Aprendo esta mañá de primaveira (día 8 por certo) que o 8 é o número atómico do osíxeno. Entérome tamén que no sistema anglosaxón de medicións, hai 8 onzas nunha cunca, 8 pintas nun galón, 8 furlongs nunha milla e aproximadamente 8 chiscos nunha culleradiña. Oito é o número de patas que teñen as arañas e o número de pesos nun real español durante a época colonial. O 8 represéntase coas 2 serpes enlazadas, símbolo do equilibrio entre forzas antagónicas. "Tamén representa o eterno movemento cósmico base de rexeneración e de infinito, polo que o 8 tombado vese representado en moitas pilas de bautismo".
Digo eu que ten que ser por todo iso que o meme este púxose tan dificil. O primeiro que vin foi o da
Raiña co que rin moitísimo! Dalí cheguei á
orixe do asunto e, como levaba días sen tempo para facer visitas aos amigos, onte e hoxe atopeime con todas as versións, formas, historias e recursos posibles de ser imaxinados. O de
Arumes achega os temas mais citados polo blogomillo adiante pero faino cunha gracia encantadora e se algún fallaba xa chegou
OCCAM a completar a lista;
Suroeste percorre momentos epifánicos da súa vida co seu estilo de sempre, sempre fascinante. Qué fago eu enton? A idea de falar de sitios mellor non porque
Paideleo fíxoo co seu ton de cronista virtuoso; o dos tangos tampouco por non cansar e porque o de
ZeroVacas é impecable!
Rifo I de Zeuquirne cumpriu coa gastronomía, faltaba máis! o malo foi chegar a esa foto e a ese artigo sobre as 21 e traballando no xornal... E se nalgún momento dixen que mellor fotos, pois nada porque
Pau atopou unhas fermosísimas.
Nestes casos críticos, sempre valen os amigos. Déixovos con oito homes e mulleres (bueno, son nove) que, polo mundo adiante, fan o que Castelao pedía: dan sona a Galiza.
Andrea Cobas Carral. Licenciada en Letras. Docente e investigadora da Universidade de Bos
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgkcyPluCr09s3OPS-HkJFbN5JaDet0CzIEXS-EVBoJD8KLY1BdeMp2AwRHEgXirlfup6IQq0IHhbxzkVg9I3QILBc7jm4_Ijy-a7Z01-srG_9mZlqsuYlhmanyWEqOI8UubvURoQ/s200/cobis+flor.jpg)
Aires. Bolseira do CONICET. Está iniciando os seus estudos de doutoramento cun proxecto sobre as representacións da violencia de Estado na narrativa do Cono Sur dos últimos quince anos. Coordina o Ciclo de Literatura Galega "
Lectores en Bos Aires" que se desenvolve no mítico Café Tortoni. Foi docente da Cátedra de Estudos Galegos "Afonso R. Castelao" e publicou diversos traballos críticos en publicacións académicas arxentinas e estranxeiras. Ademáis de todo, ten un exquisito sentido do humor e un
blog.
Alguén dixo que
Delmi Álvarez é a "ollada da porta de atrás: a humanidade sempre retratada
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjJnP2gcF8ZgSAXMrsI41eXhWVyhK-KIqJnY6U8TaZdQa-KsW7KfLMhq2_h6h2qqqZvAyTJLAbOyobtKfgzv9moHqDb2kWNGq0rILxXCkNmbwv1VNEMQUopptnO0P1dRQhmBSUcKw/s200/fotoollo.jpg)
no seu sufrimento e a súa alegría. As súas instantáneas son flashes nas que a composición do espacio non é máis que a casualidade case espontánea". Eu de fotografía non lles sei moito pero podo dicir que as imaxes que lle vin a este home son quen de capturar algo tan esvaradío coma a alma. Para máis detalle, a alma galega. Os datos din que é fotoxornalista freelance e que ese traballo de reporteiro gráfico mestúrao coa impartición de cursos, conferencias e seminarios (unha das maneiras da xenerosidade). Foi editor gráfico no desaparecido Diario de Galicia (1985-87) e é autor de varios libros e proxectos de documentalismo. É gañador de dous dos prestixiosos premios Fotopress. Foi fundado do Seminario Galego de Fotoxornalismo.
