27 de nov. de 2005

Son galego

Dende Brasil, Marcia Dieguez, “galega dende o ADN”, como ela mesma din, anotou en portugues: “Enquanto existirem pessoas com a Cultura Galega no sangue, alma e coração, ela se perpetuará através das gerações”. E asinou. Dende Bos Aires, Antonio José Francisco Rey asinou xogando coas palabras e metendo o título do seu libro: “Asino estes compromisos porque son galego”.

Dende o seu ordenador nos Estados Unidos, Juan F. Domínguez Fernández escrebeu: “Eu comprométome a asumir todo-los compromisos para a conservacion da nosa galedidade, como decendente de galegos”. Dende Bariloche, na Patagonia Arxentina, Silvana Pelizza Rodríguez dixo en castelán: “Asumo el compromiso por tener sangre galega y por amar la tierra de mis mayores”, e anotou o nome do pobo: A Pobra de Trives - Ourense.

Moitos anos despois de ter deixada a terra, María Rosa Iglesias López comprometeuse: “Asumo este compromiso. Todos los días de mi vida trato y trataré de manifestar mi galleguidad de manera de honrar a mi patria”. E dende Panamá, Enrique Rodríguez Álvarez detallou: “Polo pronto, asumo cumplir desde fai xa anos con dezasete deles. Crio ter feito grandes avances co número catro. Cando cheguei a Fillos, aos meus 53 anos, só coñecia unhas cantas palabras do galego, lembro dos meus pais. Co número seis xa resultou moi tarde na miña vida. Agora toca-lle aos meus fillos. Co número sete van-me ter que axudar a ver como "galeguizo" os apelidos Rodríguez e Álvarez. Polo demáis, viva Galicia con ela até morrer...”

Moitas veces, non é doado ser galego en Galicia. E moitas mais non é nada sinxelo ser galego en España. Pero ser galego fora da terra é arduo. Ben o saben o case millón e meio de galegos que viven polo mundo.

Mais de meio millón deles, escolleron países da América e, deles, mais da metade vive na Arxentina. Por iso, a comunidade galega na Arxentina conta con 330 mil persoas, segundo a Secretaría Xeral para-las Relazóns coas Comunidades Galegas: mais galegos dos que ten toda Europa (sen contar España), o duplo dos que viven en Madrid, dous veces os que moran en Cataluña e 4,5 veces os que habitan no País Vasco. Os galegos da Arxentina enchen 4,5 veces o Estádio Santiago Bernabéu de Madrid ou o Estádio Monumental de Bos Aires e hai case tantos galegos na Arxentina coma en toda-la província de Ourense.

Moitos deles. E moitos dos que viven en Uruguai, Chile, os Estados Unidos, ou Brasil comprometéronse, entre outras cousas, a considerar a Galicia como a Patria; a proclamar en público e en privado que son galegos/as; a aproveitar sempre que se poida para practica-lo galego e a perfeccionalo escribindo, falando, lendo e escoitando; a trasmitir aos fillos e netos o orgullo de ser galegos; ou a poñerlles nomes galegos aos fillos.

E non é so por o nome nunha web. É vivi-lo. É dicir “son galego” e face-lo.

11 comentários:

Mr Tichborne disse...

Moitas veces acúsase á nosa emigración (xeralizando brutalmente) de "pouca memoria" co que deixaron atrás. Isto é só unha demostración máis de que non é certo. Unha aperta transatlántica.

Veloso disse...

Moitos dos que estades fóra dades unha tremenda lección a moitos dos que están dentro. Grazas pola fidelidade, polo compromiso, pola firmeza.

torredebabel disse...

nada mais errado, Mr Tichborne! podo dicir que -polo menos na Arxentina- os galegos lembran cada dia á terra. A morriña é de todo-los días e pode que non falen galego pero comen galego, cantan galego e soñan en galego.

É como dí satine tan ben: "Ser galego é máis un estado que unha condición" (puxestes en poucas pero perfeitas palabras o mesmo que a min levoume unha páxina de voltas!). Vou anotar esas palabras para lembrarlas sempre...

veloso, a que dí gracias son eu porque vostedes lén o que eu escrebo (mal e pouco) e teñen a xenerosidade de -ademais- comentá-lo , enriquecé-lo , facé-lo fermoso.

Nemeth disse...

parabéns polo post e polo blogue. visitareino decote.

un saúdo dun galego-arxentino nado na galiza

torredebabel disse...

ola nemeth! moitas gracias pola tua visita (e polas futuras tamén). Sempre serás benvindo!

acedre disse...

Bravo por ti e a xente coma ti.
Os galegos temos que entender que e dificil (por non dicir imposible) manter a nosa cultura e o noso idioma fora da terra.
Exemplos coma ti dan valor a causa e azos para manter vivo o noso patrimonio.
Saudos e apertas.

edu disse...

Noraboa polo blog que descubrín (como moitos outros hoxe, intúo) grazas a Brétemas.

Nuns minutos estará posta a ligazón no meu.

A pesar de ser fillo da emigración, non teño case ningún contacto con galegos na Arxentina.

Fixen a viaxe en sentido contrario hai xa uns cantos anos. Agora miro con ollos de vaca marela e sinto morriña por aquelas paisaxes.

torredebabel disse...

acedre, coma sempre, que visites o meu blog xa é marabilloso, mais ainda se gústache o que atopas. Como dis, ser galego non é doado pero gustoume moito algo que puxo satine e que é verdade: "Ser galego é máis un estado que unha condición". E eu amo esa condición! Graciñas!

Ola ollo e benvindo! que estes fios invisibles entre Galicia e Arxentina sexan a ponte entre nos, os galegos de alá e os galegos de acá! Apertas!

Laurindinha disse...

Ás veces asómbrome desa comuñón do ser galego coa terra... Como nos tira, como nos atrae, como a precisamos...
Paréceme marabilloso ese sentimento de ser galegos que mantedes na emigración!

torredebabel disse...

laurindinha! sempre gracias polas tuas palabras. A min paréceme marabilloso que os galegos da terra (os que están alá) sexan tan xenerosos cos que tentamos ser galegos fora de Galicia e non desprecen este sentimento. Ainda mais, o valoren e compartan-o. Moitas gracias por iso!!!

edu disse...

torredebabel: acabo de ler un comment teu no blog do náufrago a propósito da síndrome de abstinencia. eu viaxo a buenos aires (non hai xeito, eu chámolle así, chamarlle "bos aires", sen faltar, sóame parecido a cando a xente alá di "orense", ;-) pois iso, que viaxo a buenos aires de vez en cando. xa che farei saber cando sexa a próxima. ofrézome a levarche material co que matar a síndrome.

será unha boa ocasión, tamén, de coñecernos.

se queres, ponte en contacto polo mail do blog.