20 de abr de 2006

Todolos anos, todolos libros

Cando nena, poucas cousas gustábanme máis ca voz rouca e gastada na escola da miña nai lendonos contos. Daquela, as histórias viñan nun libro chamado "Un cuento para cada día del año" que tiña tapas duras, cor amarela, e era iso: 365 pequenos contos para ser lidos a nenas famentas de fábulas e ilusións coma eramos a miña irmá e mais eu. Todos viñan cos seus debuxos, pero de todolos xeitos, o mellor era aquela énfase, aquela maneira de decir que tiña a contadora e que mediante os tons e as cores da intención ían trazando e deseñando lugares lonxanos, personaxes engaiolantes e acontecementos fascinantes.

Poucas cousas gustábanme máis. Só os contos da miña avóa. Ela non os lía. Non tiña libros nin os necesitaba. O que contaba atopábao na sua memoria e sempre eran histórias cuios protagonistas eran os meus. Tanto tiña que fora ela mesma, a miña nai ou calquera dos seus irmáns, un tío ou curmán lonxano, sempre eran contos divertidos, de rir ata que doia o bandullo, rir sen poder parar. Contábaos en galego, claro, e falaba da terra porque alá era onde pasáranlle as mellores cousas. A miña lembranza favorita era aquela do meu padriño que con catro anos viu por primeira vez á sua nai cos beizos pintados de vermello e correu horrorizado onde o irmán máis vello e díxolle: "Pepe, que a mamá ten sangue na boca".

A maxia transformouse cando aprendín a ler. O primeiro que fixen foi ler eu mesma os contos para cada día do ano. Pero sen facer caso algún do día sinalado senón desobedecendo o calendario. A primeira rebelión que son capaz de lembrar. Logo foron os libriños da colección Biblioteca Billiken. Mentres a miña irmá tiña as aventuras da princesa Sissí, eu ía das "350 Poesías para niños" ata as "Mujercitas" ou "Ivanhoe".

Xa escolarizada, os libros de nenos deixáronme de enamorar e un día atopei interesante unha colección vella que tiñamos na casa. Eran os cen tomos da Biblioteca Básica Salvat e convidábame tanto Cervantes e as "Novelas ejemplares" coma Moliere co seu "Enfermo imaginario", "El perro de los Baskerville" de Conan Doyle ou "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.

Pero foi cando entrei ao mercado laboral que din en mercar máis libros dos que podería ler en duas ou tres vidas. Hoxe teño duas bibliotecas. Unha na casa do meu pai. Alá quedaron as biografías, algúns libros de história e ciencias sociais, literatura arxentina, libros vellos e históricos, máis algúns estantes de literatura escrita en outras linguas que non sexan o castelán. Tamén as revistas, xornáis e cadernos.

Na casa a librería maior é a do meu home. É infinita porque coma é escritor e xornalista recibe libros todalas semanas o que a fai medrar e medrar. A miña, máis modesta, conta os libros que merquei nestes anos (e Puig, Borges, Cortazar e algúns outros dos que non me separo) máis os que uso para traballar. E tamén a miña biblioteca galega que vai onde eu vou. Aí están os clásicos, naquelas edicións feitas en Bos Aires para Castelao ou Blanco Amor, ou en novas coleccións para Cunqueiro, Rosalía, Ferrín, Otero Predayo, Manuel María, Neira Vilas, María Xosé Queizán. Aí tamén están, na sua ilegalidade, as fotocopias para Dieste, Lorenzo Varela, Casares, Ferrín e Seoane. E tamén teño algunhas cousiñas novas que trouxe de Galicia ou que me trouxeron ou me mandaron: algúns de Rivas e de Suso de Toro. Xavier Alcalá e o admirado Veloso que Parzival mandoume nun sobre cheo de felicidade. Non son moitos, ben se ve, pero levo poucos anos de galego-lectora e xa mellorarei a forza de amor polos libros e pola lingua.

Hoxe comenzou a 32º Feria internacional do libro de Bos Aires. Galicia ten un lugar, como todolos anos. E eu teño algúns cartos e moita fame de histórias. Como todolos anos.

23 comentários:

acedre disse...

Os libros crian paixon en muita xente. Aledome de verte no meu circulo de amantes dos libros.

Veloso disse...

Agradézoche moito que teñas o meu licor de abelá en tan boa compaña. Eu manteño unha relación de amor e dependencia cos libros dende hai moitos anos, en concreto, dende o día en que a Madre Amelia, unha monxa de Silvaoscura, me regalou por reis "A illa do tesouro". Gústame moito dicir que ese día me embarquei na goleta Hispaniola e aínda hoxe sigo navegando. Unha aperta.

TXARI disse...

nom desaproveites a ocasión, le e difunde a leitura...

Mr Tichborne disse...

os libros teñen vida, e dánnola. Cada un das nosas bibliotecas agocha unha historia: cando o mercamos ou acadamos, cando o abrimos para ler, o que nos gustou ou desgustou... hai que coidalos, e falar ben deles, a eles gústalle, sonche vaidosos.

nenodanorita disse...