Nancy Pérez Rey ten dúas cousas impresionantes: a súa bondade contaxiosa e unha enerxía
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjPsHZz37z9dQe4_2vVFio-1hL2gQnDM0U7U_i67R9T3wpLGLqiNDVK5mn8SZaNmhkUoIeRLP3osku-7s4bFeeVab2bIclsmEI5oOF2pPVzUmmqsptmUAMHK8wUmGTB2r5qq_gK3g/s200/nancy.jpg)
revolucionaria que xa é moito dicir nun país coma Cuba. É licenciada en Xeografía e Historia, na Sección de Historia de América, pola Universidade Complutense de Madrid e realizou cursos de doutoramento no Instituto Ortega y Gasset de Madrid e un máster en Poboación e Migracións na U.S.C. Foi documentalista do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega e bolseira de investigación no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC. Actualmente realiza a súa tese de doutoramento sobre a emigración galega na área de Nova York e ten publicadas varias investigacións arredor da emigración e o exilio galego en América. Por fóra do seu CV formal, é a presenza galega na Habana.
Manuel Casal Lodeiro ven de voltar a Galiza. É unha desas voltas que só coñecemos os
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg0Z_jycqqJtOeJkx_BjxMviGMNMvGvEXGBHTMzyJmudYbFRTmH-WFmSmsf2lkQgm4XjZEtBb9qpED121DCdb4Pj2WCTUW8NtcX-dQirknHpS9mdIU969UZSBghJcb6VfQdt2WgMw/s200/casdeiro.gif)
galegos de fóra. Porque é voltar a un sitio onde non estivemos antes. O que dicía María Rosa Lojo nun
fermoso ensaio. Non é que Casdeiro non estivera antes na terra. É que, a contramano da xente do seu tempo, el deixa a súa vida en Bilbao para buscar futuro na Galiza. É licenciado en Informática pola Universidade de Deusto (Bilbao) e o creador e xestor da comunidade virtual
Fillos de Galicia. Premio "Galeguidade" de ensaio 2003 con "O papel de Internet na conservación da identidade e cultura galegas entre os descendentes dos emigrantes".
Marga ten nomes e vidas varias.
Marga Romero Lorenzo é licenciada en Filoloxía Hispánica e
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg_Jk_CLE8mz5D1KXJQAR_uUGYNy1WWxXaNZlB-T5_V0cMVhKZZH73nGRX1Y5TVatXastVOUyTq5fbV9VpUxeNXntewke3OCvHSMWaifLEtI62sL-g5yCsZGczi3_3JdVsKZ9sTeg/s200/vf1margadoval.jpg)
Galego-Portugués pola USC. Profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galegas. Exerceu a docencia como Lectora de Lingua e Literatura Galegas na Universidade de Tréveris (1995-2000) e impartiu aulas na Universidade de Colonia. É Vicepresidenta da Asociación Galego Alemá.
Marga do Val é crítica literaria e articulista e como tal colabora en diferentes medios. Como escritora deixou pegada en varios libros. E como actriz non deixa de apañar aplausos e parabens. E todo na mesma muller intensa, ilimitada e ceibe, sen prexuizos que é un dos xeitos máis audaz de ser libre.
Non teño amigos no
Patronato da Cultura Galega de Uruguai. Non importa porque dende a súa tarefa son amigos de todos os galegos do mundo. O historiador Xosé Manoel Núñez Seixas deu unha definición do Padroado rigorosamente xusta: "Unha verdadeira alfaia como institución dende a súa fundación, que se mantén fidel á tarefa de preservar o patrimonio e termar da cultura galega na capital uruguaia". Fundouse no ano 1964 (8 de xuño) por iniciativa dun grupo de bos galegos. Xurde como un xeito de resposta á situación da Terra e mais da colectividade galega no Uruguai. Desde a súa fundación ata o remate do franquismo foi un foco de resistencia, centrando o seu quefacer no eido cultural –como ten pasado co galeguismo en varios momentos da nosa historia-. Nesta negra etapa, o Patronato publica libros en galego, de autores e temas prohibidos na Terra; danse conferencias, fanse exposicións… Din que a razón de ser desta institución é “promover e espallar a cultura galega” para o que unha das bandeiras foi sempre a defensa do idioma, convencidos, como Castelao, que “se somos galegos é por graza e obra do idioma”.
