23 de out. de 2006

O que as mulleres queren

Non teño moita experiencia en visita de funcionarios galegos á diáspora. As veces que fun a algún acto, escoitei dende mentiras espantosas ata verdades a medias e deixei de ir. Por iso, digo eu, o que fixo a secretaria Xeral de Igualdade da Xunta, Carme Adán, deixoume sorprendida. Organizou unha xuntanza con mulleres galegas sen reparar nas suas ideas políticas e, sentada fronte a elas, opinou que a colectividade galega en Bos Aires era machista. Non dixo masculina. Usou a palabra machista.

Engadiu que pensaba que as mulleres galegas estaban invisibilizadas. Que era inadmisible que so dous centros galegos -das ducias e ducias que hai- tiveran presidente muller. E que viña non a falar senón a escoitar. E preguntou: "Qué é o que necesitades? Qué é o que queredes? Quixera saber qué pensades".

Non sei quen é Carme Adán. Nunca antes na miña vida a vira, e coido que non a verei de novo. Non sei se é un bo elemento no seu partido, se está formada nos temas de xénero, se fai ben o seu traballo e se as mulleres galegas ven nela a alguen que as axuda. O único que sei é que fixo silencio e, ainda que estaba aí para lanzar o Centro de Información e Asesoramento para Mulleres Galegas Emigradas (CIAM) -os políticos sempre atopan nomes moi longos para as cousas sinxelas-, so quixo escoitar.

As mulleres de mais anos case non falaron. Moitos anos sen ser escoitadas xa deixaran nelas unha naturalización do seu silencio que non foi posible quebrar nunha mañá. Pero as que siguen loitando e rebelándose fronte á discriminación, fronte aos "non" de todos os días, fronte á ignorancia e o medo que tantas veces xeneran as mulleres con ganas e decisión, esas sí falaron.

Houbo quen contou historias familiares ferintes e dolorosas, de abandono e de ausencia completa das axudas mais básicas. Houbo quen ergueu a voz para denunciar o escándalo no que está atrapado o Hospital do Centro Galego (ese no que eu nacín e ao que non levaría ao meu fillo así fora o derradeiro centro de saude da Arxentina) e que se é público é polas mulleres-pacientes que non queren velo morrer. Houbo quen falou do seu proxecto que nunca tivo mais apoio que as suas propias forzas ainda que faga algo tan fermoso coma cantar en galego aos nenos arxentinos. E houbo quen sentiu pudor cando se falou aí do seu pai, Tacholas. Houbo, en fin, voces que eran escoitadas honestamente -coido- por primeira vez.


Sen embargo, voces novas non as houbo. Non había nesa xuntanza nin unha soa muller que tivera menos de 30 e tantos anos. Non é porque non haxa mulleres galegas de esas idades. É porque son listas e guapas e profisionais e non están dispostas a calar coma as súas náis e avóas. E fan ben.

Pode que non o soubera antes, pero o agasallo que deixou a funcionaria antes de marchar non puido ser mellor. Cada unha desas mulleres levouse un pano coa lenda: "Queremos Poder". Dúas palabras que fan xustiza coas mulleres galegas emigrantes. Sempre invisibles. Sempre caladas. Sempre nas sombras.

39 comentários:

Anônimo disse...

Aínda que sei que é unha simplificación excesiva da situación podo dicir que quedo sorprendido co que dis. Galiza sempre foi unha sociedade centrada na muller. Tanto, que houbo que dicía que Galiza non era unha patria, que o que era é unha "matria".

Claro que esa focalización na muller debeuse, nunha grande parte, á traxedia da emigración. Os que marchaban eran os homes, mentres que as mulleres quedaban ó cargo de todo na casa. Supoño que a situación anterior á diáspora sería a da clásica sociedade rural e machista, e supoño que será por eso que os homes emigrados levaron e mantiveron alí ese esquema. Pero todo esto non son máis ca especulacións sen un fundamento sólido.

Torreira disse...

O matriarcado non implica liberación,nin xustiza,tan so acumulo de tarefas (mais ainda),cando o País estaba como estaba...interesante historia Babel

Veloso disse...

Coincido con Torreira. Non hai matriarcado, senón mulleres que traballaban na terra e na casa. Por fortuna, a situación das novas xeracións é bastante distinta. É fundamental que non haxa silencios nin sombras, que as mulleres ollen o futuro co mesmo optimismo que mirades a cámara na fermosa fotografía que nos ofreces. Unha aperta.

paideleo disse...

