13 de jun de 2007

Serenidade marina

Se cadra é a mestura do sal e do vento. Tamén, tecendo ideas, podía ser a enerxía da agua e das mareas. Ben podía deberse aos moitos homes e mulleres que desafiaron a súa inmensidade en naves ridículas para tanto poderío. Ou mesmo a que, antigamente, chamaban ao Atlántico mar Tenebroso ou mar Océano, ainda que so exploraran as costas das illas Británicas e as Canarias. Quen sabe. O certo é que o mar ten unha potencia sanadora das almas difícilmente superable pola multipoderosa e polbosa industria farmacolóxica.
Levo o espírito cheo de mar.
E séntese moi ben.

28 comentários:

TXARI disse...

e que lindo olhar o mar no silenzo das ondas e no salgado dos argazos fugidos tralo seu bater..!!! ummmm, o atlántico une, nom separa!

varzino disse...

O mar, sempre o mar. Costumo dizer que nas minhas veias não corre sangue, mas agua salgada. E deixo aqui, por memória, as palavras do poeta José Régio "Não me deixem morrer em pecado mortal, levem-me a vêr o mar, levem-me a vêr o mar". Obrigada por partilhares a tua escrita.

Doutora Seymour disse...

Esa é a mellor menciña, as industrias non fan outra cousa que sintetizar parte das súas esencias, mais para o espírito é preciso palpar o recendo da salitre (mellor se un está metido ata os xeonllos no mar).
Só de maxinalo un xa se sente ben, canto máis se é en directo.

paideleo disse...

O mar se non existise habería que inventalo.
Muito o extrañei nos EEUU.

Moralla disse...

É certo que levas serenidade e sal mariña na túa ollada de serea arxentino-galega.
Bicos fermosa bailarina envolta no argazo

Mario disse...

Que sorte. Como é sabido, o mar que separa as túas dúas terras tamén as une e lles dá saida.

Colectivo Literario Sacou disse...

saudinhos!!!

Zerovacas disse...

Creo que eu tampouco podería vivir lonxe do mar. Non o imaxino. Ben, vivo en Compostela, pero en Compostela séntese o mar, e mesmo dende Ourense pódese chegar a el nunha hora en coche. Pero non creo que puidese afacerme a vivir máis lonxe

estibaliz... disse...

grazas polo teu alento, torredebabel. Os teus comentarios vivifican un pouco o blog :]

as casas non sempre estan en disposición de aturar as nosas manías, dende logo que non!! Con todo, como coas persoas, hai que ir acoplándose, en plan nave nodriza e pequena dorna espacial...

os esconderixos, por exemplo, son moi fáciles de facer. O do sol.. aí xa non digo nada

Torreira disse...

Eu tamén quero unha ración de mar!.Bicos

Rifo I de Zeuquirne disse...

Pois si unha ración de mar non estaría mal, sobre todo para os que coma min vivmos no interior.
Coido que xa me queda pouquiño para ter esa raíón que me fai falla.
saudiños.

Mrs.Doyle disse...

Eu vivín un tempo nun lugar sen mar e casualmente apareceron múltiples problemas de saúde. A doutora díxome que todo estaba relacionado coa falta do mar e da humidade. Recetoume que fora xunto a el... porque a cantidade de fármacos a longo prazo perxudicaríanme moito...

Suso Lista disse...

Oceanii Suevi Maritima Occidua. Chámabanlle os suevos o Atlántico

Gui disse...

O mar tenebrosos e o cabo das Tormentas. Era assim que o mar era sentido antigamente. Pudera, com aqulas cascas de noz. Um beijo, gostei de te visistar.

FraVernero disse...

é fermoso e relaxante, de certo. Eu mesmo podería botar horas só escoitando para a súa música bantente nas praias e rochedos -de feito, é unha das cousas máis agradábeis de ir á praia, xunto con nadar nel-, ou perder a ollada nos seus xogos de luz e reflexos...

David disse...

A min o mar faime sentirme ben. Por sorte vivo na Coruña e téñoo ben perto, mais se cadra non lle presto tanta atención como merece porque está aquí xunto a min... Supoño que se paso algunha temporada lonxe do mar o botarei moitísimo en falta, mais así pasa con todo: as cousas aprécianse máis cando faltan que cando un as ten ao alcance da man...

Ra disse...

Me quedo con el alma serena por unos segundos,torredebabel,como la mar calma.Bico

rosa enriquez disse...

Que palcidez... Eu vivín ao carón do mar e sentín unha invasión de inmensidades ... Un bico para vostede e grazas pola visita(valdeorosa-rosa)

homesdepedra disse...

