27 de abr. de 2006

Compromisos

Moito téñenlle pedido, suxerido e preguntado á escritora galega Luisa Castro cándo vai escribir en galego. E canto máis llo reclaman, menos ganas ten ela de facelo. “É unha chantaxe emocional –dí en Bos Aires- e eu non teño esa sensación de facer algo que non debería cando escribo en castelán”.

Castro pasou un día na Argentina para falar da súa última novela, “La segunda mujer”, coa que ganou o premio Biblioteca Breve da editorial Seix Barral. A história percorre a relación entre Julia, xoven escritora galega de 25 anos, e Gaspar, un famoso intelectual catalán de 57, que namóranse intempestivamente. Sen embargo, o amor é só un dos protagoniostas xa que o tema central son as diferentes maneiras que ten, coma disfraces, a violencia doméstica.

Sen embargo, a novelista nada en Foz (Lugo) que tamén ganou o Premio Rey Juan Carlos I de Poesía en 1990, foi finalista do Premio Herralde nese mesmo ano, e levou o Azorín en 2001 e o Torrente Ballester en 2004, falou doutras cousas. Contou que volveu a vivir a Santiago de Compostela polos seus fillos. “Naceron en Barcelona e non me facía ilusión que se convertésen en cataláns con esa parte romántica da nai galega. Hai nos nacionalismos unha dinámica relixiosa de lavado de cerebro e eu non quería iso para os meus fillos”, dixo.

Luisa Castro fala galego cos seus. Os fillos tamén o falan pero só con ela xa que co pai falan catalán e entre eles usan o castelán. Sen embargo, a meirande parte da sua obra foi escrita en castelán. Ela contou por qué: “Non foi unha decisión. Saiu. Ainda que me formei coa literatura galega, os meus primeiros pasos foron en castelán por casualidade: presenteime a un premio cun libro en castelán e –cando o ganei- tivo moita repercusión. Iso abriume moitas portas en Madrid e marchei alá porque eu quería vivir da literatura. Foi así como o sistema literario que me acolleu e me permitiu vivir disto foi o castelán. Hai outros escritores que escriben en galego e publican en galego porque foi o sistema galego no que puideron desenvolverse”.

A escritora recoñece que o feito de escribir en castelán, restalle lugar na literatura galega. Sen embargo, díxo: “Penso que, ainda que escribas en castelán, a tua cultura está aí”. E contou –na entrevista que lle fixen e que pode lerse acá- que o seu libro anterior, “Amor mi señor”, ainda que ten a metade dos poemas en galego, foi publicado en Barcelona por motivos paradoxals. “Cando rematei o libro intentei falar con editores galegos pero as editoriais de Galicia teñen o compromiso coa Xunta de publicar só en galego (e por iso levan subvencións) polo que o libro metade en castelán non podía ser. Así, foi publicado en Barcelona ainda que fora un libro que orixinalmente comenzou a escribirse en galego”.

20 de abr. de 2006

Todolos anos, todolos libros

Cando nena, poucas cousas gustábanme máis ca voz rouca e gastada na escola da miña nai lendonos contos. Daquela, as histórias viñan nun libro chamado "Un cuento para cada día del año" que tiña tapas duras, cor amarela, e era iso: 365 pequenos contos para ser lidos a nenas famentas de fábulas e ilusións coma eramos a miña irmá e mais eu. Todos viñan cos seus debuxos, pero de todolos xeitos, o mellor era aquela énfase, aquela maneira de decir que tiña a contadora e que mediante os tons e as cores da intención ían trazando e deseñando lugares lonxanos, personaxes engaiolantes e acontecementos fascinantes.

Poucas cousas gustábanme máis. Só os contos da miña avóa. Ela non os lía. Non tiña libros nin os necesitaba. O que contaba atopábao na sua memoria e sempre eran histórias cuios protagonistas eran os meus. Tanto tiña que fora ela mesma, a miña nai ou calquera dos seus irmáns, un tío ou curmán lonxano, sempre eran contos divertidos, de rir ata que doia o bandullo, rir sen poder parar. Contábaos en galego, claro, e falaba da terra porque alá era onde pasáranlle as mellores cousas. A miña lembranza favorita era aquela do meu padriño que con catro anos viu por primeira vez á sua nai cos beizos pintados de vermello e correu horrorizado onde o irmán máis vello e díxolle: "Pepe, que a mamá ten sangue na boca".

A maxia transformouse cando aprendín a ler. O primeiro que fixen foi ler eu mesma os contos para cada día do ano. Pero sen facer caso algún do día sinalado senón desobedecendo o calendario. A primeira rebelión que son capaz de lembrar. Logo foron os libriños da colección Biblioteca Billiken. Mentres a miña irmá tiña as aventuras da princesa Sissí, eu ía das "350 Poesías para niños" ata as "Mujercitas" ou "Ivanhoe".

Xa escolarizada, os libros de nenos deixáronme de enamorar e un día atopei interesante unha colección vella que tiñamos na casa. Eran os cen tomos da Biblioteca Básica Salvat e convidábame tanto Cervantes e as "Novelas ejemplares" coma Moliere co seu "Enfermo imaginario", "El perro de los Baskerville" de Conan Doyle ou "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.

Pero foi cando entrei ao mercado laboral que din en mercar máis libros dos que podería ler en duas ou tres vidas. Hoxe teño duas bibliotecas. Unha na casa do meu pai. Alá quedaron as biografías, algúns libros de história e ciencias sociais, literatura arxentina, libros vellos e históricos, máis algúns estantes de literatura escrita en outras linguas que non sexan o castelán. Tamén as revistas, xornáis e cadernos.

Na casa a librería maior é a do meu home. É infinita porque coma é escritor e xornalista recibe libros todalas semanas o que a fai medrar e medrar. A miña, máis modesta, conta os libros que merquei nestes anos (e Puig, Borges, Cortazar e algúns outros dos que non me separo) máis os que uso para traballar. E tamén a miña biblioteca galega que vai onde eu vou. Aí están os clásicos, naquelas edicións feitas en Bos Aires para Castelao ou Blanco Amor, ou en novas coleccións para Cunqueiro, Rosalía, Ferrín, Otero Predayo, Manuel María, Neira Vilas, María Xosé Queizán. Aí tamén están, na sua ilegalidade, as fotocopias para Dieste, Lorenzo Varela, Casares, Ferrín e Seoane. E tamén teño algunhas cousiñas novas que trouxe de Galicia ou que me trouxeron ou me mandaron: algúns de Rivas e de Suso de Toro. Xavier Alcalá e o admirado Veloso que Parzival mandoume nun sobre cheo de felicidade. Non son moitos, ben se ve, pero levo poucos anos de galego-lectora e xa mellorarei a forza de amor polos libros e pola lingua.

