4 de jul de 2007

Mar por medio


Mar por Medio leva quince anos deixando ronseis de palabras arredor das relacións culturais entre Galiza e o resto do mundo. Conferencias, mesas redondas e debates sobre casos prácticos, así como a difusión de proxectos e iniciativas en marcha serán os contidos arredor dos cales os participantes debatan e traballen para analizar as fórmulas máis adecuadas de entrarmos, como cultura diferenciada, nas sociedades que nos convidan, acollen e dialogan con nós, ou que se sorprenden cando nos descobren como tal.

E o primeiro territorio ao que nos achegamos con esta nova agulla de marear é todo un continente: Latinoamérica. Terras que non nos son estrañas aos galegos, como verifican a nosa historia política, social e cultural, mais que si o semellan ser para as estratexias públicas de internacionalización da nosa cultura.

O papel da Internet como espazo de cultura e como ferramenta de acceso e distribución, a activación dos Centros Galegos como focos de difusión cultural, a creación dunha marca para a proxección exterior da cultura galega ou as posibilidades de mercado en Latinoamérica para os nosos sectores do libro, a música e o audiovisual serán temas a tratar durante o 26 e 27 de xullo en Ribadeo.

Vou estar alí

O día xoves 26 de xullo.
Será sobre as 18, nunha mesa redonda que leva por título "Galiza en América. As comunidades galegas, un activo para a difusión da nosa cultura". Se non fora xa isto un milagre pagano, por riba ocuparei unha cadeira a carón do enorme Xosé Neira Vilas. Como todos, levarei o meu exemplar de Memorias dun neno labrego. Agardo que entre nas maletas porque van cheas de emoción e de ledicia, de medo, tamén de pena porque esa que mellor que ninguén entendería o que isto significa xa non está para coller e escoitar iso de "Abue!!!!! estou en Galiza!!!!!".

Se estades por Santiago os días 24 ou 25.
Se estades por Ribadeo os días 26 ou 27.
E, sobre todo, se tendes tempo e gañas, gustaríame moito saber de vós.

37 comentários:

SurOeste disse...

Apunto a cita. Vas ter moitas/os admiradoras/es.

ro disse...

alí estaremos. trae maletas baldeiras para encher aquí. bks

Marinha de Allegue disse...

Xa me tarda que vaia vindo o día...

Unha aperta grande.
;)

Sintagma in Blue disse...

boas vacacións

Veloso disse...

Son días de semana e de traballo en Zamora, aínda que, se cadra, o 27, como é venres, podo facer un cambio de itinerario. Vas estar só eses catro días? Non quedas a fin de semana?

xurxocimadevila disse...

A min o día da patria sempre me foden ir a compostela compromisos familiares que non se poden anular nin pa dios.. non creo que poida ir a ribadeo por q duran ata o 27... máis o 27 tentareino. Pero non perdes moito, quizais perdo eu máis. Un saudo!

P.D. Pasao ben na terra, disfruta!

Roi Buligan disse...

Pois eu en Ribadeo poido estar, a ver se nos saudamos, apertamos e bicamos...

Mrs.Doyle disse...

Que pena gustaríame moito coñecela pero non estou na Galiza...
Grazas.

Torreira disse...

Esa Babel...estamos orjullosos de ti

paideleo disse...

Benvida á terriña.
Vai ser difícil buscar un día pero a ver que fago.

http://www.lacoctelera.com/homesdepedraenbarcosdepau/blog disse...

Eu estarei no mar nesas datas ( vaia novidade para un mariñeiro!!) Pero xa me gustaría poder estar en terra e poder ir a Santiago.
Torredebabel e Neira Vilas os dous xuntos, cadeira con cadeira!!!
Tamén levaría o meu exemplar de Memorias dun neno labrego que aínda vello e cas paxinas tinxidas de amarelo polo paso do tempo e das mans polas súas follas, segue a ter un lugar de privilexio na miña raquítica biblioteca.
E cando esteas en Ribadeo e vexas o mar , lémbrate de que este mariñeiro esta sobre esas mesmas ondas, un chisco mais preto.
Apertas

jan disse...

Eu estarei en Santiago, o 24 e o 25 e agardo con impaciencia o día!!!

Que ledicia!!!!

Moitos bicos!!!

ghanito disse...

Disque o 25 vai haber chu(za)rrascada en Compostela. Sería marabilloso verte por alí :-)

mamiago disse...

benvida!!!

Doutora Seymour disse...

Ese VOU A ESTAR ALÍ, fala por si só. Alégrome moito deste milagre pagano, son os mellores de todos, está visto.
Que a viaxe sexa leve, que o acto sexa un éxito, que os encontros sexan múltiples e gozosos, que atope esta terra tan fermosa como a escribe, e para os que non podamos achegarnos eses días que teña tempo de contarnos algo aquí.
Unha aperta, aquí mismo!

moucho branco disse...

