Meu avó Xoaquín non ía á escola cando neno. Iso, que para o resto dos rapaces puideira ser un aceno da deusa fortuna, para el certamente non o era. Rabeaba por aprender as contas e as letras, pero as vacas comían todos os días, a terra non entendía de ensinos con libros e os avós ian vellos demáis. Entón, a escola semellaba unha perda de tempo, un luxo e eles, claro, non eran xentes de luxos. Máis ben, eran xentes de paos.
Meu avó Xoaquín non ía á escola cando neno. Cando menos, non ía todos os días porque, ás veces, deixaba as vacas no monte e fuxía... á escola! Dende pequeno foi un rapaz brillante, listísimo e dunha rapidez mental insospeitable para un ninguén, coma el. Non poucas labazadas levou por esas trasnadas ao revés. Con todo, cando os anos e a vida convertérono no avó Xoaquín, aquelas poucas horas na escola ainda lle permitían facer razonamentos e abstraccións inverosímiles para un home con unha biografía coma a del.
Tiña eu uns 12 anos cando din en furgar entre as súas anotacións de pescador: pasaba moitos meses na casa de Mar del Plata, ocupando o tempo, os días, a vida, na pesca e daquela podíase decir que era un especialista.
Xoaquín levaba un rigoroso rexistro das especies que a sua cana pillaba cada día. Ademáis, facía sofisticados cálculos do que podía conseguir conxugando as mareas, a hora e o clima. Nesas andaba eu, fochicando nas taboas de horarios de baixamar e preamar, por ver se atopaba algunha lóxica ás series de letras, números e debuxos completamente incomprensibles.
Nada. Non había maneira. Iso semellaba un código segredo dos que se poden ver nas películas de espías.
E, certamente, era un código. Ainda hoxe, tantos e tantos anos despóis, lembro nidio o trazo firme e lento da combinación que representaba ao "pejerey": P-G-(e o deseño dunha coroa). Calquera dos meus alumnos, afeitos a escribir con présa, podería lucir moitas destas claves nos seus apuntamentos. Pero o meu avó Xoaquín non ía á escola cando neno. Cando menos, non ía todos os días. E os que foi pagounos carísimos: cobrábanllos en paos, berros e labazadas.
Hoxe preguntábame de qué falamos cando falamos da intelixencia? E a única resposta que fun capaz de tecer foi esta historia.
15 de mar. de 2007
8 de mar. de 2007
Carlos Casares
Cheguei tarde a Carlos Casares. Moi tarde. Cando lin a súa primeira novela, xa morrera tempo atrás. E, por iso, non souben da curiosidade de todas as semanas por descubrir historias á marxe, a ledicia de agardar os libros saídos do prelo apenas horas antes, e o disfrute da súa conversa que ainda hoxe, cinco anos despóis, moitos botan en falta.Con todo, daquela e agora tamén, conmóvenme fondamente as pegadas de agarimo que deixou nos que o recordan. E chámame a atención tanto afecto, tanto cariño, tanta dor pola súa ausencia porque -como todos os outros ámbitos- o mundo das letras, os escritores e os críticos non adoita ser moi xeneroso que digamos. É moito máis doado atopar comentarios ferintes sobre un autor, dúbidas sobre o seu talento e desprezo á sua obra, que palabras de louvanza. É moito máis doado agás no caso de Carlos Casares.
Conmoveume o día que, procurando quén sabe qué, atopei un artigo desesperado e fermoso de Manuel Rivas no que decía, so horas despóis da morte de Casares:
"Disque unha cousa é o que existe e outra o que sucede.
Sssssh. Non dicir que morreu. Non llo dicir a ninguén. Tampouco hai que mentir, claro. Non dicir nada. Temos que admitir a realidade. Pero a realidade tamén debería ser máis dialogante. Non pode chegar como unha ladroa na noite, e levarse, así como así, do melloriño que temos, a lúa polo prezo dunha mazá reineta.
Podemos chegar todos a un acordo. Para iso está a literatura. Pararlle un pouco os pés á realidade. Non aceptala cando se comporta como un rufián que anda acoitelando corazóns e reloxos desta maneira. Independentemente do que sucede, Carlos Casares existe. Si, señor. É un grande escritor e un gran tipo. Un froiteiro en flor. Da mellor estirpe de Galicia, a da liberdade, o humor e un pisco de melancolía.
Sempre haberá algún túzaro que veña coa verdade por diante como unha máquina cortadora de céspede: «¡Morreu, morreu, morreu!».
Non facerlle caso. É a realidade que anda a meter ruído. Nós escoitamos a voz de Casares escribindo no aire. Abrimos o libro como quen abre unha cancela e imos por esa corredoira do segredo: ¡Alí está Carlos falando coa rosa, o raposo e o principiño!
E o tipo da cortadora, dalle que dalle: «¡Morreu, morreu, e morreu!».
Hai que manterse firmes. Non deixarse comer a moral. ¿Morreu? ¿E sábelo ti, eh, listo espelido? Porque unha cousa é morrer un día, por exemplo o 9 de marzo do 2002, e outra moi distinta morrer toda a vida".
E tamén conmoviume esta idea fermosa, cálida e sobre todo xenerosa de Marcos Val
cárcel que nos achega a posibilidade de engadir o noso fío ao tecido de homenaxe que se espalla agora pola blogósfera toda. Para iso, pregunteille a Marcos se Carlos Casares estivera na Arxentina. A resposta non tardou en chegar, coma sempre, chea de precisións e de amabilidade: "Casares viaxou moitísimo, por Europa, por Estados Unidos, por Latinoamérica e por todo o mundo. Cónstame que estivo en Buenos Aires, cando menos (ó mellor foi máis veces), nos anos 80: acaba de confirmarmo un seu amigo moi directo e colega. Creo que foi nunhas xestións enviado polo Ministerio de Cultura Español e, entre as anécdotas, tivo algún problema cun tal Cesarsky, da Triple A arxentina, creo, que o chegou a amenazar ("Ud. no sabe quien soy yo, pero yo si y le tengo controlado")".
Da man desta lembraza, fun na procura das súas crónicas no xornal La Voz de Galicia. Atopei dúas moi interesantes nas que fala da Arxentina. Unha comeza así:
cárcel que nos achega a posibilidade de engadir o noso fío ao tecido de homenaxe que se espalla agora pola blogósfera toda. Para iso, pregunteille a Marcos se Carlos Casares estivera na Arxentina. A resposta non tardou en chegar, coma sempre, chea de precisións e de amabilidade: "Casares viaxou moitísimo, por Europa, por Estados Unidos, por Latinoamérica e por todo o mundo. Cónstame que estivo en Buenos Aires, cando menos (ó mellor foi máis veces), nos anos 80: acaba de confirmarmo un seu amigo moi directo e colega. Creo que foi nunhas xestións enviado polo Ministerio de Cultura Español e, entre as anécdotas, tivo algún problema cun tal Cesarsky, da Triple A arxentina, creo, que o chegou a amenazar ("Ud. no sabe quien soy yo, pero yo si y le tengo controlado")".Da man desta lembraza, fun na procura das súas crónicas no xornal La Voz de Galicia. Atopei dúas moi interesantes nas que fala da Arxentina. Unha comeza así:
"A primeira vez que oín falar da Arxentina como dun país conflictivo foi alá polo principio dos anos sesenta, cando estudiaba en Santiago e mantiña unha boa relación persoal co meu catedrático de Literatura, don Enrique Moreno Báez, que con frecuencia me invitaba a tomar o té á súa casa, o mesmo que a dous ou tres alumnos máis, cada vez que tiña a algún convidado ilustre".
