11 de mai. de 2006

Letras


1. Días
El mantén a esperanza do galego exiliado;
El ê a fonte de bágoas que lavan o pecado;
Salvando as nosas almas él nos fai retornar

A cumprir coas obrigas do noso santolar.


Amor
de Manuel Lugrís Freire

Seica será este o ano no que coincidan o Día de Internet co Días das Letras Galegas. Por iso, convídovos á atinada e fermosa proposta que fan os Fillos de Galiza. Un poema que fale do amor, que fale en galego e con acentos de todo o mundo, será sen dúbida un fermoso xeito de ficar xuntos e irmanados nunha lingua, nunha literatura, nunha história e nunha identidade.


2. Mulleriña
Chego con 30 anos de retraso a un libro que me está conmovendo e estremecendo. E coma sempre que iso sucede, paso as páxinas con necesidade e fame, pero tamén coa agonía e a congoxa de quen sabe que a ledicia estase esgotando có progreso das letras. Déixovos esta pequena história que, dende que a lin, non deixa de debuxar espirales na miña alma.

"É unha historia que sucedéu de certo e que lin nos xornáis, unha historia de emigrantes. Unha mulleriña galega que na súa vida saíra da súa aldea viaxóu até a Suiza pra ver aos seus fillos que traballaban aló. Ela eiquí vivía soia, os veciños escribiron o enderezo dos seus fillos en Xinebra, penduráronllo do pescozo nun letreiro e metérona no tren: no letreiro decíase ónde tiña que chegar a muller. A probe íballe amosando a todo o mundo o seu letreiro co enderezo escrito pra que lle dixeran qué tren tiña que coller, a qué ventaniña tiña que se dirixir, en qué cola poñerse... Non falaba máis que galego e ficóu completamente tola despóis dun viaxe que non remataba nunca. Cando chegóu a Xinebra non sabía quén era nin recoñocía a ninguén: somentes amosaba o seu letreriño e xemía, que xa non falaba. Non a deixaron entrar siquera. Aló, como en todas partes, sonche moi cucos e moi asépticos: unha muller naquelas condicións, doente, trasvariada non podía entrar no país, non é rentable, non sirve, e os seus fillos tampouco poideron facer cousa ningunha. Aquí remata a historia: puxéronlle un calmante, metérona no tren, sin conciencia, e mandárona de volta pra aldea. Lin a historia nos xornáis e axiña pintéi o cadro que ves: co letreiro cáseque abonda. A traxedia coméntase a sí mesma."

Unha ducia de galegos - Luis Seoane, lembranza de Bós Aires

12 comentários:

Anônimo disse...

Que pena tan doente tivo que sentir aquela mulleriña. Sólo de pensalo...
Espero que pases un bon día das nosas letras galegas.
Bicos.

David disse...

Que historia tan triste. Só con imaxinar o que sufriría esa pobre muller...
Feliz día das letras!

Anônimo disse...

Paréceme unha proposta interesante, pero o que foi unha delicia para min, é encontrar a páxina cos murais de Luis Seoane.

Unha aperta

Marcos Valcárcel López disse...

Á propósito do libro que estás a ler: Onte mesmo estivo Freixanes en Ourense, falando de Otero Pedrayo no Liceo. A súa charla empezou e rematou coa súa visión de don Ramón cando era un mozo de 20 poucos anos e foi entrevistalo á rúa da Paz. É unha das entrevistas da súa vida das que está máis orgulloso. E, engado eu, das máis valiosas para coñecer a personalidade do autor de "Os camiños da vida".
Viña encantado da súa visita a Bos Aires e, en privado, falou marabillas de ti, Torre de Babel. Pensei que merecías sabelo. Unha aperta, Marcos.

Mr Tichborne disse...

bonita e terrible historia... nacín en Suiza, meus pais eran emigrantes coma os fillos desa señoriña, como ves, sempre hai algo das túas historias que me toca, que nos toca a todos

Veloso disse...

Sempre pensei que, ademais de reeditarse o orixinal "Unha ducia de galegos", habería que facer agora un traballo semellante, cos galegos de principios de milenio. Será cuestión de propoñerllo a Freixanes. Unha aperta, Torredebabel, feliz Día das Letras.

Anônimo disse...

A historia e bonita e arrepiante ao mesmo tempo. Está ben que nola lembres. Sobre todo agora que por estes lares nos estamos acostumando a ver como afogan no estreito de Xibraltar centos de vidas que viaxan cun cartel pendurado nos ollos coa frase "diriximonos a onde hai esperanza", e cuxa travesía tamén se ve frustrada cruelmente.
Está ben lembrar que non hai moito nós eramos eses africanos.

Anônimo disse...

Coincido no que di Larvós a historia é estremecedora.
Está ben tela presente nestes días. Pensemos que nalgunha ocasión poderemos ter colgado ese cartaz...

Unha aperta grande.
:)

Anônimo disse...

Os suízos son moi cucos,si.
Un día de 1980 estaba eu na parada cola da aduana do aeroporto de Xenebra, intentando entrar, e un policía daqueles discutía cun emigrante a imposibilidade de entrar unha botella de licor café... Non pasa, dicía. Pasa, dicía o emigrante. Non pasa, dicía o policía. Pasa, dicía o emigrante.
E abriu a botella en zona internacional, botou un grolo e pasoulla ao de atrás,quen a súa vez botou outro grolo e así ata o final da botella e da cola.
Tomárono a mal e revisáronnos ata as pestanas...
Pero ninguén nos saca o rido.

Nemeth disse...

feliz día das letras.

un libro eu unha chorima virtual pra ti :)

apertas

acedre disse...

Que desfrutes deste dia tan sinalado para Galicia.

torredebabel disse...

tanta verdade hai no que anotaches todos! hai quen pensa que a riqueza dun país é para sempre e que nunca vanlle faltar as cousas. Pero todos podemos levar un destes cartaz un día e a historia lémbranos que fomos nós (e os nosos) os que o tiñan pendurando do pescozo hai só 40, 50 ou 60 anos. E qué son 50 anos na historia da humanidade? un suspiro, un esbirro.
Gracias pola lucidez, pola xenerosidade deses comentarios e pola esperanza que atopo neses homes e mulleres marabillosos que todos sodes.
Tamén gracias polos saludos no Día das Letras Galegas. Ogallá teñades todos un día fermoso, con moitas letras que falen de cousas lindas, emocionantes, engaliolantes. Coma esas que eu atopo nas vosas páxinas.
Gracias!!!!