“Cada unha das víctimas da dictadura militar arxentina tiña esperanzas, proxectos de vida que quedaron truncados", dixo o Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel na presentación do informe Galegos víctimas do xenocidio arxentino, do político Lois Pérez Leira e a xornalista e locutora Mónica Lázaro Jodar.
“Non son unha lembranza con morriña, senon unha presencia que nos chama en cada inxustiza do presente, en cada cativo que non ten que comer hoxe”, dixo Nora López Tomé, unha das sobreviventes do centro clandestino El Vesubio.
Ningunha guerra é allea. Ningunha.
27 comentários:
E esta moito menos...bicos Babel
Dende logo que non o é. Sumo o meu acordo entusiasta.
Eu perdín un familiar na guerra civil española que luitaba polo lado nacional ( un rapaz reclutado case á forza ) e teño pensado de que sería da súa vida se seguise neste mundo.
Un día teño que escribir a súa vida. Un xeito de consolo por tantas vidas perdidas.
Un saúdo.
Non sei como o ve a profesora mas eu teño a impresión, falando con algúns arxentinos, que boa parte da sociedade daí anda máis preocupada pola mellora da economía do que por resolver os moitos fíos soltos que deixou a ditadura.
Polo que me contaron tanto nas ringleiras xusticialistas coma radicais hai grupos de xente "pringados" dunha ou doutra maneira coa ditadura.
O esquezo sería volver a asasinalos, a memoria tería que servir para evitar outras inxustizas...
Demasiada dor...
é o consolo que queda... o saber que podes cantalo ao vento para que se esparza a súa existéncia polo mundo...qué menos!!!?
O pasado é sempre importante pra non cometer os mesmos erros no futuro...
Por certo, torredebabel, envielle un e-mail pra falar do proxecto de facer un blog sobre emigración.
Unha aperta.
Recuperar a memoria sempre é importante. Eu seino ben. A represión levada a cabo polas ditaduras do cono sur é un tema que me afecta a moitos niveis, mesmo por razóns persoais
Sumomen as condolencias historicas. Pena recordar estos aconteceres.
Saudos dende O Recuncho
Babeliña solidaria: bordáchelo. Non podemos ser alleos ao xenocidio da raza humana, deste planeta que seguimos extirpando coma bestas sen pudor emocional. Unha aperta fortísima de Yoli
Fai 25 anos que a tolemia se xunguiu cas cinzas dunha ferida de morte xunta militar .
Os orgullosos fillos de “Gran Bretaña” , pasaron por encima dunha xuventude Arxentina que defendía o seu con escasos medios pero no convencemento de que estaban a loitar po la súa terra.
O que descoñecía esa mocidade e que non era o momento nin a ocasión mais oportuna para facelo.
A aqueles infames Xerais non lles importou sacrificar a centos de mozos, para tratar de esvaecer entre o fume da pólvora os seus medos e os seus pecados.
Non se decataban de que aquelas mortes tamén serian as súas.
Torredebabel léote, escóitote e aprendo.
Saúdos dende esta veira do mar.
Nada do humano nos é alleo...
Sen embargo, que fraca é a nosa memoria. Que predispostos estamos a esquecer que hai xente que ten verdadeiros motivos para non ser feliz. Que vive humillado. Desaparecido. Desafiúzado.
Que predispostos xeneticamente estamos a crer que sempre as nosas miserias valen máis cas dos miserábeis.
E que rapidamente pensamos que a barbarie non pode repetirse.
Por desgraza, neste intre xusto morrerán miles de persoas dun xeito inxusto.
Debemos repetilo mil veces
Ante reflexións coma a de paideleo, homesdepedra, estibaliz ou as túas propias, Torredebabel, (sen desmerecer as do resto, por suposto) fico sen palabras. Entrei varias veces neste tema para comentar algo pero, sinceiramente, non sei qué dicir. Simplemente se me veñen sentimentos de solidariedade e de noxo ao mesmo tempo.
Dicía Albert Camus, con respecto á guerra civil española, que nela "escenificouse a derrota da humanidade".
Estou totalmente de acordo coa afirmación Camus, pero máis ben gustaríame xeralizala. Tódalas guerras son a escenificación da derrota da humanidade. Todas. E se algunha merece unha mención especial, son esas que acontecen sen ocupar portadas nin suscitar longuísimas disertacións, como por exemplo a que desangran Sudán e Iemen.
As veces, vendo a escasa mención que se lles fai nos xornais, teño a sensación que os "occidentais" (por dicilo dalgún xeito), aínda que non o recoñezamos expresamente xamais, temos a certeza de que esas guerras non o son tanto, como se esa morte non fose "tan mortal como a nosa"... non sei, dalgún xeito parece que temos a (silenciosa) convicción de que no terceiro mundo a xente nace co certificado de defunción baixo o brazo.
A nosa solidariedade, non só polos galegos, senón por tod@s @s desaparecid@s dos anos do horror.
Por certo, non foi unha guerra, nunha guerra hai dous bandos enfrontados, foi unha masacre.
Comentar nisto neste post é toda unha frivolidade,pero convideite ó xoguiño das cancións. Bótalle un ollo a
http://ningures.blogspot.com/2007/04/fornicancins_04.html
Há que não deixar branquear a memória. Para os de hoje e os vindouros. Há que lembrar as vitimas. Para que nunca mais aconteçam. Como já alguem disse aqui "O esquezo sería volver a asasinalos, a memoria tería que servir para evitar outras inxustizas...". Bem haja pela persistência, e pela lembrança
Ningunha.
Concordo en que esquecelos é peor que volver a asasinalos. Con eles na memoria cómpre ollar para as masacres silenciosas que se están a facer por todo o planeta e loitar contra o silencio cómplice deoccidente para evitar que haia máis coma eles.