A casa da tartaravoa de Leo foi mantida por ela: nai solteira sen muitos recursos, muller enteira como só poden chegar a ser as mulleres.
Eu sempre admirei as mulleres e nunca entendín que votasen por homes.
Un saúdo.

Mrs.Doyle disse...

Coincido plenamente con Torreira.

torredebabel disse...

Penso que o que Manuel comenta non é oposto senón complementario á situación das mulleres da que eu falaba. Efectivamente, o sistema case matriarcal de levar a vida fixose lugar entre os galegos da diáspora. E diso pode ben falar calquera de nos porque o viviu e ainda vive na sua propia casa. O que pasa é que a importancia da muller comenza e remata na casa, na vida doméstica, na crianza dos fillos e a administracion da economía familiar (e iso non sempre).
Pero fora, na vida pública, na organización dos centros, das asociacións e das actividades sociales dos galegos reunidos en institución, aí as mulleres so teñen un lugar: ou ben cantan, ou ben bailan muñeiras, ou ben cociñas para as romerías, ou ben calan a boca e non preguntan nin piden nada.
Durante décadas, ese modelo se mantivo cobrando o silencio das mulleres. Pero hoxe, xa son moitas as que -porque non queren calar- non atopan lugar e nin sequera queren saber nada da colectividade. E as que queren, non atopan un xeito de ser escoitadas, por moito que berren. A colectividade, coma denunciou Carme Adan, é certamente masculina e machista.

Naufragha, podes contarme mais dese proxecto??

Moralla disse...

Querida amiga arxentina (como desfruto a música e o baile dos TANGOS!!!!). Deches absolutamente no clavo na visión e no trato que se fai dos XENIOS neste hipócrita mundo: en vida, despreciámolos, sexa por envexo ou por incomprensión, e despois da súa morte, sacamos proveito deles capitalizando os seus bens e virtudes. Bo comentario o teu!! Unha aperta Gardeliana
Y

moucho branco disse...

ui, por suposto, aínda quedan demasiados Daudet por abofetear... miles de anos de patriarcado non caeron nun día...

Anônimo disse...

Como lle gusta posar a Carme Adán, que estilazo, e como lle gusta viaxar. Un dia en Bos Aires, outro dia en Viena, outro dia en Bruselas. Un libriño por aqui, un panfleto por alá, unha obriña de teatro por acolá, uns paniños, uns pinchiños ós emigrantes... Con esa política non se acadan os fins para os que se crea unha secretaría xeral de igualdade: en Galiza as mulleres seguen gañando menos que os homes cando acadan atopar traballo fora da casa. ¿Acaso alguén viu algunha vez unha cooperativa de homes que traballen para Zara?. Señora Secretaria de Igualdade, deixese de turismo institucional, traballe para as galegas, que para eso lle pagamos.

Por certo, que lle parecería ós patriotas do Bloque que cada dous por tres viñeran ministros e políticos de Marrocos a dar charletas ós centros de inmigrantes magrebies na nosa terra? Que mosqueo non? Á xente que estaba nesa reunión quédalle de galega o apelido e o recordo cariñoso por unha terra que os obrigou a emigrar, os nomes, a cultura, a educación, a estética (non hai babis, nin mulleres obesas sen dentes) son plenamente arxentinas.

E por certo, Torredebabel, non se fie moito desas visitas, esa señora, como a que esta abaixada co pano na man (que polo que vemos non sae daí, malia que o seu traballo é no parlamento europeu), non son funcionarias, son políticas, e o único que lles interesa de vostedes é o voto. Se algún dia lle retiran a vostedes ese direito, tardarán en ver polític@s galeg@s por ahí.

Laurindinha disse...

O patriarcado asulagouno todo. Precioso texto..., gustaríame pensar que a miña xeración (20 e algo anos), pensa así coma ti... mais cada día que pasa máis me percato de que o machismo afondou tanto nas mulleres que aínda é dificultoso ver atisbos feministas nas mozas de hoxe en día, máis triste aínda tendo en conta que parece que os mozos xa van deixando atrás as costumes machistas...
Sempre é esperanzador ler un texto coma este. Biquiños!

Anônimo disse...

Carme Adán é algo máis ca unha política é unha muller comprometida cuns ideais de igualdade entre mulleres e homes. Durante a campaña electoral seguín o seu blog que actualizaba día a día, mentras viaxaba en autobús de liña, de pobo en pobo. Tiven tamén a oportunidade de escoitala nunha xuntanza para mulleres (aínda que eu son home) en Compostela con Anxela Bugallo. Unha marabilla de muller.

Marinha de Allegue disse...

