18 de mar. de 2009

Matemática

.
Só o 25% dos habitantes das cidades emprega habitualmente o galego

+


O PP esixe que se limpe un monumento franquista

___________________________________

Galicia é a comunidade con más deprimidos de España



Titulares do xornal El País de hoxe
.

12 comentários:

  1. Tampouco fagas caso do que din os periódicos. Normalmente so traen tres verdades: o prezo, a data...e as esquelas!!

    (Galicia, chovendo ou con sol, é o paraíso.)

    Repite o pracer de vir á Chousa de visita cantas veces queiras. Hai reciprocidade na sensación

    ResponderExcluir
  2. Algunhas veces a matemática non é unha fonte de ledicia.

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderExcluir
  3. Mais ben o titular sería:
    O CABREO POS-ELECTORAL AFECTA Á PRESBICIA.
    O digo polo tamaño das letras e tamén da conclusión...
    Ánimo!

    ResponderExcluir
  4. O 25%? Non sei, falando de Ourense paréceme pouco. Falando de Vigo, moitísimo. Eu estiven a piques de entrar na confraría dos deprimidos, pero ao final decidín que pagaba a pena conservar o bo humor e o espírito de loita. Unha aperta.

    ResponderExcluir
  5. Si creo que hai unha relación directa entre os sumandos e a suma, anque a simple vista puidera parecer que non. A baixa autoestima ten estas cousas...
    A porcentaxe, desgraciadamente, é inversamente proporcional ao grao de desenvolvemento da cidade, e ao nivel de industrialización, xustamente ao contrario doutras comunidades.

    ResponderExcluir
  6. Creo que pronto vai haber que añadir mais cousas a suma e ao resto. Bico grande

    ResponderExcluir
  7. Por iso este país precisa menos matemáticas e máis poesía.

    ResponderExcluir
  8. Carallo, como para non deprimirse. Apúntome á fluoxetina.

    ResponderExcluir
  9. Minha ben querida Débora, imos ir vendo os resultados dos cálculos...

    Beijinhosssssss.
    :)

    ResponderExcluir
  10. As cousas sonche ben distintas vistas desde Madrid.
    De todos xeitos, si hai razón para pensar que non andamos ben: A min non me ilusiona nada o cambio de goberno e a suma da crise dá un panorama pouco alentador.
    Pero para iso está o noso ánimo optimista e positivo.
    Moitas apertas.

    ResponderExcluir
  11. Graciñas a todos polos vosos cálculos, sumas e restas. E graciñas a mimiago polo agasallo!

    ResponderExcluir