Hoxe comenzou a 32º Feria internacional do libro de Bos Aires. Galicia ten un lugar, como todolos anos. E eu teño algúns cartos e moita fame de histórias. Como todolos anos.

11 de abr. de 2006

Fun, son e quixera ser

Tiña menos de seis anos cando foi tirada esta foto. Ou pode que tivese seis ou sete. Non o sei. Daquela, e a diferencia da miña irmá, eu non sabía qué ia ser de maior. E ainda que agora, tantos anos despois, iso semelle unha cousa sen a menor importancia, naqueles tempos da infancia era un problema complicado. Non tanto pola axitación que calquera podería sentir fronte a un futuro non tan lonxano e sempre preocupante neste país (e neste mundo tamén, claro), senón pola teima que teñen os adultos de preguntar -logo do nome, a idade e a quen se quere máis, se a nai ou ao pai, todo nesa orde-: "E ti, qué queres ser de maior?".

E eu non o sabía. Cousa que non era moi ben vista porque, fronte á miña falla de determinación e total ignorancia sobre o mellor xeito de fuxir do tema con calquera resposta (unha habilidade que co tempo souben descobrir), o que viña era unha infinita lista de oficios, profesións e traballos das máis variadas cores e formas. E eu aí seguía, coa miña face de desconcerto e confusión.

Á miña irmá iso non lle pasaba. Dende que camiñou e puido falar soubo que quería ser bailarina. Ou, polo menos, iso decía. Tanto bailaba na casa e falaba do seu futuro que, con catro anos, a miña nai levouna ás clases de ballet. E eu fun tamén. Coido que pola incerteza.

Cos anos, ela pasou das zapatillas rosas ao tenis e logo ao atletismo. Tamén fixo música e pintou nunha escola de artes e chegou a ganar un concurso literario. Hoxe é unha excelente avogada.

Eu ainda bailo de cando en vez. A diferencia dela, tampouco souben nunca deixar atrás as profisións que fun coñecendo e amando co tempo.

Primeiro dixen que quería ser mestra, coma a miña nai. Ela non o considerou unha homenaxe, chea do moito traballo e do pouco soldo, e díxome sen que lle sobrasen palabras: "Non, mestra non!". Así foi como pasei dez anos na escola de ballet de Bos Aires. Na metade da carreira xa sabía que non ía ser xamáis Maya Plisetskaya. Non tiña o talento nin tampouco a forza para deixar aí toda a miña vida a cambio. Amais, gustabame moito contar histórias. Así foi como cheguei á universidade. Pasei tres anos nas salas da licenciatura en Comunicación sen saber ben onde levaba ese vieiro ata unha mañá. Un home de cabelos longos e pouco peiteado entrou na sala e dixo: "Chámome Carlos Polimeni, son xornalista e nós, os xornalistas, facemos as seguintes cousas...". Carallo!! o home aquel arrexuntou nunha lista todalas cousas máis fermosas que eu quería facer. E pagábanlle por face-lo!

Levo máis de dez anos de xornalista e a vida é ben rara. Ainda que amo este oficio, bailo cando podo e son mestra. Dou clase de xornalismo na mesma universidade na que estudei. Un camiño longo que me deixou no comezo. Hoxe son a bailarina que non fun, a mestra que quixen ser, a xornalista que dende sempre estivo en min, e a galega que quixera ser mentres vou sendo.

3 de abr. de 2006

Árbores

Folerpa convidou: "Gustaríame que me falásedes dunha árbore, real non imaxinada, onde na súa tona quedase algunha pegada das vosas vidas. Animádevos e entre todos conformaremos a nosa propia fraga". E alí comezaron a brotar histórias. Veloso falou dos tempos no Colexio Fleming cando os nenos corrian para tocar o tronco dunha árbore sagrada, nun rito cotián. As Laurindinhas lembraron o lombo dunha figueira do que foron expulsadas por unha "lexión abominable de formigas vermellas velenosas". Aquí trouxo unha ameixeira vella que reinaba na aira da casa da súa avóa coa sua sangue de resina. Aldara deixou de lado a casa grande da sua avóa, "con escudo e con capela", para falar do verdadeiro tesouro dese lugar: o inmenso carballo que "posiblemente teña xigantismo". Peke dixo que lembra un enorme pradairo que había na alameda de Compostela. A talentosa Marinha de Allegue tivo que deixar moitas árbores fora para escoller unha cerdeira que había na horta e debaixo da que o seu avó durmía a sesta.

Foi entón, cando Chus reparou en que as árbores "habitan os recordos da nosa infancia". E tamén volveu a ese tempo para falar dunha fraga enteira pois naceu e viviu moitos anos "nunha aldea rodeada de bosque e nunha casa rodeada de árbores". Folerpa tamén anotou que esas árbores pertenceran a fraga da infancia. E deixou unha hipótese: "Supoño que co paso dos anos afastámonos da natureza que nos abrangue, da conexión case sagrada que tiñamos con ela cando nenos. Das formigas, dos paxaros, dos grilos, dos chuchameis...É unha magoa".

Eu quero sumar as miñas árbores a tan fermoso relato común. As primeiras que tiven foron os limoeiros e figueiras que os meus pais tiñan coidado con esmero no xardín da nosa casa. Cando era o tempo, os limóns eran apañados e gardados envoltos en papel de xornal para que non se podrecesen. Pero cos figos, o tempo nunca chegaba: apenas arrincados á póla e mentres a sangue-leite ainda brotaba polo tallo ferido, xa eran atrapados polas bocas lambonas que os tiñan desexado por meses.

