
Unha visita pola longa lista daquí a carón dame a pista de que, cando menos, non foi un mal exclusivo. Paideleo fixo na súa páxina case que unha enquisa metendo unha estreliña nos blogs sen actividade. Son moitos!
Entón, cambio a miña pregunta do comezo: cándo foi que o blogomillo comezou a esmorecer?
Se cadra, levan razón os que din que é polo Facebook. A rede social construiu nestes anos unha ficción de achegamento moi forte. Tes alí á xente, as súas fotos, as súas ideas, o que pensan "neste momento", o que leron e o que queren que nós leamos.
Con todo, a comunicación redúcese a unhas poucas palabras. Non é igual que o blog. Por riba, ainda que ten alternativas para saber só das xentes que nos interesan, a vida dos outros métese alí dunha maneira imperativa. No blog, en troques, veñen de visita os que queren e deixan pegada só se lles apetece.
Non vexo, agora mesmo, incompatibilidade ningunha. Pero, visto o asunto, habelas hainas.
Cansámonos de escribir? Non temos máis que decir? Ou é que o blog, como formato ou como espacio, xa non nos vale?
Eu veño de volta. A ver qué pasa...
5 comentários:
Pois moi benvida! Algúns dos que quedamos por aquí seguimos regando de cando en vez as plantas do blogomillo ;)
Para min o blogo ten o ritmo que queira o autor e por iso sigo con el. Anque, a verdade, hai momentos que non está un inspirado e non sabe que escribir pero seguimos adiante.
Por certo, xa borrei a estreliña do teu blogo.
Eu tamén teño a intención de amañar o tema da estreliña. A ver canto me dura...
Benvida ;-)
Penso que non hai obriga para escribir nos nosos blogs.
Cada un fai o que quere e está ben ;-)
Apertas.
Antón.
Todos reflexionamos polo mesmo camiño. E aquí seguimos mentras nos siga enchendo da maneira que nos enche.
Postar um comentário