6 de dez. de 2005

Un nome equivocado

Vou pola vida cun nome equivocado. Chámome Débora. Débora Sabrina, para mais información. Pero o meu nome debeu ser Xosefina ou Xerónima, coma algunha das miñas avoas. Porque os meus sempre chamaron aos pequenos cos nomes dos avós.

A tradición dos nomes remóntase ao século XIX. Polo menos, ao século XIX remóntase a memoria da miña avoa Xerónima, unha das aludidas, que foi destecendo para min a nosa árbore xenealóxica. Levaba a man durmida de tanto escribir, cando reparei en que tiñamos Anas e Emilios e Xosés dabondo. Algún Perfecto, Manuel e Lisardo. E volta a comezar.

Ela non foi a excepción. En todo caso, foi pero sen quere-lo. Chámase Xerónima non pola súa avoa senón por unha irmanciña que morreu ao pouco tempo de nacer. Como sempre pasa nestes casos, a nena era a mais bonita da aldea. E como eran tempos nos que nada sobraba, os pais non ían perder o nome. Por iso, cando ela naceu, levou o Xerónima.

Tamén foi a excepción cos fillos. Aínda que ela ten unha explicación mais relixiosa que atribúe á Virxe das Mercés o asunto, o caso é que de moza non quería deixar a ningún dos seus avós fora, e conta que lle pediu á virxe catro fillos: dous homes e dúas mulleres. Xa se ve que a miña avoa é unha persoa moi cumpridora.

Penso que o esperma do meu avó foi tamén bastante devoto porque tivo os catro fillos. E chamou ao primeiro Xosé, como o pai do meu avó. A segunda foi Ana, como a nai dela. A terceira (miña nai), Rosalía como a sogra. E o pequeno foi Emilio, como o pai dela.

E alá foron todos para á Arxentina onde o asunto dos nomes escarallouse. Os fillos cos seus nomes tan pouco modernos, tan galegos, tan diferentes (e iso nunca é ben visto) tiveron cos anos outros fillos para os que procuraron nomes de moda. Non nomes arxentinos senón nomes que falasen da diferencia pero non do galego, do pobre, do campo, de todo-lo que deixaran atrás.

A primeira fun eu. Levei o Débora Sabrina. O Débora elixiuno o meu pai dunha lista que escribiu a miña nai. Ía ser Débora Alejandra pero seica era moi usado na época. Entón fun Débora Sabrina.

Despois diso, chegou a miña irmá: Grisel Irina. Os dous nomes son raros na Arxentina e a coitada pasou os 30 anos que ten (e penso que vai pasar moitos mais) pronunciando o Grisel e o Irina coma se a outra persoa fose xorda e estivese lendo os beizos.

Os meus curmáns non a levaron mellor. Marilín Gisela, Jimena de la Cruz, Ariana Lorena, Daniela Eliana e, o único home, Juan Manuel que leva o Manuel polo pai e o avó, ningún deles galego.

Como todo-los nenos, preguntei moitas veces pola escolla do meu nome. A lista, a moda, o diferente, “gustoume” foron sempre as respostas. E como todo-los adultos (polo menos, os adultos que levan anos de psicólogo), fixen algo diferente do que fixeron os meus pais.

Teño un fillo. Chámase Santiago. Santiago Ángel, para mais información. Santiago porque foi fronte ao apóstolo que o seu pai (ateo que só chegou aí empurrado pola curiosidade que lle daba o meu amor por Galicia) pediu que a longa espera por min terminase, ben ou mal. E foi ben. Por iso, cando aínda non había fillo nin tampouco idea de telos, soubemos que o nome sería ese.

E o Ángel, porque na familia do meu home hai unha tradición: o primeiro fillo varón leva o nome do pai, que leva o nome do pai, que leva o nome do pai. Non quixemos que a tradición morrese. Non quixemos que o neno fora pola vida cun nome equivocado.

29 comentários:

edu disse...

santiago é nome que sempre me gustou moito, aínda que aquí non llo poñería a un neno... santiago de santiago = santiago x 2.

na miña familia hai tamén a tradición de herdarlle ao primeiro fillo o nome do pai pero resulta que a min o meu non me gusta especialmente...

de todos os xeitos aínda está por ver que me toque algún día escoller nome para un fillo.

mirando os nomes do persoal nesta galiza pregúntome ás veces se iso de chamar a un fillo co nome do pai ou dalgún dos avós é cousa de tradición ou de preguiza.

ten unha vantaxe, iso si, cando non te lembras o nome de alguén chámalo pepe ou manolo (ou maría ou carme) e tes altas probabilidades de dar no centro da diana.

