13 de mai de 2009

O pan e a escola en galego

.
Mentres pasa o que pasa, na cidade de Bos Aires, onde o salario básico é de 1240 pesos, unhas cincocentas familias pagan de 750 pesos a 1100 pesos cada mes para que os seus fillos sexan formados en galego no Instituto Santiago Apostol. Noutras palabras e traducido á economía dunha familia galega, o que cada unha destas familias na Arxentina pagan para a educación dos seus fillos por mes vale para mercar 205 quilos de pan (cada quilo custa 4.50 pesos promedio). Como o quilo de pan na terra custa 3 euros segundo o Presidente (uns 2,3 euros segundo o amigo albixoi), quere decir que cincocentas familias pagan en Bos Aires o equivalente a 615 euros (471,5 euros para os que sí mercan o pan cada día) por mes para que os seus fillos sexan formados en galego.
En galego.
Pagan.
615/471,5 euros por mes.
Para que os seus fillos sexan formados en galego.
Pagan.
En galego.
En galego.
En galego...
.

7 comentários:

albixoi disse...

Unha vez máis, atinadísima opinión. Grazas pola mención.

Cuspedepita disse...

Eses pais que pagan, miña querida amiga, sonche menos pailáns e quérense a sí mesmos e a súa cultura, a pesar de todos os pesares, que ti e máis eu sabemos que non foi doado recoñecerse galego en Arxentina.
Aquí, pola contra, algúns pagan para non estudiar en galego, mandan aos seu fillos estudiar a Ponferrada e cousas desas...
Creo que aínda están nun estadio anterior ao que chegaron os de ultramar. Quizá os seus fillos saiban reaccionar no futuro, eles non, eles aínda che teñen moito problema coa súa autoestima.

Apertas galegas

A zanfonista disse...

Interesante, iso non o sabía soábame. Saúdos.

mencía disse...

Hai que lle mirar o lado bon, mentras que aquí o Galego segue a ser menosprezado ahí é algo para uns poucos, poderíamos dicir "sibaritas dos idiomas", xa é sabido que cando algo custa moi caro é porque é moi valioso e a todos nos gustaría ter.
Parabéns para ises pais que tanto esforzo fan para que os seus fillos aprendan o galego.
Apertas

Xosé Manuel Carreira disse...

Benzoado sexa ese esforzo.

Chousa da Alcandra disse...

Ao final vai resultar que somente se valora aquelo que non se ten.
Exemplos na fauna hainos: tamén os cangrexos andan cara atrás...

Larvós disse...

Xuro que ves de me deixar sen palabras. Visto o visto, comezo a pensar que a todos nos viría ben ser emigrantes unha tempada. Está claro que nos perdemos algo.

Saúdos