9 de mar de 2009

Eladina

.
Esta fotografía deixa ver a varias mulleres. Todas galegas. Todas galegas na diáspora. Mirádeas con atención.


Ainda non sabendo quen é quen, esas olladas e os sorrisos permiten entender que a señora do medio, vestida ela de negro e tan guapa, síntese feliz. As outras mulleres, a carón dela, axúdana a camiñar porque, ainda que non o pareza, ten 93 anos. Maruxa Boga ven de recebir a distinción Rosalía de Castro que entrega cada ano o colectivo de galegas na diáspora Herbas de Prata. É o día 8 de marzo do ano 2007. Detrás dela, a benquerida Dionisia López Amado, nai da Praza de Maio que foi quen entregou a roseira que simboliza ese recoñecemento.

Pero eu pídovos que reparedes noutra das mulleres da imaxe. A señora co vestido de flores que vai á esqueda de Maruxa Boga. Chámase Eladina Figueroa Boga e dela é que quería falar hoxe.

Este ano, por terceira vez consecutiva, Herbas de Prata agradeceu a tarefa de dúas galegas na emigración. Para iso, argallaron unha distinción á que chaman Rosalía de Castro e que representan cunha roseira. E para aquelas mulleres que foron quen de manter a presenza da Galiza na súas familias, ofrecen outro agradecemento ao que chaman Virxinia Pereira e que simbolizan cunha cameleira.

Para a distinción Virxinia Pereira, a do traballo invisible, este ano so chegaron 76 votos. A gañadora recebiu 38 deles. Trátase dela, de Eladina Figueroa Boga e ben sei que o nome dela non vos soa de nada. É normal porque Eladina leva unha vida de servizo a carón da súa curmá, da súa amiga de toda a vida, a actriz e xornalista galeguista e republicana Maruxa Boga. Como se dixo no acto do domingo, "se ainda temos a Maruxa con nós, iso ten unha explicación e chámase Eladina". Pois ela, a gañadora, preferiu quedar na casa. Facendo o que sempre fixo: atender á sobranceira xornalista. Porque, ademáis, confesou que lle daba moita vergonza ser premiada.
.

7 comentários:

Suso Lista disse...

Seguramente pra ela o millor premio foi cuidar a súa curman.Mulleres fortes e loitadoras son sempre necesarias. Apertas

Cuspedepita disse...

Parabéns para Maruxa e para Eladina polos seus premios !

Eu coñezo a alguén máis nesa fotografía ;-) A muller que leva a Maruxa do outro brazo, coa que estiven no Tortoni e despois.
Daslle unha aperta da miña parte?
Outra para ti :-)

Antón de Muros disse...

Os meus parabéns para esas mulleres galegas!

Unha aperta.

Antón.

Clara Flor disse...

Agora mesmo empecei escribirlles unha carta, son ambas tan maravillosas, tan complementarias, tan esquencidas e agora por fin, valoradas. Moitas grazas a Herbas por todo esto, e a ti, por contalo. Bicos

berlanga disse...

Mirar bien.
El trabajo invisible.
Lo que existe no es solo el centro de la escena, lo que más brilla, lo que más resalta, lo que más enfático o fuerte o dulce o; la belleza ahí al margen.

Ser y estar.

ÁB.

paidovento disse...

Adiante cos premios! Mulleres así son as que fan país, que bastante desfeito está.
Unha aperta.

JOCENDIR CAMARGO disse...

Seu belo e culto espaço mostra a inteligência, a força e a raça da mulher galega... nos dá a conhecer o quanto de guerreira existe nessas belas almas...
Parabéns...
Um beijo com meu carinho...