Pezas valiosas que desaparecen, escritores mortos pero que ainda escriben, o suicidio dun importante funcionario que non está moi claro, trata de persoas, o secuestro de Manuel Rivas, ou unha familia asasinada nunha aldea galega, son algúns dos misterios que comezaremos a desvelar dende o mes de marzo na sala Alfonsina Storni do Café Tortoni.
O ciclo deste ano vai de policial e de novela negra na literatura galega. "Pensamos que, por unha banda, o traballo con novelas policiais e negras fará visibles fronte ao lector escenarios e problemáticas en parte ausentes nos textos lidos durante o ciclo pasado e, por outra, permitirá presentar un conxunto de textos e autores actuais nunca traballados formalmente en Bos Aires", explica a licenciada en Letras Andrea Cobas Carral, coordinadora do ciclo.
O percorrido por historias -as máis delas- actuais, a achega a autores novos que falan da Galiza de do hoxe en día, a ollada sobre problemáticas urbanas repetidas en calquera grande cidade pero tamén sobre crimes rurais e o fenómeno bravú, van abrir unha fiestra fantástica para asomarnos á terra tal e como ela é agora, digo eu. Será dende a nosa perspectiva de galegos na diáspora, de lectores formados na Arxentina, de herdeiros dunha tradición a dúas beiras.
Borges, Forcadela, Link, Reigosa, Borrazás, Malvar, López, Jaureguizar, Fernández, de Toro e Villar, son algúns dos nomes. Estades convidados!
21 comentários:
Bendita Andrea, y usted.
Qué pena estar tan lejos.
Abrazo, Torredebabel.
Non sabia eu da existencia dese blogo.
Unha boa iniciativa. Aquí hoxe no Obelisco, manifestanse uns que afirman que o Castelán está perseguido en Galiza. Manda carallo!
SUSO LISTA!! en realidade cres que esa manifestación é a prol do castelán??
Tenche boa pinta o tema e mais a escolla dos autores.
Encántame a novela negra. No Tortoni, na sala Alfonsina Storni....uff, porque teño compromisos, que sinó xa me achegaba ó ciclo.
é magoa que me colla un tanto a desmán de Vigo...
Acepto o convite, grazas por ese interesante enlace.
Paréceme un blog moi interesante. Moitos saúdos
Encantanme as novelas de Suso de Toro. Ten pinta de ser interesante este ciclo
Sempre interesantes a s túas palabras...
Unha aperta grande grande.
:)
Que teñades moito éxito e proveito nesas xornadas.
Por certo a noticia de "El País", que me remitiches en días pasados alusiva a un ancián que vive só en Traspenas (Agolada) fala dun amigo meu co que estiven falando o domingo pasado pola mañá. Encontreino cando ía camiño da misa. E faloume de que o estiveran a entrevistar e de que viñeran da TVG para filmalo.
Vaia coincidencia. Nós chamámoslle Emilio de Traspenas. Está en Artoño, a carón dun pazo moi deteriorado que fora a antiga fortaleza de Traspenas. Vese ben que o mundo xa é pequeno.
Unha aperta, Débora.
Que teñades moito éxito e proveito nesas xornadas.
Por certo a noticia de "El País", que me remitiches en días pasados alusiva a un ancián que vive só en Traspenas (Agolada) fala dun amigo meu co que estiven falando o domingo pasado pola mañá. Encontreino cando ía camiño da misa. E faloume de que o estiveran a entrevistar e de que viñeran da TVG para filmalo.
Vaia coincidencia. Nós chamámoslle Emilio de Traspenas. Está en Artoño, a carón dun pazo moi deteriorado que fora a antiga fortaleza de Traspenas. Vese ben que o mundo xa é pequeno.
Unha aperta, Débora.
Noraboa un ano mais, a caron do xerente xeneroso do Tortoni, neto de galegos que garda como un tesouro os cadros que retratan a Blanco Amor, a Luis Seoane, a Arturo Cuadrado. Maxia que facedes realidade, con este grupo comprometido, libre, plural e orixinal. Bicos e agarimos de Mafalda e Claraflor.
Parabéns polo novo ciclo aos "Lectores Galegos en Bos Aires".
Para xullo quizás poida estar por aí e gustaríame moito poder participar nunha das vosas tertulias literarias :-))
Xa falaremos...
Unha aperta
uihh! que falta de actualizar tem este blog. Algúns fazemo-lo diariamente!!!
Mais ganhas gentinha!!!
Moitas grazas a todos polas vosas visitas e disculpade pero son tempos de movemento. Estou deixando a pel dunha nai de neno pequeno para vestirme coa dunha nai de neno escolarizado e iso da traballo... vaia se da!
Cuspe, non deixe de escribirme cando estea por vir. Din os amigos que son unha bastante boa embaixadora-guia turística nesta cidade ;-))
Dá gusto ver o que facedes polo idioma desde tan lonxe! Que gocedes moito desta nova xeira lectora que comeza!
Bicos moi fortes
Estarei alá para o 2 de Agosto, Déborah. Farei o posible para estar convosco no Tortoni nesa data.
Biquiños
Cuspedepita, por favor non deixe de nos contactar (no correo lectoresenbosaires@gmail.com ou no meu que aquí está) xa que -tanto os integrantes dos Lectores Galegos en Bos Aires como nós as dúas- fainos moitísima ilusión ter amigos que veñen da terra como convidados no Tortoni. Agardamos esta visita con moita ledicia!!!!!!!
Postar um comentário