E, como non podía ser doutro xeito, na segunda fala de Maradona:
"O sábado pola noite, case de madrugada, estiven vendo na televisión o partido de fútbol de homenaxe a Diego Maradona. Este presentouse no campo gordísimo, case inflado, cun aspecto moi pouco deportivo, pero foi recibido con delirio, eu diría incluso que con loucura. Fenómeno curioso, difícil de entender".
Con todo e postos a facer un homenaxe ou lembranza, coido que o xeito más xusto de lembrar a un bo home que fixo das letras o seu mundo é deixalo contarnos unha historia. Aquí vola deixo. Porque non morre quen vive no amor da xente. E non morre un escritor que nos conta unha historia.
4 de mar. de 2007
Unha lingua para falar
Levo máis ou menos ano e medio contándovos historias. Por iso, comezar hoxe dicindo que falo moi mal o galego é -cando menos- redundante. Xa o sabedes.
PD: a diferencia nos tempos (un mes, ano e medio) é porque a historia foi contada primeiro para a radio.
PD: a diferencia nos tempos (un mes, ano e medio) é porque a historia foi contada primeiro para a radio.
25 de fev. de 2007
Ser ou non ser
Unha gaita que canta dende Uruguai.
Panderetas que vibran en Bruxelas.
Un feixe de poemas en galego escritos en Bos Aires.
Un ensaio mecanografiado nun ordenador de Nova Iork.
Documentales grabado en Caracas.
Os artigos xornalísticos de calquera revista dun Centro Galego dalgún recuncho do planeta.

¿É cultura galega o que fan os fillos e netos de Galicia na diaspora?
18 de fev. de 2007
Doentes de emigración
Alexandre García-Caballero é neto dun arxentino fillo de galegos que naceu en Chabás (provincia de Santa Fé) no ano 1898 e que coñeceu o retorno a Galicia alá polo 1914. E o que o avó de Alexandre García-Caballero tamén coñeceu foi a certeza de que ás veces voltar non é para mellor. Se cadra o soubo cando fixo medrar mais ainda as listas dos represaliados por republicáns.
Alexandre García-Caballero é psiquiatra e ven de gañar o premio Ramón Piñeiro de Ensaio. O traballo feito xunto ao seu colega Ramón Area Carracedo leva un nome cando menos curioso: Psicopatoloxía do retorno. Porque a emigración enferma. E os galegos levamos décadas sen dar cunha terapia que nos sande.
Co Atlántico por medio pero os fíos da tecnoloxía do noso lado, estas dúas beiras achegáronse algo nesta entrevista mantida polo e-mail (versión completa acá).
- Por qué sintiron interese en mergullar no xeito de reinsertarse en Galicia dos retornados. Por qué ese tema. Por qué esa búsqueda?
- A investigación, o tema, viu dalgún xeito imposto. Eu traballo nunha unidade de saúde mental
en Ourense dende hai 5 anos. Pola miña consulta pasan centos de persoas ó mes con queixas varias, moitas son debidas a patoloxías mentais graves, pero noutros moitos casos a demanda é máis borrosa. Os nosos pacientes sobre todo os máis vellos, non están afeitos a psicoloxiza-los seus problemas, senon que somatizan os seus conflitos. Daquela as queixas soen ser, polo menos nos vellos, por problemas físicos, pero a pouco que se rabuñe nesa códia o que aparece detrás é todo un mundo de tensións, de relacións persoais problemáticas, de frustracións nos proxectos... Despois de tempo escoitando estas historias, encetei a recolle-las de forma sistemática e a preguntar abertamente pola experiencia migratoria. Despois de recoller estas historias durante dous anos (uns 70 casos), escribín un borrador. Este texto inicial foi sobre o que traballou Ramón Area.
- Escoitei no Diario Cultural da Radio Galega que falaba vostede especialmente dos casos das mulleres que chegaban á vosa consulta con cadros de depresión.
Quixera saber se existen diferencias entre o xeito de responder a este sentimento de alienación na propia terra entre os homes e as mulleres e cales serían esas diferencias.
-Para os homes a adaptación é máis sinxela porque existen no rural espacios de lecer axeitados para eles. Non sucede o mesmo para as mulleres, que viven á volta como unha experiencia regresiva con respecto ós dereitos e servizos que tiñan noutros países ou no medio urbán. Doutra banda a narración de cada un é diferente porque mentres os homes valoran o conquerido, ás mulleres valoran máis ás relacións, sobre todo cos fillos. Varios casos que vimos de mulleres eran de nais solteiras que despois de moitos anos fóra de moito sacrificio chegaban aquí para decatarense de que os fillos non querían saber nada delas. elas facían o dó pero por outra banda tampouco querían molestar.
- Sinalan vostedes duas fontes de conflicto emocional: por unha banda, “situacións relacionadas co desencontro cos fillos que non voltan” e por outra “co encontro cos que quedaron aquí e que non entenden porque se foron, desubicación ao regresar tras moitos anos emigrados”. ¿Como funciona cada unha desas problemáticas?
- Para os emigrantes o ideal é un ideal sacrificial, isto está por exemplo na excelente novela Mamá do voso compatriota Jorge Fernández que citamos no texto: "Para avanzar había que sufrir y sufrir era avanzar", di nalgún sitio referido ó seu pai. Pois ben, este ideal pode non ser compartido polos fillos que criados en berce alleo (en Suíza por exemplo, noutro contexto, compartindo un estado de benestar e unhas oportunidades que nada teñen que ver coas da orixe dos pais) simplemente non entenden o mundo do mesmo xeito. Ás veces, isto pasa tamén cos nenos criados polos avós. Se os fillos asumen este ideal entón non hai conflito e pode ser un éxito, pero que ocorre cando o critican? Hai tamén unha cuestión política. Mentres os emigrantes manteñan a súa vista fixada na terra e se comparen co grupo de pares da súa aldea, non cobran "conciencia de clase" no país de destino.
-Ainda que non sexa asunto da vosa investigación, quixera preguntarlle se é posible imaxinar as características do retorno nos vindeiros retornados que son os mozos e mozas galegos, novos, profesionais, hiperformados que tamén hoxendía siguen a emigrar.

- Nun mundo globalizado, as diferencias hanse reducir, pero o que sinalamos no texto é que políticamente o que os retornados reclaman é un funcionamento social "limpo" alleo a cacicadas, meritocrático: son ideais das revolucións burguesas, pero no noso país, aínda que melloramos moito, parece ás veces que a ilustración e a revolución francesa non sucederon hai máis de douscentos anos. Esta reclamación está detrás de moitas das queixas dos nosos emigrantes actuais ás universidades de media europa, ou a traballos cualificados en Inglaterra ou Escandinavia.
((Fotos de Manuel Ferrol))
Alexandre García-Caballero é psiquiatra e ven de gañar o premio Ramón Piñeiro de Ensaio. O traballo feito xunto ao seu colega Ramón Area Carracedo leva un nome cando menos curioso: Psicopatoloxía do retorno. Porque a emigración enferma. E os galegos levamos décadas sen dar cunha terapia que nos sande.
Co Atlántico por medio pero os fíos da tecnoloxía do noso lado, estas dúas beiras achegáronse algo nesta entrevista mantida polo e-mail (versión completa acá).
- Por qué sintiron interese en mergullar no xeito de reinsertarse en Galicia dos retornados. Por qué ese tema. Por qué esa búsqueda?