Onte estiven na presentación do libro "pegadas" de Xavier Queipo, atopeime a ollo da vaca estivemos falando de ti, da boa embaixadora que es da nosa cultura e a nosa fala na República Arxentina. Para a semana fágote chegar unha aperta dende aqui a través de Ana Miranda.
bicos

besbellinha disse...

Eu tamén tiña os contos para cada día do ano e os meus recordos libreiros veñen todos por meu pai, na feira dos domingos de Padrón, había sitio para ir mirar os libros e despois en Compostela había unha parada obrigada na feira do libro.

É incrible a cantidade de historias que o home pode discorrer e contar.

Ghanito disse...

Eu empecei lendo tebeos e seguín lendo canto libro caía nas miñas mans. Son un leitor compulsivo, pero leo moita broza, best sellers e así, ainda que de cando en vez tamén leo algo de boa literatura.

SZ disse...

O primeiro, dicirche que me gusto moito o da voz da túa nai.
Eu tamén teño dúas bibliotecas, comecei a mercar libros con moi pouca idade, de feito devoraba todo o que caía nas miñas mans, curiosamente non me podo desprender de ningún e cando os deixo (segundo a quen) os reclamo escrupulosamente.
A que non teño no lugar onde resido, ten un olor incrible que me leva a utilizala como lugar onde pasmar.
Unha aperta

Jan disse...

Encántame o da t´´ua aovoa, a miña tamén nos contaba contos, pero sen libro diante. Lémbrome sempre un chamado "La flor del Alilac", contábanolo 1 e 1000 veces porque nós llo pediamos, nunca nos casabamos de escoitalo.

O meu primeiro libro foi Totó o aviador, é o primeiro que lembro de ler por min mesma. Despois foron chegando Os Cinco, Puck, e cousas dese estilo.

Pero eu tamén fun vítima da BIblioteca Salvat, como non!!!! LEmbro esa colección na miña casa desde nena e tamén na dalgúns dos meus amigos.

Adoro os libros e a nosa biblioteca, a do Xeógrafo e a miña, é para nós un dos bens máis preciados, case podería dicir que o que máis. Todos os meses é raro que non entren 2 ou 3 libros, pero moitas veces o tempo é escaso, e ainda que recoñezo que leo todos os días un pouquiño avanzo moi lentamente. Métome na cama e tras 2 ou 3 follas que do durmida. Supoño que son etapas, xa voran tempos millores.

Agora estou nunha etapa de lectura de banda deseñada, onte case remato V de Vendetta de Alan Moore, fantástica!!!!

Un bico e feliz día do libro!!!

Marinha de Allegue disse...

O meu contador de contos preferido é o meu pai, ten gracia e expresividade pa ir escenificando á vez que relata, é unha persoa cun sentido do humor extraordinario e carece de sentido do ridículo. Todo está baseado na realidade que lle tocou vivir, en todo o que leu e na súa propia imaxinación.
A mín gústame ler, pero recoñezo que son selectiva non me gusta todo. Desde "Licor de abelá con xeo" do xenial Veloso, non lin nada máis, o traballo tamén me condiciona.

Unha aperta grande.
:)

muralla disse...

Inicioume no amor a lectura meu pai, que era un lector empedernido. Tamén recordo as historias da miña avoa, sobre todo un cantar de cegos que falaba de un matrimonio tan pobre que a muller vendeu unha filla e o home recorreu o pais hasta dar con ela.
Pero co que máis disfrutei foi explicando contos os meus alumnos e inventándoos según a cara que iles iban poñendo...
Leo muito, pero son selectiva e suelo buscar autores que xa coñezo.
Ahora estou lendo o de Veloso, co que disfruto moito e máis outro de J Berger, que me encanta.
(Dende Galicia mandeiche un correo que non sei si recibiches...)
Bicos.

Parzival disse...

Em primeiro lugar, Torre de Babel, permite-me dizer que foi absolutamente um prazer poder enviar-te esses livros. A ver se podo enviar-te pronto o outro do que te falei, o Scorpio de Carbalho Calero, que é, para mim, um dos melhores romances escritos em galego, uma prova de madurez da nossa literatura que, desgraciadamente, não atopou seguidores. Qualquer dia, alguém com poder ou capacidade para se fazer ouvir dirá alto e claro que os melhores escritores galegos do século XX escreveram em espanhol (Valle-Inclán e Torrente) e que também por elo foram os melhores escritores espanhóis dessa época. Há que liberar-se dum par de prejuízos antes de chegarmos a esse ponto sem que o valente que diga tal coisa seja queimado numa fogueira no Obradoiro.

Mais uma vez, os teus escritos resultam evocadores dos melhores recordos dos que lemos o teu blogue assiduamente. Desta volta, dá-se ademais a feliz coincidência de que eu estava a trabalhar num texto sobre a minha compulsão leitora quando dei em ler o teu "todolos anos, todolos libros".

