30 de mai. de 2006

Correspondencia /II


De: Grisel Campos
Para: Débora Campos
Fecha: 05-may-2006 12:14
Asunto: Re: Fios invisibles: Árbores
_________________________________________

Hola!!!
Casi me haces llorar con los textos.
Especialmente con el de los arboles.
Y lo bueno es que entiendo TODO lo que escribis, eso si, no se me cae ni una palabra para escribir yo en gallego.
Muchos besos

Grisel


De: fiosinvisibles
Para: Grisel Campos
Fecha: 08-may-2006 19:41
Asunto: Re: Fios invisibles: Árbores
_____________________________________

Qué bueno que te gusten!
Yo creo que te saldrían cosas muy lindas si te animaras a escribir en gallego. A diferencia de una lengua completamente ajena, que hay que ir metiendo en la cabeza, este idioma está en nosotras: solo es necesario ir sacándolo. Y sale solo!!

Los que no lo escucharon en la casa, se enroscan con las frases y las palabras. Pero nosotras lo tenemos metido en la memoria (nuestra historia completa está hablada en este idioma y nos viene en los genes, de hecho, somos las primeras en no usarlo...).

Por eso, el camino de recuperarlo es sencillo y placentero. Se empieza por leer para refrescar algunas estructuras y agregar palabras nuevas, se sigue por probar con algunas frases (con ayuda de un traductor http://sli.uvigo.es/tradutor/ y de un diccionario http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp) y así es como aparecen las historias vinculadas a Galicia primero y las que no tienen por qué estar vinculadas después. Porque, en definitiva, las que estamos vinculadas somos nosotras: por un lado, a la Argentina que es el lugar en el que nacimos y que nos da y le damos. Pero, también y no menos, a Galicia que es nuestro origen, nuestra historia, ese rincón del mundo donde está la gente que más se nos parece, la que mejor puede entender lo que pensamos y lo que llevamos. Y no hay gallego más gallego que el que vive fuera de Galicia y no se olvida de su identidad.

Dicen que solo se puede ir hacia adelante cuando se sabe de dónde venimos y quiénes somos. Si querés, yo te ayudo a usar un poco ese idioma tuyo, en el que escuchaste las historias de tu familia, que es tu propia historia, el que hablaron los tuyos desde hace siglos y siglos. Avisame y vas a ver cómo lo estás usando en pocos días!

Besos a todos!

Débora


De: Grisel Campos
Para: fiosinvisibles
Fecha: 09-may-2006 17:54
Asunto: Re: Fios invisibles: Árbores
______________________________________

Voy a seguir tus consejos.
Primero voy a empezar a leer el libro que me regalaste, y te voy contando.
La pucha, que lindo que escribis!!!!
Besos.


De: fiosinvisibles
Para: AVMF
Fecha: 21-may-2006 21:39
Asunto: Amor pola lingua
________________________________

(...)
Fai uns anos, regaleille á miña irmá un libro de Manolo Rivas. Un millón de vacas, era. Deillo e díxenlle que ela -ainda sen sabelo- podía lelo e que tiña fermosas histórias e que -ben mirado- ela era a primeira persoa desta familia que non falaba esa lingua na que se falou todo o que se dixo na nosa historia (sen contarme a min que, ainda que moi mal, algo podo escribir e falar).

Fixo un intento, pero coma a nós a lingua entrounos polos oídos (que escoitamos sempre o galego ainda que nunca o falamos na casa) tiña que ler falando e dáballe preguiza ou vergonza. E deixouno na biblioteca da casa. O ano pasado, co gallo do blog, mandeille por correo electrónico un dos textos no que falaba dela. Respondeume conmovida por atoparse nun texto en galego e, tamén (ou sobre todo) por entender todo o que decía o texto ese. Pediume máis e, por cada un que lle mando, ela sempre responde que lle gustan moito, que entende todo pero que non podería nunca escribir en galego, que non sabe, que non atopa o xeito.