- A investigación, o tema, viu dalgún xeito imposto. Eu traballo nunha unidade de saúde mental
en Ourense dende hai 5 anos. Pola miña consulta pasan centos de persoas ó mes con queixas varias, moitas son debidas a patoloxías mentais graves, pero noutros moitos casos a demanda é máis borrosa. Os nosos pacientes sobre todo os máis vellos, non están afeitos a psicoloxiza-los seus problemas, senon que somatizan os seus conflitos. Daquela as queixas soen ser, polo menos nos vellos, por problemas físicos, pero a pouco que se rabuñe nesa códia o que aparece detrás é todo un mundo de tensións, de relacións persoais problemáticas, de frustracións nos proxectos... Despois de tempo escoitando estas historias, encetei a recolle-las de forma sistemática e a preguntar abertamente pola experiencia migratoria. Despois de recoller estas historias durante dous anos (uns 70 casos), escribín un borrador. Este texto inicial foi sobre o que traballou Ramón Area.- Escoitei no Diario Cultural da Radio Galega que falaba vostede especialmente dos casos das mulleres que chegaban á vosa consulta con cadros de depresión.
Quixera saber se existen diferencias entre o xeito de responder a este sentimento de alienación na propia terra entre os homes e as mulleres e cales serían esas diferencias.-Para os homes a adaptación é máis sinxela porque existen no rural espacios de lecer axeitados para eles. Non sucede o mesmo para as mulleres, que viven á volta como unha experiencia regresiva con respecto ós dereitos e servizos que tiñan noutros países ou no medio urbán. Doutra banda a narración de cada un é diferente porque mentres os homes valoran o conquerido, ás mulleres valoran máis ás relacións, sobre todo cos fillos. Varios casos que vimos de mulleres eran de nais solteiras que despois de moitos anos fóra de moito sacrificio chegaban aquí para decatarense de que os fillos non querían saber nada delas. elas facían o dó pero por outra banda tampouco querían molestar.
- Sinalan vostedes duas fontes de conflicto emocional: por unha banda, “situacións relacionadas co desencontro cos fillos que non voltan” e por outra “co encontro cos que quedaron aquí e que non entenden porque se foron, desubicación ao regresar tras moitos anos emigrados”. ¿Como funciona cada unha desas problemáticas?
- Para os emigrantes o ideal é un ideal sacrificial, isto está por exemplo na excelente novela Mamá do voso compatriota Jorge Fernández que citamos no texto: "Para avanzar había que sufrir y sufrir era avanzar", di nalgún sitio referido ó seu pai. Pois ben, este ideal pode non ser compartido polos fillos que criados en berce alleo (en Suíza por exemplo, noutro contexto, compartindo un estado de benestar e unhas oportunidades que nada teñen que ver coas da orixe dos pais) simplemente non entenden o mundo do mesmo xeito. Ás veces, isto pasa tamén cos nenos criados polos avós. Se os fillos asumen este ideal entón non hai conflito e pode ser un éxito, pero que ocorre cando o critican? Hai tamén unha cuestión política. Mentres os emigrantes manteñan a súa vista fixada na terra e se comparen co grupo de pares da súa aldea, non cobran "conciencia de clase" no país de destino.
-Ainda que non sexa asunto da vosa investigación, quixera preguntarlle se é posible imaxinar as características do retorno nos vindeiros retornados que son os mozos e mozas galegos, novos, profesionais, hiperformados que tamén hoxendía siguen a emigrar.

- Nun mundo globalizado, as diferencias hanse reducir, pero o que sinalamos no texto é que políticamente o que os retornados reclaman é un funcionamento social "limpo" alleo a cacicadas, meritocrático: son ideais das revolucións burguesas, pero no noso país, aínda que melloramos moito, parece ás veces que a ilustración e a revolución francesa non sucederon hai máis de douscentos anos. Esta reclamación está detrás de moitas das queixas dos nosos emigrantes actuais ás universidades de media europa, ou a traballos cualificados en Inglaterra ou Escandinavia.
((Fotos de Manuel Ferrol))
11 de fev. de 2007
Seguindo as pegadas de Seoane
“Buenos Aires, a cosmopolita urbe do sur de América, tiña máis dun millón trescentos mil habitantes, dos cales máis dun setenta por cento eran estranxeiros cara a 1910, cando naceu nela Luís Seoane no seo dunha familia de inmigrantes galegos”. Así comeza a formidable crónica que os irmáns Pablo e Eduardo Rodríguez Leirado veñen de publicar na revista Grial para percorrer cos lectores o roteiro Luis Seoane en Bos Aires. Vinde, que o paseo tralas pegadas que deixou nesta cidade non teñen desperdicio.“Buenos Aires e Luís Seoane están intimamente vencellados, hai rastros e testemuños por todas partes da súa intensa actividade como editor, periodista, ensaísta, ilustrador, deseñador, cartelista, pintor, ceramista, gravador, poeta, dramaturgo e muralista, o que, sumado ao seu compromiso social e político, o converte nunha figura extraordinaria. Pero coidamos que das múltiples facetas que presenta Luís Seoane, a de muralista é a que máis o une a Buenos Aires. Nas paredes da capital arxentina aínda hai máis de trinta murais que falan desa simbiose”, explican os Rodríguez Leirado.
Pablo Rodríguez Leirado é xornalista e sinónimo dunha moi boa publicación de cultura (á que tristemente non poden adicarlle moito tempo por estas datas), Sitio al Margen. Tamén, foi corresponsal do portal Vieiros en Arxentina entre 1999 e 2003. Pola súa banda, Eduardo Rodríguez Leirado é arquitecto, especialista en informática dixital aplicada á arquitectura, o deseño e a historia, e actualmente traballa na recuperación e divulgación do arquivo de placas fotográficas do Instituto de Arte Americano da Facultade de Arquitectura da Universidade de Buenos Aires.
No artigo lembran: “Esa xenerosidade que Maruxa e Luís Seoane brindaron á parella de Pilar Xeremías Cela e Xosé Martínez Romero-Gandos varios anos despois atopa un xeito moi particular de agradecemento nos percorridos que organizan a varios dos murais de Seoane para os que veñen de Galiza en visita a Buenos Aires. (...) Unha das visitas, Aurichu Pereira, ao remataren a xira polos murais, suxeriulles plasmar e difundir dalgunha maneira ese percorrido para “que os que chegamos a estas terras non perdamos semellante beleza”. No ano 2000 conformouse un grupo de traballo, (...) para relevar e situar os murais de Luís Seoane, evitar que se destrúan e crear un sitio web homenaxe dedicado á súa obra mural en Buenos Aires”.

O paseo tralas fermosas pegadas que falan ainda hoxe de Seoane comeza polo “elegante e distinguido Barrio Norte”, din os autores. E engaden: “O percorrido que propoñemos iníciase con dous fitos na rú
a Montevideo, entre a Avenida do Libertador e a rúa Posadas. En Montevideo 1985 está o edificio onde viviron Maruxa Fernández e Luís Seoane a partir de 1962. Na planta baixa da súa vivenda, no vestíbulo de entrada aos ascensores, realizou un mural que logo, incriblemente, caeu baixo a picota, e no seu lugar instalouse un enorme e vulgar espello. Noutro edificio de apartamentos, en Montevideo1920, no vestíbulo de planta baixa, antes dos ascensores, atópase o mural en resinas sintéticas denominado As carretas, realizado en 1958 e que afortunadamente se acha en bo estado”, detallan.