Anônimo disse...

Eche ben linda a historia que contas, mais que nada como a contas.
Na miña familia os nomes foron variando mais cada un tenche o seu aquel.
Non é doado atinar cos nomes antes hai que mirar moito aos ollos non cres?.
:)

Nemeth disse...

Moi linda a historia que contas. No meu clan familiar, despóis de varias Vanessas, Jennifer e cousas semellantes, as dúas novas incorporacións son Claudia e Águeda, dúas avoas recentemente mortas. Outra opción (ao final non materializada) era galeguizar o nome do pai. Moito pedir para quen non lle ensina galego aos cativos (xa o aprenderan de maiores, disque) que lle poñan Xoan ou Saínza aos cativos.

torredebabel disse...

Moitas gracias polas histórias, Ollo, nemeth e marinha!! rin co asunto da preguiza, non o tiña pensado pero claro que é unha posibilidade. Coma dí marinha non é doado escoller o nome ao fillo. Xa o verás Ollo, cando chegue o seu tempo. Os meus, coma conta nemeth, despois de tanto falar en castelán cos fillos, ainda non entenden por qué -con tanto nome para escoller- fomos dar cos galegos para o neno (ainda que prefiren o Santiago á Uxía que íamos por se tiñamos unha filla).

Gústanme moito as histórias que gardan os nomes que levamos as persoas...

Anônimo disse...

A mi me pasa algo parecido pero diferente, mi nombre es el adecuado, muy bien elegido por parte de mis padres, pero mis compañeros de trabajo no son capaces de pronunciarlo correctamente (con lo fácil que es) con lo que tengo 4 o 5 nombres diferentes. Que barullo!.

acedre disse...

Eu tenho os nomes dos meus avos: Pedro Antonio.
O Pedro ven de mui atras, meu pai, meu avo, meu bisavo e o meu tataravo eran Pedro.
Ogalla non tenha eu un fillo para estar na obriga de porlle Pedro tamen.
Ah, eu non miro que tenhas nomes errados. Son nomes perfectamente validos e bonitos e postos polos teus pais que e o mais importante.
Bueno, eu miroo asi.
Saudos.

máis alá disse...

O meu nome é Eusebio, herdado do meu avó. É un nome castelán, porque meu avó naceu en Cidade Real e o levo con moito orgullo porque o meu avó era un home moi grande. Os meus fillos teñen nomes galegos: Brais e Antía.

torredebabel disse...

benvido Artipractor! andiven de viaxe pola tua páxina e quedei moi impresionada. Gustoume moito!!! falando sobre o teu nome, non sei por qué a xente ten tanto problema coas palabras diferentes, mais ainda cando son nomes, no? Acedre, dígocho eu que xa pasei por iso, é MOI dificil escoller un nome para o fillo e mais dificil cando temos esas tradicións: qué facer? seguila? matala? nos levámola pero ao noso xeito... Ti tes sorte porque Pedro é un nome moi bonito!! a min gústame moito o meu nome, cando dicía que era "equivocado" era por aquelo da tradición familiar que tiña para min un futuro diferente. Non porque non pense qué é moi adecuado para min. Mais ainda, como dis máis alá, o levo con moito orgullo. satine, non o contei no texto pero Grisel, o nome da miña irmá, é tamén o nome dun tanfo fermoso (Gricel, con C) que os meus pais nunca tiñan escoitado!!! xa ves que a música sempre é fonte de inspiración...

Laurindinha disse...

Gustoume tamén moito a historia... na miña familia paterna existe tradición por remeser nos nomes antigos e facelos pervivir algunha vida máis... Pero meu pai rompeu con iso como fixeron os teus. Os nosos nomes son sinxelos e non gardan historia, nin sequera son políticos, e iso dame algo de rabia, querería ter historia tras o meu nome...
Polo menos, Simon & Garfunkel si lle fixeron unha canción que escoito sempre que podo...

nenodanorita disse...