Daquela tamén tiñamos roseiras varias. Unha rococó, unha dunha cor vermella case negra que non volvin a ver xamáis, unha branca intensa e algunhas que tiñan duas cores. Ainda que o rei do xardín do fronte da casa sempre foi (e é ainda hoxe) unha fermosísima gardenia. E falando de gardenias, a segunda vez que estiven en Galicia deille á miña tía Jesusa e ao meu primo Lisardo unha gardenia. Pensei que mentres ela vivise, nós teríamos unha vida que nos levase xuntos a pesar do océano que temos no medio.

Cando os meus páis divorciáronse, a cerdeira que tiñan sementado no xardín creceu descomunalmente. Pero ata hoxe, nunca deu nin unha soa cereixa. Cousas raras, que pasan.

Pero na miña vida, as árbores cobraron un sentido novo có nacemento do meu fillo. Apenas soupemos que viña, o meu home escribiu: "Los palos borrachos estaban en flor cuando supe que ibas a nacer". E era moi certo: a cidade enteira estaba cuberta desas flores rosas con forma de estrela. Oito meses despóis, quedei ingresada de urxencia por moitos problemas co embarazo e nesas horas de medo, dúbidas, choros e desesperación unha árbore inmensa e sólida, dende o centro mesmo do xardín do Hospital Británico dábanos a solidez e a forza que non tiñamos. Mirabamo-la moitas veces ao día, procurando na sua maxestuosidade algo de calma e serenidade.

Un deses días, o meu home descendeu as cinco plantas do edificio e foi tirando unha foto en cada un deses piso da nosa árbore nai. Velaí as tendes.

Hoxe, o meu fillo é un neno pequeno, fermoso e san. E para cada día das nais, él e o seu pai regálanme unha árbore. O primeiro ano foi unha gardenia de flores pequenas que vai rubindo polas paredes da nosa terraza. E o ano pasado foi un "aromo" que ten follas verdes na base das ramas e azuis nos extremos. Árbores que falan da vida, que dan vida, nas que vivimos e que viven en nós. Xa o dixo Castelao: "O albre é un engado dos ollos, pol-a súa fremosura; é unha ledicio dos ouvidos, porque n-el cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento. (...) O día que seipamos o que val unalbre, aquel día non teremos necesidade de emigrar".

27 de mar. de 2006

Hábeas corpus


Só unha ou duas veces ao ano iamos á Capital. Era nas vacacións que nos deixaba a escola, cando a miña nai deseñaba algún paseo que podía ser ao Zoo, a algúns dos cine do centro de Bos Aires, ou simplemente a camiñar pola rua peonil Florida, de ponta a ponta. E, para a miña irmá e mais eu, iso xa era unha expedición chea de vertixe e de emocións. A do ano 1983 lembroa moi especialmente porque só moito tempo despois entendin unha conversa que tiven coa miña nai.

-¿Que son esos dibujos de personas que hay por todas partes?
-¿Qué dibujos?
-Esos! los de las paredes y los del piso. Son como gente, mujeres y hombre y hay algunos de chicos...
-No son dibujos, son siluetas.

A precisión linguística da miña nai non me sorprendeu. Chamámolo "deformación profesional", neste caso dunha mestra moi recoñecida no seu traballo. Ainda que hoxe, 23 anos despois, penso que máis que rigor léxico foi un xeito desesperado de torcer o camiño do asunto.

-¿Y qué son esas siluetas?
-Son desaparecidos.
-... Y si están desaparecidos, ¿cómo hicieron para copiarles el cuerpo?

*********

A XUNTA OFRECE POR PRIMEIRA VEZ AXUDA INSTITUCIONAL AOS PARENTES DOS 300 DESAPARECIDOS GALEGOS
Arxentina berra "Nunca Máis" no 30 aniversario do golpe militar
[24/03/2006 15:07] Na noite do 24 de marzo de 1976 un golpe de estado militar poñía fin ao réxime democrático e instauraba unha terrorífica ditadura que durou até 1983 e que deixou tras de si máis de 30.000 desaparecidos. Entre eles 576 cidadáns de orixe española, dos que 300 eran galegos.

*********

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE OS DESAPARECIDOS DE ORIXE GALEGA DURANTE A DITADURA MILITAR ARXENTINA (1976-1983)
Entre 1976 e 1983, Arxentina estivo sometida a unha ditadura militar que fixo desaparecer milleiros de cidadáns daquel país, entre eles a algúns, arredor de trinta segundo os datos coñecidos ata o momento, de orixe galega. As súas familias levan anos demandando o apoio das institucións do Estado ás súas peticións de lembranza e apoio. Como impulso da memoria colectiva estableceron unha data conmemorativa, o 30 de setembro, na que cada ano e diante dun mural que con tal finalidade foi instalado na Oficina Cultural da Embaixada de España en Bos Aires, se honra á súa memoria.

*********

Hábeas corpus: "Tráeme el cuerpo", “que poseas tu cuerpo”, "preséntese el cuerpo", “que traigan el cuerpo”.

19 de mar. de 2006

A fin da terra

Curioso lugar este planeta, que non ten unha fin senón duas. Ou moitas. Iso conta a escritora arxentina María Rosa Lojo, filla dun galego republicano e exiliado, na súa última novela: Finisterre (en castelán) / A fin da terra (en galego). Ela prefire a expresión "exiliados-fillos" e defende a diferenza. "Exiliados hijos. No, meramente, hijos de exiliados. El exilio en primer lugar, como articulación sustantiva de la vida, como ubicación fundadora de la existencia. Una ubicación paradójica, por cierto: para estos hijos hay dos dimensiones del espacio: la real-aparente, que pisan con sus pies, y la real-esencial, que ni rozan los pies ni ven los ojos vivos: mítico reino del Origen, fuente primordial, donde se ha hecho la materia de la sangre, donde se oculta la raíz de la memoria. Así pues, aunque muchos de nosotros seamos vástagos de socialistas agnósticos o de comunistas ateos, estuvimos -desde nuestro azaroso nacimiento en tierra extraña- condenados ab initio a la Metafísica", explica nunha autobiografía conmovedora.

Nun país que recibiu millóns de galegos, é doado pensar que unha chea de escritores arxentinos (novos e vellos, talentosos e non tanto, exitosos e anónimos) teñen na sua história un avó galego. É doado pensalo pero imposible atopalos. Ou, polo menos, descubrir esa pegada galega na sua obra. Entre tantos que esquecen, Lojo lembra e loce a sua galeguidade. Nas novelas e nas investigacións científicas que fai como académica.