Os pasos avanzan pola Galería Santa Fe, a Avenida Callao, na rúa French 2278, ou pola esquina da avenida Santa Fe e a rúa Uriburu. “Na rúa Sarmiento, no número 2233, atópase a sede da Sociedade Hebraica, onde efectuou a súa primeira exposición en Buenos Aires en 1947. Varios anos despois, en 1968, inaugurou no seu teatro un vitreaux onde as escintilantes cores e a representación de letras hebreas logran un magnífico simbolismo. Seoane mantivo unha vizosa relación coa industriosa colectividade xudía da cidade de Buenos Aires, a máis numerosa do mundo despois da establecida na cidade de Nova York”, lembran.
“O percorrido continúa pola avenida, máis coñecida como a “rúa” Corrientes (tal era a súa orixe e foi ensanchada e convertida en avenida cara á década de 1930). Tamén foi chamada a “Broadway” arxentina pola cantidade de teatros que a poboaban. Cabe recordar que a atracción desta avenida igualmente a comparten as librerías, especialmente as que se
dedican á compra e venda de libros usados. En moitas delas aínda poden atoparse as edicións das obras que arranxaron Seoane, Arturo Cuadrado e Lorenzo Varela nas múltiples editoriais e coleccións que eles crearon, como Nova, Botella al Mar, Citania, Galicia Hoy, Hórreo, Dorna, e Camino de Santiago, por citar algunhas. Moitas desas obras referíanse á cultura e historia galegas e, ademais, moitas estaban escritas en idioma galego, en momentos en que na mesma Galicia se dificultaba ou se facía imposible editalas. Buenos Aires era, daquela, o centro editorial máis importante de Latinoamérica. Así se divulgaba a cultura galega, con Seoane como un dos seus animadores principais, nunha metrópole coa maior presenza de poboación galega no mundo, proxectándoa cara a todo o continente”, avanza o artigo de Grial.Segundo detallan os Rodríguez Leirado, “Seoane viviu e traballou nesta fundamental arteria na súa etapa dourada, cando se atopaban librerías e teatros abertos a calquera hora da noite ou da madrugada, e se discutía interminablemente nos famosos bares e confeitarías das máis diversas e variadas disciplinas, con ou sen coñecemento do tema”. Indican que “a unhas cuadras en dirección ao emblemático Obelisco, atópanse dous murais. En Corrientes 2166, insolitamente na entrada dun aparcadoiro dunha galería comercial de tamaño considerable, aparecen unha serie de figuras en módulos. O incesante tránsito de vehículos e persoas provocou a perda en parte da súa cor, tamén está luxado e algunhas partes están esfanicadas”. (...) “Na beirarrúa da banda contraria, Corrientes 2135, hai outro mural no corredor de ingreso a un edificio de oficinas comerciais, realizado en pedra picada, que lamentablemente se atopa cuberto por un desagradable panel de formica, por tanto descoñécese cal pode ser o seu actual estado. A administración está ao tanto da existencia do mural, mais non queren investir para modificar a estética actual da entrada”.
O imprescindible
artigo non esquece a súa “máis famosa e importante obra mural. Ten trinta e tres metros por once e está situado no vestíbulo do segundo subsolo do Teatro San Martín”. Tamén chega aos traballos que Seoane foi deixando no Microcentro e nos barrios de Retiro, Palermo, e Belgrano, así como fora de Bos Aires. E remata: “Parte de Galicia atópase en Buenos Aires, en todas as actividades que milleiros de inmigrantes galegos e a súa descendencia desenvolveron nunha cidade que contribuíron a crear e conformar. Luís Seoane, que naceu e viviu parte da súa vida en Buenos Aires, encargouse de facérnolo saber. E por se o esquecemos, as paredes da cidade refréscannos a memoria”.
1 de fev. de 2007
Pinta a túa aldea
Se cadra, é verdade esa idea que dí que somos moi semellantes ao lugar onde nacemos. Se cadra, cada aldea imprime na alma da súa xente trazos e cores propios que, co tempo e a súa eterna paciencia, eles rematan por sentir que son propios, deles, que xurdiron en eles e morrerán con eles. E é nese erro onde reside a enorme sabedoría dese lugar-berce: en nutrir o noso ego, fomentar o noso individualismo facendo invisible á nosa mirada esas pegadas que falan ao mundo da nosa orixe.
Se cadra, León Tolstoi tiña razón: "Pinta a túa aldea e serás universal". Xabier Feixoo leva tempo pintado a súa. "Tiven amoreadas durante anos multitude de artigos e documentos sobre o meu concello (Sandiás), sobre a lagoa de Antela e sobre A Limia, e decidín buscarlle unha saída para darlle visibilidade a tal feixe de documentación. ¿Como fixen? Pois resumín a información e púxena nunha páxina web", conta.
A fórmula semella sinxela. A resposta sobre os motivos tamén: "¿Por que a levo dende entón? Pois para dar a coñecer e por en valor (palabra de moda) o rico patrimonio cultural do meu concello e da Limia. É unha iniciativa modesta e moi local mais imaxínate se se realizara nos 315 concellos da nosa terra", suxire.
E eu podo imaxinalo. Claro que si.
Algún tempo atrás, falei eu das miñas aldeas arxentinas. Pero tamén teño unha aldea galega. Chámase Nigueiroá ainda que o cartel do camiño pon mal o nome. A correxión foi feita polo meu curmán Lisardo que herdou do seu pai o compromiso de coidar da aldea coma se fora a súa responsabilidade. Cando estiven alá (xa fai unha década) pareceume simbólica esa falta de coidado na toponimia oficial, ese descoñecemento, ese esquecemento dos pobos que fican na raia.
Durante décadas, miña nai buscou con énfase en cada enciclopedia que lle chegaba ás mans o nome da súa aldea. E durante décadas non o atopou. Tampoco figuraba no ano 1996, cando fun alá. Pero Nigueiroá si estaba.
Dos cultivos, as vacas e ovellas, das festas, das xentes e xentes traballando a terra, das flores e dos rapaces que poboaban as historias e lembranzas dos meus, non atopei case nada. Unha aldea de poucas persoas, moitas moi vellas, de mozos que viven e traballan en Ourense, Pontevedra, Bilbao... E ainda así, nese testemuña do pasado e do presente, fun feliz. Inmensamente feliz. Porque nesa aldea eu atopei a parte de min que non encaixaba nesta beira do Atlántico.
Esas pezas se acomodaron en Nigueiroá, en Quintá, no Viñal, nesas corredoiras, na casa da tía Jesusa comendo rosquillas e roscón e escoitando a metade que faltaba das historias tantas veces escoitadas, xantando con Emilio, Amparo e Rocío na mesma casa na que naceu a miña avóa e logo tamén a miña nai, falando e falando con Lisardo.
Se cadra Xavier ten razón: "Podemos e debemos empregar as novas tecnoloxías para salvagardar a nosa memoria (as lendas das nosas aldeas, as súas tradicións, as cousas dos nosos avós, os nosos documentos, etc.) para legarlles algo do noso rico patrimonio material e inmaterial ós que veñen despois de nós". Se cadra é verdade. Se cadra, somos como as nosas aldeas.
Se cadra, León Tolstoi tiña razón: "Pinta a túa aldea e serás universal". Xabier Feixoo leva tempo pintado a súa. "Tiven amoreadas durante anos multitude de artigos e documentos sobre o meu concello (Sandiás), sobre a lagoa de Antela e sobre A Limia, e decidín buscarlle unha saída para darlle visibilidade a tal feixe de documentación. ¿Como fixen? Pois resumín a información e púxena nunha páxina web", conta.A fórmula semella sinxela. A resposta sobre os motivos tamén: "¿Por que a levo dende entón? Pois para dar a coñecer e por en valor (palabra de moda) o rico patrimonio cultural do meu concello e da Limia. É unha iniciativa modesta e moi local mais imaxínate se se realizara nos 315 concellos da nosa terra", suxire.