Coido que hai que valorar tódolos pasiños que se dan por visibilizar a parte feminina da sociedade. Esta moza está dando pasiños, deixémoslle andar...

Por certo, as mulleres QUEREMOS E PODEMOS.

Unha aperta grande grande.
:)

Marcos Valcárcel López disse...

Seguro que foi interesante esa xuntanza e alégrome da mensaxe renovadora que levou Carme Adán a Bos Aires. Por outra parte, a invisibilidade das mulleres e o machismo de moitas sociedades culturais e centros sociais non é un problema de América: sucede tamén en Galicia e aínda hai poucos anos que algunhas entidades deixaron ser socias ás mulleres ou formar parte das súas directivas.

torredebabel disse...

Quixera agradecer o comentarios de Funcionaria porque é o primeiro e deixa e porque me da ocasión de decir algunhas cousas.
Eu non sei cantos viaxes fixo Carmen Adán nin se o seu estilo merece comentario. Se o primeiro estivera fora do permitido, imaxino que será amonestada ou destituida por malgastar os cartos do goberno. Sobre o segundo, non teño nada que decir xa que penso que os méritos dun gobernante non se atopan nas suas roupas.
Entendo o ponto de vista de quen escribe e concordo con que as mulleres galegas teñen ainda moitas inxustizas na sua vida persoal e profisional contra as que loitar da man de quen foi posta para facer ese traballo na Xunta.
Tamén as galegas da diáspora. E unha funcionaria que entende a complexidade dunha cidadanía que non remata nas fronteiras de Galiza senón que se espalla polo mundo adiante, e que quere saber desas outras mulleres sobre as que tamén ten responsabilidades, merece todo o meu respecto.
Sobre as mulleres desa reunion, decir que son moi arxentinas e moi galegas. Non importa como se chamen e se teñen dentes ou non. Non quero tópicos para min. Chámome Débora e non é ese un nome tradicional galego. Sen embargo, falo, escribo, leo e vivo a miña galeguidade coa mesma responsabilidade e compromiso que moitos que habitan en Galiza. A identidade é unha construcción rica e eu, coma moitos, fuxo das etiquetas racistas, limitantes, castrantes. Eu, que nacin en Bos Aires e que estiven en Galiza algo mais de 40 días, son tan galega como o resto. E tan arxentina como os que así se sinten. E tan xornalista como os meus colegas. E tan muller como todas aquelas que se sinten mulleres.
Para rematar, non me fio mais que do que vexo que é honesto. Vin en Carmen Adán unha verdadeira intención de escoitar. E non dixen mais que iso. Sobre o que di de Ana Miranda, aclarar que efectivamente UN dos seus DOUS traballos é no Parlamento europeu. O outro, como responsable do BNG nos temas de emigración, é abrir portas, tender pontes e tecer redes entre o seu partido e os galegos do mundo. E non sabe voste o ben, o marabillosamente ben, que fai iso!!!! Moito teño que agradecer ese traballo que fai. E somos moitos os que pensamos así.
Gracias pola oportunidade de decir estas cousas.

Nemeth disse...

que post tan engaiolante. Seguín o blogue da Aldán no última campaña e gustoume moito. As eivas que se lle poñen non deixan de ser curiosas. Que lle gusta posar... por que non se di iso de ningún político? Seica non lle gusta a eles tamén? e non lles gusta vestir ben? non se preocupan da garavata...? por que se lle bota en cara as políticas do bloque que vistan ben e que lle guste? hai que ir desleixad@ pra ser conviencente?

unha aperta

Anônimo disse...

Para saber un pouco de Carme Adán, logo de que tristemente desaparecera o seu blog, aquí). Para entender críticas como a de funcionaria, con argumentos tan feministas como saber posar ou non, aquí)

SurOeste disse...

Moi ben, moi ben un pouco de polémica refresca o ambiente, eh Torre de Babel? Os cargos públicos están aí para que os cidadáns nos preguntemos todos os días que está facendo, debemos seguirlles a traxectoria e esixirlles que recapitulen cada pouco tempo: que fixo vostede ata agora? con que obxectivo? deu o resultado que se agardaba? Agora ben, criticalos porque usan xersei no canto de terno, patalón no canto de saia, porque se maquilla ou non...paréceme enfín! A Carme Adán gústalle que lle fagan fotos? mellor para ela, sería preocupante que ocupando un cargo coma o dela non lle gustara; gústalle vestir roupas caras? mentres as compre co seu soldo...Non hai algún argumento máis sólido para criticar a súa xestión ca eses? Con respecto á relación que debe ter o goberno galego cos centros galegos a min aínda me parece que é pouca e que deberiamos aproveitar moitísimo mais esas portas abertas para Galicia por todo o mundo(para establecer relacións culturais e comerciais, por exemplo). De que Torre de Babel é galega-verdá non me cabe dúbida ningunha.