Deixei pasar dous ou tres deses lamentos e no último propúxenlle ir aprendendo. Díxenlle que podía primeiro ler algo, logo intentar con algunhas frases e así. Quedou encantada! E seica, anda co libriño de Rivas da casa ao traballo e do traballo a casa. Foi mellor enamorala do galego que por a lingua coma esixencia. Agora vou por unha prima! e a namorar aos novos galegos da diáspora!!
(...)

Apertas e sempre gracias!

Débora

22 de mai. de 2006

Que che deu o blog?

Memoria. Coñecidos. Algunhas sorpresas humanas. Bos momentos. Unha satisfacción plena. Moitas oportunidades para enfrontar ilusións contra frustracións. Menos tempo libre. Recoñecemento. Comunicación con xente moi variada. Muita diversion. Un exercicio intelectual mui ameno.

Fixen unhas entrevistas nestes días para escribir un artigo sobre a Galiza da que falan e tamén a que constrúen eses homes e mulleres que hai doutro lado das páxinas do blogomillo. E como pasa moitísimas veces, a pregunta máis pequena, máis breve e máis sinxela, foi a que pescou nas súas redes as sereas que hai en todos os entrevistados.

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en medios Manuel Gago Mariño contou que o blog lle deu memoria: "Moitas cousas que non podería lembrar neste mundo acelerado podo recuperalas agora". E engadiu: "Deume coñecidos cos que se establecen interesantes redes sociais e se intercambian contactos. Tamén me deu algunhas sorpresas humanas, como que un descoñecido, nun pub, me pregunte pola miña gata. E tamén me deu disciplina de publicación, algo moi relevante para a miña creatividade un tanto dispersa".

Dende Suecia, Kiko Novoa ainda lembra o día que recebeu o primeiro comentario: "Foi incrible. Non recordo quen foi o primeiro que escribiu, pero non foi ninguén que coñecera. Pareceume apaixoante que xente coa que nunca me relacionei gastara un segundo en min".

Rabudo contou que lle da moita importancia aos comentarios que lle deixan os visitantes. "Mentiría se dixera o contrario. Teño en conta as críticas cando son constructivas e prefiro que veñan firmadas, máis que nada porque eu firmo o meu traballo, tanto na Voz como no blog, e penso que agachar a identidade nunha crítica non é máis que cobardía. Tamén me sirven, pola contra, para darme ánimos en momentos de dúbida, de decaimento. Este é un traballo que desgasta moito, e nunca veñen mal os espaldarazos, aínda que tampouco os busco".

Marinha de Allegue, a autora dun dos blogs máis integrais e estéticamente coidado da blogósfera, dí que a sua páxina lle está dando "bos momentos, gran divertimento e a posibilidade de coñecer xente moi interesante e dispar. E incluso xente doutras latitudes".

Para o escritor, recentemente premiado, Fran Castiñeira o blog cobrou unha importancia na súa vida e rutina que -di- non agardaba. "Penso en ideas para relatiños ou tiro fotos e agora penso "isto debería colgalo". Entrei nunha comunidade de blogueiros, sen pretendelo, na que nos lemos e comentamos entre nós e que conta con notables novos talentos, sobre todo poetas, xa case amigos, aínda que curiosamente non coñezo a ningún personalmente. Crea un vencello á vida cultural do país que eu non tiña nin cando vivía nel (agora resido en Asturias)".

