Dende Brasil, Marcia Dieguez,
“galega dende o ADN”, como ela mesma din, anotou en portugues:
“Enquanto existirem pessoas com a Cultura Galega no sangue, alma e coração, ela se perpetuará através das gerações”. E asinou. Dende Bos Aires, Antonio José Francisco Rey asinou xogando coas palabras e metendo o título do seu libro:
“Asino estes compromisos porque son galego”.
Dende o seu ordenador nos Estados Unidos, Juan F. Domínguez Fernández escrebeu:
“Eu comprométome a asumir todo-los compromisos para a conservacion da nosa galedidade, como decendente de galegos”. Dende Bariloche, na Patagonia Arxentina, Silvana Pelizza Rodríguez dixo en castelán:
“Asumo el compromiso por tener sangre galega y por amar la tierra de mis mayores”, e anotou o nome do pobo: A Pobra de Trives - Ourense.
Moitos anos despois de ter deixada a terra, María Rosa Iglesias López comprometeuse:
“Asumo este compromiso. Todos los días de mi vida trato y trataré de manifestar mi galleguidad de manera de honrar a mi patria”. E dende Panamá, Enrique Rodríguez Álvarez detallou:
“Polo pronto, asumo cumplir desde fai xa anos con dezasete deles. Crio ter feito grandes avances co número catro. Cando cheguei a Fillos, aos meus 53 anos, só coñecia unhas cantas palabras do galego, lembro dos meus pais. Co número seis xa resultou moi tarde na miña vida. Agora toca-lle aos meus fillos. Co número sete van-me ter que axudar a ver como "galeguizo" os apelidos Rodríguez e Álvarez. Polo demáis, viva Galicia con ela até morrer...”Moitas veces, non é doado ser galego en Galicia. E moitas mais non é nada sinxelo ser galego en España. Pero ser galego fora da terra é arduo. Ben o saben o case millón e meio de galegos que viven polo mundo.
Mais de meio millón deles, escolleron países da América e, deles, mais da metade vive na Arxentina. Por iso, a comunidade galega na Arxentina conta con 330 mil persoas, segundo a Secretaría Xeral para-las Relazóns coas Comunidades Galegas: mais galegos dos que ten toda Europa (sen contar España), o duplo dos que viven en Madrid, dous veces os que moran en Cataluña e 4,5 veces os que habitan no País Vasco. Os galegos da Arxentina enchen 4,5 veces o Estádio Santiago Bernabéu de Madrid ou o Estádio Monumental de Bos Aires e hai case tantos galegos na Arxentina coma en toda-la província de Ourense.
Moitos deles. E moitos dos que viven en Uruguai, Chile, os Estados Unidos, ou Brasil
comprometéronse, entre outras cousas, a considerar a Galicia como a Patria; a proclamar en público e en privado que son galegos/as; a aproveitar sempre que se poida para practica-lo galego e a perfeccionalo escribindo, falando, lendo e escoitando; a trasmitir aos fillos e netos o orgullo de ser galegos; ou a poñerlles nomes galegos aos fillos.
E non é so por o nome nunha web. É vivi-lo. É dicir
“son galego” e face-lo.