3 de jun. de 2009

As vacas, a tolemia e a información

.
Di a Galipedia que a Encefalopatía Esponxiforme Subaguda ou Enfermidade das Vacas Tolas ou Mal das Vacas Tolas é unha enfermidade dexenerativa do sistema nervioso central dos bovinos, que se caracteriza pola aparición de síntomas nerviosos nos animais adultos e que, progresivamente, finaliza coa morte ou sacrificio do animal.

A vía de transmisión desta enfermidade coñecida ata o de agora é a inxestión polos animais de alimentos contaminados co prión e posiblemente de nai a cría. O prión causante da enfermidade acumúlase sobre todo no cranio (incluídos encéfalo e ollos), as amígdalas, a medula espiñal, o espiñazo, o intestino (do duodeno ó recto) e o bazo.


Na Galiza, os primeiros casos apareceron no ano 2001. O daquela conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria da Xunta, Cástor Gago, foi despedido polo presidente Manuel Fraga polo rexeitamento público e político logo de que se coñecesen os enterramentos ilegais dunhas 300 vacas mortas en Mesía, A Coruña.

O propietario dunha granxa chamado Fernando García Lesta foi convidado a lembrar aqueles anos primeiros do mal para un programa da televisión. Dicía esta semana: "Graváronme fai un mes e xa entón expresei as miñas dúbidas de que a reportaxe fósese a emitir. Non é que se contasen cousas que non se visen hai oito anos, pero parece que hai xente que non quere recordar".

Levaba razón o señor García Lesta. O programa non saiu. Porque "los criterios informativos cambian".
.

4 comentários:

AFP disse...

Esta semana em "Caixa Negra" tratarám este tema.

Unknown disse...

ían tratar, García, que ese foi -precisamente- o programa que non deixaron que saise porque refería a este tema. Seica os "criterios informativos cambian". Iso foi o que explicaron.
Apertas!!! e benvido a estes fíos :-)

paidovento disse...

Cando vin o programa da semana pasada sobre o "Casón" xa me parecía a min que "Caixa Negra" ía durar pouco. Tanta información sen filtro é perigosa e eles sábeno.

vakastolas disse...

Creo que finalmente vaise emitir.