Tamén escritor, poeta neste caso, Eduardo Estevez levou ao blogomillo un libro en construcción. El deixa aí os poemas e os lectores poden suxerir modificacións, opinar e, dese xeito, influir na escritura e rescritura que cada texto protagoniza ata atopar a sua personalidade final. "Eu crieime en obradoiros literarios. Neses ámbitos un aprende a escoitar as opinións que os demais verquen sobre os teus textos e, sobre todo, aprendes a utilizar esas opinións do xeito máis convinte para o texto. Agora son eu quen coordina obradoiros literarios e sempre lles digo á xente que participa neles que non tomen notas dos comentarios que fan os compañeiros dos textos propios. E moito menos se poñan a corrixir in situ. As suxestións sobre os textos hainas que procesar. Moitas veces un comentario feito negativamente en realidade non fai máis que confirmar que o camiño escollido é o correcto. As observacións que os demais realizan dos textos son sempre importantes pero non se lles pode facer caso sen as procesar serenamente. En todo caso, a xente está a ser, para o meu gusto, demasiado precavida cos comentarios no blog. Eu preferiría máis atrevemento pero en fin...", comparte.

Xavier non leva un blog senón que coas ferramentas de internet está dando a coñecer canto pode do seu concello. Sobre esa tarefa dí: "Deume unha satisfacción plena por dar a coñecer algúns dos aspectos dun pequeno concello do interior de Ourense e a súa bisbarra, o lugar onde me criei, e isto non hai verba ca describa".

A Manuel Casal Lodeiro, xestor do portal Fillos de Galiza, o seu traballo -conta- deulle "moitas oportunidades para enfrontar ilusións contra frustracións". E engade: "Sobre todo resulta moi duro ter que ser o líder dun proxecto que ano tras ano é ignorado pola administración e pola maior parte da sociedade galega... Tes que animar a toda a xente que está detrás de ti axudando, pero moitas veces pensas que non che dan máis as forzas. Cando recibes algún desprezo, algunha negativa ou simplemente o silenzo de quen debería dar un apoio aínda que fose simbólico (non falo só de cartos!), ou ataques de xente que non quere que o proxecto se consolide, pois perdes a fe na xente, na nación, e mais nos políticos. Pero cando recibes ao día seguinte unha chamada emocionada polo reencontro coa galeguidade dun home maior que perdera tempo atrás o contacto con Galiza ao perder aos pais, unha mensaxe electrónica contándoche a ledicia que forneceu Fillos para unha familia que se reencontrou, cando ves que algún fillo ou neto novo se atreve a practicar galego nas súas conversas, cando coñeces xente tan marabillosa e xenerosa coma a que temos na Asociación... pois entón esqueces todos os sinsabores e segues para adiante con máis ilusión ca nunca".

Veloso é un dos escritores máis talentosos e xenerosos do blogomillo e leva tempo compatindo cos lectores o que sen dúbida será un libro dacá a pouco: as azañas dos seus veciños de Silvaoscura. Tamén usa o blog para experimentar: "De feito, as historias de Silvaoscura, ademais de supoñer para min esa especie de gozosa liberación dunha obriga moral que teño coa miña xente, tamén me serven para experimentar un xeito de contar as cousas, na distancia corta, ás veces na simple pincelada, cunha mestura de humor e melancolía, á maneira en que o facían (salvando as enormes e lóxicas distancias) escritores como Castelao ou Dieste".

O autor responde con histórias, que non podía ser doutro xeito: "No Nadal coñecín á Pícara de Allegue, a Artipractor e ao Ollo da Vaca. Hai quince días, en Vigo, estiven tomando un café con Náufrago e Folerpa. Onte, en Zamora, xantei con Nemeth. O blog estame permitindo coñecer a xente encantadora, xente coa que me sinto moi enriquecido, grazas á súa cultura, á súa capacidade de observar a realidade dende un ángulo diferente. Hai xente que asegura que os blogs cumpren a función que hai anos tiñan as tertulias literarias e políticas. Non sei se será así, pero eu estou encantado de pertencer a este mundo".