Anônimo disse...

Nunca falei da roupa de ninguén, porque ningunha de nós vai espida, pero vexo que poñer palabras na boca das demáis non custa nada, sorte que neste caso fican escritas. En vista de que todas estades encantadas e eu son a única "bicho raro" terei que disculparme por pensar distinto, para de seguido tratar de explicar o meu comentario:

1º: Cando falo de poses, de viaxes, de actos públicos non me estou referindo a unha cousa en concreto, falo de políticas públicas, de políticas públicas estériles. De que serven actos como ese ou coma outros moitos que se fan dende a administración de cara a acadar a plena igualdade de xénero? particularmente penso que de nada, por unha razón, sempre se predica en territorio gañado, os auditorios sempre son persoas xa convencidas e mobilizadas en prol da igualdade, non se avanza un metro, non se chega nunca a xente non sensibilizada, gástanse cartos en campañas de publicidade institucional, en libros de poetisas contra as agresións, en panos tan lindos coma eses... pero a resultas coido que non se avanza nada, a proba está nas estatísticas dos salarios, non se moven, a proba está nas mortes de mulleres a mans do terrorismo machista, que seguen a aumentar. Por eso critico, porque poden cambiar a nivel estético as cousas que se fan, pero no fondo a política de igualdade non variou moito. Un exemplo: A muller do rural galego, non ten nada que ver ca muller urbana. A meirande parte da muller urbana en Galiza gozamos dunhas condicións bastante aceptables de igualdade, as da función pública xa por descontado, en cambio somos as que máis protestamos, somos as que acudimos a cada conversa, xuntanza, manifa ou acto público que se convoque, pero todas esas convocatorias, todas esas políticas non van dirixidas a nós, senon a esas mulleres que non teñen vida porque a sua vida está repartida entre o resto dos membros da familia e o gando, ficandolle para ela as horas do sono e as de cando vai a misa, á que non vai rezar, senon estar media hora consigo mesma.
Esas deberían ser as destinatarias das políticas de igualdade, pero a mensaxe nunca lle chega, porque esas mulleres nunca van a "saraos", non forman parte da "gauche divine". Así o sinto, e así o expreso, desculpen por discrepar, pero non me cabe o pan na boca. Despois comparenme vostedes con quen queiran, incluido Lenin, soio por facer unha crítica.

2º: Critico tanta viaxe d@s nos@s polític@s porque sinceiramente penso que non serven para nada. Galiza non é unha comunidade rica, nen moito menos, a maior parte da poboación do rural ten máis de 65 anos, e subsiste con pensións de menos de 460 €(incluido o complemento de mínimos). Máis exemplos: A xente maior que vive soa non está moi ben atendida que digamos, polo menos a que eu coñezo, eu mesma estou agardando por unha revisión xinecolóxica despois de extirparme un mioma, déronme vez para decembro de 2007. A xente segue a marchar a traballar fora porque se paga mellor, a vivenda non ten solución... pero os nosos políticos fan viaxes a Arxentina a solucionar os problemas de igualdade, a consorciar hospitais, van a Venezuela a dicirlle como teñen que facer as casas e rehabilitar os cascos históricos, tamén a decirlle como teñen que mellorar a súa eficiencia enerxética coa enerxía eólica... Eu non entendo nada, se Galiza fai isto estando no furgón de cola da UE, que non farán gobernos como o de Baviera?

3º Sinto moito, de verdade, lixar este blog, tan ben feito coas miñas palabras que non son para nada poeticas. Son crua realidade, Galiza non vai ben, e os nosos gobernantes non fan todo o que deberían por mellorar o rumbo, sei que me equivoco de foro, máis o outro dia encheuseme o vaso da paciencia e desbordouse, como os ríos cheos de lama e broza da nosa terra. Sinto de verdade desviar o asunto do seu pots, e sinto tamén ter dado o paso de ser unha simple leitora calada a comentar a miña opinión.

Xa poden disparar...

torredebabel disse...

A discrepancia non é lixo nin molesta. Cando menos a min e na meirande parte dos blogs feitos eles por xentes intelixentes e sensibles. E como tan ben dixo suroeste, a polémica é benvida. Pero penso que vostede mesma e todos decatanse de que o ton desta mensaxe nada ten que ver co ton da mensaxe anterior.