Ruy Farías Iglesias leva un nome raro que fala, sobre todo, da inmensa persoalidade da súa
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgJ5XnINl-klP36G0CWtthWngl-A3KUkezksaQcvWNMffFHUsNjGyYUsTeX3uFxEveOHqB9Z2bTeTm1APOEJEy1PSg4LXqHrmpV_w-6xyjtxS9epgYhsWCMJowkqQYNXFP4-SME-g/s200/ruy+otra.jpg)
nai que o sinalou dun xeito único facendo del unha persoa inesquecible. Naceu en Bos Aires e é Profesor de Historia pola Universidade de Buenos Aires e case douctor pola Universidade de Santiago de Compostela, onde investiga a emigración galega ao Sur do Gran Buenos Aires. Membro do Programa de Historia Oral da UBA, nel traballa sobre a represión en Galicia durante e logo da Guerra Civil española, e o exilio galego á Arxentina. A través desta temática colabora tamén co proxecto de investigación interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces, os lugares" para a para a recuperación da memoria das vítimas da represión franquista en Galicia (USC, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña). Baixo a dirección da Doutora María Rosa Lojo forma parte do proxecto de investigación "Os galegos no imaxinario socio-cultural arxentino", financiado polo Consello da Cultura Galega.
E falando de
María Rosa Lojo, non está de máis lembrala e dicir de novo que é doutora en
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjYzTrs1Y0svUL-rv8m_5z7OTlm63SVu1CR6aFWAcZ7SGOF-xIqdKpZnUYyEEnEmfk2dQUQ4C0-A7X3oqV89F-8cxwxQwkmtK-wyRltZfVnNGs5AbTp6SpXEwKBMvVV_6am4Di5OQ/s200/Mario_Rosa_Lojo.jpg)
Letras pola Universidade de Bos Aires e investigadora do Conicet. Recibiu tamén o Primeiro Premio de Poesía da Feira do Libro de Bos Aires (1984) e o Primeiro Premio Municipal de Bos Aires Eduardo Mallea de narrativa (1996) pola novela
La pasión de los nómades, entre moitos outros; asemade é colaboradora permanente do suplemento literario do xornal La Nación. O seu pai, galego republicano, exiliouse en Arxentina tras a Guerra Civil. Por dúas veces foi finalista do Premio Planeta e non deixa de escribir e publicar historias. O seu último libro
Cuerpos resplandecientes: santos populares argentinos, ao que alcuma agarimosamente "Los santitos" está dando moito que falar nestes días na prensa, na radio e na televisión arxentina. María Rosa Lojo fai da súa orixe galega parte do seu traballo profesional e académico. O que moitos esconden ou esquecen, ela o loce.
Hai moitas maneiras de falar de
Ana Miranda. Coma cadro do
BNG (é portavoz desa forza no
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj63Zxt3agjfA4zWD188j7oIm-loXK2FyP9wVMCrodgSU5rQBznU-g0O9aXdzrdwlmbvOW0OD20_7axVKRuYwuuCSlPyz4cNiIBw2pjrUDruXLhyphenhyphenJIW_nHN7Dnsa6t73j0K9A8pzg/s200/anita.jpg)
Parlamento Europeo no marco do acordo polítco coa coalición Galeuscat), coma experta en Dereito Europeo e Internacional, coma emigrante (marchou a Bruxelas en 1997 onde exerce sua actividade profesional), coma a nai dunha Mafalda con todas as letras, ou coma a autora e coordinadora de artigos e publicacións sobre a diáspora galega... Dende abril de 2007, é Vicepresidenta da
Alianza Libre Europea (ALE), un partido político europeo ao que pertence o BNG. Eu prefiro falar dunha muller baixiña, de sorriso luminoso e sempre disposta a escoitar, que fixo propia unha tarefa máxica: cando non o notades, cando semella que está liada noutras cousas, cando menos o pensades, Ana tece pontes. Pontes e autovías, vieiros e camiños. Calquera cousa que achegue aos galegos que andan no mundo. Ana loita na diáspora para desfacer a lonxanía da emigración: galegos somos todos, di. E como o di con tanta convicción haberá que crerlle...