Fiel ao seu estilo, o xornalista, músico e tantas outras cousas Xosé Manuel Pereiro non deixa de lado a ironía intelixente cando dí: "O blog deume, por un lado, menos tempo libre, que é o que máis me amola. Polo outro, polo bo, sempre é agradable o recoñecemento, que digan que escribes ben, que criticas mellor... A verdade é que os lectores, quizais porque son -supoño, pero con toda probabilidade- máis novos ca min, pórtanse moi ben comigo. Eu non penso que o anonimato que permite internet se poda aproveitar para o insulto, e menos nunha páxina persoal que non debe estar sometida ás normas da información oública, ou sexa que non dubidaría en eliminar calquera post especialmente besta, pero ata agora nunca o fixen. Ó pouco de me mudar de casa e de concello, un tipo desde un coche díxome "Benvido a Oleiros", pero non sei si se enterou polo periódico ou polo blog".

Parzival tamén respondeu á pregunta: "O blogue dá-me muita satisfacção porque me proporciona exactamente o que buscava ao criá-lo: comunicação com gente muito variada, mas com inquedanças similares às minhas. Noutro nível, permite-me manter um mínimo de contacto com a língua, contacto que desejo manter por motivos pessoais tanto como académicos".

Finalmente (ainda que non foron os únicos entrevistados), Acedre non deixa de responder con humor: "Meu pai dixome: "Vas aos EEUU e escribes en galego. Ti andas ao rives coma os caranguexos". O meu blogo deume muita diversion. E o meu hobbie e e unha charla tranquila con xente que mais ou menos pode entender o que eu digo. O meu blogo deume a conhecer xente virtualmente que espero conhecer e tratar en persoa. Non sei. Eu penso que escribir un blogo e un exercicio intelectual mui ameno e unha maneira mui boa de aprender e de conhecer outra xente. Dende logo e millor que estar apapaxado mirando a tele".

A pregunta era "qué che deu o blog?".

17 de mai. de 2006

Que non mortos

Dionisia López Amado é integrante da Asociación Madres de Plaza de Mayo. Vai polo mundo cun pano branco na cabeza e unha dor sen remedio polo fillo ausente no corazón. E anoto fillo ausente, que non morto, porque esa desaparición é moito máis cruel e brutal cá morte.

Dionisia López Amado, algunhas veces, ten un tic. Un movemento disimulado, no que poucos reparan. Cando pasa, empúrralle a cabeza cara atrás, coma se fíos invisibles turraran do seu nariz. Unha ou duas veces. Rítmicamente. Pode que sexan tres. Un movemento intenso que a obriga a ollar para atrás. Curioso ese tic. Curioso que a leve a mirar para atrás, para o que quedou alá, na história, algo do que non pode esquecer. Mirar atrás para ir cara adiante. Algo que quedou. Non esquecer. Un tic. Fíos invisibles que turran. Unha ou dúas veces.

Dionisia López Amado está facendo o seu propio Camiño de Santiago por estes días en Galiza. Leva a súa história, as pegadas da dor no corpo e esa pesada cruz sobre as costas. Pero ela non a sinte cruz senón estandarte. Porque esa muller, e moitas outras, non esquecen e dan batalla coa forza da paz e da valentía. Que foron homes os que asasinaron e son mulleres as que siguen dando vida. Cada día. Parindo de novo esos fillos ausentes, desaparecidos, que non mortos. Senón moi vivos!

Déixovos as palabras que Mercedes Vázquez Rodríguez, da Asociación Cultural máislibros, mandoulle a unha amiga moi querida logo de asistir a unha das conferencias que deu Dionisia nestes días.


Fun unha das afortunadas que o pasado 9 de maio asistiu na galería Sargadelos á comunicación , que non conferencia, impartida por Dionisia López Amado, a nai galega do grupo “ Madres de la Plaza de Maio”, alí estivo co pano branco simbolizando o cueiro dos fillos, co nome deles bordado. Saín contaxiada da súa enerxía, do seu entusiasmo…da súa forza, da súa alegría…da verdade desas 30.000 razóns ( os desaparecidos en Arxentina) que cada mañá, desde hai 30 anos, bótana da cama e anímana a non abandonar esa loita pola xustiza e por difundir a verdade da historia.

