30 de nov. de 2005

Memória



¿Onde vai a memória dunha aldea cando morre o último dos seus habitantes?

19 comentários:

acedre disse...

A memoria vaise co derradeiro habitante. Logo so queda o baleiro ata que se redescubre esa aldea perdida e empeza a lenda.
Saudos dende os EEUU e creo que me levas unha hora de vantaxe no reloxio.

Mr Tichborne disse...

Onde é? Fermosa foto... pero un asunto triste. Gústanos esquecer, pero cando o facemos, deixamos algo no camiño

Veloso disse...

O profesor Alonso Montero dicíanos ás veces: "Cada vello que morre é unha palabra que desaparece". É unha triste realidade, pero aínda hai esperanzas. Nos últimos anos, por exemplo, estamos a ver o exitazo que teñen as casas rurais como novo xeito de turismo. Por outra banda, chegou o momento de acollermos nós a xente que vén de fóra na procura de novas oportunidades. No lugar do Reguengo, moi préto de Silvaoscura, vive dende hai un par de anos unha familia de romaneses. Polo que sei, están moi integrados no pobo, sobre todo os rapaces. Pode que estea neles o futuro das nosas aldeas.

Anônimo disse...

Dificil resposta. Eu por se acaso estou recompilando as lendas do meu pobo. Se se escriben é mais dificil que morran.
¿Onde foi feita a foto? Para sabelo podedes ir a un proxecto que estou a realizar co responsable de arquitectura galega: unha especie de mostra virtual da nosa arquitectura popular (tradicional), na que estades todos invitados a participar:
http://www.arquitecturagalega.net/novaweb/component/option,com_zoom/

Anônimo disse...

¿Onde van as palabras dunha lingua cando xa non a fala ninguén?

TXARI disse...

quedam impregnadas nos cortizos das árbores ou surcan as aujas dos ríos que nom ha ham de abandoar...o bonito sería saber recuperala de quem fose o seu depositario...

torredebabel disse...

acedre, vivir con so unha hora de vantaxe é case vivir en sintonía. Gustaríame que non fose verdade iso que dis, que a memoria vaise co derradeiro habitante, pero moitas veces, iso é así: como di mr tichborne, gústanos tanto esquecer... Sei desas casas de turismo rural e do éxito que teñen, o meu primo Lisardo ten unha idea desas para a nosa aldea e eu son a primeira fan do asunto. Tamén as xentes de fora poden ser unha oportunidade. Pero é moi dificil... sei de tantos arxentinos, fillos de Galicia, que non souberon ou non puideron vivir alá, na terra, e voltaron. Por iso, penso que o traballo que fai Xavier é marabilloso. Viaxei pola web do seu concello e da Arquitectura galega e quedei feliz de que alguén fixese unha cousa así de valiosa. Alí atopei a foto e a escolla non foi doada porque hai moitísimas, unha mais fermosa ca outra. Náufrago, as palabras dunha lingua que ninguén fala durme nas letras escritas (se as hai, claro) e un dia, con sorte, alguén descobrirá-as e porá-lles novos sons. Porque os vellos sons, eses se foron coas voces que xa non están. txari, se algunha vez atopas o xeito de recuperar esas memorias que gardan as árbores e as augas, por favor non che esquezas de mo dicir. Graciñas a todos polas suas palabras!!!

hojasdehierba disse...

Últimamente penso moito niso, ainda que nun plano familiar... Meus avós son cada vez máis vellos, claro, e ás veces sorpréndome intentando lembrar se era a avoa de miña avoa aquela que... Vaia, algunhas historias que nos contaba miña avoa da súa familia. Non é moi dada a facelo, pero algunha noite caeu algunha.
Ás veces dan ganas de pedirlle que fale e ir apuntando nun caderno.
Gostei do seu blog.

torredebabel disse...

hojasdehierba! que sorpresa mais boa! contoche unha cousa: na adolescencia, despois da morte do meu amado avo Xoaquín, levei caderno e lapis e pedinlle á miña avoa que me fora axudando a debuxar unha árbore xenealógica. Mentres ia dicindo os nomes, as histórias da xente aparecían soas... Fixen o exercicio moitas outras veces. E sempre é máxico. Non perdas a oportunidade!!!! Benvinda! que estes fios invisibles fagan nós entre as nosas galeguidades diferentes e parecidas, tamén. Apertas!

albixoi disse...