Eu comecei ler ensinado pela minha avó antes de ir à escola. Como ela não saía da casa, lia muito e eu herdei o costume dela. Comecei com banda desenhada, e com novelas clássicas adaptadas à BD: Oliver Twist, 20.000 léguas de viagem submarina, Os tigres de Mompracem, A ilha do tesouro... Quando rematávamos o curso escolar, o meu avô comprava-nos um tomo de BD que líamos uma e outra vez.

Aos 13 anos comecei ler romances "sérios", e não parei até agora. Uma vez, um colega perguntou-me quantos livros lera. Não lembro o cálculo final, mas a conta fizeramo-la baseada numa média de três livros ao mês desde os 15 anos. A dia de hoje isso haviam ser 684 livros. A mim parecem-me poucos, deve ser porque as cifras não podem conter as lembranças, as emoções nem a importância que a maioria deles teve na minha vida.

Obrigado por fazer-me pensar sempre em coisas vitais.

FraVernero disse...

Estás moi curriña na foto anterior, rula...
Todos temos un pasado de lembranzas curiosas cando comezamos a ler. Eu comecei moi cedo (2 anos), é que eses xeroglíficos cos que xogaban os maiores exerceron cedo fascinación sobre mín. Anque sempre fun algo descoidado e libre nas escollas: o meu fogar pequenoburgués aprezaba que o neno lese, pero como non é algo que se fixera na casa, non podían servirme de guías ao respecto...
Lembro sobretodo moito comic, moita mitoloxía (os mitos, despois de todo, son a continuación lóxica dos contos que tanto nos gustan a todos), algunha cousiña de historia e (si, sorprendente), algo de mediciña. Sobretodo, microbioloxía. Encantábame eses pequenos bichos de formas xeométricas, tan pequerrechos e tan perigosos. Facíase difícil de crer que dos hexágonos con puntiños saíse a varicela...

F. Miguez disse...

Agora, neste bum tecnolóxico, da información, e de todo tipo de medios, cada cal más sofisticado, eses contos, e por suposto tamén os libros, deberíannos recordar que as ideas e as ilusións xurden perfectamente do máis sinxelo. Eu penso que non tardará o día en que a cultura se transmita "contando contos xunto o lume ou antes de ir a durmir".

F. Miguez disse...

...como foi sempre.

náufrago disse...

¿sabes cal é un dos meus mellores reecordos da infancia? A voz do meu pai, contándome un conto de avións e chocolate. Saúdos.

náufrago disse...

¿sabes cal é un dos meus mellores reecordos da infancia? A voz do meu pai, contándome un conto de avións e chocolate. Saúdos.

Mr Tichborne disse...

Xa che mandei un emilio, dime en que podo axudarche

O Breogán disse...

Fermoso post, de certo.

arrigadeira disse...

hai pouco descubrín a lectura compartida...encántame ficar con alguén unha ou varias persoas e ler e que che lean , cada quen coa súa súa expresión o seu timbre...probade e logo contádesme. (x certo tamén descubrín hoxe o teu bolg , parabéns¡)

Laurindinha disse...

Que texto tan bonito!! Encantoume!!
Sentinme identificada co que contaches das bibliotecas porque ultimamente andamos tolos na miña casa porque xa non nos caben máis libros...
E xa me deches ideas para un próximo post...
Unha aperta!

Pablo disse...

O aburrimento foi o meu mestre de lentura. Foi nesas tardes de verán na aldea, cando era neno, co sol pegando forte e todos os veciños botando a sesta ate que baixaba un pouquiño e xa se podía baixar ao campo a latricar un pouco e a xogar no fresco.
Como eu nunca durmín a sesta, acostumeime a ler os libros vellos que atopaba pola casa dos avós, normalmente sobre historiografía franquista, fazañas do Cid e dos Reis Católicos... foi un trauma crecer e descobrir a historia de verdade...
De cando en vez atopaba algo máis interesante, como os libros de Julio Verne, que penso que foron as primeiras novelas que lin.
E todo gracias ao aburrimento.

torredebabel disse...

Coma dixo ben acedre, todos formamos un "circulo de amantes dos libros". Deume un placer enorme compartir as vosas historias de lectores, os vosos libros, as vosas emocións, os vosos recordos. Hai que ten unha monxa (coma lembrou Veloso), un pai, unha nai, avós ou algún tío que nos deixou de agasallo para a vida toda o amor polas historias e polos libros. Moitas gracias por deixar acá, tamén coma agasallo, esas lembranzas a acedre, Veloso, TXARI, Mr Tichborne (efectivamente, sonche vaidosos!), nenodanorita (tes razón: Ana Miranda é unha muller marabillosa!!!!! case non podo crer atopar a alguén así no mundo da política é case un milagre), besbellinha, Ghanito, SZ, Jan (cantos seremos os da Biblioteca Salvat), a fermosa Marinha, Carmiña (teño o teu correo e xa cho respondo!), Parzival (non me canso de decirche gracias!), FraVernero, F. Miguez, náufrago, O Breogán, arrigadeira (tomarei a idea!!! pareceume lindísima!) as Laurindinhas (dasme unha alegría se atopaches acá algunha idea para un post!), e Pablo (moi benvido!). Moitísimas gracias pola xenerosidade de sempre!