10 de abr. de 2007

mmmmmusica

Grazas a Fran atopome buscando música. Non é, dende logo, unha musica calquera senón esa que sexa capaz de acompañar e potenciar o mellor dese encontro de sensacións e corpos, de pulsacións en sintonía, de fantasías e de pracer que chamamos sexo (ou amor, nalgúns marabillosos casos).

Segundo informa Vieiros, a idea xurdiu das mentes de Maríademallou e de Gustavo Harvey, "que decidiron espallar a proposta, nun primeiro momento, a outros cinco blogueiros: Sergio74 (Retropower), Besbellinha (Beliscos Pequenos), Projecto Mourente (Prosciutto Mourente), W. Sobchak (CCCP) e Rosa Enríquez (Valdeorosa). Agás esta última, todos lle transmitiron o meme, nomeado Mmmmúsicas, a outras outras cinco persoas, e así sucesivamente, avanzando polas redes sociais do país".

Así as cousas, "o blogomillo está invadido por un meme musical. Unha boa parte das bitácoras galegas están a reproducir a mesma idea: publicar cinco vídeos de temas que melloran a experiencia sexual ou, dito doutro xeito, de música para foder".

Como case todos escolleron músicas en inglés, preferín facer unha lista das linguas que amo, se mo permitides. Que poucas cousas chegan mais fondo na alma que as que foron ditas na mesma lingua dos soños, do amor e das fantasías. As que deixo aquí teñen unha historia detrás, unha lembranza ou emocións asociadas no tempo. Non é polo que din. Nin polo xeito de decilo. É polo que significan.

Antes da lista, entón, que queden aquí os acordes de Almas de Fisterra, do admirado Carlos Nuñez. Unha noite nun bonito teatro do barrio de Belgrano, cheo de encanto, de amor, de verbas que nunca xamáis volverán a significar o mesmo (Begonia, por exemplo). Son a mesma pero tamén son outra dende que teño un anxo da garda, unha paixón, un compañeiro, un amigo, un refrente, un pai para Santiago, un sorriso, unha aperta nos momentos duros, un refuxio, esa metade roubada da que falaba Platón no Banquete. (*)

Comezo con Marisa Monte e Não vá embora que é lindísima. Engado ao mestre Caetano cos acordes de Vocé é linda que sempre, sempre, sempre serán máxicos.

O Tajabone de Ismael Lo nunca poderá despegarse da tarde na que a escoitei por primeira vez, mentres mergullaba nunha historia de Almodovar.

No remate, Los Piojos co Tan solo de vellos tempos que non han voltar pero que non por iso perden a intensidade que tiveron. E Jacques Brel en Ne me quitte pas, tan triste, tan intensa.

Se eles queren compartila, gustaríame coñecer a escolla de Marinha, de Clara Flor, de Nemeth, de Torreira e de homesdepedraenbarcosdepau. E de todos os que queiran contala, dende logo...

(*) engadino hoxe -11-04-07-porque non lembraba o nome correcto do CD.

26 comentários:

Torreira disse...

X,Arala ...e agora voçe.Coido que non vou pode permancer insubmiso a musica versus coito.Bico por lembrarse deste servidor srta

Anônimo disse...

Emoción e significado é unha descripción exacta do que é a música. Vexo que compartimos a Marisa, xa que logo,tamén, significados.
Unha aperta.

Mario disse...

Boísima selección, eu tamén estou tolo pola música brasileira, aínda que non puxen nada na miña lista porque teño a teima de cantar... e non demasiado ben. Se alguén esquecese a Brel sería imperdoábel, grazas por encher ese oco.

Ana Bande disse...

Pasoume como a Mario, exactito, tamén me quedaran os brasileiros ... preciosa selección......uf!!! Jacques Brel...

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Estrella Morente canta Ne me quitte pas (eso si cun francés equiparable ao inglés do príncipe gitano) que pon os pelos de punta. O que me parece un pouco raro é que no disco figure a canción adscrita a Nina Simone. Coñece alguén a versión de Simone?

Anônimo disse...

O home de pedra , as veces, ten un corazon brando.
Recollin a tua proposta e como xa podes comprobar ti e mais calqueira (todos convidados!) xa esta a miña escolla pegada.

apertas.

moucho branco disse...

Vaia, se faltaba aínda o ´mmmúsicas da amiga torredebabel, :P

A túa selección componse de sons que me son alleos, pero fundamentalmente agradables.

unha aperta.

Moralla disse...

Ai! Babeliña!
Encántanme Caetano e Ismael LO! eu adoro todo tipo de música! non podo resumir todo o que apaixona nun comentario, mais podo salientar que adoro as músicas que definen a cultura dos pobos: a galega é evidente (Berrogüeto, Luar na Lubre, Milladoiro!!, todo tipo de cantareiras&pandereteiras), a vasca (Mikel Laboa!!), a catalana (L. LLach, mágoa non ir ao concerto-despedida, M.Mar Bonet), ritmos árabes (encántanme) e africanos. E que che vou dicir dos tangos e dos fados!! e o rock, e o punk, e toda a clásica, óperas, chill out,country, blues, jazz. Ai! É mellor que pare
Un bico moi grande ;-)

Anônimo disse...

Música para foder!!!
Teño que dicir que a brasileira é unha das mellores para eses menesteres. Que rico amarse a través da bossa nova da sempiterna Elis Regina... ou susurrarse ao oido co fondo poético de Chico Buarque, mexerse en un só corpo coa "Maricotinha" de María Bethania... qué dicir de Gal Costa, María Creuza... Non lle fagamos tampouco un feo a Edith Piaf... unha ollada intensa escoitando "Hymne a l'amour"...