“ Un pobo sen memoria é un pobo cego” dicía nalgún momento, por iso é fundamental coñecer a historia. Ter memoria para non repetir erros, coñecer a historia para que o mundo sexa mellor. “ O odio só conduce á destrucción” tamén dixo, e en verdade esta sabia incansabel de 78 anos soubo explicar moi ben como o odio paraliza, enferma… e o que hai que buscar son vías para a acción. “ Hai que coñecer para que NUNCA MÁIS volvan pasar esas atrocidades”, repetiu varias veces.

Emocioneime co relato do “ antes”: o seu fillo fotógrafo e a súa nora enfermeira, ambos pertencían ao “Partido Revolucionario de los trabajadores”; ambos traballaban en alfabetización e mellora sanitaria de sectores socialmente deprimidos. Eran moi boa xente, dicía ela. Aquel 15 de maio desapareceron…e desde aquela a súa vida converteuse en loita contra a impunidade da dictadura militar, emocióname ainda máis o relato dese “ despois” tan comprometido.

Ainda que hoxe a miña lembranza de agradecemento para ti, Dionisia, ten que ver coa lingua que empregaches: o galego. Repetiches en varios momentos que amabas esta terra que te disculparamos pola túa fala que non era boa, pensabas, porque ti foches das que tiveron prohibido o galego: “Non se debía falar galego cando eu era nena”. E a túa fala foi perfecta en todo momento. Quen me dera que todos os habitantes deste País souberan falar coma ti falaches! Agradecemento, pois, para ti e para todas as persoas que coma ti non abandonades as nosas raices, a nosa cultura, a nosa lingua. Sodes un exemplo para nós… E por que pensamos que non é normal que unha lingua poda ser estranxeira no seu propio país, por que pensamos que ainda queda moito por facer…

11 de mai. de 2006

Letras


1. Días
El mantén a esperanza do galego exiliado;
El ê a fonte de bágoas que lavan o pecado;
Salvando as nosas almas él nos fai retornar

A cumprir coas obrigas do noso santolar.


Amor
de Manuel Lugrís Freire

Seica será este o ano no que coincidan o Día de Internet co Días das Letras Galegas. Por iso, convídovos á atinada e fermosa proposta que fan os Fillos de Galiza. Un poema que fale do amor, que fale en galego e con acentos de todo o mundo, será sen dúbida un fermoso xeito de ficar xuntos e irmanados nunha lingua, nunha literatura, nunha história e nunha identidade.


2. Mulleriña
Chego con 30 anos de retraso a un libro que me está conmovendo e estremecendo. E coma sempre que iso sucede, paso as páxinas con necesidade e fame, pero tamén coa agonía e a congoxa de quen sabe que a ledicia estase esgotando có progreso das letras. Déixovos esta pequena história que, dende que a lin, non deixa de debuxar espirales na miña alma.

"É unha historia que sucedéu de certo e que lin nos xornáis, unha historia de emigrantes. Unha mulleriña galega que na súa vida saíra da súa aldea viaxóu até a Suiza pra ver aos seus fillos que traballaban aló. Ela eiquí vivía soia, os veciños escribiron o enderezo dos seus fillos en Xinebra, penduráronllo do pescozo nun letreiro e metérona no tren: no letreiro decíase ónde tiña que chegar a muller. A probe íballe amosando a todo o mundo o seu letreiro co enderezo escrito pra que lle dixeran qué tren tiña que coller, a qué ventaniña tiña que se dirixir, en qué cola poñerse... Non falaba máis que galego e ficóu completamente tola despóis dun viaxe que non remataba nunca. Cando chegóu a Xinebra non sabía quén era nin recoñocía a ninguén: somentes amosaba o seu letreriño e xemía, que xa non falaba. Non a deixaron entrar siquera. Aló, como en todas partes, sonche moi cucos e moi asépticos: unha muller naquelas condicións, doente, trasvariada non podía entrar no país, non é rentable, non sirve, e os seus fillos tampouco poideron facer cousa ningunha. Aquí remata a historia: puxéronlle un calmante, metérona no tren, sin conciencia, e mandárona de volta pra aldea. Lin a historia nos xornáis e axiña pintéi o cadro que ves: co letreiro cáseque abonda. A traxedia coméntase a sí mesma."