E eu podo imaxinalo. Claro que si.
Algún tempo atrás, falei eu das miñas aldeas arxentinas. Pero tamén teño unha aldea galega. Chámase Nigueiroá ainda que o cartel do camiño pon mal o nome. A correxión foi feita polo meu curmán Lisardo que herdou do seu pai o compromiso de coidar da aldea coma se fora a súa responsabilidade. Cando estiven alá (xa fai unha década) pareceume simbólica esa falta de coidado na toponimia oficial, ese descoñecemento, ese esquecemento dos pobos que fican na raia.Durante décadas, miña nai buscou con énfase en cada enciclopedia que lle chegaba ás mans o nome da súa aldea. E durante décadas non o atopou. Tampoco figuraba no ano 1996, cando fun alá. Pero Nigueiroá si estaba.
Dos cultivos, as vacas e ovellas, das festas, das xentes e xentes traballando a terra, das flores e dos rapaces que poboaban as historias e lembranzas dos meus, non atopei case nada. Unha aldea de poucas persoas, moitas moi vellas, de mozos que viven e traballan en Ourense, Pontevedra, Bilbao... E ainda así, nese testemuña do pasado e do presente, fun feliz. Inmensamente feliz. Porque nesa aldea eu atopei a parte de min que non encaixaba nesta beira do Atlántico.
Esas pezas se acomodaron en Nigueiroá, en Quintá, no Viñal, nesas corredoiras, na casa da tía Jesusa comendo rosquillas e roscón e escoitando a metade que faltaba das historias tantas veces escoitadas, xantando con Emilio, Amparo e Rocío na mesma casa na que naceu a miña avóa e logo tamén a miña nai, falando e falando con Lisardo.Se cadra Xavier ten razón: "Podemos e debemos empregar as novas tecnoloxías para salvagardar a nosa memoria (as lendas das nosas aldeas, as súas tradicións, as cousas dos nosos avós, os nosos documentos, etc.) para legarlles algo do noso rico patrimonio material e inmaterial ós que veñen despois de nós". Se cadra é verdade. Se cadra, somos como as nosas aldeas.
25 de jan. de 2007
Na diáspora da ciencia
Moito imos ao psicologo, acá en Bos Aires. E digo en Bos Aires e non na Arxentina porque as taxas máis altas de seguidores de Sigmund Freud atópanse nas grandes megalópoles coma New York, París e algunhas outras capitais europeas e americanas. O fenómeno é dificil de explicar ata para os mesmos psicólogos, e os pacientes -coma seguidores dunha nova relixión- falamos de aprender a coñecerse un mesmo, de vivir mellor, de asumir os problemas e elaborar os traumas.
Cando o tema é xeral e non individual, colectivo, a complexidade dese coñecemento propio, dunha vida mellor e de elaborar os traumas, medra e medra. Xa non chegan os psicólogos e necesitamos de historiadores, de sociólogos, de economistas e de escritores. En Bos Aires, a capital do psicanálise, os galegos que chegaron e os que nacimos acá seguimos sen saber moito de nós, sen coñecérmonos ben, sen disfrutar da nosa rica identidade.
Na Arxentina, destino de barcos e de xeracións de europeus, se fixeron catro veces máis estudos sobre a emigración italiana que sobre a emigración española. Os datos foron publicados fai anos polos académicos Alejandro Fernández e José Moya en dous libros: “La emigración española en la Argentina” e “Primos y extranjeros”. E como pasa moitas veces, os números sorprenden.
É verdade que a emigración italiana foi a máis numerosa nestas terras, pero non é menos verdadeiro que de todas as etnias chegadas á Arxentina, a galega supera absolutamente a todas as outras. Chegaron máis galegos que cataláns, que vascos, que leoneses, que asturianos, que madrileños ou que cidadáns de calquera rexión do Estado español. Chegaron máis galegos que calabreses, que sicilianos, que napolitanos, que xenoveses, que romanos, ou que cidadáns de calquera rexión do Estado italiano. E ainda que chegaron moitísimos máis galegos que xudeus, a cantidade de traballos académicos sobre ese colectivo é dezaseis veces superior aos adicados aos homes e mulleres de Galicia.
As abismales disparidades tamén se atopan nos estudos migratorios dos colectivos menos numerosos, coma pode ser o galés. Entón, por qué hai tan poucos investigadores novos, nados na Arxentina pero fillos e netos de Galicia, con interese en traballar na súa propia história, na súa propia identidade?
Unha posible resposta a tece a escritora e académica María Rosa Lojo, autora de moitas novelas recoñecidas e que fixo da súa galeguidade parte do seu traballo de investigadora. Di ela: “É verdade que na Arxentina non é habitual que os escritores e científicos recoñezan unha orixe galega e, ainda menos, que sintan orgullo por ela. Iso ten motivos sociais: estamos nun país onde os libros de chistes de galegos foron best-sellers, onde o estereotipo do galego configurado no imaxinario colectivo presenta unha imaxe devaluada, na que non é cómodo ollarse reflectido”.
Por iso, eu concordo co chamamento que fai outra galega de Bos Aires. Chámase María Rosa Iglesias e é a nai do historiador galego-arxentino Ruy Farías Iglesias, que está rematando a súa tese doutoral na Universidade de Santiago de Compostela cun estudo -precisamente- sobre os galegos do sur do conurbano bonaerense. “É preciso que os galegos novos -di ela- tomen conciencia da marxinación que existe no ámbito académico e que tomen conciencia de que a única maneira para revertila é facendo accións que nos dean sona, prestixio, que rachen o prexuizo contra o noso colectivo”.

19 de jan. de 2007
Natureza /1
Cando vivía cos meus pais, nunha casa con xardín sementada na periferia da cidade de Bos Aires, non tiña especial relación con ese exterior verde onde medraban árbores e plantas e flores de todas as razas e todas as cores. Se cadra, era moi pequena e moi urbana. Se cadra, tiña cousas máis importantes nas que reparar (ou iso pensaba daquela). Ou será que me viñan nos xenes os xementes recordos dos fríos e dos calores apañados polos meus na terra galega, os esforzos descomunales por pintar nela gromos alimentados de sacrificios, a semi-esclavitude que o agro reclama. A verdade é que non me foi dado coñecer os motivos, pero hoxe boto en falta ese anaco de terra negra e xenerosa que tantos anos foi parte da miña paisaxe cotiá.
Foi co embarazo que -meu home e eu- comenzamos a sentir unha fascinación polas árbores. E ainda que xa contei esa historia fai tempo, ven de novo a referencia porque esa conexión coa vida, coa natureza, coa forza todopoderosa dunha póla que semella seca e murcha no inverno e que pode encherse de pequenas follas en poucos días coa chegada da primavera, unha e outra vez, nos deixa conmovidos.
Foi daquela que atopamos o fío que nos leva á orixe, á terra. Vivimos nunha pequena casa na capital do páis. Temos avenidas e rúas famosas moi perto, o metro e a posibilidade de estar no Obelisco en 20 minutos. Sen embargo, non temos xardín. Apenas, unha terraza que se pode percorrer con dez pasos.
É dende esa casa urbana que soñamos cunha hectárea fora da cidade na que sementar un vieiro de agapanthus que debuxe unha invitación a pasar en cores violetas e azuis nos tempos do Nadal, moitos árbores (limoeiros e laranxeiras que sexan poboados polos azahares nos meses de setembro e outubro, eucaliptus, algún piñeiro, un carballo...) e non menos flores. E unha enorme horta que non deixe comer o que sementamos.