A fin da terra reúne memorias e personaxes da Arxentina, de Irlanda e de Galicia que falan das orixes, das identidades e das vidas que se viven un pouco alá e outro pouco acá. "Nun invermo Londinense, alá polo 1874, Elizabeth Armstrong comeza a ler as cartas que inesperadamente lle chegan desde Galicia, desde a afastada vila de Fisterra. A súa correspondente Rosalind promete nelas rachar o teimudo silencio que sempre rodeou o nacemento da protagonista no Río da Prata. As súas cartas lévana corenta anos atrás, á Arxentina, á tribo dos indios ranqueles, á súa propia orixe".

Sobre ela, a súa história, o seu traballo, a galeguidade na Arxentina, o nacemento desta última novela que vai ser presentada en Galicia esta semana, e sobre o oficio de escribir, fala nesta entrevista que lle fixen. Sobre A fin da terra fala tamén. Porque ela que ten a sua memoria alá e a sua vida acá, ben sabe deses lugares máxicos. Eses extremos "onde nos enfrontamos ao descoñecido, ao misterio que cadaquén leva dentro de si mesmo".

9 de mar. de 2006

Correspondencia /I


Moitas histórias de cartas e correpondencia temos na diáspora. Coido que por cada unha das nosas haberá outra xemelga na terra. Das que contan os meus, esta é a que máis me gusta.


A miña avóa tería daquela algo máis de 8 anos e a Arxentina non era nin siquera futuro. Un daqueles días claros na aldea, atopou no fondo dun baúl esquecido na casa un atado de cartas de amor que o seu pai atesouraba lonxe de miradas equivocadas. Había moitas asinadas por unha muller. E había só unha escrita por il. Comenzaba así: "Florípides, bella princesa". Non tanto polo uso do castelán, senón porque a nai da miña avóa non se chamaba Florípides senón Ana, a pequena Xerónima quedou desconcertada.

Non sabía, como soubo logo, que Florípides era unha muller da terra que tiña marchado con él e cun curmán para Cuba, nalgunha desas viaxes non tan longas que se emprendían entón na procura de traballo e unha vida menos famenta. Con ela, don Emilio seica tivo amores, ainda que non foi o único, ou eso decían as voces.

"Sen malicia nengunha", como ainda se defende cando lembra o asunto, a pequena e os seus poucos anos de inocencia entregáronlle o fardo de papeis á nai. "E foi o demo", aclara e fai silencio porque á miña avóa dáselle moi ben a síntese cando fala das cóleras, carraxes e enfados dos seus pais.

E así foi como Florípides, dende entón, sempre fíxose un lugar nos berros que a bisavóa Ana dedicáballe ao home cando tocaba discutir. Pero eran outros tempos e un matrimonio non se terminaba por algo tan pouco transcendente.

2 de mar. de 2006

Soños

Onte tiven un pesadelo. Pero o soño máis raro que debuxou o meu inconsciente foi un no que estavamos a miña avóa Xerónima e mais eu na veirarúa da nosa casa de Mar del Plata cando un enorme cabalo negro e alado aterrou na esquina e deu en camiñar por alá. O nome das rúas aparecía algo cambiado pero sen dúvida era o noso barrio e, como a miña avóa non tiña reparado nese animal tan marabilloso, eu levábaa pola man moi rápido, todolo rápido que pode ir unha muller de máis de 80 anos, para achegarnos ao bicho que cada vez tornábase máis e máis pequeno. Cando estabamos xa moi preto do cabalo, este xa non tiña as súas alas e, ainda que era moi negro e case que brillante, apenas era máis alto que un neno de 10 anos. En só uns poucos minutos, tiña perdido toda a súa maxia e misterio. Cousas dos soños...

22 de fev. de 2006

A lingua e a nai

Cando aquela compañeira de colexio da que xa non lembro nin o nome preguntoume -tan naturalmente- que en qué idioma falaban a miña nai e maila miña avóa, eu mireina á cara procurando algo que me explicase mellor aquela pregunta tan rara. "Mi mamá habla igual que nosotras", respondín coa miña lóxica de nena de dez anos. Pero logo, pola noite, fun onde a miña nai e pregunteille o mesmo que aquela rapaza. E foi ese día cando a miña nai reveloume o segredo máis evidente de toda a miña vida, ese que sempre estivo aí: "Hablamos en gallego".

Foi así que descubrín a miña galeguidade.


Non quería escribir nada no día da lingua nai porque non sei se o galego é o meu idioma materno porque, ainda que é o que se fala na miña casa, ninguén mo ensinou xamáis. Entón, xa con trinta anos, fun aprendendo cos libros e coas clases de galego que temos en Bos Aires. Por iso, falo moi mal e escribo deste xeito que é mais castelán traducido ao galego que galego. Pero, a pena de Veloso e algunhas outras cousas que lin nestes días empuxáronme ao asunto. E como dixo Carmiña onte, o galego é a lingua na que fala o meu corazón e a memoria de todolos meus. A miña história foi falada en galego. Por iso, eu falo (mal) en galego. Porque ninguén pode saber ben de onde ven, se non é capaz de ouvir as histórias que falan dos seus, no idioma desas memorias.

16 de fev. de 2006

Ser e estar

Gústame o barrio no que vivo. É verde, nunha cidade de torres e de cemento; as beirarrúas teñen, cando menos, unha árbore cada cinco ou sete metros; os paxaros cantan máis ainda que na casa dos meus pais; e os veciños parecen competir nun torneo imaxinario que vai premiar o xardín mais florido, fermoso e sofisticado. Ainda que estea no extremo da cidade de Bos Aires, ningún lugar dela queda a mais dunha hora de viaxe. E as rúas inúndanse dun vento suave e fresco cada serán, cando saimos a camiñar, amodiño, mentres a noite vai debuxando sombras.

Pero, ainda que me guste vivir nel, eu non me sinto daquí. Porque non é igual vivir nun lugar que ser dun lugar. Os meus, por por un exemplo, levan 50 anos na Arxentina e ainda, cando lles preguntan “Vostede de onde é?”, eles responden: “De Nigueiroá”, para desconcerto de quen escoita e nunca oíse semellante nome.