É ben linda a historia que contas, na nosa casa estamos cheos de Manueles e Marías, agás na rama arxentina na que (tras 48 anos de non saber uns dos outros) descobrín que teño unha prima irmán que se chama Cristina que ten uns nenos que se chaman Rodrigo e Melina. Bicos

torredebabel disse...

xa ves, laurindinha, a música sempre ten algo para nos! E non teñas rabia, xa terás histórias dabondo para os nomes dos teus fillos (iso ten de bo o asunto dos nomes...).
ola nenodanorita! acá os nomes Rodrigo e Melina sonche moi usados nestes tempos. E Cristina ten alguns anos mais pero hai moitísimas mulleres e mozas chamadas así. As Marías, claro, son clásicos xa, e dende fai dous ou tres anos, o Manuel voltou: eu teño un afillado chamado "Luca Manuel" e un sobriño chamado "Luciano Manuel". Mais ainda, o meu Santiago estivo a piques de ser "Santiago Manuel". Non sei por qué os Manueles sempre quedan no segundo lugar... co fermoso que é o nome.

Laurindinha disse...

Esquecéuseme dicir que o noso nome na rede herdámolo da nosa avoa materna, que se chamaba Laurinda, dese si que estou orgullosa...

mariademallou disse...

meus pais non se decidía e para non castigarme con calquera dos éxitos da época ( pleno apoxeo das jessicas e vanesas) deron en poñerme maria por clásico e porque os tipos do rexistro levaban tres días agardando para inscribirme e alí ninguén se decidía.
pero os nomes ao fin e ao cabo só son unha morea de letras arrimadas.durante anos miña avoa dicía que maría era nome de vella.ela quería que fose luz divina parta chamarme lusita ;)
mui bonita historia dos nomes.

torredebabel disse...

Ola María! o teu nome é xa un clásico. Eu teño unha chea de amigas chamadas María e ata a miña psicóloga (xa sabes, muller moderna, marxista e nada relixiosa) chamou María ás suas fillas!! Dí que ela e as fillas xa o falaran co seus propios psicologos ;-)
Benvinda! levo meses viaxando polo teu blog que é un dos meus favoritos!

mariademallou disse...

por certo e falando de nome, o do teu blo gústame muito;)

torredebabel disse...

Gracias María! teño que decir que foi un roubo. Sei que homenaxe é mais usado e soa tanto mellor pero cando atopei (milagrosamente, engado acá) o cartafol de Sara Jess os fíos invisibles dos seus comentarios foron un impulso perfecto para min, que tanto quería falar do galego que existe na diáspora. Ela, xenerosa e cariñosa, non mo reprochou. Apertas!

Anônimo disse...

A mín puxéronme o nome polo que me chaman precisamente porque non o tiña ninguén da familia, pero tamén teño un nome oculto (que case ninguén sabe) e que "herdei" da miña madriña. Non creo que o nome teña moito que ver coa personalidade da persoa. O que si non faría e poñerlle aos meus fillos nomes que non lle pertenceran, alleos a nosa cultura.

mariademallou disse...

hehe... pois pasa por aquí - http://www.vieiros.com/opinion/opinion.php?id=36258&Ed=1- e verás porque me gustou tanto a min....a vida ten unhas cousas, mesmo sendo virtual...
apertasdeocéano

torredebabel disse...

Ola todo terreo! penso que é verdade: o nome non ten que ver coa personalidade dalguén. Coido que cada quen chea o seu nome coa sua personalidade e logo, os outros, identifican o nome coa persoa. Entón, por exemplo, oes decir: "Non me gusta o nome Pepe porque tiven un compañeiro de traballo chamado Pepe que erache moi distraido". E iso non ten nada que ver có nome... Sobre os nomes e a cultura de cadaquen, eu penso igual. Tes acá en Bos Aires, unha chea de Jhonatan Fernández e Brian González que dan medo...


María!!!! os teus fios invisibles fixeron un nó con meus!!! gustoume moitísimo a história e quedo en Vieiros, lendo as outras. Graciñas!!!!!

Vicente disse...