Mentres ese soño non se torna realidade, teño dúas plantas de tomates nunha maceta. E algo de ciboulette noutra. Unha albahaca que morre de cando en vez e, coma pasa co Ave Fenix, rexurde. Un mandarineiro diminuto e un fermosísimo Aromo de follas azuis. E a memoria das mans dos meus colonizadas pola terra durante séculos. E unha certeza: ningún froito cae moi lonxe da árbore.

10 de jan. de 2007
Memoria historica
"Logo de longos meses de crudel sofrimento, foi internado no Sanatorio do Centro Galego para sere sometido a unha delicada operación quirúrxica, co fin de coutarlle a firente dôr que o martirizaba; e a tal efeito, as autoridades do Centro asiñá ronlle unha habitación especial con tudal-as comodidades e dispuxeron se lle prestasen as máisimas atencións de tudo orde, e o mesmo â súa dona, doña Virxinia, que ficou â súa veira no Sanatorio até o derradeiro intre. Mais apesares da abnegación dos doutores Gumersindo Sánchez Guisande e Miguel S. Pastor que non se arredaron nin un sô intre do leito do ilustre enfermo, éste non reaicionou da delicada operación quirúrxica a que fora sometido. E ao fio das 23 horas da noite do sábado 7 de xaneiro,
surtiu pra Eternidade o grande home que perante toda a súa vida fixo un culto do amor a Galiza e ao seu povo, e que loitou arreo pol-a súa liberdade".
((CRONICA DA ENFERMEDADE, MORTE I ENTERRO DE CASTELAO - A Nosa Terra NÚMERO ESPECIAL ADICADO A CASTELAO ANO XXXII - Nº 474. DIA DE GALIZA DE 1950. AÑO DEL LIBERTADOR GENERAL SAN MARTÍN))

"Era imposibel non amalo, porque o amor a Castelao era amor a Galiza. Il, o home o dibuxante i-o escritor, realizábase en espresión galega tanto como Galiza se espresaba a través d-il. Il era Galiza por transubstanciación. Il fíxonos visibles e inevitables as nosas obrigas de conducta, pra con ila, como Pondal, Curros e Rosalía nol-a fixeron conscente nas súas doores, belezas i-espranzas. Pro o que aquiles dibuxaron no ar estrelecido do verso, Castelao modelouno en nidia e dura materia de conducta política e social. Il creou unha nova responsabilidade, un novo xeito de ser galego. Antes de Castelao podía amarse a Galiza de moitos modos. Dempois d-íl todal-as fronteiras d-iste amor están acotadas".
((DISCURSO DE EDOARDO BLANCO AMOR A NOME DA COLEITIVIDADE GALEGA))

"Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao se advierte lo siguiente:
La noticia de su muerte se dará en páginas interiores y a una columna.
Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto políltico.
Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, literato y caricaturista.
Se podrá destacar su personalidad política, siempre y cuando se mencione que aquella fue errada y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados.
De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro "Sempre en Galiza" ni de los álbumes de dibujos de la guerra civil.
Cualquier omisión de estas instrucciones dará lugar al correspondiente expediente".
((O 8 DE XANEIRO, TRALA MORTE DE CASTELAO, A DIRECCION GENERAL DE PRENSA ENVIALLES ESTA CONSIGNA AOS XORNAIS))

Longa vida a Castelao!

28 de dez. de 2006
18 de dez. de 2006
Un ano, unha palabra
Vai rematando o ano. Non é mais que unha convención, esa teima de contar o tempo, de atrapalo en meses e semanas e días, se cadra para que non fuxa, para vivir na ficción de que somos nós quen o domina e non él quen nos ten presos. Sen embargo, ainda que viva o Nadal coma unha febre de consumo baleira de outro sentido que se espalla coma unha peste e o Aninovo como o comenzo das vacacións, aproveito cada ano as festas para pensar no ano que pasou. Si, é verdade: son dos que fan balances neste momento.
Houbo anos que pecharon coa palabra ledicia. Moitos. Outros con verbas coma tristeza, pena, congoxa, baleiro. Algúns. Non tantos. O 2004 foi raro porque tanto lle cabía a frase "a felicidade máis enorme da miña vida" coma a de "a tristura mais dolorosa que unha muller pode sentir". O 2005 tivo un lategazo que nos deixou a todos de xeonllos, aparvados, sen entender o que pasara, cómo pasara e, sobre todo, por qué pasara. E para o 2006 vou vendo que a palabra é Grazas. Para os meus. No meu mundo privado. E tamén para o meu mundo blogueiro.
Grazas aos que viven no ordenador e que ademais teñen voz, rostro, sorriso, presencia. Clara Flor que fai que moitos na diáspora sexamos mellores do que nunca pensamos que podíamos ser. Á benquerida, intensa, feminina e talentosa Marinha de Allegue polas horas e horas de conversa polas tardes arxentinas e noites compostelanas. Grazas ao xenial e lúcido Si Home, si que sempre me deixa pensando e ao poeta Eduardo Estevez que veu cargado de historias en papel e que contaxiaba a ledicia dunha familia que medra e se fai forte. E grazas a Ro que, pode que hoxe non teña un blog, pero é sen dúbida unha blogueira cen por cento e moito sinto non ter chegado ao blogomillo cando ela escribía. Grazas neste parágrafo tamén a Cobiñas compañeira de aventuras.
Grazas aos que non deixan de aprenderme cultura, historia, lingua... Grazas a Veloso de quen moito aprendín, sobre todo a contar historias coas verbas xustas, e que agora móstrame que tamén se pode un marchar de algo tan bonito coma esta familia. É toda unha lección, penso eu: sempre estamos porque queremos estar. En definitiva é así. Grazas a Marcos Valcarcel e a Afonso Monxardín por tanto, tanto que aprendo con eles. Grazas a Brétemas porque me abre portas e fiestas na literatura galega
Grazas ás damas: a SuroEste que tece as palabras dese xeito que tanto admiro (non vos perdades a historia do lobo e Caporruchiña Vermella de fai algúns meses); á Naufragha porque non lle ten medo á emoción nin aos sentimentos; a Ana Bande porque coñece a receta máxica para falar dende a cabeza e dende o corazón na proporción xusta.
Tamén grazas á benquerida Jan por eses soños e polo sorriso que deseñou no rostro do meu fillo. Grazas a Lúa por unha frase fermosa "Bailaria contigo, pero es que estoy sorda de un pie...", e á audacia de Ra que non sabe de fronteiras e sorprende con post fermosos.
Grazas especiais a Sara Jess polo nome deste blog pero tamén pola descoberta de que o galego era unha lingua para falar de hoxe. Á doce Satine pola intensidade das súas palabras. As Laurindinhas polos xogos que construen con imaxens e palabras. Á xenial Estivalez e á virtuosa domadora de palabras e dona dun sorriso único Moralla. E tres grazas máis a Besbella, Elianinha, e a Mrs. Doyle pola intelixencia e elegancia. Dous atributos que poucas veces aparecen xuntos.
Grazas ao señores: a Rabudo e a sua enerxía (onde atopará o tempo para todo o que fai?), a Fran que cambiou de casa pero non esqueceu de levar as historias e as ganas de contalas, e ao mellor autor de crónicas do blogomillo: Acedre, o pai de Leo . Grazas a Cabaseira porque escribe pouco pero dí moito, ao ciber-navegante Nemeth que atopa na rede tesouros case a cotío, a Red Galicia pola xenerosidade, a Xosé Antón, a Fravernero que non minusvalora ao lector, e a F. Miguez polos interesantes comentarios sobre a actualidade.
