6 de nov. de 2005
Patriotas e bárbaros
Nunha folla voandeira de 1955, saída da imprenta Sindical da Coruña, leíase o seguinte: “Hable bien. Sea Patriota. No sea Bárbaro. Es de cumplido caballero que Usted hable nuestro idioma oficial, o sea, el castellano. Es ser patriota. Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino ¡¡Arriba España!!”. A folla voandeira ainda non tería caido ao chan, cuando os meus montábanse ao barco que os levaría para América. Na casa arxentina, nunca falaron outra cousa co galego da aldea. Fora, nunca falaron outra cousa que castelán. Hoxe, 49 anos despois, cando eu comencei coas clases de idioma galego en Bos Aires e cos libros galegos á voltas, a miña avoa miroume con aquela pesadume e dixo-me: “¿E para que?”. Mentres, a folla voandeira segue e segue aboiando no ar.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
7 comentários:
E logo din que nunca se perseguiu ó galego... Saúdos desde "esta beira" de Galicia para a outra (Bos Aires, onde todos temos algo).
Incluinte nas miñas ligazóns.
Polo visto o da coruña ven de moi atrás...
mr tichborne, o teu comentario é o mellor regalo que me deran hoxe!! pero que fios invisibles teña lugar no teu blo xa é increible para min que o leo todo-los días dende o meu ordenador, nesta Bos Aires quente e chea de sol.
Vicente, é verdade. A violencia doméstica sobre o galego ven de séculos atrás e o malo non é so iso, é que siga adiante...
Graciñas!
Ola Satine! a tua avoa so pode estar orgullosa pola neta tan talentosa que botou! Tamen levo ese legado pero, claro, con una voz galega bem pobriña... xa se sabe que con tempo todo chega, e eu vou falar todo o que os meus calaron.
Apertas!
Moi bo o post, reflicte moi ben unha realidade tamén presente en Galicia... Eses pais que se esforzaron en falarlles en castelán ós fillos e que viron como os fillos retomaron o galego ó chegar a adultos... "¡Que esforzo baldío!", pensaron.
Ah!Parabéns polo teu galego, que é moi bo!
Un terrible exemplo do pernicioso e terrible que foi o franquismo. Saúdos.
Ola náufrago! o franquismo no século pasado, pero os reis católicos antes tamén. Que o galego ten unha infinita história de "malostratos". Apertas e benvindo!
Postar um comentário