De como os que hoxe están aquí, onte estiveron alá.
De como o tempo pasa pero non sempre deixa sabiduría.

Quino. Un home que ve antes de todos nós iso que todos veremos logo.
Facíao escondida. Cando sabía que ninguén ollaba. Podía ser que non estiveran ou que andiveran ocupados co seu mundo de maiores. Sempre o máis difícil era librarme da miña irmá pequena. Cando o conseguía, marchaba ao patio e finxía xogos que non xogaba até acadar a seguridade libre de dúbidas de que estaba soa. Soa de compañas. Soa de ollares. E soa de lembranzas. Nese momento, abría os brazos coma ás, nun ángulo de 90º co torso, e separaba un pouco os pés. Xiraba todo o conxunto (tronco e brazos) uns centímetros e logo daba unha, dúas, catro ou seis voltas agardando polo brillo e o estoupido. A clave estaba na cantidade de voltas e na combinación destas cos movementos do corpo, segúndo as hipóteses do meu entendemento de nena. Pero, por moito que o fixen, nunca fun quen de volverme a «Mujer Maravilla».
«Na diáspora, a lingua galega non xoga na actualidade o papel que lle corresponde. A negación cara ao seu uso (ata por persoas que a dominan), a autocorrección permanente debida á falta de autoestima, a falta de convencemento persoal e o momento que transitamos na nosa historia social emigrante deben ser revisados»Polo que levo lido sobre o asunto, e se non me trabuco, podería dicirse que ainda perviven dúas posturas xerais, claras e non necesariamente excluíntes entre sí:
«A maior parte das variadas iniciativas para dar a coñecer a nosa cultura, todas elas dunha importancia capital, esquecen en gran medida o vehículo propio de comunicación: clases de gaita e percusión ou clases de baile tradicional onde a lingua de relación nunca é a galega; ciclos de cine galego onde a presentación da película realízase en castelán ou, tamén, esas películas son emitidas no idioma de Cervantes cando existe a versión no de Rosalía; conferencias sobre Galicia para un público galego, en castelán. E poderiamos seguir. ¿Son estas as estratexias que nos permitirán sobrevivir cultural e socialmente na emigración cando deixou de achegar novos referentes?»
«Lograr que eses fillos, fillas, netos e netas de emigrantes galegos volvan mostrar interese polo achegamento á cultura dos seus devanceiros, conseguir que o apego á lingua de orixe non descenda de xeito tan drástico conforme avanzamos na liña do tempo e abrir unha senda para que eses descendentes poidan involucrarse en maior ou menor medida coa esencia natural das súas orixes debese ser unha actividade urxente e capital»

esmero. Os dous días que alí pasamos estiveron plenamente dedicados ás XV xornadas Mar por Medio, ideadas polo inglés de berce e galego de corazón John Rutherford fai moitos anos ainda que dende o ano 2004 non teña xa relación co congreso.
as ocasiones foi desestabilizadora e -dende logo- impresionante. Mágoa non ter o talento necesario para reproducir aquí o que foi o diálogo entre o alcalde de Ribadeo, Fernando Suarez Barcia, e o presidente do Instituto Cubano do Libro, Iroel Sánchez Espinosa. Se para mostra vale, vede este diálogo:
porque non é pouca cousa compartir a mesa cun autor coma é don Xosé Neira Vilas. Sobre todo para os galegos de Bos Aires e de Cuba. Fixeno o mellor que puiden e logo dediqueime a escoitar e aprender cunha tranquilidade recobrada que moito me faltou os días anteriores. Aquí vos deixo a presentación que pasei mentres falaba.