Tamén grazas ao antiblog polo moito que río ás veces, por non chorar; á erudición de Manuel Gago e pola sua xenerosidade; a Francisco Castro que me achega a libros e verbas. Grazas a Xabier Docampo polas historias e o xeito de contalas; e a Manuel Rivas que é o que é, ainda que non é o que outros creen que é.
Especialmente, grazas a Parzival por tecer fíos de libros que cruzan o Atlántrico, a David pola compaña de tantos meses, a Xancín, a Torreira polas imaxens que sabe debuxar coas palabras; a Suso, a Silvio, a Calidonia pola gran intelixencia que deixa ver discretamente, a Suso, ao xenial Moucho Branco polas leccións de mitoloxía e polas frases memorables, ao equilibrado e xusto Mendinho, a Suso polas historias e viaxes, e grazas Á Randeeira porque sabe rir co que outros temos ganas de chorar.
Grazas aos que leo fai tempo Casa Atlántica, Sobre filloas mel, Artipraxia, Caderno Arraiano, o blog dos pelachos, Albixou, Fragmentos da Galaxia, Días estranhos, Cabaret Voltaire, Tardes xeadas, Selva de Esmelle, La Muralla, Amote moito, Alfaias.
E aos que leo fai pouco: Chirimbolos e Ourilocelontes, andaime, zero vacas, Unha cousa nunca vista, O porto dos escravos. Tamén aos anónimos que, nalgún caso, non o son tanto.
Sinto se esquecín a alguén (algo moi probable) e sintoo realmente porque estou infinitamente agradecida de que me deixedes participar deste universo fermoso e que non deixa de medrar. Ao lonxe, nun serán caloroso de verán na Arxentina, mentres o meu fillo xoga e debuxa, moitas grazas a todos vós!
Houbo anos que pecharon coa palabra ledicia. Moitos. Outros con verbas coma tristeza, pena, congoxa, baleiro. Algúns. Non tantos. O 2004 foi raro porque tanto lle cabía a frase "a felicidade máis enorme da miña vida" coma a de "a tristura mais dolorosa que unha muller pode sentir". O 2005 tivo un lategazo que nos deixou a todos de xeonllos, aparvados, sen entender o que pasara, cómo pasara e, sobre todo, por qué pasara. E para o 2006 vou vendo que a palabra é Grazas. Para os meus. No meu mundo privado. E tamén para o meu mundo blogueiro.
Grazas aos que viven no ordenador e que ademais teñen voz, rostro, sorriso, presencia. Clara Flor que fai que moitos na diáspora sexamos mellores do que nunca pensamos que podíamos ser. Á benquerida, intensa, feminina e talentosa Marinha de Allegue polas horas e horas de conversa polas tardes arxentinas e noites compostelanas. Grazas ao xenial e lúcido Si Home, si que sempre me deixa pensando e ao poeta Eduardo Estevez que veu cargado de historias en papel e que contaxiaba a ledicia dunha familia que medra e se fai forte. E grazas a Ro que, pode que hoxe non teña un blog, pero é sen dúbida unha blogueira cen por cento e moito sinto non ter chegado ao blogomillo cando ela escribía. Grazas neste parágrafo tamén a Cobiñas compañeira de aventuras.Grazas aos que non deixan de aprenderme cultura, historia, lingua... Grazas a Veloso de quen moito aprendín, sobre todo a contar historias coas verbas xustas, e que agora móstrame que tamén se pode un marchar de algo tan bonito coma esta familia. É toda unha lección, penso eu: sempre estamos porque queremos estar. En definitiva é así. Grazas a Marcos Valcarcel e a Afonso Monxardín por tanto, tanto que aprendo con eles. Grazas a Brétemas porque me abre portas e fiestas na literatura galega
Grazas ás damas: a SuroEste que tece as palabras dese xeito que tanto admiro (non vos perdades a historia do lobo e Caporruchiña Vermella de fai algúns meses); á Naufragha porque non lle ten medo á emoción nin aos sentimentos; a Ana Bande porque coñece a receta máxica para falar dende a cabeza e dende o corazón na proporción xusta.
Tamén grazas á benquerida Jan por eses soños e polo sorriso que deseñou no rostro do meu fillo. Grazas a Lúa por unha frase fermosa "Bailaria contigo, pero es que estoy sorda de un pie...", e á audacia de Ra que non sabe de fronteiras e sorprende con post fermosos.
Grazas especiais a Sara Jess polo nome deste blog pero tamén pola descoberta de que o galego era unha lingua para falar de hoxe. Á doce Satine pola intensidade das súas palabras. As Laurindinhas polos xogos que construen con imaxens e palabras. Á xenial Estivalez e á virtuosa domadora de palabras e dona dun sorriso único Moralla. E tres grazas máis a Besbella, Elianinha, e a Mrs. Doyle pola intelixencia e elegancia. Dous atributos que poucas veces aparecen xuntos.Grazas ao señores: a Rabudo e a sua enerxía (onde atopará o tempo para todo o que fai?), a Fran que cambiou de casa pero non esqueceu de levar as historias e as ganas de contalas, e ao mellor autor de crónicas do blogomillo: Acedre, o pai de Leo . Grazas a Cabaseira porque escribe pouco pero dí moito, ao ciber-navegante Nemeth que atopa na rede tesouros case a cotío, a Red Galicia pola xenerosidade, a Xosé Antón, a Fravernero que non minusvalora ao lector, e a F. Miguez polos interesantes comentarios sobre a actualidade.
Tamén grazas ao antiblog polo moito que río ás veces, por non chorar; á erudición de Manuel Gago e pola sua xenerosidade; a Francisco Castro que me achega a libros e verbas. Grazas a Xabier Docampo polas historias e o xeito de contalas; e a Manuel Rivas que é o que é, ainda que non é o que outros creen que é.
Especialmente, grazas a Parzival por tecer fíos de libros que cruzan o Atlántrico, a David pola compaña de tantos meses, a Xancín, a Torreira polas imaxens que sabe debuxar coas palabras; a Suso, a Silvio, a Calidonia pola gran intelixencia que deixa ver discretamente, a Suso, ao xenial Moucho Branco polas leccións de mitoloxía e polas frases memorables, ao equilibrado e xusto Mendinho, a Suso polas historias e viaxes, e grazas Á Randeeira porque sabe rir co que outros temos ganas de chorar.
Grazas aos que leo fai tempo Casa Atlántica, Sobre filloas mel, Artipraxia, Caderno Arraiano, o blog dos pelachos, Albixou, Fragmentos da Galaxia, Días estranhos, Cabaret Voltaire, Tardes xeadas, Selva de Esmelle, La Muralla, Amote moito, Alfaias.E aos que leo fai pouco: Chirimbolos e Ourilocelontes, andaime, zero vacas, Unha cousa nunca vista, O porto dos escravos. Tamén aos anónimos que, nalgún caso, non o son tanto.
Sinto se esquecín a alguén (algo moi probable) e sintoo realmente porque estou infinitamente agradecida de que me deixedes participar deste universo fermoso e que non deixa de medrar. Ao lonxe, nun serán caloroso de verán na Arxentina, mentres o meu fillo xoga e debuxa, moitas grazas a todos vós!
10 de dez. de 2006
Voces para un asasino
A noticia do infarto que fai unha semana deixou un soplo de morte no corpo do tirano Augusto Pinochet chegoume mentres lía Home sen nome, a última novela de Suso de Toro.