Acabo de descubrir este magnífico blog. Os meus parabéns polo seu contido. Sobre a reflexión que fas, eu ultimamente tamén levo pensado moito no tema: a desaparicion da aldea xenuinamente galega. A globalización vainos devorar a todos. Teño sobre o tema un pensamento completamente negativo. Non hai volta atrás. A súa desaparición é un pouco a nosa desaparición.

Anônimo disse...

Moitas gracias polos teus parabens. Fronte a globalización só nos queda a glocalización (contracción de actuación global e local ó mesmo tempo), e dicir, recobralo coñemento de todo ó rexional ou local(e por en valor todo ó noso, por suposto). Se non facemos iso podemos pechar e tirar ca chave.

edu disse...

a supervivencia dunha lingua na escrita é cousa ben triste.

unha lingua é mentre se fala, mentres se chaman as árbores e os paxaros coas súas palabras, e mais as máquinas e os espazos virtuais.

mentres se liga con ela, se traballa con ela, se come con ela.

esa ten que ser a aposta. a supervivencia escrita é derrota.

torredebabel disse...

Sei de alguén (coido que un académico) que dicía que en Bos Aires tiñamos o idioma galego que se falaba hai 50 anos en Galicia porque os emigrantes ainda falan como o facían na aldea. Entón, o xeito de coñecer ese galego é vir acá. Tamén li á linguista Eva Gugenberger dicindo que en unha década (coma moito 15 anos) o galego vai morrer na diáspora cando morran os velliños que ainda o falan xa que eles non llo ensiñaran aos fillos nen aos netos... E iso é verdade. Eu (que falo moi mal e escrebo ainda pior) levo este blog para que o galego viva un pouco mais deses 15 anos na diáspora. Moito mais!!!

Satine, coma sempre, gracias polas tuas historias e palabras. Xavier, quedo coa tua palabra que pareceume marabillosa "glocalización"! Benvindo, Pablo! eu non quero a nosa desaparición e o meu fillo chámase Santiago por unha historia galega que xa vou contar. A galeguidade vive mentres nos vivamos. Ollo, tamén por aca digoche gracias! e a nosa lingua ainda non morre... ainda se liga con ela, se traballa con ela, se come con ela e se canta con ela.

Laurindinha disse...

Moi triste, mais na miña aldea ten pasado algo semellante sen desaparecer tódolos seus habitantes... de súpeto un día decatámonos de que xa non quedaban vellos, e a memoria comezouse a extinguir...

torredebabel disse...

ay laurindinha! como foi que pasou iso? ninguén lembra as historias que contarían eses vellos? Foronse con iles?

Laurindinha disse...

a globalización que deixa un pouso pouco agradábel... os que quedaron non souberon valorar todo o que tiñan aprendido cos que se foron...

torredebabel disse...

non sei por qué será, pero levo anos atopando as piores miserias da globalización, do consumo como obxectivo na vida, da cultura única e do pensamento único e non podo ollar para as cousas boas que tamén terá... digo eu, que terá algunha, terá????

llll disse...

pasei a fin de semana en Ribadeo, Asturias e despois vivieiro. neste último lugar, na parroquia de Cavanas, coñecín a uns vellos que vivían afastados de todo, no alto dun monte, entre dúas casas humildes. estaban tan entusiasmados coa nósa visita, que saímos dalí cargados de queixos e cuarzos enormes que se dan moito na zona. había tempo que non me atopaba xente tan auténtica. e é certo que cada cal tiña algunha palabra propia que o identificaba.

beijos

torredebabel disse...

Sara, quen me levara a ese recuncho de Canavas!! hai tanta história auténtica, como dis, en cada velliños... mágoa que se perda.
Apertas!