20 de dez. de 2005

Las causas

Ainda que non sexa en galego, este poema de Jorge Luis Borges di con moito máis talento do que eu nunca terei na miña vida, iso que eu quero decir a todos vostedes neste derradeiro recuncho do ano.


Los ponientes y las generaciones.
Los días y ninguno fue el primero.
La frescura del agua en la gargantaDe Adán.
El ordenado Paraíso.
El ojo descifrando la tiniebla.
El amor de los lobos en el alba.
La palabra. El hexámetro. El espejo.
La Torre de Babel y la soberbia.
La luna que miraban los caldeos.
Las arenas innúmeras del Ganges.
Chuang-Tzu y la mariposa que lo sueña.
Las manzanas de oro de las islas.
Los pasos del errante laberinto.
El infinito lienzo de Penélope.
El tiempo circular de los estoicos.
La moneda en la boca del que ha muerto.
El peso de la espada en la balanza.
Cada gota de agua en la clepsidra.
Las águilas, los fastos, las legiones.
César en la mañana de Farsalia.
La sombra de las cruces en la tierra.
El ajedrez y el álgebra del persa.
Los rastros de las largas migraciones.
La conquista de los reinos por la espada.
La brújula incesante. El mar abierto.
El eco del reloj en la memoria.
El rey ajusticiado por el hacha.
El polvo incalculable que fue ejércitos.
La voz del ruiseñor en Dinamarca.
La escrupulosa línea del calígrafo.
El rostro del suicida en el espejo.
El naipe del tahúr. El oro ávido.
Las formas de la nube en el desierto.
Cada arabesco del caleidoscopio.
Cada remordimiento y cada lágrima.
Se precisaron todas esas cosas
Para que nuestras manos se encontraran.

Las causas - Jorge Luis Borges

O meu Nadal

Levo dous días dando voltas ao asunto. Pero por moito que penso, non dou cun xeito lindo de contar o meu Nadal. Todolos intentos terminan atrapados nunha lista de comidas que teñen que ser explicadas porque cos seus nomes non chega para imaxinalas, noutra lista de palabras que non coñezo en galego, e unha teceira lista de agasallos e ritos que nin xiquera sei como se chaman ainda que levo mais de 30 anos facéndoos. E é que ter un Nadal tan pouco hollywoodense, nunha terra de verán en decembro, no sur do mundo, ten sempre este problema.

Eu o souben dende rapaza. O noso Nadal non tiña a maxia que se vía nos films. E iso que estou a falar das películas que vía nunha televisión branco e negro, na que só tiñamos catro canles e para a que o zapping significaba porse de pe, levar ata o moble un banquiño para alcanzar a perilla, e -xa ben rubidos- dar voltas ata atopar algunha imaxen.

Ainda con unha tecnología tan prehistórica, as películas sempre falaban da neve, do frío, de la cheminea con leños queimándose, da árbore frondosa e natural, dos agasallos sempre enormes e lucindo papeis de debuxos inverosímiles nas tendas de Bos Aires, do Papa Noel (que aquí non é SantaClaus porque ainda que esteamos colonizados, temos os nosos limites... poucos pero témolos), e das familias norteamericanas sempre tan correctas e recatadas, abrigadas ata o pescozo e ceando cousas quentes. Que xa se falou do frio.

Por iso, cada vez que decembro se enchía de películas sobre o Nadal na televisión, e se vestía de Nadal hollywoodense nas tendas (con neve de algodón e todo!), eu non podía evitar ese sentimento de tocar a un Nadal de rebaixas. Ese que ninguén quixo no mundo. E que veu tocarnos a nós.

Teño que decir que non axudaba moito o xeito de festexar na casa dos meus avós. Coido que –ainda que eu pensase nese tempo que eramos os únicos- a nosa cea non era tan orixinal nin diferente. Que todolos galegos que fun coñecendo logo tamén tiñan ese xeito de vivir as festas de fin de ano. Un xeito galego pero na Arxentina. Un xeito invernal pero no verán mais quente. Un xeito de voltar á terra, ainda que so fora na comida. Que para outras cousas non tiñamos con que.

E eu confundía aquela morriña pola terra co desexo dun Nadal “correcto” (o frío, claro). E só moito tempo despois fun aprendendo a gozar das nosas comidas de inverno nas noites abafantes de decembro, mentres a cara enchíase de pingas de suor que sen apuro ían descendendo polo pescozo para chegar ás costas e non deterse, impulsadas polas outras gotas que viñan detrás.