"Tanto home que matei, e que, que ocorreu? Non ocorreu nada. Ninguén parou o meu brazo. Porque non había nada. A miña vida.
E onde é que estou? Onde é aquí? Este aquí? Unha man. Movín unha man. Contra as sabas. Teño algo na man. Síntoa, proe. (...) Hospital. Doe. Tubos, teño tubos na man. Intravenosa, alimentación intravenosa. Un hospital, un cuarto de hospital. Estou doente, metéronme nun hospital. Internado nun hospital. E como cheguei aquí, non sei. Estou aquí, trouxéronme aquí. Alguén. (...)
Facer o durmido, estou a durmir, os ollos cerrados. Así, fechados. Non me movo, volvo estar in
consciente. Un corpo morto, inerte. Coma se me pegasen un tiro, así caído. No meu leito. Non quero oír a eses fillos dunha puta, que eses cabróns me volvan falar así, coma se fose un neno. Non quero que me toquen o orpo, que se ispan. Non quero que se dean volta así, coma se fose unha árbore caída, sen respecto, non quero. Non quero que me limpen o cu, así, xa están, estanmo a limpar, ras, ras. Non quero que me vexan esperto, estou durmido. Trátanme sen respecto, coma se non fose ninguén. Manipulan o meu corpo, tócanmo coma se fose un saco de carne e ósos. Coma se non fose alguén. Coma se fose un ninguén. Porque non podo, que se non dáballes pasaporte. Se eu ainda fose alguén. A estes dous, munición. E cando foi que me atuaron, que me dixeron "ti" por primeira vez? Un destes. Foi neste hospital. Nunha residencia de anciáns. Atuarme. Prefiro estar durmido. Que me traten así coma se xa estivese morto e non que me traten como a un meniño, ou un tolo, un vello tolo. Non son un vello tolo. Eu decátome das cousas. Eu son eu. Máis ca ninguén (...). E estes dous merdentos que me asean non son ninguén (...). O que chegamos a ser."
Unha semana despóis, o home que se sentía deus, dono das vidas e das mortes, facedor de pesadelos, man diabólica tecedora de torturas, ladrón, corrupto mentireiro e indigno, que chegou a finxir unha loucura que non tiña para voltar ao país onde era impune, ese home con nome de morte acabou por morrer.
A presidenta das Avóas da Praza de Maio, Estela de Carlotto, (que ainda busca aos seus netos, roubados polos militares arxentinos e regalados a familias que tantos anos despois ainda os rouban cada vez, todos os días) dixo que "ninguén sinte alegría por unha morte, pero para Chile, Latinoamérica e o mundo todo é un día de alivio porque ainda seguía a ser perigroso, sempre escondía trampas para seguir influenciando. Dende hoxe, estará sendo xuzgado por Deus, ainda que a Xustiza non chegou".
Dende as Nais da Praza de Maio, Hebe de Bonafini lamentou: "Mágoa que morrera na súa cama e non unha cárcere, como correspondía". E Tati Almeyda dixo: "Pinochet é outro xenocida que morre e non é posible xuzgalo, sen embargo no seu caso a humanidade xa o condenou, non só os arxentinos e os chilenos".
O avogado chileno Hugo Gutiérrez, defensor nos xiuzos por dereitos humans, opinou que "este criminal foise deste mundo sen ter coñecido o significado dunha condea por todos os seus actos criminais".
Dende Francia, Sophie Tonon confesou que sinte frustración e tamén un "gran sentimento de cólera contra a xustiza francesa e a chilena porque non foron quen de xuzgalo a tempo". En sintonía, "a morte ganoulle á xustiza", recoñeceu o escritor uruguaio Mario Benedetti.
Pinochet morreu hoxe. No Día Internacional dos Dereitos Humáns. No día do cumpreanos da súa muller. Ás veces, a vida debuxa vieiros raros.
"Tanto home que matei, e que, que ocorreu? Non ocorreu nada. Ninguén parou o meu brazo. Porque non había nada. A miña vida.
E onde é que estou? Onde é aquí? Este aquí? Unha man. Movín unha man. Contra as sabas. Teño algo na man. Síntoa, proe. (...) Hospital. Doe. Tubos, teño tubos na man. Intravenosa, alimentación intravenosa. Un hospital, un cuarto de hospital. Estou doente, metéronme nun hospital. Internado nun hospital. E como cheguei aquí, non sei. Estou aquí, trouxéronme aquí. Alguén. (...)
Facer o durmido, estou a durmir, os ollos cerrados. Así, fechados. Non me movo, volvo estar in
consciente. Un corpo morto, inerte. Coma se me pegasen un tiro, así caído. No meu leito. Non quero oír a eses fillos dunha puta, que eses cabróns me volvan falar así, coma se fose un neno. Non quero que me toquen o orpo, que se ispan. Non quero que se dean volta así, coma se fose unha árbore caída, sen respecto, non quero. Non quero que me limpen o cu, así, xa están, estanmo a limpar, ras, ras. Non quero que me vexan esperto, estou durmido. Trátanme sen respecto, coma se non fose ninguén. Manipulan o meu corpo, tócanmo coma se fose un saco de carne e ósos. Coma se non fose alguén. Coma se fose un ninguén. Porque non podo, que se non dáballes pasaporte. Se eu ainda fose alguén. A estes dous, munición. E cando foi que me atuaron, que me dixeron "ti" por primeira vez? Un destes. Foi neste hospital. Nunha residencia de anciáns. Atuarme. Prefiro estar durmido. Que me traten así coma se xa estivese morto e non que me traten como a un meniño, ou un tolo, un vello tolo. Non son un vello tolo. Eu decátome das cousas. Eu son eu. Máis ca ninguén (...). E estes dous merdentos que me asean non son ninguén (...). O que chegamos a ser."Unha semana despóis, o home que se sentía deus, dono das vidas e das mortes, facedor de pesadelos, man diabólica tecedora de torturas, ladrón, corrupto mentireiro e indigno, que chegou a finxir unha loucura que non tiña para voltar ao país onde era impune, ese home con nome de morte acabou por morrer.
A presidenta das Avóas da Praza de Maio, Estela de Carlotto, (que ainda busca aos seus netos, roubados polos militares arxentinos e regalados a familias que tantos anos despois ainda os rouban cada vez, todos os días) dixo que "ninguén sinte alegría por unha morte, pero para Chile, Latinoamérica e o mundo todo é un día de alivio porque ainda seguía a ser perigroso, sempre escondía trampas para seguir influenciando. Dende hoxe, estará sendo xuzgado por Deus, ainda que a Xustiza non chegou".
Dende as Nais da Praza de Maio, Hebe de Bonafini lamentou: "Mágoa que morrera na súa cama e non unha cárcere, como correspondía". E Tati Almeyda dixo: "Pinochet é outro xenocida que morre e non é posible xuzgalo, sen embargo no seu caso a humanidade xa o condenou, non só os arxentinos e os chilenos".O avogado chileno Hugo Gutiérrez, defensor nos xiuzos por dereitos humans, opinou que "este criminal foise deste mundo sen ter coñecido o significado dunha condea por todos os seus actos criminais".
Dende Francia, Sophie Tonon confesou que sinte frustración e tamén un "gran sentimento de cólera contra a xustiza francesa e a chilena porque non foron quen de xuzgalo a tempo". En sintonía, "a morte ganoulle á xustiza", recoñeceu o escritor uruguaio Mario Benedetti.
Pinochet morreu hoxe. No Día Internacional dos Dereitos Humáns. No día do cumpreanos da súa muller. Ás veces, a vida debuxa vieiros raros.
Assinar:
Postagens (Atom)