Ao respecto do que anota, decir que penso que pode ser que, visto dende Galiza (ainda dende España ou Europa) unha viaxe de funcionarios sexa un paseo. Pois eu que estou acá, vexoo ben diferente. Carme Adán antes e Anxela Bugallo nestes días non falan diante de auditorios ganados nin moito menos. Métense nos centros afines e tamén nos afines á oposición (a enorme maioría deles) como debe ser para os funcionarios que son funcionarios de todos os galegos. Os libriños, xa que foron mencionados, de poemas de mulleres, os libros en galego en xeral non os hai en Bos Aires, inda que pareza mentira xa que viven so na Arxentina mais de 300.000 galegos. E os libros que chegan custan catro veces o que é o custe dun libro acá (é coma se nunha librería galega os libros mais baratos de todos custaran 45 euros). Nun país onde o minimo que se necesita para non ser pobre son 200 euros, xa pode calcular vostede canto representa ter un libro na lingua nai que non se pode mercar. Non é merchandising, é un lazo, unha semente que non imaxina o peso, a relevancia que acada en tantos e tantos galegos.

Di vostede que "a maior parte da poboación do rural ten máis de 65 anos, e subsiste con pensións de menos de 460 €(incluido o complemento de mínimos)". O 85 por cento dos galegos que viven na Arxentina teñen mais de 65 anos e os que teñen sorte cobran unha xubilación de 100€. E son galegos. E teñen dereito a ver e falar e criticar e bicar e coñecer, sobre todo, aos seus funcionarios. E eses funcionarios teñen a obriga de velar tamén por eles. Insito: quen non entenda que a cidadanía galega non remata na fronteira do territorio de Galiza non entende a real dimensión do pobo galego.

Non vou repetir que as mulleres de todo o mundo temos moito por loitar ainda. E penso eu que erra vostede se cree que unha revolta de xénero se consigue só ou sobre todo facendo conferencias entre as mulleres que naturalizaron os malostratos ou que non se decatan da sua situación de inxustiza. A loita dase en todas partes. Coas convencidas e mobilizadas -coma di- sobre todo porque son as que con moita mais naturalidade chegan ás outras. Ou pensa realmente alguén que un funcionario pode petar na porta desas mulleres do rural galego das que vostede fala xeneralizando e elas estarán felices de que lles falen de xénero? E se non é con campañas e con barullo mediático, a ver cómo se fai para impor un tema na axenda pública, para encher medios de comunicación e conversas privadas cun asunto tan delicado e sutil e terrible. Quen atope outro xeito, moi benvido será nas facultades de comunicación e información.

E permitideme discrepar tamén con iso de que "a política de igualdade non variou moito". Pode que non mellorara todo canto nos, as mulleres sobre todo pero tamén os homes, queremos e esiximos. Pero é evidente que vivimos noutro mundo do que tiveron as nosas nais, nin que falar das nosas avóas. E é un mundo que ten moito, moitísimo, que mellorar e que criticar, pero non penso eu que se faga un camiño adiante criticando o estilo de Carme Adan ou a presencia en Bos Aires de Ana Miranda. Duas mulleres, insisto, que xa quixera eu mais e mais delas acá e no mundo todo con esa vocación de traballo polos galegos e polos pobos todos.

Todos os funcionarios, nos estados democráticos mais que en ningúns outros, teñen e deben ser fiscalizados, coma sinalou soroeste. E tamén acompañados no disenso e coa crítica constructiva, que engade e non perde o tempo reparando en cantas fotos se fai alguén. Eu, con 33 anos, sintome por primeira vez na miña vida feliz de poder destacar e salientar algunhas accción e xestos e medidas ou ideas de funcionarias, mulleres, novas, profisionais, que penso que están comprometidas coas necesidades dos galegos da diáspora que non viñeron coma Santa Claus a deixar os cartos que sí deixaba (e moitos deixaba!!!) a administración anterior. Penso que merece recoñecerles que non veñan con dádivas económicas que pechan bocas e compran votos. E non será porque non llas pidan. E se mañá chegan representantes do PP ou do PSOdeG facendo a mesma cousa, tamén sentireime feliz de salientalo.
Onte decía Méndez Ferrín no café Tortoni que por primeira vez nos seus 68 anos podía darlle a man a un presidente galego xa que a Fraga Iribarne non lla podía dar (nin en público nin en privado) porque era unha man manchada de sangue. Eu tamén sinto por primeira vez que podo destacar explícitamente algunhas das cousas que fan funcionarios que chegan a Bos Aires a traballar polos galegos que vivimos acá. E iso non me fai baixar a desconfiaza nin deixar de ler os xornais todos os días nin falar cos amigos e parentes que teño alá e ser conciente de que, efectivamente, Galiza está mal. Pero non penso que axude negar o que se fai con honestidade e profesionalismo (cando menos acá), disparando indiscriminadamente.