Cando mo preguntan a mi, eu tamén dou unha resposta, cando menos, rara. “Son de Avellaneda”, digo. E logo explico que vivo dende anos fora desa cidade, que a miña casa fica a máis de hora e meia de viaxe, e que so vou para alá de cando en vez e para visitar a alguén.

Pero eu son dalá. Vivin aí máis de 25 anos e tería nacido en Avellaneda se o Hospital do Centro Gallego ficara alá e non no centro de Bos Aires.

Avellaneda leva o nome dun presidente arxentino e foi a cidade que elixiron máis cantidade de galegos, despois da capital do país, segundo mo contou o meu amigo Ruy. Eu teño a idea de que iso explica que tanta xente da terra sexa simpatizante do Independiente en materia de futbol (digo eu, claro, porque son do “rojo”).

Así, ainda que os tempos de esplendor e brillo fóronse fai décadas desta cidade do sur do Gran Bos Aires e sería moito mellor ser do barrio no que vivo agora (cando menos, sería máis moderno e bonito), eu síntome cerca da cor gris desas casas vellas que ainda falan dos anos xovens dun povo que foi vibrante. Pero do tempo no que Avellaneda era unha fábrica de fábricas, hoxe só sobreviven enormes edificacións abandonadas, valeiras e nas que so quedan os recordos das multitudes de traballadores buliciosos que compoñían coas suas voces e o ruido das máquinas unha imponente sinfonía cotiá.

Nada queda xa daquelas frábricas e obradoiros. So a memoria e o esquelete destos edificios.

Hoxe, Avellaneda é berce de pobreza. Só a cinco minutos da capital do país, hai nenos que só coñecen a fame e as mestras das escolas tiveron que aprender a dividir o día entre as clases, a comida que lles dan aos alumnos (e que para moitos será a única do día), e as axudas psicolóxicas e sociais que chegan como botes nun mar de desgrazas.

En Avellaneda, moita xente vive co plomo na sangue porque un depósito de lixo superou os límites permitidos e contaminou a todolos homes, mulleres e nenos que viven na zona. “E os gobernantes?”. Iso, e os gobernantes?

Pero eu son dalá.

Cando marchei, fun vivir nun departamentiño sobre a avenida Belgrano. Coido que non hai rua máis galega no país que esa: dende o Centro Gallego, o restaurante O Toxo ata a última casa de Castelao neste mundo, a avenida é unha arteria da colectividade. Pero ainda era de Avellaneda.

Dese lugar vin vivir acá cando naceu o meu fillo. Levo dous anos e paso moi ben as tardes que podo pasear polas rúas poboadas de árbores e paxaros. Tamén levo dous anos atopando explicacións ridídulas para non cambiar o enderezo nos meus documentos e papeis. Por iso, pago mais impostos, teño que votar nas eleccións lonxe da casa e o meu pai ten que levarme de cando en vez as cartas do banco, da universidade e do goberno.

Iso é o que ten ser dun lugar e estar noutro.

14 de fev. de 2006

Cuestión semántica

Hoxe foi un día que me doeu, falando de amor. Por iso, coido, lembrei un poema que me gusta moito. Hai quen di que é anónimo. Outros, que Santa Teresa escribiuno para o Cristo crucificado. Eu -que manteño coa Igrexa Católica unha distancia canto máis xenerosa mellor- penso que algo así de apaixonado, vivo e intenso só puido ser escrito para alguen pouco celestial e maís terrenal. Alguén que tiña unha sombra debuxada no piso, que tiña unha respiración que marcaba o ritmo, un cheiro que métese polo nariz e enche o corpo e o alma. Gústame este poema porque non o penso para un deus senón para un home.


No me mueve, mi Dios, para quererte

el cielo que me tienes prometido,

ni me mueve el infierno tan temido

para dejar por eso de ofenderte.

Tú me mueves, Señor, muéveme el verte

clavado en una cruz y escarnecido,

muéveme ver tu cuerpo tan herido,

muévenme tus afrentas y tu muerte.

Muéveme, en fin, tu amor, y en tal manera,

que aunque no hubiera cielo, yo te amara,

y aunque no hubiera infierno, te temiera.

No me tienes que dar porque te quiera,

pues aunque lo que espero no esperara,

lo mismo que te quiero te quisiera.

8 de fev. de 2006

Follas novas

“La mayor parte de los inmigrantes aprendió el castellano recién en la escuela. Si se observan los datos de la generación de los hijos al respecto, se evidencia claramente el cambio de lenguas. La lengua materna de los hijos en todos los casos es el castellano y ni siquiera son bilingües, sino que si tienen alguna competencia en gallego es una competencia pasiva por haberlo escuchado en conversaciones entre sus padres o en reuniones familiares. Ello significa que el gallego no se transmite a la segunda generación que ya ha crecido en Buenos Aires. Cabe concluir que la lengua gallega no tendrá mucho futuro en la comunidad gallega de Buenos Aires”.

O prognóstico de Eva Gugenberger no texto “Identidad, conflicto lingüístico y asimilación” non deixa moito lugar para a esperanza. E o malo non é o prognóstico senón o axustado que é á realidade. O galego vai morrer cedo na diáspora.

Non é pesimismo. É matemática pura: os emigrantes mais novos –os que chegaron á Arxentina con cinco ou seis anos- teñen agora uns cincuenta e, ainda que fosen moi lonxevos, a maioría non verá o amencer da segunda metade do século XXI. E con iles vanse a apagar os sons das suas palabras. E logo será o silencio.

..........................................................................................

Pois así, coma unha fermosa muller desexada, é Galicia para

min. Ás veces nai, ás veces amante ardente, ela movilízame e é obxecto do meu amor.

Tiven a dicha de arrodea.lo seu talle e bica-la sua fronte.

Regaloume, xenerosa, o seu doce mel e os seus recendos

exquisitos. A mia ollada perdeuse nos seus vales e nos belos

azuis da ría...

Fun feliz.

Antonio José Francisco Rey – Amo a Galicia

..........................................................................................

Antón é mestre e de cando en vez soña ou pensa en galego. No seu presente hai catro fillos que van dende os 15 ata os 3 anos. Na sua memoria ainda vive o seu avó Juan Antonio Rey Vara, a primeira persoa que lle falou en galego. Conta Antón: “El era de una aldea perteneciente a la parroquia de Torea, en el Ayuntamiento de Muros (A Coruña) y, cuando enviudó, vino a vivir con nosotros. Mi abuelo ha sido un ejemplo para mi. Honrado, dulce, trabajador, optimista, voluntarioso. Casi sin proponérselo, hizo que comenzara a amar Galicia”.

