22 de dez. de 2007

2mil8

Deséxovos coherencia
e a forza necesaria para mantela.

Deséxovos risos estridentes
e a valentía de vivilos e gozalos.

Deséxovos oportunidades para
soñar cun mundo mellor
e a xenerosidade de facer
algo máis que soñar.

Libros, discos e pelis
e o tempo e a compaña
para gozar con eles.

Atrancos e inxustizas non volos desexo
pero virán, entón deséxovos
a sabiduría para aprender deles.


Deséxovos tanta ledicia como a que me regalades viñendo por aquí de visita.


Grazas!

31 comentários:

Zerovacas disse...

E o mesmo para ti, que ben o mereces. Que pases un bo nadal deses calorosos que tedes por alí

O Breogán de Gáidil disse...

BICOS!!!

Marcos Valcárcel López disse...

Por aquí seguiremos vindo. Porque esa visita sempre estará chea de froitos e sentimentos. Unha aperta.

Anônimo disse...

Boas festas

Raposo disse...

Felices festas.
Bicos.

Torreira disse...

Bicos pangalaicos torre

Anônimo disse...

Feixes de boas cousas atadas e ben amarradas todas cos Fios Invisibles que nos unen.

Apertas mariñeiras

FraVernero disse...

Bon Nadal, Débora! Nas friaxes de Compostela que non chegan ao copo de neve, pensarei nunha postal porteña que agasallarche, que incluíse xelado de Doce de Loite on the rocks con pedras da Quintana...

Un saúdo, e felices festas!

Anônimo disse...

Fermosos desexos, todos eles agasallos imprescindibles.
Unha aperta.

Anônimo disse...

Gracias a ti por estos marabillosos desexos. Un enorme e forte bico.

paideleo disse...

Este ano vas cargada de agasallos !.
Graciñas por seguir aí dando azos ao blogomillo.
Feliz 2008.

Anônimo disse...

Grazas polos bos desexos. Agardo que o teu altruismo sexa recompensado cun 2008 cheo a rebentar de felicidade. Unha aperta.

busto.agolada disse...

Ola, Débora. É certo que as visitas que imos deixando nos blogs á parte de mensaxes tráennos moita ledicia. Coa de hoxe quero contribuír a que o teu Nadal estea presidido pola ledicia e que a compartas cos teus seres máis queridos.
Apertas e bos desexos para o vindeiro ano.

Elianinha disse...

Pois un bo aninovo para ti tamén, despois dun 2007 no que tiven o gusto de coñecerte en persoa. 2008 bicos transatlánticos!

Anônimo disse...

Boas Festas, miña dona.
Que o 2008 -e 65 anos seguintes- veñan bos, bos.
7 x 7 x 7 bicos

Anônimo disse...

Boas Festas, miña dona.
Que o 2008 -e 65 anos seguintes- veñan bos, bos.
7 x 7 x 7 bicos

Paco Penas disse...

A verdade é que no blogomillo parece nadal todo o ano. Se tivésemos que arranxar o mundo empurrando unha pistola, non saberíamos.
Paz, amor e bons alimentos.

SurOeste disse...

Deixeiche unha postal no meu blog. Bicos suroestinos

Son Unha Xoaniña disse...

¿Cómo non imos vir por aquí, onde sempre nos espera un agasallo de palabras fermosas?
e as de hoxe inda máis, cheas de desexos que ogallá se cumplan para tod@s.
Mil bicos para rodear esa torre vixia de babel.

Son Unha Xoaniña disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Mar e Lúa disse...

Moitas grazas por eses fermosos desexos para o ano que vén. Espero que tamén se cumplan para ti e que sigas con este blogue coa mesma ilusión de sempre. Que o 2008 sexa simplemente inmellorable...

Por certo, enténdote ben... Agora sei o que é pasar o Nadal lonxe de casiña...

Unha aperta!

Anônimo disse...

Tempo, tempo, tempo!!! Eu quero un pouco diso.

Súmome ó feliz 2008, que non sexa por non intentalo.

Suso Lista disse...

moitos bicos desde a Costa da Morte

Pau disse...

Desexo é reciproco.
Bo ano

Anônimo disse...

Agardo que o vindeiro 2008 tamén che traia moita sorte e que tódalas túas expectativas e desexos se vexan cumpridos. Felices festas

Nébeda Piñeiro Barros disse...

O mesmo para ti.



BoNadal.

X disse...

Fermosísimos desexos os seus, como non son quen de superalos gustaríame simplemente desexarlle o mesmo a vostede e todos os seus.
Apertas desde esta beira.

torredebabel disse...

Graciñas de corazón a todos polas verbas, polos bos desexos, polas visitas e a compaña desde ano e destes anos. Se a vida é algo xusta, tendes que atopar moita xenerosidade e moito agarimo que compense todo canto me deixades neste modesto blog. Apertas e bon 2008!

Anônimo disse...

Un bico enormiiiiisimo!!!!!!
Feliz 2008 tamén para ti e que todo o que nos desexas te caia a ti do ceo. Unha aperta sinceira.

Unknown disse...

bicos e apertas pra ti neste ano que entra..... e en todolos dias da tua vida

albixoi disse...

Parabéns para todos e todas. Un bico agarimoso e parabéns polo labor que realizas desde aquelas terras irmás