E como non hai meme se non hai convidados, chegoume por
Mario,
Mr Tichborne e
rosa enriquez e deixoo aos que ainda non o fixéstedes.
19 comentários:
Moi Bo o seu meme, cheo de humanidade tanto por tratarse de persoas como pola gradeza das que menciona.
Un saudiño.
Gustame o teu neme, gutame saber que hai xente repartida polo mundo que cree na Galiza e no seu futuro
Os/as da Táboa Redonda: cal deles ou cal delas atopará o Santo Grial? Mellor que colaboren para ver se entre todos...
Vaia... Some good men (and women), para poñerlle o titular dunha famosa película e dunha antoloxía de crítica feminista...
É o que consideramos 'facer país', nalgúns casos tan lonxe do idem, e hibridando coas nacións e loitas latinoamericanas...
Avante!
carai pois si que correu o MEME este, pois eu tamen fixen nunha versión, xa o vera pero non saeu tan ben coma o seu... apertas de fin de semana, en santiago seguimos cunha primavera inestable que lle roubou o turno ao outono e sequia...mais noticias nos nosos boletins infirmativos cada en na radioblogaliza y a media se vives no hemisferio sur (broma) bikos
Grazas, moitas grazas, querida Torre de Babel. Bicos, Andrea
Meme seica vén a dicir algo como unidade mínima de información pero no teu caso isto non é un meme senón un supermeme. Primeiro falas do número oito e logo dás a coñecer oito ( nove ) persoas que dan sona a Galicia.
Unha anécdota: Marga do Val é do mesmo val onde vivo e o irmán estudou comigo en clase.
Un saúdo e graciñas polo piropo.
Non os coñecía. Agora sí, gracias por elo. Habería que invitalos -os que ainda non teñen blog- a que se una o blogomillo
Grazas polo yeu último comentario, espero tamen a tua opinión do meu último post
fantástico meme, fantásticas 9 persoas, fantástica a décima.
um meme inteligente e original e generoso também. Adorei visitar-te. Voltarei em Dezembro (estou fora, num net point). Agradeço a tua visita à 'Parvinha'
Ola Débora: Coma sempre, moi interesante o teu post. A ocorrencia de pescudar o significado do 8. E logo a regalía de nos presentar persoas cualificadas e destacadas polo mundo para facermos a Galicia tan universal, de sempre espallada alén dos mares. Só sabía de Ana Miranda.
Moitas apertas.
Pois o do meme aínda non o fixen, e non sei se o farei, xa que deixas o listón moi alto. Parabéns.
Grazas por darnos a coñecer a tarefa de xente que traballa pola terra, dentro e fóra dela.
Bicos
Xeneroso meme, vive dios!!!
mentras nós só sabemos mirar o ombligo, vostede amosa un mundo cheo de xente. Unha inmensa aperta.
Xa pode cambiarlle o nome ao blog porque ben visibles están a ser os seus fíos. Tanxibles e formidables. Unha aperta transoceánica. E se ve a miña amiga María Jesús Fariña polo Tortoni (anda por Buenos Aires estes días), déalle unha aperta. Aínda que non a coñeza: é o que teñen os poucos fíos invisibles que lle van quedando, amiga Torredebabel.
Sen dúbida a xente que temos ao redor e coa que compartimos ilusións e traballo, fainos medrar. Parabéns por gozar de tan boa compaña.
Fíxome ilusión este post... resulta que coñecía de vista a Ana Miranda da facultade (estaba no meu curso) e non a volvera a ver dende entón, ainda que sí que me falaran do que andaba a facer agora. Ver unha foto actual dela foi realmente curioso para min.
Grazas.
Supoño que o meme das oito cousas pretendía conseguir algo así, unha caste de enciclopedia temática de oito entradas. Moi interesante
Postar um comentário