Así, pasaban polos pratos o polbo con patacas, o pito con máis patacas e cebolas e cenorias e pimentos todo cocido ao forno, e unha empanada galega. Ainda non tiñamos tragado iso cando facíase lugar para o requesón que tiñamos que comer apurando as culleres que a meianoite xa viña. Cando ainda ficaba requesón nas cuncas, os pratos co roscón ian colonizando lugar nunha mesa superpoboada nunha batalla polo espazo que logo libraban á sua vez o pan doce, as noces, uvas pasas, almendras, figos (turcos, arxentinos, e non sei cantas nacionalidades mais), froitas abrillantadas, confites, e chocolates. O turrón era tamén cousa de moita importancia: tiñamolo de almendras e de maní, o que tiña mel, o que tiña chocolate, e o que tiña quen sabe qué cousa. Todo chegaba correndo porque as doce non teñen paciencia e chegan sempre a meianoite, xusto, xusto para brindar.

E as sirenas dos bombeiros a soar, as bucinas dos barcos amarrados no porto de Dock Sud a berrar que xa era a Noiteboa e nos que non tiñamos mais lugar no corpo de rapaces ainda tiñamos as uvas pasas que comer para sair correndo á rua e ver os fogos no ceo. Nada había naqueles tempos máis marabilloso que aquela noite brillante de lumes artificiais.

Os foguetes ainda vense no ceo pero eu xa non vou correndo á rua cando chega a meianoite. Cos anos, as avóas foros deixando espazo ás fillas que, ainda que galegas, pintaron as mesas de Nadal de cores diferentes. Agora, ceamos torres de panqueques (filloas frías, dispostas en capas que alternan xamón, queixo, tomate, aceitunas, ovos e leituga), sandwichs de miga, e carne de porco fría cun puré de mazás. O vitel thonné con salsa de atún tamén volveu imprescindible. E o requesón quedóu na memoria porque nos pratos temos xeado de crema, torta-flan, e ensalada de froitas.

Fai anos que as pingas de suor so aparecen cando as mesas (as do patio, para apañar algo de fresco, se o houbese) poboanse de o pan doce, as noces, as uvas pasas, as almendras, os figos, as froitas abrillantadas, os confites, e chocolates. E, claro, o turrón. Todo o que ainda chega correndo porque as doce non teñen paciencia.

14 de dez. de 2005

A señora María

A señora María é a miña veciña dende que vin a esta casa, dous anos atrás. Ten 83 anos pero ninguén llos daría porque semella unha muller moito máis nova. Axudan, tamén, o colorete e os ollos pintados con coidado de cirurxián. Leva os sesenta e tantos anos de casada co señor Marcelo como moitos vellos: berrándose, rifándose e non sabendo vivir sen o outro.

Souben cedo que Marcelo era fillos de franceses. A señora María contoume da sogra que só falaba en francés, tan elegante ela, unha señora seica moi recoñecida na provincia de Córdoba, onde foi a primeira profesora da Alliance Francaise. Polo menos, iso di a señora María.

Moito tempo despois, tamén souben que a señora María era filla de galegos. Contoumo como quen conta unha vergonza. Baixando a voz e rindo nerviosa. Esas cousas que se din co desexo de que sexan esquecidas automáticamente.

Faleille dos meus pais galegos e esforceime moito por sinalar que iso era motivo de orgullo para min. Por toda resposta so tiven unha mueca de pena.

Penso que so porque me viu tan interesada, contoume cos pais eran de Monforte de Lemos e non mostrou interés nengún cando lle dixen que eu estivese aí. A señora María falaba rápido e sen ouvir, como sempre. Que casaronse alá, que venderan as terras, ca viaxe no barco, que ela e os irmáns xa naceran na Arxentina...

- Sus padres hablaban gallego o castellano entre ellos? Interrompín. Miroume confundida e respondeu que todos falaban castelán lóxicamente. “Lóxicamente”, dixo.

- Eso es muy raro, ¿no le parece?
- No sé... ¿por qué es muy raro?
- Bueno, imagine que usted y Marcelo se hubieran ido a los 40 años y con 20 de casados a vivir a Francia, pongamos por caso. Y que, apenas bajados del avión, se pusieran a hablar en francés entre ustedes para no volver a decir nada más en castellano, cuando ese es el idioma con el que nacieron, se criaron, se enamoraron, se casaron... Sería muy raro.

Dixo que si, sen convencemento algún.