Unha aperta
Falemos tamén neste posto sobre os xestos de ausencia, un pozo sen fondo, unha zanxa-tricheira imposíbel de encher, coma o tonel das Danaides...
A traxedia tortúranos, e máis aínda a súa falla de reparación.
Lamento discordar co que di homes de pedra. O Reino Unido (ese é o nome oficial do estado), foi defender a súa soberanía nun territorio invadido por unha ditadura militar fascista contra as regras do diálogo pola soberanía compartida estabelecido no marco das Nacións Unidas.
A de soberanía compartida foi rexeitada pola xunta militar arxentina e invadíu pola súa conta e risco unhas illas nas que moraban cidadáns do UK. Entón o Reino Unido deu un ultimátum de abandonar as illas ou iniciaría en breve accións militares para a recuperación das Falkland (as Malvinas). Lamento que a ditadura enganase a tantos mozos arxentinos pero non hai moita culpa que botarlle ao UK, penso eu, senón aos que mandaban na Arxentina naquel momento e aos hipernacionalistas que se manifestaron pola recuperación das illas, que a min persoalmente lémbranme moito aos que berraban Gibraltar español na época de Franco na praza de Oriente.
Ola! un blog realmente interesante.Visitareiche con asiduidad.
Saúdos
Robert
Ningunha, aínda que as que acontecen hoxe en día semellan filmes bélicos que proxectan sempre á mesma hora. a das noticias!
Afacémonos á desgracia. Calquera iniciativa que recupere a memoria dos mortos na guerra é positiva.
Con todo eu son pesisimista, penso que non hai peor cego que o que non quere ver, nin peor xordo que o que non quere oir.
A xente que nos interesamos por estas iniciativas, por coñecer esta parte da historia, xa estamos convencidos da inxustiza...Pero lle chegará aos demais? Aos que de verdade precisarín comprender o que pasou?
Non, ningunha guerra nos debería ser allea. Con todo, fastídiame bastante esa tendencia de moit@s a implicarse antes cun pasado que non viviron que co presente, sexa próximo ou afastado (inclúome nos criticados).
Parabéns, coma sempre.
Non esquecer a historia para que certas cousas non se volvan repetir...
parece que pasou hai un millón de anos, nun país estraño e a unha xente allea. Pasou hai ben pouco, os asasinos viven, foi no noso país irmán Arxentina e tamén mataron e torturaron galegos. Algúns, familia nosa, se cadra.
Ningunha guerra é allea. Esta, menos.
Grazas a todos polos vosos comentarios! Grazas aos benqueridos Torreira, moucho branco, Mrs.Doyle, Seoman, Oskiña, Mr Tichborne, FraVernero, Robert (Benvido!!), Laurindinha! Grazas moitísimas!
Grazas a paideleo e dende logo tes que escribir esa historia! Eu xa son unha lectora que a agarda!
Grazas a Mendinho e ogallá que non marches do blogomillo que cada un de nós é unha peza que fai medrar este universo galego que espalla lingua e cultura da terra polo mundo adiante. Sobre o que dis, dende logo que tes toda a razón: así como temos franquistas travestidos en democratas alá, temos golpistas trasvestidos en demócratas aquí (e de todas as cores!).
Benvida Doutora Seymour! gustoume moitísimo o seu blog e a ver como vai ese tratamento!
Grazas a txari! concordo, "é o consolo que queda"...
Grazas Silvio polo comentarios e polo convite. Se podo engadir algunha axuda, con gusto. Tempo faltame até para as cousas máis básicas como o coidado do meu fillo, pero todos os traballos cara á emigración e a diáspora son necesarios.
Grazas Zerovacas por engair o teu testemunia. Se puidera ser (se queres, claro), quixera saber algo máis desa historia que deixaches ver...
Grazas á admirada Moralla por escoller as mellores verbas para decir as cousas, as que fan música, as que saben tecer sentimentos. Es un luxo, Yoli!
Grazas homesdepedra por esa lembraza que é a mesma cousa ainda que non o sexa rigorosamente. A mesma morte absurda, a mesma procura da gloria malinterpretada, o mesmo negocio para facer ricos aos mais ricos...
Grazas estibaliz! se cadra tes razón... se cadra estamos "predispostos xeneticamente a crer que sempre as nosas miserias valen máis cas dos miserábeis". Eu quixera pensar que non, pero coido que a evidencia contraria é abrumadora...
Grazas Larvós por esa lembraza. A xeralización que fas é ben oportuna: "Tódalas guerras son a escenificación da derrota da humanidade. Todas".
Grazas Mario por ese matiz tan verdadeiro e que xurdiu, coido, pola referencia aos 25 anos da Guerra de Malvinas. O Proceso de Reorganización Nacional non foi unha guerra, dende logo. Coido que chegados a estas datas, é un ponto sen discusión posible.
Grazas José por esa frase. Gardoa para sempre: "O esquezo sería volver a asasinalos, a memoria tería que servir para evitar outras inxustizas...".
Grazas Arale Norimaki! tes toda a razón: "Cómpre ollar para as masacres silenciosas que se están a facer por todo o planeta e loitar contra o silencio cómplice de occidente para evitar que haia máis coma eles".
Grazas benquerida jan!! quixera ter unha resposta positiva á tua pregunta pero coido que ás veces dubido demáis. Quédame o ogalla...
Grazas a X por tanta verdade: "Esa tendencia de moit@s a implicarse antes cun pasado que non viviron que co presente".
Ainda que xa foi moitas veces dito, é lendo estes comentarios que deixades que atopo unha mirada plural e rica sobre esas pequena e modestas ideas que vou deixando aquí invadas. Apertas e grazas!
Postar um comentário