Segundo Antón, o seu avó foi que espertou iso que durmía nel dende o comenzo dos tempos. Ainda que o momento decisivo ten data: o ano 2000. “Estiven duas semanas na casa da aldea e confirmei que ese era o lugar dos meus soños”, di.

Pouco tempo despois, a Arxentina mallou nel coma en moitos outros. Houbo quen se foi. Houbo que bateu potas. E houbo quen o perdeu todo. Antón mercou lapis e follas. “Pensé que la única manera que me quedaba era escribiendo. Escribir era mi modo de acercarme a la amada Galicia y por eso lo hice en galego”, lembra.

Eses escritos, moitas veces nados no omnibus ou onde o atope unha idea, poden lerse nun libro. E como todolos libros, este ten unha história detrás das histórias: “Cuando regresé de mi viaje a Galicia, me dí cuenta que ya no era el mismo y que tenía que hacer algo para acercarme al mundo de mis antepasados. Por eso, comencé a formar parte de Fillos de Galicia, verdadero Centro Galego Mundial y también comencé a concebir la idea de escribir un libro: por un lado, un homenaje a los míos y, por otro, un testimonio para que mis hijos sepan muy bien de dónde vienen”.

O libro foi impreso por alguén da terra: “Me contacté con el editor Carlos Pereiro (también nieto de gallegos como yo) y pude darme el gusto de que saliera a la luz. Lo presenté en abril de 2003 en las instalaciones del Centro Galicia de Buenos Aires. Hasta hubo una banda de gaitas para la ocasión”, dí Antón. O libro –claro- chámase “Son galego”.


..........................................................................................

Para Isabel el mar habría de ser siempre, un puente roto. Lo conoció un amanecer, cuando el campo era aún todo noche y la escarcha un destello de vidrio bajo la luz de las estrellas. Dolía el frío y la humedad pero su mano, amparada por el calor de la del abuelo, se dejaba llevar blandamente rumbo al puerto de Vigo. Resonaban las botas sobre las piedras y por mucho tiempo, no habrían de oir sino el resuello de sus respiraciones.

Cuando arribaron a Buenos Aires quedaron los tres, varados sobre el puente. Habían bajado todos los pasajeros pero la madre, aferrada a sus dos hijos, se negaba a descender. La opacidad del atardecer nublado quitaba toda belleza al paisaje. A través del barandal se veía una multitud gris e irrealmente inmóvil y hacia el otro lado, la boca del río color de león que iba a dar al océano. El muelle ceniciento, los edificios manchados, el olor estanco, los desperdicios, débiles las crestillas de las olas. Y el desamparo de los que llegan a un lugar impropio.

María Rosa Iglesias – El puente

..........................................................................................

A ninguén sorprendeulle a noticia de que María Rosa Iglesias ganase un premio literario. Baixa e pequena, esta muller ten unha fortaleza sobrehumana e un marabilloso talento para escribir histórias que centos de galegos atopan nos seus correos cada semana. Sen embargo, a mellor das histórias é unha que no ten nada de ficción. Velaí: “Mi padre nos había prohibido a mi hermano y a mí hablar gallego, actitud que siempre sentí arbitraria y descalificadora. Perder mi idioma fue una mutilación. Cuando más grande quise volver a hablarlo, no me atreví porque me avergonzaba hacerlo mal. En un pequeño puerto brasileño junto al río Paraguay, me atreví a vencer el temor ya que, pensé para animarme, la vendedora de la tienda seguramente no repararía en mis errores. Me dije que una brasileña tendría la misma dificultad para entenderme hablándole en castellano o en gallego y yo tenía una oportunidad de probar mi "aptitud" para hablar gallego sin exponerme a la crítica. Tenía 42 años. Hice la compra (sábanas y toallas) sin dificultad y regresé muy contenta al micro donde esperaba mi hija de 16 años. Comencé a contarle qué cosas había comprado cuando ella me interrumpió atónita. Sin darme cuenta, había continuado hablando en gallego. Comprendí con inmensa alegría que había encontrado el tesoro de mi idioma guardado en el inconsciente. En la ocasión propicia, como un manantial soterrado, había comenzado a brotar”.

Pero antes de toda esa alegría, os tempos non foran tan bos: “No acepté la minusvalía a que me condenaba la sordera y desde que comencé la escuela competí de igual a igual con los oyentes por todos los espacios de la vida. Por otro lado había captado rápidamente la subvaloración de muchos argentinos de la cultura gallega. Todo esto determinó que mi galleguidad así como mi personalidad, se hayan construido como resistencia. Se construyó como resistencia a la descalificación, a la incomprensión y a las pérdidas”.

E vaia se se construyó. “El amor a Galicia me constituye, me brota por los poros. Yo no sería yo si no fuera gallega. Era imposible que mis hijos no mamaran esa cultura. Nacieron en el Centro Gallego, durante las tardes de invierno, les leía cuentos en gallego, el romancero, les hablaba de mi aldea y de España, mis hermanos los llevaban al Deportivo Español. Mi madre siempre habló una mezcla de castellano con gallego, cantaba maravillosamente y cocinaba algunos platos típicos”, di ela.

E como galega e emigrante que é, a terra non escapa dos seus escritos. “Siempre escribo sobre temas que refieren a mis preocupaciones, angustias o expectativas. Casi siempre Galicia está como trasfondo. Necesité elaborar una y otra vez, dar vueltas constantemente alrededor del trauma que significó la emigración, el desraizamiento padecido, y, aún en los relatos donde no aparece lo gallego, está la mirada de una gallega”.

María Rosa ten unha novela "La voz imperfecta" fai seis anos, pero sen editar ainda. “Por falta de tiempo para ocuparme, porque no encontré interesados, porque no tuve dinero para pagar yo misma la edición –explica ela e conta algo do tema-. Es una obra que afronta los dos temas cruciales de mi vida: la sordera y la emigración. Si bien la novela refleja la problemática que he afrontado, no es de ninguna manera autobiográfica. Es una ficción construida sobre algunas experiencias reales pero absolutamente ficción. Quienes la leyeron quedaron sorprendidos por la revelación del mundo de los que no oyen u oyen muy mal pero ninguna editorial la consideró lo bastante comercial”.

