6 de mar. de 2012

Por diante



A carón do meu ordenador, un milleiro de papeis e cousas que falan de todo o que teño por diante. O ciclo de literatura galega do Tortoni que, este ano, vai de Ferrín. O disco de Graciela Pereira que ten moi boa pinta. A lista dos libros que o neno maior vai usar este ano no colexio. Detrás, a lista dos teléfonos aos que teño que chamar para facer varias entrevistas. As nubes brancas no ceo verde é un tríptico dun faro precioso de Marie-Anne Foucart que, algunha vez, quen sabe cando, vai ser un cadriño fermoso. A palabra serviettes me lembra os deberiños que teño sen facer para a clase de francés dos xoves. E, ainda que non se ven, teño as instruccións para escribir no milagre ese que é Praza e cousiñas que facer para a AIEG. Darei feito?