SurOeste disse...

Non me digas que Ferrín estaba no Tortoni. Ía por libre ou na comitiva política? DE que falou?
Disculpa, estou empezando un traballo sobre el e teño que informarme de todo o que poida.

torredebabel disse...

suroeste, mañá á noite dacá vou pegar un texto sobre o que dixo no Tortoni. Dime onde podo mandarche os audios dixitales das duas presentaciones que fixo (en verdade son 3 pero á ultima non puiden ir). A do Tortoni ten moitísimo ruido pero escoitase ben a sua voz. Pesan 3 megas o mais longo (unha hora) e moito menos o outro no que falou con outras persoas na inauguración da semana do exilio acá en Bos Aires.
O convite está aberto a todos os que queirades escoitalo.

SurOeste disse...

Acabo de mandarche un breve correo e xa vai o meu. Seguimos en contacto.

Ra disse...

Salvando los disparos, me limito a plantear que ESCUCHAR ya supone la mejor política pública. Me encanta tu visión, torredebabel. Besazo.

Silvio Falcón disse...

As mulleres, as únicas que poden cambia-lo apocalíptico futuro que nos espera.

torredebabel disse...

Moitas grazas polas visitas e polas palabras que non fuxen da polémica pero sempre con intelixencia, engadindo e non restando. Sobre todo, grazas por iso! Concordo con ra en que escoitar e deixar que quen non ten voz fale é das mellores políticas públicas, digo eu. Apertas!

xOsedorrio disse...

Certamente non somos unha comunidade rica, pero somos solidaria. Eu espero algún día recibir todo o que damos.

BLOG AND ROLL

torredebabel disse...

Benvido xosse! e grazas polas palabras e a visita. Eu que coñezo moitos deles, estou segura de que os emigrantes galegos e as emigrantes galegas que viñeron á Arxentina e mandaron cartos durante anos e anos o facían non polos réditos que iso tiña que darlles no futuro senón, como dis, porque eran solidarios cos seus e coa sua terra.

Anônimo disse...

Eu, sinceramente, vexo que hai moi pouca "política real" verbo da igualdade, e si moita "politica verbal".
Vir, botar unhas palabras e facerse unhas fotos, está moi bonito. Pero se despois non se ven feitos tanxibles que fagan avanzar na igualdade, aquelas palabras lévaas o vento e as fotos amarelean.
Coido que Carme Adán é competente no primeiro, pero pouco competente no segundo.
Por iso subscribo, a grandes trazaos, as opinións de Funcionaria. E ben que o lamento.

Anônimo disse...

Vou no carro á misa con escéptica, e con funcionaria. O resto é palabrería...

torredebabel disse...

Ola escéptica e pacola! pois tamén penso iso que apuntades, pero neste caso concreto, por exemplo, e só é un exemplo, algunhas das mulleres que estaban atoparon respostas e oportunidades. Dous casos. Graciela leva fai anos o grupo de nenos arxentinos Os Gromos que cantan en galego. Non tiñan onde ensaiar e grazas a que o dixo aí, agora teñen. Adela armou un foro de mulleres co lema do pano e non deixan de engadirse mulleres desexosas de atopar outras coma elas e todas xuntas axudar a quen o necesita. E todo xurdiu desa xuntanza. Pode que de todos os xeitos foran cousas que pasarían. Ou pode que non.
Eu, acá en Bos Aires, antes non vira nada como isto. E non é porque estivera distraida. Para rematar, algo que me dixeron unha vez: para andar dez kilómetros sempre hai que comenzar por dar o primeiro paso. Apertas e grazas polas visitas e comentarios!

Anônimo disse...

Sen menosprezar eses dous casos que se comentan (e felicintando as súas promotoras), desde logo é un resultado máis que parco para unha visita institucional de Carme Adán e o seu séquito.

Ora ben, cando falamos de políticas de igualdade estamonos a referir a algo máis que conseguir un local de ensaio (porque co que custou a viaxe institucional poderían tamén sufragarse varios locais máis ou non?). Estamonos a referir, por exemplo, ás mulleres maltratadas e á cobertura de protección real que se lle debería dar, ou á igualdade salarial das mulleres, ou á axuda concreta ás traballadoras que teñan fillos pequenos, ou á loita contra o acoso sexual e laboral, ou a...