Ra disse...

Ese Caetano...uhmm,imprescindible, sí señora!
Bico grande.

A Raíña Vermella disse...

MOi boa selección, si señora. Paréceme incrible que a historia esta se espalle ata o punto de ser noticia en Vieiros, pero encántame ser parte dalgo así. En ocasións coma esta, unha pregúntase: quen dixo que o blogomillo estaba morto?

TXARI disse...

eu tambén ando co das cançons, e nom sei como vos decidides con tanta rapidez... amin cóstame, descartar máis que nada...

Anônimo disse...

Hola Torre de Babel. Ante todo mil desculpas por ser a única que non fixo o do meme. Pero eu creo que non entendín a cousa ben. Tedes que perdoar pero non sei. Se podes pasar polo meu blog e me explicas exactamente que foi o que non fixen pois eu puxen un post coa música que me gusta pero se teño que meter un link cunha canción intentareino en breve. De novo desculpas pola miña ignorancia e, por suposto que estou encantada de formar parte de algo así. Sen mási, déixote. Pasa por Aretx, é un pracer ter por alí alguén coa túa sensibilidade.(rosa-valdeorosa)

Mrs.Doyle disse...

Boa selección. Tajabone é unha canción que me estremece como moi poucas. Esa película é unha das miñas favoritas. Todo está en perfecta harmonía nela.

Marinha de Allegue disse...

Antes de nada, Gracias polo convite menina. Eu xa fixen a miña escolla musical. Comparto con Txari a dificultade da decisión de quedarse con 5 cancións favoritas e coincido contigo no gusto pola música brasileira (gústame moito). A túa elección é moi suxerente "Ne me quitte pas" en calquera das súas versións é unha canción contundente. As melodías lévannos a momentos especiais moi especiais...

Unha aperta grande e musical.
:)

Veloso disse...

Ola, Torredebabel, como estás? Despois do letargo invernal, a primavera fai que o sangue corra outra vez polas arterias. Dito doutro xeito, volvo co Rei de Copas. Aínda non sei de que vou falar, pero xa tiña ganas de estar outra vez cos amigos do blogomillo. Moitas grazas polas túas fermosas palabras. O de ser finalista do premio da AELG tómoo como unha anécdota bonita e ilusionante. Agradézoo moito e teño intención de asistir á cea da entrega de premios. Gañe ou non, xa me sinto premiado. Unha aperta, Torredebabel, perdoa a excesiva extensión do comentario.

FraVernero disse...

Todo o malvado se expande, eh? Canto vicio circulando pola rede (agora galega)... tsk, tsk...

Interesante escolla, Turris Babélica. Eu persoalmente quedarei e atesourarei baixo sete chaves e cofre dourado o Ne me quitte pas, tan triste, quizaves, coma o melancólico Fra Vernero.

Marinha de Allegue disse...

Esqueceuseme decirche linda, vouche mandar as 12 versións que teño de "Ne me quitte pas", mira no teu correo vanche ir chegando...

Beijos con música.
:)

Son Unha Xoaniña disse...

gustoume moitísimo a túa selección de músicas para foder, ese "Ne me quitte pas" y esa música brasileira, eche unha moi boa opción para foder a gusto e con paixón.
un saúdo.
(Colgaría eu tamén as miñas opcións musicais pero non o sei facer)

Silvio Falcón disse...

MENSAXE DE PETICIÓN DE ADHESIÓN AO BLOGOMILLO:

Amigos e amigas, coido que todos denunciamos aqueles que destrúen o noso medio natural.

Actuemos, movámonos contra o que está á pasar en Tomiño!

O blogomillo ten voz.

http://eu-e-galiza.blogspot.com/2007/04/realmente-noso-movmonos.html

Unha aperta

Anônimo disse...

Pois mira que son gañas e ter pouco que facer.
Porque non me iredes a decir agora que sodes capaces de escoitar múseca e fuchicar a un tempo.

No fondo somos como as pitas de monte (Tetrao urogallus cantabricus), que cando estamos en celo nen vemos nen oimos, so ventamos arrecendos en forma de feromonas.
Vamos que si somos incapaces de sacala a tempo imos a estar pensando cousas como:
"Coño, está música acentúa máis a miña líbido cando fodo con Carmiña"
ou "A Xaquín pónselle máis dura co himno da lexión e a Manolo con Ana Kiro".

Como preámbulo coital non dubido da súa eficacia, pero relativa, que logo a xente fuchica nos baños da disco de moda escoitando trance ou hip hop.

En resumidas contas, que o que pariu a iniciativa debeu de ver pouco antes aquela película de Bo Derek na que fuchicaban co Bolero de Ravel, pero claro, aquelo so era unha plícula.

Anônimo disse...

Por cero, esquencíaseme decir que para vexades o que son as contradiccións, a min ponme moi tenro a versión de Mísia da canción "De alguna manera" de Luis Eduardo Aute.
(A versión superou ó autor por unha vez)

estibaliz... disse...

Moitas grazas, torredebabel. E moi boa escolla. Marisa Monte é marabillosa.

Ser un fío tenso do teu nó...

Moitas bicas

Seoman disse...

Boa proposta, unha boa idea na blogspofera galega. E a tua seleccion, mestria...

Saludos

Unknown disse...

en breve respostarei á invitación encantado...

apertas

Mr Tichborne disse...

o "ne me quitte pas" é fermosísimo, pero... erótico? todo é deixarse levar. Boa escolma, que vostede a desfrute!