Dous días depois, atopeina na porta. “Llevo dos días pensando en lo que hablamos y no puedo creer que mis padres no hablaran en gallego en casa. Estoy tan sorprendida!! Nunca había pensado en eso, no se me había ocurrido..."

Díxoo entusiasmada e sen baixa-la voz. E eu andei bastante orgullosa uns días. Como si tivera feito algo moi bo. Pero non llo contei a ninguén. Por medo a que o asunto non fose importante.


(na memoria do señor Marcelo
que morreu onte, dun infarto,
unha semana despois
de que eu escribise esta historia)

6 de dez. de 2005

Un nome equivocado

Vou pola vida cun nome equivocado. Chámome Débora. Débora Sabrina, para mais información. Pero o meu nome debeu ser Xosefina ou Xerónima, coma algunha das miñas avoas. Porque os meus sempre chamaron aos pequenos cos nomes dos avós.

A tradición dos nomes remóntase ao século XIX. Polo menos, ao século XIX remóntase a memoria da miña avoa Xerónima, unha das aludidas, que foi destecendo para min a nosa árbore xenealóxica. Levaba a man durmida de tanto escribir, cando reparei en que tiñamos Anas e Emilios e Xosés dabondo. Algún Perfecto, Manuel e Lisardo. E volta a comezar.

Ela non foi a excepción. En todo caso, foi pero sen quere-lo. Chámase Xerónima non pola súa avoa senón por unha irmanciña que morreu ao pouco tempo de nacer. Como sempre pasa nestes casos, a nena era a mais bonita da aldea. E como eran tempos nos que nada sobraba, os pais non ían perder o nome. Por iso, cando ela naceu, levou o Xerónima.

Tamén foi a excepción cos fillos. Aínda que ela ten unha explicación mais relixiosa que atribúe á Virxe das Mercés o asunto, o caso é que de moza non quería deixar a ningún dos seus avós fora, e conta que lle pediu á virxe catro fillos: dous homes e dúas mulleres. Xa se ve que a miña avoa é unha persoa moi cumpridora.

Penso que o esperma do meu avó foi tamén bastante devoto porque tivo os catro fillos. E chamou ao primeiro Xosé, como o pai do meu avó. A segunda foi Ana, como a nai dela. A terceira (miña nai), Rosalía como a sogra. E o pequeno foi Emilio, como o pai dela.

E alá foron todos para á Arxentina onde o asunto dos nomes escarallouse. Os fillos cos seus nomes tan pouco modernos, tan galegos, tan diferentes (e iso nunca é ben visto) tiveron cos anos outros fillos para os que procuraron nomes de moda. Non nomes arxentinos senón nomes que falasen da diferencia pero non do galego, do pobre, do campo, de todo-lo que deixaran atrás.

A primeira fun eu. Levei o Débora Sabrina. O Débora elixiuno o meu pai dunha lista que escribiu a miña nai. Ía ser Débora Alejandra pero seica era moi usado na época. Entón fun Débora Sabrina.

Despois diso, chegou a miña irmá: Grisel Irina. Os dous nomes son raros na Arxentina e a coitada pasou os 30 anos que ten (e penso que vai pasar moitos mais) pronunciando o Grisel e o Irina coma se a outra persoa fose xorda e estivese lendo os beizos.

Os meus curmáns non a levaron mellor. Marilín Gisela, Jimena de la Cruz, Ariana Lorena, Daniela Eliana e, o único home, Juan Manuel que leva o Manuel polo pai e o avó, ningún deles galego.

Como todo-los nenos, preguntei moitas veces pola escolla do meu nome. A lista, a moda, o diferente, “gustoume” foron sempre as respostas. E como todo-los adultos (polo menos, os adultos que levan anos de psicólogo), fixen algo diferente do que fixeron os meus pais.

Teño un fillo. Chámase Santiago. Santiago Ángel, para mais información. Santiago porque foi fronte ao apóstolo que o seu pai (ateo que só chegou aí empurrado pola curiosidade que lle daba o meu amor por Galicia) pediu que a longa espera por min terminase, ben ou mal. E foi ben. Por iso, cando aínda non había fillo nin tampouco idea de telos, soubemos que o nome sería ese.

E o Ángel, porque na familia do meu home hai unha tradición: o primeiro fillo varón leva o nome do pai, que leva o nome do pai, que leva o nome do pai. Non quixemos que a tradición morrese. Non quixemos que o neno fora pola vida cun nome equivocado.