Quixen coller o mar nas miñas mans!
E ollei como as gotas de auga salgada esvaraban por entre os meus dedos.
Sigo tratando de posuír o mar a mancheas, pero por mais que o tento o mar ségueseme a esvarar.
Quizás algún día fine envolto no seu inmenso bandullo húmido e azul. Mais as miñas mans non han ser quen de poder atrapar nin unha soa gota de mar.
Bicos e apertas.

R.R. disse...

¡Dá gusto ver que o ánimo aboia!

Un abrazo

moucho branco disse...

E aínda non entendo coma había quen se aventuraba en augas descoñecidas, cara a ningúnha parte, para descubrir illas e mesmo continenetes... coma Eric o vermello descobreu América (que carallo de colon!)

Ricardo Arias disse...

Escribía Tolkien, no comezo do "Ainulindalë" -algo así coma o libro da Xénese do seu mundo-, que a terra foi feita por Eru Ilúvatar (Eru o Único) a partires de música. E da música del, e da música dos seus fillos deuses, os Valar, foise facendo o mundo. E aínda hoxe, seguía dicindo Tolkien, pódense escoitar acordes daquela música no mar: e é por eso que os homes sinten algo especial escoitándoo, malia que xa non saben o que é.
Noraboa polo blog nesta miña primeira -de máis- visitas.

Marinha de Allegue disse...

O mar sempre tan presente, sempre tan preto, tan salgado e doce ao tempo. Sen el as reflexións relentizaríanse e asaude quebraríase. O mar gran compañeiro e gran sanador...

Apertas de mar e Beijos salgados e doces
:)

varzino disse...

Não resisti e tive que te revisitar para poder partilhar um poema de Luisa Dacosta:

Mar

Bebo-o a colherinhas de olhos
Na taça da manhã
E nem ele se esgota
Nem eu me sacio


Parabens Torredebabel pela tua escrita e pelo teu talento e obrigada por me deixares visitar-te.

Roi Buligan disse...

Sempre inspirador, nostálxico e vital...dicia Conrad que no océano tormentoso vese con claridade o tempo da Terra...por eso empequenece o home ante o mar, témeo e síntese atraido á vez.
bicos de salitre envíoche

Laurindinha disse...

Que post tan bonito...
O mar a min tamén sempre me dá serenidade...
Bicos atlánticos (ata a miña fiestra chega un pouco de recendo a salitre...)!

Nébeda disse...

Alégrome que esté pequeno parón teu no blog sexa por enche-lo esprito de auga salgada ;)

torredebabel disse...

Graciñas e graciñas polas vosas verbas e pola vosa compaña que, diante de enormes ausencias, é ainda máis compaña. Grazas a TXARI por esa verdade: o Atlántico que une e nom separa! Grazas a varzino polas verbas de José Régio e de Luisa Dacosta, fermosas! Grazas á miña doutora favorita pola sua menciña máxica e salgada. Grazas ao benquerido paideleo pola lembranza daqueles tempos (de crónicas) nos EEUU. Grazas á admirada Moralla pola fermosura que vai deixando, como o mar deixa sal e calma. Grazas ao admirado Mario pola mirada paradoxal, do que se mestura nestas historias de emigrantes. Grazas ao Colectivo Literario Sacou pola visita e os saúdos. Grazas a Zerovacas e a David por lembrarnos esa teima que temos de non reparar tanto nas mellores cousas que temos preto pola costume de telas precisamente. Grazas á admirada estibaliz... porque nese artigo que vos recomendo moito convidanos a percorrer de novo o noso niño.
Tamén grazas ao benquerido Torreira pola súa racion de mar! Grazas a Rifo I de Zeuquirne e cando estea preto do mar non se esqueza de nos. Grazas á amiga Mrs.Doyle pola comprobación cientifica: o mar é terapeutico. Grazas ao fabuloso contador de historia Suso Lista que non hai quen coñeza mellor o mar que el. Grazas a Gui e benvido! Grazas ao admirado FraVernero: ben sei que tamén vostede pode deixarse levar pola fermosura do mar porque precisamente o seu encanto é universal. Grazas a Ra pola sua propia serenidade e tamén grazas a rosa enriquez polas suas lembranzas mariñas. Grazas ao amigo homesdepedra pola fermosura do seu comentario. Grazas a R.R. pola compaña e polo verbo aboiar que non coñecia.
Grazas ao benquerido moucho branco pola súa incredulidade porque tampouco eu entendo esa valentía. Grazas a Ricardo Arias pola historia, por Tolkien, e claro pola visita. Grazas á imprecindible Marinha e moita razón tes: o mar é un gran compañeiro e un gran sanador... Grazas Roi Buligan pola sabiduría desas verbas de Conrad que tan ben perfila non so ao mar senón a nós mesmos. Grazas ás Laurindinha pola súa serenidade e polos bicos atlánticos. E grazas a Nébeda pola compaña na ausencia. O dito, grazas a todos vós por estares alí...