Ten outra novela comenzada, poemas e contos. Precisamente “El puente” foi o ganador do concurso relato breve "Bolboreta" da Consellería da Emigración cunha história “de una galleguita inmigrante. Soy yo y no soy yo. La historia es también ficcional pero las emociones descritas tienen que ver con mi mundo interno”, comparte María Rosa.

E ¿por qué escribir en castelán se pode facelo en galego? Ela o explica: “Escribo en gallego pero con menor capacidad expresiva que en castellano. La conciencia de estas limitaciones me ha impedido hasta ahora encarar una obra literaria en gallego ya que el lenguaje literario requiere de mayor destreza que el informativo. Tengo la ilusión de poder superar estas trabas en los próximos años. La sordera me dificulta escuchar conversaciones o seguir audiciones de radio donde se hable un lenguaje coloquial o figurado muy propio de la literatura y esto lógicamente, dificulta mi ejercicio del gallego que sólo practico en lecturas. En suma, siento que aún me faltan herramientas para expresar adecuadamente mi pensamiento. Si bien el gallego fue mi primer idioma y conservo sus estructuras básicas, no hay que olvidar de que es un gallego practicado y hablado hasta los 5 años, demasiado elemental como para hacer literatura”.

..........................................................................................

Ahmed non se chamaba Tony,

e non vivía nunha casa moi feitiña

no medio de Londres

e tampouco vivía nun piso en Brooklyn.

Ahmed non se chamaba Tony

e por iso as canles de noticias

non nos metían na casa

os berros desesperados da súa nai.

Laila tampouco se chamaba Susan

e por iso non entrevistaron á súa mestra

nin ás compañeiras de pupitre

nin soubemos cómo se chamaba o seu can

Manuel Casal Lodeiro – Non se chamaba Tony

..........................................................................................

Non só en Bos Aires hai homes e mulleres que, íntimamente ou públicamente, escriben contos, poemas ou novelas en galego. Tamén dentro de España pero fora de Galicia. Manuel Casal Lodeiro o fai ainda que a sua actividade principal e mais coñecida sexa a de comandar a comunidade virtual Fillos.org.

Nado en Biscaia, País Vasco, e de profesión informático e consultor de internet, Casdeiro, di que a sua galeguidade tivo varios momentos determinantes: “Aos 7 anos, segundo me conta miña nai -porque eu non o lembro- enfadado pedinlle que non me tiveran á marxe, falando comigo nun idioma (castelán) e entre eles noutro (galego). Así que desde entón sempre me falaron en galego”, lembra.

Coa lengua, chegou tamén a conciencia linguística. El o conta: “Non podo esquecer que segundo fun descubrindo a historia de deshonra que sufriu o noso pobo e a nosa fala, naceu en min coma un desexo de reparar no que eu puidera esa desfeita facendo renacer en min un idioma que lles quixeron arrebatar aos antergos”.

Ainda que Casdeiro escrebe en galego sen problemas, o certo é que Galicia non é sempre o tema. “Eu escribo en galego sobre min, sobre o mundo, sobre as cousas que pasan... non necesariamente sobre Galicia. Para min Galicia é algo que sempre che está aí "de por si" como dirían os de Siniestro Total”, rise.

..........................................................................................

Cuando me fui, en el sesenta y cinco, la guerra ardía en todos los frentes: las fronteras con la Confederación Indígena que Calfucurá continuaba comandando, y el Este, donde se iniciaba la guerra contra el Paraguay.

Mira Más Lejos se marchó un amanecer, con una buena tropilla. Se llevó la "oreja de Dios", el bisturí y el escalpelo, pero me dejó buena parte de las hierbas. "No hallarás todas éstas en tu país" -me dijo--.

Así nos partimos uno del otro, sabiendo que no volveríamos a encontrarnos. "No digas eso, es mentira -se enfadó--. Te veré en mis sueños. Me verás en los tuyos. Te avisaré si hago el viaje a los volcanes."

Con aquel hombre de otro pueblo y otra lengua, de otro color y otras costumbres, al que no me habían unido ni la pasión de los cuerpos ni la elección de los sentimientos, sino la humana violencia, se iba, sin embargo, el afecto más profundo y duradero que había conocido, fuera de los lazos naturales de la carne y la sangre. Me quedaba intolerablemente sola frente a la extrañeza del mundo y de mi vida. Dejaría de oír la única voz que me había respondido siempre, la que me había hecho, en la intemperie de todo lo creado, una casa para vivir.

Todo aquel día, cuando ya había desaparecido en el horizonte la última crin de los caballos de Mira Más Lejos, escruté la llanura como si esperase su regreso. Ése era el país donde la Gente de la Tierra había vivido durante siglos y que llamaban desierto, no porque estuviera vacío, o porque los cristianos deseaban considerarlo vacío para ocuparlo sin remordimientos, sino porque nada parecía durar sobre la superficie errátil, y las vidas se deshacían como manojos de hilos sueltos, enredadas en el viento, sin detenerse en ningún sitio.

María Rosa Lojo. Finisterre

..........................................................................................

Non pasarán moitas semanas ata que Finisterra, a última novela da escritora e académica arxentina María Rosa Lojo, sexa publicada en Galicia no idioma da terra. Ela espera a novedade con expectativas: “Lo que pasa con los libros siempre es impredecible. Pero me gustaría que en Galicia se entendiera lo que ocurre en la pampa, en la Argentina del siglo XIX, con los criollos y los indios ranqueles. También creo que el desgarramiento de la protagonista gallega en su forzoso tránsito cultural, lo han vivido, en diversas maneras, muchas inmigrantes, junto con esa sensación final de que se pertenece al mismo tiempo a varios lugares, a varias memorias, a distintas lenguas”, conta.

A novela (editada por Víctor Fernández Freixanes e traducila ao galego por o profesor e crítico Ramón Nicolás) xa pode lerse en castelán e, sen dúvidas, resume todo o que foi premiado tantas veces no traballo de Lojo: o seu conocimiento histórico, a sua calidade literaria, a sua propia história persoal e a sua mirada dos emigrantes. E ela sabe ben disto último xa que é filla dun galego republicano que fuxiu á Arxentina tras a Guerra Civil.

