28 de dez. de 2007

Descanso


Marchamos a unha praia con nome de santa -da que algo vos contei fai algún tempo- para darlle a benvida ao ano 2008 cunha aperta salgada que cheire a mar.
Ese mar frío que afastándonos tamén nos achega.
Vémonos nuns días!

... prometo traervos algo de sol quente e un chisquiño do barullo da area, superpoboada de risos bulideiros e de xentes asándose nos seus traxes charramangueiros. E se cadra, tamén eu atope unha botella no mar.

21 comentários:

  1. Tirarei outra botella o mar (aínda que os ecoloxistas me berren) ca ilusión de que chegue a esa paradisíaca illa, e dentro dela un mensaxe que inclúa as mellores cousas e desexos para o aninovo para ti e os teus.
    Apertas mariñeiras

    ResponderExcluir
  2. mmmmm!!!que sorte!!!!feliz aninovo

    ResponderExcluir
  3. Xa tarda ver a botella, sobretodo se ten un barquiño metido dentro, deses de complexa e complicada arquitectura, coma os galeóns cargados de prata que voltaban á península ('viene a morir a España / y es en Génova enterrado', que dicía Quevedo...).

    Feliz 2008, Débora!

    ResponderExcluir
  4. Qué gozada entrar no ano na praia!!!

    Desexo que o 2008 encha o teu blog de posts tan belos e interesantes coma ata o de agora.

    Unha aperta

    ResponderExcluir
  5. Feliz ano 2008. O Occam e mais eu tomaremos o primeiro café do ano á súa saúde.

    ResponderExcluir
  6. Pois que teñas un feliz 2008 que é o que se soe dicir nestes casos.

    ResponderExcluir
  7. Moitos beixos e moita felicidade para 2008 da familia pelacha!

    ResponderExcluir
  8. Non sei se che contei dos aninovos que recibin na praia. Extraña sensacion

    ResponderExcluir
  9. Que sorte despedir o ano con sol.
    Tamén é curiosa Santa Teresita, unha cidade con tan poucos anos de existencia.

    Que teñas un bo 2008 e se mandas unha botella e tópaa homedepedraenbarcodepau ninguén llo vai crer desta volta.

    ResponderExcluir
  10. um geito moi distinto de celebralo de como se fai aqui pero igual de válidos, que seja pra bem e que nom falhe a ledícia...

    ResponderExcluir
  11. pois eu paseinos neste frío invisibel que cubre o lago Compostela, que os lugareños chaman Léman, escollendo algunhas verbas para dicir o que non sei... En fin, mellores desexos para todos no 2008.!!!

    ResponderExcluir
  12. Esas fotografías fan que te envexe de maneira preocupante!!
    Feliz Aninovo!!

    ResponderExcluir
  13. Feliz Ano Linda!!!.

    Unha aperta tamén salgada para ti.
    :)

    ResponderExcluir
  14. Fleiz ano Torre¡ Que ben pinta esa festa que fixéchedes

    ResponderExcluir
  15. Pois felíz e boa entrada de ano nesa plaia, faiseme dificil imaxinar o nadal nunha praia, sobre todo tendo en conta o frío que vai por aquí.
    Unha aperta.

    ResponderExcluir
  16. Envexa deses calores austrais, ao ver as fotos pensei que visitaras Holanda neste Nadal. Feliz 2008 encantadora viaxeira.

    ResponderExcluir
  17. Pois que este ano 2008 che sea "propicio". Moitos bicos dende o medio do vento da choiva e do mar.

    ResponderExcluir
  18. Feliz 2008, Débora. Cando voltes moreniña dese verán arxentino agardamos que nos deleites cos teus sempre interesantes artigos.
    Apertas.

    ResponderExcluir
  19. manda calor, manda... que fai falla aqui un dia chovendo mares e o seguinte despexado e xeando coma nunca recordan os vellos....
    detodol
    os xeitos moi ben porque cada cousa no seu tempo.....
    e pasaba por aqui a desexarche que comeces o mellor ano da tua vida e que se vexa ampliamente superado polo seguinte e asi sucesivamente ata que non podas mais de ledicia....
    apor suposto que nos poidamos velo, leelo e desfrutar dun café contigo ainda que sexa unha vez ao ano....

    bicos e apertas transoceanicas

    ResponderExcluir
  20. Moitas grazas a todos e todas polos bos desexos, pola compaña, por vires por aquí. Sen dúbida, é neste cadriño que se abre onde se atopa o mellor que ten este blog. Graciñas!

    ResponderExcluir