coñecín en persoa aos compañeiros do Diario Cultural. Coñecín o edificio da Radio Galega cunha privilexiada guía que non o é so no edificio senón tamén no compromiso coa cultura galega e no talento. E eu coa columna sen facer! Pero ainda tiña ben tempo. Dalí fun a Vieiros. Claro que o fixen como a arxentina que son e cheguei alí no horario do xantar que, para os parámetros de Bos Aires, son horas do máis forte traballo. Cousas dunha galega ectópica. Marchei pensando que xa perdía de ver a Lúa Neghra pero Compostela é terra máxica na miña vida e ainda me gardaba algunhas sorpresas.
como me pareceu so chegar alí. É verdade que non había moita xente ese martes e que o recital de poesía ao que fun escoitar a Anxo Angueira, Marga do Val e Eduardo Estevez case que comezou sen público. Antes de que rematara, xa atopara a Marinha e ao Artipractor e tamén a Jan. Increible!!! Tanto falamos polo messenger que estar ali, un diante do outro, semellaba cousa de meigas. Soaba música brasileira mentres falabamos moxando a gorxa cunhas aguas e bebidas frescas que boa falta facía. E eu coa columna sen facer! Pero ainda tiña algo de tempo.
estamos listos para entender. Así marchou a tarde e os amigos. Cando quixen decatarme, xa estaba nun taxi marchando cara ao hotel. Tiña plans de cea e de paseo. Tamén de ver os lumes do aspóstolo. Tiña moitos amigos que ver e unha visita que quedaba xa para o día seguinte que este -como son as cousas!- so viña con 24 horas. E eu coa columna sen facer! Pero ainda tiña catro horas que, claro, non son moitas horas.
cada recanto, en moitos portais. Que fermosura máxica a de Santiago pola noite! Ceamos falando de Galiza e dos galegos, das súas xenerosidades e das súas carencias, da diáspora, do futuro. Digo eu que ceamos falando diso que sempre falan os galegos. Cando a cea estaba na súa coda de café, os lumes do apóstolo encheron todo de latexos de luz e de estrondo.
un algo do Tortoni: pode que a boisserie, pode que as mesas, pode que as dimensións ou pode que a elegancia. Ou pode que todo iso xunto. Dun xeito inesperado e casual, fixen unha encantadora visita a outro café máxico: o Derby. O Breogán e nos as tres chegamos alí na procura da doce Moralla que alí estaba e a dose de azar que todo o foi tecendo ainda hoxe non deixa de me sorprender.
enos con un algo máis de ximnasia pero -polo que alí vin- sin a potencia necesaria. Cousas do poder que a máis das veces contaxia a miopía.
sorrisos dos amigos, as historias. Un home uruguaio fixo as fotos e agora que as vexo ao lonxe, días despóis e cousas despóis, sinto non ter feito milleiros e milleiros delas.
días de 35 horas para falar canto quería con cada quen! Penso agora que Galiza é un sitio privilexiado se é quen de sementar persoas coma estas.

unha cidade das máis bonitas de Galiza. Terei que coñecer máis porque a min pareceume fascinante. Igual de fascinante que abrir a porta da librería Andel e atopar alí unhas xentes comprometidas. Para non perder tempo, mandara días antes un correo detallando algúns libros que necesitaba. Pero confeso que non fun quen de pagar e sair. Quedei dando voltas, buscando, remexendo nos andeis. Non me chegaban os minutos nin a memoria me axudaba. Tanto hai que quixera ler! Quén me dera unha librería que fora só o 25 por cento desa en Bos Aires!
Queizán na novela que deixara sen rematar antes de sair de Bos Aires. Pode que fora ese fío ou a súa praia pequena e case íntima o que máis me atrapou. Pode que fora só a propia fermosura das rúas e das casas esquecidas dos seus tempos de esplendor. Pode que foran os surrealistas berros das gaivotas pola noite. Pode que sinxelamente fora que Vigo é unha cidade chea de encanto.

Mar por Medio leva quince anos deixando ronseis de palabras arredor das relacións culturais entre Galiza e o resto do mundo. Conferencias, mesas redondas e debates sobre casos prácticos, así como a difusión de proxectos e iniciativas en marcha serán os contidos arredor dos cales os participantes debatan e traballen para analizar as fórmulas máis adecuadas de entrarmos, como cultura diferenciada, nas sociedades que nos convidan, acollen e dialogan con nós, ou que se sorprenden cando nos descobren como tal.
E o primeiro territorio ao que nos achegamos con esta nova agulla de marear é todo un continente: Latinoamérica. Terras que non nos son estrañas aos galegos, como verifican a nosa historia política, social e cultural, mais que si o semellan ser para as estratexias públicas de internacionalización da nosa cultura.
O papel da Internet como espazo de cultura e como ferramenta de acceso e distribución, a activación dos Centros Galegos como focos de difusión cultural, a creación dunha marca para a proxección exterior da cultura galega ou as posibilidades de mercado en Latinoamérica para os nosos sectores do libro, a música e o audiovisual serán temas a tratar durante o 26 e 27 de xullo en Ribadeo.
"Muller reideira ou puta ou peideira". Non sei se é só cousa de emigrantes, un dilatado sofremento, unha atrofia na capacidade de disfrute ou certo doo que non remata e non remata, pero os meus sempre fixeron da alegría evidente unha actitude censurable. Só os nenos estabamos fora da condea e non por moito: tiñamos unha relativa liberdade para xogar e rir, pero non moito nin con estridencia porque de seguida alguén chamaba á orde e anticipaba dores de estómago, problemas para respirar ou, sinxelamente, prometía unha labazada. E santo remedio."A identidade desvélasenos so como algo que hai que inventar en lugar de descubrir; como o branco de un esforzo, "un obxectivo", como algo que hai que construir dende cero ou escoller de ofertas de alternativas e logo loitar por elas para protexelas despóis cunha loita ainda máis encarnizada..."
Se cadra é a mestura do sal e do vento. Tamén, tecendo ideas, podía ser a enerxía da agua e das mareas. Ben podía deberse aos moitos homes e mulleres que desafiaron a súa inmensidade en naves ridículas para tanto poderío. Ou mesmo a que, antigamente, chamaban ao Atlántico mar Tenebroso ou mar Océano, ainda que so exploraran as costas das illas Británicas e as Canarias. Quen sabe. O certo é que o mar ten unha potencia sanadora das almas difícilmente superable pola multipoderosa e polbosa industria farmacolóxica.
Dende que chegou a democracia, dende que se creou un goberno galego, e sobre todo dende que Manuel Fraga Iribarne comprendeu que o que alimentaba o poder político nunha democracia son os votos, dende ese momento buscou unha canteira de votos que fixeran que o seu poder político fora perpertuo. Enton foi que contemplou a emigración. Non o sei (pero podo incluso crer) se hai un aspecto de sinceridade pola súa experiencia como fillo dun pai emigrante. En todo caso, dende logo, houbo un aspecto de utilización cínica e perversa da situación histórica da emigración e da manipulación dunha parte da xente da emigración para conseguir un almacén de votos que era utilizado para perpetuarse no poder.

