13 de out. de 2006

Identidades

Ser e estar. Chegan eses dous verbos para compendiar o que pasou no mítico Café Tortoni de Bos Aires o mércores 4 de outubro, durante a presentación para os amigos e para a prensa do segundo número da revista ReNovaGaliza que, editada polo Foro Civico Galego de Barcelona, inclúe un deslumbrante monográfico titulado A Galiza global: as galegas e os galegos no mundo (que pode baixarse gratis en aca).

O exemplar reune máis de 50 traballos e textos de galegos e de descendentes seus repartidos por todo o mundo en perto de 300 páxinas. Entre os que escribiron figuran Ramón Chao; o diretor do Le Monde diplomatique (París), Ignacio Ramonet; o catedrático Fermin Bouza; e o ministro de Cultura de Venezuela, Farruco Sesto Novás, entre moitos outros. Arxentina ten voces propias tamén: a escritora e catedrática Maria Rosa Lojo, autora de destacadas e exitosas novelas como La princesa federal e a mais recente A fin da terra; o historiador e doutorando por la USC Ruy Farias, o empresario Manuel Corral Vide, a nadadora María Inés Mato, o enxenieiro Xaime Arias, o profesor e entrenador de natación e coordinador do grupo “Hijos y nietos de españoles” na Arxentina Daniel Rodolfo Barreiro, e os responsables de “Galicia espallada” Ulises Pimentel y Mónica Suárez Groba, entre otros.

A presentación na fermosa sala Alfonsina Storni do Café Tortoni tivo coma protagonistas, precisamente, a María Rosa Lojo e Ruy Farías mais a visita de Ana Miranda, responsable de Emigración do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e portavoz de esa forza no Parlamento Europeo (Bruxelas), quen foi a coordinadora e compiladora dos traballos e documentos que forman o monográfico e foi a presencia do Foro Civico Galego de Barcelona en Bos Aires, como ven sucedendo en cada presentación das que xa se fixeron e das que ainda se farán en cada cidade onde un galego puxo voz na publicación.

“Este trabajo se propone participar de una nueva manera de entender la realidad, procurando darle a la globalización un sentido positivo”, dixo Miranda, ás veces falando en castelán e ás veces en galego, ainda que os xornalistas e alguns dos asistentes non coñeceran a lingua. “La idea es devolverle la dignidad a la diáspora y terminar con la relación centro-periferia, dejar de creer en que venimos aquí a dar lecciones”, engadiu. E para exemplificar falou da obra da cuberta do monográfico que non é outra que “Un sol” que Luis Seoane pintou mentres vivía en Bos Aires.

Cando chegou o seu momento, María Rosa Lojo contou historias. Algo que fai moi ben. “Esta es una publicación muy diferente a otras que solemos ver sobre nuestra identidad, donde predomina el cuño tradicional, localista y folklórico”, dixo e insistiu sobre a diversidade presente no monográfico. “Se trata de una forma efectiva de disolver los lamentables estereotipos sobre los gallegos que se han construido desde la alta literatura, la prensa y el sainete”, lembrou Lojo e rematou falando do orgullo que sinte pola orixe humilde da sua familia labrega que “a puro sacrificio, consiguieron abrirles el mundo a los hijos que criaron aquí”.

A última, que non derradeira, intervención foi a de Ruy Farías, especialista na emigración galega no sur do conurbano. Coñecedor da historia pero tamén do presente, o académico non escondeu a sua preocupación pola “difuminación de la impronta gallega y su continuidad en Buenos Aires” e subliñou que hoxe moi poucos se ocupan de manter viva a cultura galega do “grupo étnico más numeroso entre las corrientes migratorias instaladas en la Argentina; el 17 por ciento de los emigrantes eran gallegos, sólo superados por el conjunto de los italianos”.

Se chega como proba, so engadir que os asistentes pidiron a palabra e as sucesivas preguntas e comentarios duraron moito máis que as presentacións de Lojo, Miranda e Farías. Moi ben entendeu todo o xornalista Angel Berlanga que cubriu a presentación para o xornal arxentino Página/12 e que no remate do seu artigo di: “La idea es airear olores rancios, sacudir liturgias, discutir quehaceres gastados de rutina, paralizantes, de señores prendidos desde hace mucho a tetas de instituciones que en estos tiempos reciben leche fresca desde Europa, asuntos que acaso tengan que ver con la disolución de la que habla Farías”.



19 comentários:

Torreira disse...

Que gañas de pisar Bos aires pra fitar a Galiza global

Anônimo disse...

Paréceme unha idea estupenda, moi boa. Creo que hai que romper cos tópicos e demostrar que hai algo máis que gaitas (que tamén as hai). O galego enferruxado e pailán, hoxe a penas queda. E por mor dese tipo de ideas pasaron desapercibidos grandes fitos culturais do país.

Marcos Valcárcel López disse...

Ten moi boa pinta ese segundo número de Renova Galiza presentado no mítico Café Tortoni. Sen dúbida, dende hoxe hai que interpretar en positivo a presenza galega en América (e en Europa) e utilizala como plataforma de galeguidade. Saúdos.