Conseguiuse algo disto para as galegas arxentinas? Aínda que só fose un pequeno avance? Non. Se tampouco se percibe en Galicia ningún avance relevante e significativo neste eido, menos se vai dar na emigración.

Estas grandes políticas estruturais de igualdade non se consiguen, non, coa publicacións de libros de poetas mulleres para agasallar e quedar ben, nin patrocinando unha edición de clásicos do pensamento feminista (parte deles en castelán, ademais), nin con viaxiños e discursiños.
Todo isto estaría ben se antes se poñer os piares de políticas estruturais e se dotan financieiramente.
Coido que Carme Adán pensa que as casas se comezan a construír polo tellado. E todos sabemos que non é así, porque a casa remata por caer.

torredebabel disse...

escéptica, dado que pregunta e responde vostede imaxino que terá información que eu non teño. Porque á sua pregunta: "Conseguiuse algo disto para as galegas arxentinas? Aínda que só fose un pequeno avance? Non", eu respostaría que si. Eu que estou acá, que non son militante do BNG e que son muller e galega.
Non dixen que os dous casos que contaba foran os únicos. Aclarei que eran exemplos. Por iso, paréceme cando menos un erro da argumentación evaluar toda unha viaxe por duas historias que eu engado acá.
Concordo plenamente, como xa dixen algo mais arriba, que as mulleres galegas teñen moito camiño que andar. E concordo, claro, con iso que vostede di que as casas non se comezan a construír polo tellado. Senón polos planos e pola pregunta que un se fai sobre o que se necesita e o que se ten. A xuntanza da que falo neste texto (que é so unha das varias actividades que fixo a funcionaria en Bos Aires e tamén a única na que eu estiven, por iso nin falo nin opino en xeral) foi precisamente (ou iso pareceume a min) unha achega honesta: preguntar, querer saber, buscar entender. E, na miña opinión, así é como se construen as casas.
Apertas

Anônimo disse...

Debeu entenderme mal.

Eu referíame "ás mulleres maltratadas e á cobertura de protección real que se lle debería dar, ou á igualdade salarial das mulleres, ou á axuda concreta ás traballadoras que teñan fillos pequenos, ou á loita contra o acoso sexual e laboral, ou a...
Conseguiuse algo disto para as galegas arxentinas? Aínda que só fose un pequeno avance? Non".

Repito: conseguiuse algo disto (non outras cousas "menores") para as mulleres galegas arxentinas?

Se é así, dígao e quedariamos todas contentas.

Apertas.

torredebabel disse...

entendina moi ben, esceptica. Que eses que vostede sinala sexan os problemas mais importantes e urxentes para as galegas que viven alá non significa que deban ser supostos como os mais importantes acá. O drama da violencia doméstica, por poñer un exemplo (insisto, un exemplo e nada mais que iso), non ten a mesma magnitude en Galiza (e o estado español todo) que en Bos Aires. Penso que se un funcionario quere facer ben o traballo a primeira tarefa ten que ser a de coñecer a realidade sobre a que quere traballar.
Facer o que vostede propón é descoñecer a realidade concreta, diferente, e non por iso menos importante, das galegas que viven acá.
Precisamente, iso é o que eu valoro. Pode que non quedara moi claro no artigo, pero eu a Carme Adán vina unha vez na miña vida e nin crucei palabra con ela, fora da situación desa xuntanza. Pareceume moi ben que chegara a Bos Aires e quixera coñecer, escoitar, saber delas e darlles voz ás mulleres galegas a quen ninguén nunca lles quixo escoitar nada.
De funcionarios galegos que chegan con solucións a problemas que non existen e con suxestións para irrealidades, coido que xa tivemos bastante.

Anônimo disse...

Fico perplexa e sorprendida ao ler que eses problemas non os sofren as mulleres nunha sociedade tan machista como a arxentina, que só son cousa de "acá" e non de "alá". Debe de ser un caso único no mundo, logo.

torredebabel disse...

escéptica, pidolle que lea de novo o comentario que deixei porque a simplificación que vostede fai do que eu anotei (e que vexo con frecuencia en todos os seus textos deixados nesta polémica como recurso argumentativo) non é digna do tema que estamos a debatir nin da relevancia que ten. Puxen: "Os problemas mais importantes e urxentes para as galegas que viven alá non significa que deban ser supostos como os mais importantes acá".
Decir de algo que non é o mais urxente ou importante non é decir que non existe.
Insisto, na miña opinión, é altamente positivo que un funcionario queira coñecer a realidade, queira saber qué queren, qué sinten e qué desexan e necesitan as persoas coas que ten que traballar. A soberbia e o etnocentrismo ao unico que levan é á incomunicación.

