Fai días lin en La Voz de Galicia que os lobos teñen fame. Segundo o xornalista (de quen esquecin o nome, coido que foi porque il ou ela anotou-no na nota coma se fose moi importante), o número de animais xa tiña descido de xeito alarmante porque non teñen qué comer e, se atopan algo, pode que sexa cebo envenenado. Iso sen falar dos cazadores e das desputas políticas de quen o quere protexer e de que quere que a Xunta pague cando o bicho mata unha ovella o unha cabra.
Sempre escoitei histórias de lobos en casa. Dos lobos propios, dos nosos lobos, e dos lobos alleos. Porque cedo souben que os lobos, como os medos, son sempre de alguen.
E niso, como sempre, o noso lobo non era feroz, nen sanguinario, case que non era salvaxe. O noso lobo era mais ben gris, mais non só de cor, era gris e sen importáncia. Como sempre son as nosas cousas galegas na Argentina. Pero ese é outro asunto.
O noso lobo atopou a Anita cando a meniña tiña dous o tres anos e só un añiño. Achouna na eira, sentada xunto ao valo. E ninguén sabe nada mais que iso, xa que Anita chegou á casa chorando: “Ay, meu añiño! Meu añiño que mo comeu o lobo”.
A nosa história non ten nada de máxica, non hai nela pelos postos de punta, nen xentes sen fala. Coido que o noso lobo é coma nos. Discreto, matou sen molestar ós demais, sen chamar a atención, case non se fixo notar.
Pero sei de outros lobos mais importantes. Os lobos mais crueis e bravos que ninguén atopará nunca xamais. Xa o conta a tía Celsa, que sempre ten as mellores cousas e, claro, o mellor lobo tamén. E as tías de Monte Chingolo que non poden ter un lobo na história se non é unha fera salvaxe e asasina.
Por iso, penso, ninguén dos meus pode crer que hoxe, os lobos, teñan fame. Din que os xornais so contan o que queren e que sempre o que queren son mentiras. E eu non quero nen podo dicer-lles que si, que morren de fame. E non llos digo porque ninguén merece asistir á morte do seu medo mais grande, ese que os fixo ficar espertos nas noites de inverno xelado, silencio e lúa chea, anavallados polos ouvidos. Ese que, de tanto en vez, ainda os fai tremer co recordo. Ninguén o merece.
14 comentários:
Fermoso texto. Non creo que os lobos estean a desaparecer, senón que seguen en silencio, agachados, agardando polos nosos medos...
é verdade, os lobos que están agardando polos nosos medos e os lobos de todo-los días que só queren cear as nosas ideias, todos iles tamén son os nosos lobos, os propios.
Graciñas polas sempre fermosas historias que atopo nos seus blós: coido que son o meu refuxio persoal e íntimo dos lobos de todo-los días e dos medos de sempre.
Da gusto ver que conservas o galego e tratas de perfeccionalo...e de que maneira !.
Saudos dun galego en America pero un chisco mais arriba.
nalgún filme vin que, para espantar os lobos, os aldeáns do lugarpenduraban, no máis alto da montaña, roupa usada por humanos. parece ser que funcionaba.
de tódolos xeitos, coa chegada da electricidade rematou o pánico ós lobos e mais á Santa Compaña. eu temo en maior grado ós outros "lobos" que ocupan altos cargos e deciden o futuro da humanidade, sen escoitarnos.
sigue escribindo así de ben
Graciñas, Sara! eu tamén teño medo deses lobos para os que non vale o cebo envenenado nem os cazadores e que nos matan cos seus propios cazadores ou con as suas pestes pre-fabricadas polos científicos que nos mesmos pagamos nas universidades públicas... Polas dúvidas, eu vou pendurar no alto do tellado da miña casa roupa usada, vou pechar os ollos e vou desexar que funcione.
Xa te contarei...
acedre! graciñas polas tuas palabras. Cóntoche que o meu galego (xa podes ve-lo) é moi novo e aprendido en cursos acá en Bos Aires. En casa fálase, claro, pero non coas novas geracions que, así, ficamos condenados só a entender pero sen poder falar nem escribir. Enton, os que somos galegos pero, ademais, queremos parece-lo, temos que estudar. E aquí vou, errando mais tentando-o tamén...
Apertas dende o sur!
Boh, boh, paparruchas. Digoche que xa quixeran muitos galegos ter o teu dominio do idioma. E digocho de corazon.
Un saudo dende o norte !.
Polo que vexo, escribes nun galego non só correcto senón fermoso, cousa que che agradezo moi sinceramente. Por desgraza, hai moitos "ilustres" persoeiros -na política, nos medios de comunicación, no eido da economía, nos deportes- que aínda se avergoñan de falar a lingua que nos une aos nosos devanceiros e nos fai ter unha identidade de noso, en concordia e fraternidade con todos os pobos do mundo. Unha aperta.
Falas moi clariño e moi ben. Encantado de coñecerte.
Eu tamén lin a reportaxe dos lobos...
A miña nai é como a túa familia, para ela o lobo aínda simboliza O MEDO.
veloso e mais alá , moitísimas gracias polas apertas en palabras. Xa quixera eu ter un blog tan bonito como os que tendes pero vou traballando niso...
laurindinha, tamén moitas gracias pola historia da tua nai!! non hai mellor agasallo para min que unha historia.
A outra metade de Laurindinha ten outra historia: cando era máis nena trouxemos uns días á vila á miña curmá da aldea, non parou de contarme ás escuras se de seguro por alí non ía vir berrar o lobo...a pobre non puido durmir coa desconfianza.
Postar um comentário