Unha ducia de galegos - Luis Seoane, lembranza de Bós Aires

4 de mai. de 2006

A comunicación

O móvil, sen ser un dos máis caros nin dos máis sofisticados, chamaba á atención entre tantas cabezas que se disputaban o espazo. A man, tensa e estreitando con forza o aparello, procuraba manter unha altura razoable, pero sen moito éxito: o teléfono non conseguía superar a altitude da meirande cantidade de persoas que se comprimían nun lugar tan pero tan pequeno. A muller detrás da man, que sostiña o móvil, choraba. Dun xeito discreto. Sen facer moito barullo. Choraba dentro de si mesma. Ainda cas bágoas podíanse ver moi ben. E non baixaba o teléfono ainda que ben se vía que o brazo tremíalle co esforzo.

Do outro lado, nalgún lugar da cidade, a nai da muller tamén choraba. Non facía falta coñece-la: nin a ela nin á sua nai. As dúas choraban. Bágoas de lonxanía, de soidade, de morriña. Bágoas de quen -así, sen imaxina-lo sequera- no lugar menos pensado, cando xa se pensa que aquelo foi esquecido para sempre, unha música e un son vólvense tan poderosos como para traer de novo o pasado.

O domingo pasado, foi presentado o libro "Polifonías" na 32º Feria do Libro de Bos Aires. Estaban aí a autora; o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará; o xornalista, escritor e editor Víctor Fernández Freixanes; e a responsable de Emigración do BNG, Ana Miranda; entre moitos otros famosos e anónimos.

Cando o acto acabou, moitos pasaron polo stand galego. Houbo quen mirou libros. Houbo quen mercou algún. Houbo quen fixo preguntas. Nun recuncho, unhas mozas da Asociación Folklórica Baixo Miño falaban cun mozo da Federación que viña doutro acto coa sua gaita e flautas. Dalí a pouco, as palabras deixaron lugar á música e o gaiteiro e as cantareiras e pandereteiras foron perdendo o medo. As cancións soaban cada vez máis e máis, e como no conto do Flautista de Hamelin, os visitantes da Feria ficaban feitizados e encantados co espectáculo non permitido no lugar, pero quén paraba iso agora?

A muller do móvil chegou desacougada e axitada. Arrastraba dous fillos pequenos (ainda que podían ser tres) e ben se vía que viña orientada polo son da música. Meteuse como puido entre as xentes, abriu o bolso e remexeu nerviosa ata atopar o aparello. Parecía que en cada segundo perdido na tarefa de atopa-lo móvil e pulsar os números íaselle algo de vida. Cando volvín a ve-la choraba. E os fillos, coma todos os nenos do mundo que ven chorar á nai, deixaban ver na sua cara unha mestura de fascinación e de medo.

Cando a música xa levaba tempo adurmiñada, a muller ainda seguía aí. A nai dixéralle o nome da aldea da que viñan pero dous minutos despóis, ela xa non o lembraba. Como tampouco soubo decirlles ás vendedoras o nome da provincia galega na que aquela terra de orixe se atopaba, decidiuse por mercar un mapa de Galicia. Aos nenos, ainda excitados, non lles chegaban as mans para acadar os libros, xogos e papeis que lles regalou Ana, sementando o amor pola identidade (cunha forza e unha intelixencia que nunca lle vin a ninguén). E mentres, ainda soaban palabras do día anterior, cando foi presentada a novela "A fin da terra" e a sua autora dixo: "Lo que pasa es que Galicia atrae, seduce. Galicia enamora".