizados. Unha postal do mundo no que vivimos...
Deixamos aquí unha invitación a quen lle interese, bikos.
http://hablapormidiceiago.blogspot.com/2008/07/reunin-informal.html
Postar um comentário