O apelido non chega. Moitos de nós temos o nome prestado dos avós, pais, padriño,... que prefiro a eses inventos estranxeiro-televisivos

torredebabel disse...

ola xosé antón, benvido! tamén acá temos moitos nenos chamados cos nomes saidos da televisión. Eu teño fobia a eses nomes ainda que penso que cada quen escolle o nome que quere aos seus fillos. Nun tempo, tiñamos unha chea de Catriel por unha telenovela. Logo foran as Fiama, as Araceli, e sempre temos moitísimos Diego Armando. Xa ves: a televisión e a música fan máis doado o asunto tan serio de por un nome aos fillos... ainda que non sempre o fan mellor.

Veloso disse...

Eu herdei o nome do meu avó paterno, Jorge. Desgrazadamente, non o coñecín. Morreu en agosto do 45, pero aínda así sempre sentín curiosidade e simpatía por aquel home que se chamaba igual ca min, nome e apelido, o que fai que sinta un raro arrepío cada vez que paso por diante do seu panteón.

TXARI disse...

na minha casa primeiro ajótan-se os nomes dos avós/as, lojo os dos pais e se sobram, os nomes dos tíos, a minha última curmá tivo que repetir nome!! vantagem de ser um sento na família...

estibaliz... disse...

Acabo de aterrar na túa torre e fiquei extasiada lendo eses nomes marabillosos de nenas perdidas en bosques moi fondos: Eliana, Grisel... E, claro, logo apareceu ese lobo gris e sen importancia,pero lobo a fin de contas... Disfrutei moito da túa visión transatlántica.
Eu tamén crecín pronunciando o meu nome como se a outra persoa fose xorda, pero unha cóllelle cariño. É un nome vasco, así que en Bilbao xa teño ata abreviaturas. Seguro que a túa irmá Irina, se vai a Moscú, triunfa á primeira...Tamén é linda esa pequena Babel no nome propio.
Encantada de coñecerte, Débora Sabrina. Tes nome de actriz e personaxe ao mesmo tempo. Unha curiosa e atractiva alquimia, non cres?
Xobeis e barazos oceánicos,
Estíbaliz...

torredebabel disse...

Enténdese, Veloso, o arrepío de ver o teu nome (o seu nome) nun panteón. Xa o di o señor cura (ou iso recordo porque á misa fai décadas que non vou): do po vimos e ao po imos. So que tampouco fai falta que nolo recorden todo o tempo, non si? Gracias pola tua visita e a historia que deixas acá. Sempre son agasallos para min.

Ola txari! xa ves que as homenaxes sonche correntes alá e acá. Claro que o da tua curmá, coitada, xa é moito respecto á tradición...

Estibaliz! alégrame moito darche a benvinda porque sempre vou de paseo pola tua páxina e gústame moitísimo! Moitas gracias polas apertas feitas palabras, son moi feliz cada día se na terra estas histórias que deixo nun galego mais castrapo que galego son lidas. E ainda máis do que nunca imaxinei porque hai na rede unha chea de persoas marabillosas que me recibiron cunha xenerosidade fermosa. Aquí espérovos...

llll disse...

engado, torre de babel, que non podo reporcharte nada, porque esa metáfora dos fíos invisibles é de Manolo Rivas. falaba deles como os pensamentos que van unindo ás persoas na distancia.

beijos transoceánicos

Anônimo disse...

Non gusto dos nomes compostos. Supoño que xa saberás que, antigamente, os nomes compostos era unha distinción de clase: os aristócratas tiñan nomes compostos mentres que o pobo chan só un. Ó final o pobo adoptou tamén os nomes compostos para igualarse coa clase alta. Pregunto eu, ¿se simplemente nos chaman por un nome, para que se empeña a xente en bautiza-los fillos con nomes compostos? Un saúdo e Bo Nadal dende a metrópoloe galega.

torredebabel disse...

Gracias Sara! como sempre, a tua visita deixa neste blog a marca da sua orixe.

Ola boedense! a min gustanme moito os nome compostos. En América latina son moito mais usados e non teñen marca de clase como en Galicia. É verdade que so nos chaman polo primeiro pero tampouco ninguén me chama polo apelido e tamén teño dous!! Apertas!

Mr Tichborne disse...

Por outra banda, entre os meus devanceiros conto con Ponceanos e Peregrinas, así que alédome que algunhas tradicións se perdan... sempre que non veñan Jonatans, Jesicas e Melissssas