Del herdou o que ela chama “o seu paraíso perdido” ainda que confesa que élle dificil saber por qué: “No sé cómo empezó esa fascinación, pero si cada uno de nosotros tiene sus propios mitos personales, sus lugares mágicos, yo tengo dos: las montañas gallegas y la Pampa argentina. Los dos se complementan, se ensamblan, y es como si hubiera un corredor virtual que los comunica y me comunica con esos espacios mientras escribo en una casa suburbana del Oeste de Buenos Aires. Esos lugares son el mapa escondido de mi vida”, debuxa.

Ainda que le o galego non se atreve a escribilo: “Me cuesta más abordar la poesía, que es donde la lengua se vuelve al mismo tiempo reconcentrada, resplandeciente y misteriosa. Confieso que no me animo a escribirlo o a hablar. Me planteo que tendría que estudiarlo formalmente, hacer cursos, aprender gramática. Ser egresada de Letras y escritora me juega en contra, porque no puedo hacer como los chicos, y como los que -sanamente- no se preocupan demasiado por la corrección lingüística, y aprenden a nadar nadando, aunque al principio las brazadas no tengan estilo...”, explica.

Lojo asegura sobre a sua galeguidade que non a vive “como excluyente y exclusiva”. Máis ainda: “Me parecen terribles, políticamente peligrosas (y muy pobres, por otro lado) las pretensiones de "pureza" racial o cultural. Soy una "bruxa galega e rioplatense". Estoy en las dos orillas, los dos finisterres. Se puede ser gallego en la Luna, como dice la canción. Pero sí me he preguntado muchas veces por qué, entre los legados familiares posibles, elegí Galicia como punto central de un imaginario. Podría haber elegido Castilla o Andalucía. Qué me gusta de lo gallego, qué siento como afín...”.

Ainda que unha morea de escritores arxentinos teñen galegos na sua história, que iso poda verse na sua obra é moi raro. Por iso, Lojo é unha excepción: “Es cierto que no es frecuente, en Argentina, que los escritores reconozcan pública y literariamente un origen gallego y menos aún, que se enorgullezcan de él, si cabe. Esto tiene razones sociales: estamos en un país donde los libros de chistes de gallegos han sido best-sellers, donde el estereotipo del gallego configurado en el imaginario colectivo presenta una imagen devaluada, en la que no es cómodo mirarse al espejo. Los hijos y nietos de inmigrantes pobres, preocupados por su propia promoción, mejora y ascenso en la sociedad, han querido muchas veces despegarse de esa carga cultural que los ponía en ridículo”.

30 de jan. de 2006

Unha rede de manías

Díxome o meu home que son moi maniática mentres el non ten teima nenghuna. Eu penso que el repara máis nas miñas obsesións do que eu nas de el. Pero tamén pode ser que, efectivamente, eu sexa mais obsesiva e ponto. O certo é que pasei un bo rato procurando algunha cousa repetitiva, algo toliña e absurda que el faga a cotío pero todalas que lembraba acababan sendo miñas. Por iso, o difícil do xogo ao que me convidaron Marinha, o nenodanorita e Mr. Tichborne non foi atopar algo que contar senon só anotar cinco desas tolemias cotidians.

1- Teño unha lista de manías da ama de casa que non sou: non saio do cuarto sen facer a cama ainda que fose por un terremoto; non deixo que ninghuén lave os pratos da miña casa polo que teño na familia unha fama de tola á que non se lle pode tocar nas cousas; non tiro unha cerilla sen antes molla-la polas dúvidas; e lavo todala roupa do meu fillo á man.

2- Tamén desenvolvin co tempo e os anos unha morea de manías numéricas: fago contas e relacións cos números e as letras das matrículas dos coches e atopo cousas sorprendentes e totalmente inutiles; gardo os boletos das viaxes ao traballo se penso que teñen algunha particularidade como números repetidos, o mesmo ao comenzo e ao final ou calquera outra simetría (cousa moi normal porque teñen cando menos seis cifras); e adoptei o número once como sinal se sorte e sempre que aparece síntome tan segura de que todo vai sair ben que –claro- todo semellame que foi do mellor xeito que podería ser.

3- Coido que como moitos xornalistas, teño a manía por gardar todo. E cando anoto “todo” é todo, todo. Gardo todalas cartas, todolos mails, todolos chats e todalas mensaxes que recibo para espanto dos meus amigos e parentes que van tendo co tempo mais e mais medo das cousas que algunha vez puideron decir. A teima vale tamén para os xornáis, revistas, libros, papeis para envolver agasallos, paquetes, notas dos alunos da universidade dende fai oito anos, tarxetas e cintas dos agasallos que recibo e calquera outra cousa que me semella imprescindible para vivir. Tamén teño a manía (cara, teño que deci-lo) por mercar de novo calquera libro que quero ler de novo. O asunto limítase aos libros arxentinos porque os galegos non chegan a Bos Aires e, os que se venden no Centro Galego, son moi caros. Pero non podo ler duas veces o mesmo libro porque fago marcas, anoto cousas, deixo papeis sinalo as ideas e, nunha segunda lectura, todas aquelas pegadas interrompen e condicionan a nova lectura.


4- So podo vivir nun mundo ordenado. As cousas teñen o seu lugar e paso boa parte do día pondo, levando, traendo e acomodando. Gardo as roupas pola sua cor. Cando ando pola rede, vou pasando polas páxinas no mesmo orde: primeiro o correio, logo os xornais e revistas, os blogs no seu orde tamén e finalmente as cousas novas. No traballo, non podo comezar un artigo se non escribo primeiro:

VOLANTA

TITULO

COPETE

TEXTO

RECUADRO 1

TITULO

TEXTO

RECUADRO 2

TITULO

TEXTO


ten que ser así: verdana 10 maiúsculas e unha palabra debaixo da outra para logo ir completando co contido da noticia. E coido que xa vai quedando claro por qué temos tanto psicólogo na Arxentina, non si?

5- Finalmente, teño a obsesión de decir que non teño manías.

Ainda que a maioría xa o fixo, coido que non contaron as suas hojasdehierba, nacho, Carmiña, nemeth e cousas miñas. E ainda que só sexan cinco os convidado, tamén FraVernero e Iria. Se queredes compartilas, vai a invitación.