Se algo ten de bo ir medrando (mesmo envellecendo) é que o corpo apréndenos a escoitalo mellor. Dende logo, non sempre é posible atender ao que pide, pero que non sexa por non saber. A min, hai tempo que o corpo me pide mudar de actividade. Cando menos, mesturalas algo. Un chisquiño de cabeza, un chisquiño de escrita e outro chisquiño dalgo distinto.
Así foi como din en tecer.
Non foi unha descuberta. Nin unha aprendizaxe. Hai ben anos que a miña avóa e logo a miña nai desveláronme os segredos desa cruza de fíos. Era eu unha nena e non había diferenza entre o xogo e a calceta.
Moito tricotei daquela. Abrigos e bufandas, medias e gorros. Tamén cosía, pero diso xa falamos. Logo, coa universidade e o traballo non foi quedando tempo e as agullas tanto como os fíos deixaron espazo para outras actividades.
Nas últimas semanas volvín tricotar. Foi unha viaxe á rapaza que fun, unha volta no tempo. Cantos que somos mentres imos sendo! moitos lados que deixamos á vista hoxe e van quedando agochados mañá. Recuperei o goce do nobelo que é todo posibilidade. Atopei de novo o desafío das febras deitadas sen mais. E botei algúns cagoendios diante dos nós e dos atrancos de quen leva décadas sen mover as agullas.
Non andiven moito por estes recantos nas últimas semanas pero levo feitos chalecos para o fillo e o afillado, un saco para o sobriño, un abrigo para min e unha chea de amigurumis para os nenos e nenas da familia que foron unha encantadora descuberta.
que cousa máis bonita, eu levo tempo querendo facer deses amigurumis (que non sabía como se chamaban)e si, tamén de pequena sabía facer ben máis cousas ca agora: calcetar, ganchillar e coser na máquina...supoño que algún día tamén o retomarei dese mesmo xeito :) bico!
ResponderExcluirMira en que se nos andaba entretendo a nosa misteriosa Torre... e volveu con regaliños para todos!
ResponderExcluirParabéns pola "nova" actividade :-)
ResponderExcluirUnha aperta.
Antón.
Miña nai sempre me calcetaba os xerseis. E metíalles unha cenefa polo medio doutra cor que non me gustaba un carallo.
ResponderExcluirAinda daría algo por saber que foi deles...
A calceta tense identificado maioritariamente como unha actividade feminina, pero eu lembro un colega da época universitaria ao que lle encantaba calcetar, e iso que non coñecía os "sunamis" eses.
ResponderExcluirFíos visibles e ben xeitosos. Supoño que axudará o tempo invernal.
ResponderExcluirPois eu penso que eses graciosos bonequisños mesmo terán o seu bo tirón comercial. Moita sorte.
ResponderExcluirEs unha verdadeira artista...
ResponderExcluirBeijinhossssssssss linda.
:)
hoxe vin dar ó teu blog,
ResponderExcluirnon sei nin cómo,
atópote por aí nalgún comentario de cando en vez,
en blogs que tamén leo eu...
non sei polo qué fásteme cercana,
e vas
e estás en buenos aires!!
isto que dis da calceta, moveume á emoción
non, non as cousas que fas,
que tamén,
se non polos cagoendios porque de pequena cando miña nai me quería ensinar a calcetar,
a min escapábanseme os puntos todos, e escarallábaseme o conto, e din que calcetar relaxa, pero a min poñíame dos nervios,
e terminaba tirando o labor no chan, e saltando enriba dela coa rabia!
entón ainda non me atrevía a decir un "pecadazo" como cagoennnndiós!, pero agora moitos botaría!!!
un saudiño, moza.