Graciñas a cada un de vós.
Graciñas por estares. Por escribir.
Graciñas por vires por aquí.

Regaba e coidaba do que alí había cunha mestura de amor e tedio. Quexábase moito a miña avoa da terra que tiña metida nas mans todo o día, todo o ano, a vida enteira. Pero pouco facía por deixar de tela.Todos a chamábamos Dona Rosa, os maiores e os neno. Só a miña avóa tiña licencias abondo para chamala Rosa. Tanto formalismo, con todo, derrubábase na súa presencia: dona Rosa era a mellor contadora de chistes do mundo. Non eran como esas bromas humillantes para alguén, desprezativas ou salvaxes. Ela o que facía era lembrar os paos da vida dun xeito divertido. E certamente moito rían as mulleres, naquelas visitas que facía á casa da rúa Aragón, en Mar del Plata.
Ademáis de encher as casas amigas de risos, Dona Rosa agasallaba bolsas e sombreiros. Nós tiñamos unha chea deles, moi xeitosos por certo para unha casa na praia, como era aquela na que pasabamos os tempos do verán.
Ela mesma os facía. Despedazaba as bolsas plásticas da leite en cintas que logo tecía con coidado, atendendo aos colores e formas. Os chapeos tiñan xenerosas abas que nos coidaban do sol e as bolsas tiñan usos varios. Sempre eran pezas en cores branco e azul, porque así eran os sachets que ela non tiraba. Onde vai toda esta historia... Hoxe chámanlle reciclaxe e hai quen pensa que o inventaron nestes anos listos que aprenderon ecoloxía no instituto e espelidos deseñadores de moda.




Contan que ainda hoxe, de cando en vez, alguén que non coñece a lenda, quere saber se o bar está á venda. “Aos meus 78 anos, non teño interese de vender, a esta idade non quero máis aventuras”, dixo Sangil á prensa. E engadiu: “Este bar é unha parte da miña vida”. Unha vida que non se vende, nun mundo no que todo ten prezo.

Non sei o que di este home porque fala moito e eu pérdome. O cartón tamén é como a xente. Ás veces está. E outras non. Se chove non, porque non vale mollado e os do camión non o mercan. Ela sabeo todo do cartón: sei atopalo no lixo, sei desarmar as caixas e sei dobralas e amorealas. Sabe chegar a primeira á porta do Carrefour e remexer nos colectores. Sei adiantar na avenida co carro moi rápido, moi rápido, e non me importa se o bandullo se pon duro. Eu sei chegar a primeira e encher o carro dos mellores cartóns.
Cantos anos tes? Ela di que trece ou así. Non dí que non se lembra. Queres o neno? Ela non o sabe. Non-o-sei. O home tira dun peto da chaqueta un pequeno cartón branco. Esténdello e como ela non fai aceno de collelo, pousallo na man. Dille que o pense, que son moitos cartos, pero ela non sabe o qué ten que pensar. Olla o cartón branco e os debuxos pequenos que sabe que son letras. Ela sabe que o cartón que vale é o gordo, a 20 céntimos o quilo. Tira a tarxeta e marcha. Ela sabe chegar a primeira.
Foto de Olmovich