A idetidade das persoas é o tema mais moderno que ocorre en todas partes: en Nova Iork, en Fracia, en Inglaterra. Estase revisando a idea de cidadanía e estase resituando o componente de pertenza emocional, e revisando se é lexitimo ou non. Enton, o que está a ocorrer cada vez máis é que hai cidadáns dun Estado que desexan conservar dun modo regulado a súa relación con outra patria, nación ou comunidade. E iso é algo absolutamente contemporáneo e vai ser cada vez máis contemporaneo porque cada vez máis as urbes e cidades modernas están feitas de persoas que veñen doutro lugar. E hai unha cousa bonita que é que antes a xente tiña que negar o mundo do que procedía para integrarse á ideoloxia ríxida do Estado-nación.
Hoxendía, afortunadamente as nosas identidades son máis complexas, son máis individualistas, son mais libres. Temos que regularizar isto e comprender ademáis que se somos quen de trasladar ao mundo unha nova imaxe de país, unha nova Galiza que está nacendo, viva, bonita, atractiva, moderna, iso vai ser un banderín de enganche para moitas persoas que viven noutro país pero que queren ser parte desa Galiza. Eu gustaríame ter novas xeracións de persoas que quixesen seguir sendo norteamericanos, brasileiros, franceses, arxentinos, e ademáis diso que queran ter un lazo con Galiza por lealdade á sua historia persoal, pero tamén por orgullo e alegría, porque é algo bonito, do que se sintan orgullosos.
Tiven un problema de recepción clarísimo coa novela Home sen nome. En primerio lugar, coa crítica española. Encontreime con reseñas que foron moi favorables, nas que expresamente se recoñecía a enorme ambición literaria da novela, nas que decían que estaba a altura do desafío, e nas que a continuación podíalles máis unha cousa prexistente na que expresaban toda unha serie de pegas estéticas, anímicas, políticas... A que atribúo isto? pois a que amólalles verdadeiramente, disgústalles que unha novelística de moita ambición veña da literatura galega, é decir que non hai escritores españois neste momento que fagan desafíos literarios desa embergadura. Iso é evidente, altera a centralidade no mapa literario español.

Coa novela o que pretendín foi tocar dous tabus: o primeiro é o nome dos verdugos, eu na novela dou nomes dos asasinos. Por outro lado, ademáis decir o evidente que é que frente a complacencia en ser víctima (toda a sociedade española, a xente benpensante de esquerda di que somos todos víctimas) eu o que digo é que ali todo o que sobreviviu tivo que corromperse. Esa é a verdade das nosas vidas, das nosas familias. Eu tamen o xustifico porque houbo que sobrevivir, máis ao mesmo tempo a novela é moi incomoda porque obriga a decir: "Si, si, os asasinos estan aquí, siguen entre nós e calquera de nós pode ser fillo dun asasino". E en segundo lugar, é que se non es fillo dun asasino, es fillo dunha víctima dos asasinos que chantou, dalguen que se humillou. E iso é moi incomodo.
É, probablemente, a novela máis ambiciosa literariamente, pero foi afogada. Ali son aceptada as propostas que no fondo son complacentes ideolóxicamente: "Que víctimas somos, pobres de nós, canto asesino anda por aí". Xa está ben! Ese punto de vista é, no fondo, un ponto de vista conservador porque non obriga a afrontar a realidade do que foi. Somos unha sociedade construida polos vencedores.

Escribilo era unha decisión moi dura, e eu xa estou afeito, xa tiña demasiados conflictos abertos en moitos aspectos. Foi para min decir: "Vou meterme tamén neste lío". Pero pasa que eu entendo a literatura dun modo moi radical en moitos sensos e tamén dende o ponto de vista social: creo na capacidade de intervención da literatura, creo no poder da palabra, e pensei que esta novela -sinceramente- era un acto non so literario senon un acto de forza social, pensei que xeneraría un debate. Pero non. Foi afogada. Danse na Galiza sete ou oito premios a libro publicado e nin un foi para ela, para min é moi elucuente de que é unha novela que molesta.
No caso da crítica galega é que molesta ao lector porque o obriga a interrogar e a interrogarse a un mesmo. Aparte da perturbacion psicoloxica que provoca, as preguntas sobre a identidade, sobre a condicion humana e sobre o do que é capaz esa condición humana, é que non é nada complacente coas víctimas. Enton, o que lle va á xente é retratarse na figura da víctima, pero iso para min é reaccionario.