Anônimo disse...

Mellor deixar o tema, porque xa empeza vostede a perder os papeis e a facer xuízos de intención. Desculpe tela importunado. Bos días/noites.

torredebabel disse...

Non importuna, esceptica, para nada! e sinalar unha estratexia de argumentación que non me parece xusta non penso que sexa "perder os papeis" nin facer xuizos de intención. Cada quen ten a sua opinión e penso que quedou claro o que pensa vostede e o que penso eu. Sen dúbidas, nós as duas, Carme Adán e todas as mulleres que participaron desa xuntanza da que falo, tamén as mulleres e homes que deixaron comentarios neste lugar, estamos todos interesados nun mundo millor para todos e todas.

Anônimo disse...

Permítome poñer aquí unha información real para evidenciar onde se ten que implicar, con feitos e con eficacia, Carme Adán.

Una viguesa maltratada durante 25 años pide protección al salir de prisión su ex marido.
El Concello negocia con la Xunta ofrecerle un piso y mientras pone a su disposición la Casa de Acogida.
El hombre, que fue condenado a 9 años por asestarle seis puñaladas en 1999, abandona mañana la cárcel.
E.P./ M. Fontán /VIGO
Sé que cuando salga de la cárcel va a venir a por mí; tarde o temprano va a hacerlo". Una viguesa de 50 años de edad que fue víctima de malos tratos durante los 25 años que duró su matrimonio vive de nuevo sumida en el temor y la desesperación. Esta mujer ha solicitado que se le otorgue protección porque su ex marido, que fue condenado por intentar matarla, saldrá mañana de la cárcel. Esta víctima de la lacra en que se ha convertido la violencia doméstica asegura que tanto ella como sus tres hijos están amenazados de muerte. El Concello y la Policía Nacional han puesto ya en marcha los mecanismos pertinentes para intentar garantizar su seguridad.
El marido de este mujer fue condenado a nueve años y ocho meses de prisión por un delito de intento de homicidio ya que en 1999, después de que su esposa lo volviese a denunciar por maltrato, le asestó seis puñaladas y la golpeó con una barra de hierro. La agresión se produjo después de que el hombre recibiese una citación judicial y le causó a esta viguesa, además de graves heridas por las cuchilladas, lesiones en la cabeza y en un ojo y un diente roto, según el relato de la propia víctima. Una hija que estaba en casa en el momento de la agresión le salvó la vida al lograr arrebatarle el cuchillo a su padre y salir corriendo a pedir ayuda.
La sentencia fue dictada en febrero de 2002 por la Sección Segunda de la Audiencia Provincial de Pontevedra y en ella, además de la pena de prisión, se especificaba que, una vez el hombre saliese de la cárcel, no podría comunicarse ni acercarse a la víctima, su familia y el lugar donde ocurrieron los hechos durante un período de cinco años, según informaron ayer fuentes del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Y el día de su salida del centro penitenciario será mañana. La mujer, que prefiere mantenerse en el anonimato, confiesa que "está muy nerviosa" porque está segura de que su ex esposo va a intentar asesinarla. "Lo sé porque antes de pasar eso él decía continuamente que, si algún día lo metían en la cárcel por denunciarlo, cuando saliera me mataría a mi y a mis hijos", relata. "O que esperaría un tiempo para que todo se enfriara y que nos mataría a todos", precisa.
Confiesa que aguantó "25 años de malos tratos" porque siempre albergó la esperanza "de que algún día cambiaría". "Yo le quería, le tenía cariño", admite este mujer que, sin embargo, señala que la convivencia con su marido fue "horrible".
Ayuda
Esta mujer se queja de la falta de respuesta de las instituciones. Así, aunque reconoció que en el momento en que se produjo la agresión "todo el mundo" se entregó, "nadie" piensa en lo que puede pasar pasado el tiempo, cuando el caso se olvida entre la opinión pública.
Asegura que recurrió al Concello vigués durante todos los meses en busca de una solución para ver si le podían proporcionar "algún piso", ya que su agresor sabe donde vive. "Pero no me decían nada y llevó siete años esperando", señala. Asimismo, relata que solicitó una pulsera de protección para sentirse "más segura". "La llevaría él y yo también", explica. Sin embargo, le informaron de que el Ayuntamiento carece de este servicio para la mujeres maltratadas y que su marido no puede llevarla "porque coarta su libertad".
Ante la inminente salida de la cárcel del que fue su marido durante 25 años, esta víctima sólo tiene una petición: "Que alguien haga algo; te dejan de la mano de Dios".