Anônimo disse...

Non coñecía o dato da porcentaxe de emigrantes galegos na Arxentina, pero tampouco me sorprende.
Que desde Galicia se pretendera dar leccións á diaspora sería absurdo, porque a Galicia de hoxe sería outra se na posguerra a cultura non se mantivera con vida fora da Terra.

Clara Flor disse...

A Diáspora como realidade e non como mito. Moita maxia nesa presentación. Esto é o principio dun cambio moi forte, democratizador da diáspora e vinculador da igualdade. E ti eres parte desa mudanza.

Mrs.Doyle disse...

Canto desexo viaxar a Arxentina!
A próxima viaxe que faga será alí. Quero percorrer ese país, coñeces as súas xentes,...

Moralla disse...

Querida amiga:
Gracísimas polo teu comentario no meu post sobre poetas novas. É unha honra que valores tanto a nosa terra e o carácter da muller galega. Pola miña parte sempre tiven ganas de visitar Arxentina e probar a súa suculenta carne, e moitas outras cousas. Unha aperta enraizada no campo e no mar do Atlántico :-)
Por certo, como se pode conseguir RenovaGaliza? Por Internet?

Silvio Falcón disse...

A Diáspora. O maior dos sufrimentos que pode ter un galego.

saúdos

Ra disse...

Que gustazo SER y ESTAR en semejantes circunstancias.Como siempre gracias por tus palabras.Saludo!

moucho branco disse...

non cabe dúbida de que boa parte da historia deste país escribíuse fora das súas fornteiras...

un saúdo.

Anônimo disse...

Teño moitas ganas de ir alá e percorrelas rúas e observar...

Unha aperta grande meu sol.
:)

Moralla disse...

Respecto ao teu comentario de Idea Vilariño, cal é a túa poeta favorita en Arxentina, "Dama de Babel"? Y

paideleo disse...

A terriña débeche muito pola labor que fas na Arxentina.
Un saúdo.

Nemeth disse...

excelente crónica

apertas

Silvio Falcón disse...

Os que estamos fora da terra sabemos que é ter que traballar dende lonxe.

Saúdos

Veloso disse...

Unha vez máis, é abraiante e aleccionador o traballo dos galegos de Bos Aires. Grazas por darnos osíxeno dende tan lonxe. Confésoche un dos soños da miña vida: tomar un cálido café no mítico Tortoni. Espero que algún día poida ser realidade. Unha aperta.

Anônimo disse...

Saudade do Tortoni... e de Lezama. E das cervexas de San Telmo e do arrecendo do xacarandá.
Alvaro Campos... Lembro como pagou a película Castelao e como levou as copias ao avión para sacalas clandestinamente do país,xunto con Prelorán... Lémbroo en memoria allea, do amigo Pérez Prado. Beizón.
E lembro dunha demorada conversa na Perla do Once... na que el me pedía a min!!! -analfabeto tamén nisto- orientación para unha charla de economía!!!. E como me escoitou con interese as vaguidades uqe lle dicía.
Xeneroso. Boa xente.
Temos que fretar un avión e ir todos dar unha volta a Buenos Aires.
Facer unha festa da reconquista da civilidade e do orgullo gay-ego. E vérmonos todos e brindar con viño de Mendoza mesturado cun mencía da Ribeira Sacra.

Anônimo disse...

Saudade do Tortoni... e de Lezama. E das cervexas de San Telmo e do arrecendo do xacarandá.
Alvaro Campos... Lembro como pagou a película Castelao e como levou as copias ao avión para sacalas clandestinamente do país,xunto con Prelorán... Lémbroo en memoria allea, do amigo Pérez Prado. Beizón.
E lembro dunha demorada conversa na Perla do Once... na que el me pedía a min!!! -analfabeto tamén nisto- orientación para unha charla de economía!!!. E como me escoitou con interese as vaguidades uqe lle dicía.
Xeneroso. Boa xente.
Temos que fretar un avión e ir todos dar unha volta a Buenos Aires.
Facer unha festa da reconquista da civilidade e do orgullo gay-ego. E vérmonos todos e brindar con viño de Mendoza mesturado cun mencía da Ribeira Sacra.

torredebabel disse...

Graciñas, coma sempre que nunca son gracias abondo. Penso que Etxeokeai Fernandez deixou unha idea fermosa: fretar un avión e ir todos dar unha volta a Buenos Aires. Asegurovos que a pasaríamos estupendamente! as ruas porteñas teñen na coda do ano, a cor das flores azuis do xacarandá e o perfume das gardenias que se venden a un peso en ramiños de cinco delas. As ruas porteñas falan por estes tempos en lenguas alleas, coma a torre de babel cando a ira de deus a bañou de falas. As ruas porteñas locen a sua galeguidade (que é moita!!!) que se exhibe forte e evidente para quen sabe ver.
Vinde, vinde! fretemos ese avión, fagamos unha festa con asado e chourizo, con "viño de Mendoza mesturado cun mencía da Ribeira Sacra", con música e moitas palabras!