Eu aínda non comecei a saborear o verán, sigo por Galiza e con Compostela a tiro de pedra.

Moralla disse...

Eu estarei eses días en Santiago!!
quero coñecerte en persoa como sexa!!
Que ilusión!!
Y :-) :-) :-)

Lúa Neghra disse...

Vén pola redacción (ademais, Jan está no piso de arriba e eu no de abaixo, e así xa nos ves ás dúas), que temos moitas ganas de pórlle cara á nosa mellor cronista na distancia. Apertiñas ao lonxe e agardo impaciente polo 24 e 25!

Suso Lista disse...

Caghinat�s!, eu te�o que estar en Ribadeu do 1 ao 5 de Agosto a rodar unha curta larga, �non andar�s por ah� nesas fechas, ou xa te vas pra Am�rica, as� como vi�etes, coma un susurro?

Mario disse...

Eu estarei tamén en Compostela eses días, aínda que non sei se me chegará o tempo para tantas cousas. Xa dirá vostede por onde anda.

arume dos piñeiros disse...

Escapas da neve ou que? Se pasas polos Vigos, non deixes de deixar recado.

ictioscopio!! disse...

se podes faille caso a lúa neghra, e verás que "matas" algún máis dunha tacada :)

Nébeda disse...

iso, iso, se pasares polo Morraso avisa ;)

sarajess disse...

invítoche a comer a casa, cando esteas en Compostela

sara jess disse...

e se non estivera por marchar a Portugal, irei a Ribadeo a verte

Rifo I de Zeuquirne disse...

Gustaríame moito estar en Santiago neses días e coñecerte, pero vaime ser moi difícil, sempre me pasa o mesmo sepáranme desa Cidade máis de douscentos km. síntome na "diáspora" moitas veces.
Alégrome que veñas e deséchoche todas as cousas boas que imaxines.
Un saudiño.

ro disse...

ofrézome a facerche de secretaria, porque creo q tes moita axenda por xestionar... :)

rosa enriquez disse...

Eu poida que estea por Santiago. Se é así gustaríame coñecerte. A ver se é posíbel. Por se non o fora deséxoche o mellor do mellor. Que o teu encontro con Neira Vilas sexa como esperas. Eu tiven a fortuna de coñecelo. Presentoumo un amigo no hospital onde etaba a súa muller, que porcerto é encantadora, foi só un ratiño pero suficiente para poder dicir que é unha persoa humilde e con moito sentido do humor. Un bico ghrande e benvida a túa terra.

Lúa- Haberlas, hailas... disse...

en Compostela estarei pra darlle a benvida persoalmente, eu tamén volto uns dias á terriña, boa viaxe!!!!bicos

Ex Traño disse...

felicidades e benvida a compostela, non esquezas deixar un oco na maleta para a morriña, a ver se nos vemos, xa facia tempo que non te deixaba post, pero paso polo blog a miudo, bueno bicos y hasta pronto

Ana Bande disse...

Non deixes de dar conta se ves por Vigo, pero eu procurarei dar contigo en Santiago.

busto.agolada disse...

Aledaríame coñecerte na túa inmediata visita á Terra. Nesta segunda quincena de xullo vou estar de vacacións coa familia. Hai poucos días coñecín fisicamente ao blogueiro Dorvisou, que naceu na mesma bisbarra ca min e vive e traballa en Tenerife. Foi moi agradable e reconfortante comprobar como a Rede nos une na amizade e nos permirte interrelacionarnos.
Grazas polas gabanzas que fas do Aquam Latam. Eu visito tamén asiduamente os teus Fíos Invisibles, eses que nos unen. E tamén me gostan.
Unha aperta e unha feliz estancia en Galicia.

besbellinha disse...

:) Tamén andaremos por Compostela e si que me gustaría verte.

Anônimo disse...

Como, a que hora e onde te podemos localizar en Santiago?
Imos facer un macro-encontro no parque da Alameda ou no nas herbas de Bonaval!!!!
apertas
Yoli

torredebabel disse...

Graciñas a todos polo agarimo e polo interés. Síntome impresionada!! Ogallá non vos fagades moitas expectativas comigo, que tampouco son unha cousa deslumbrante...

Certamente, necesito da axenda organizada que suxire Ro porque non quero deixar de coñecer a ninguén nestes dous días en Santiago.

De feito que, non sei se vos parece, podia ser no café da Alameda o día 25 preto das 11, por exemplo. Ou no Festigal. Ou o 24 nalgún momento que podades. Ou a noite do 27 que veñen de confirmarme que tamén vou estar en Compostela!

Xa me tarda coñecervos!!!!

Anônimo disse...

Imos facer un Full Monty a ritmo de muñeiras! ti verás!
(a cambio de que fagas un Strip-tease a ritmo de tango)

ro disse...

ben se ve que non sabes o que é un 25 de xullo en compostela. atopar unha cadeira libre no alameda será un auténtico imposible. :)