20 de dez. de 2005

Las causas

Ainda que non sexa en galego, este poema de Jorge Luis Borges di con moito máis talento do que eu nunca terei na miña vida, iso que eu quero decir a todos vostedes neste derradeiro recuncho do ano.


Los ponientes y las generaciones.
Los días y ninguno fue el primero.
La frescura del agua en la gargantaDe Adán.
El ordenado Paraíso.
El ojo descifrando la tiniebla.
El amor de los lobos en el alba.
La palabra. El hexámetro. El espejo.
La Torre de Babel y la soberbia.
La luna que miraban los caldeos.
Las arenas innúmeras del Ganges.
Chuang-Tzu y la mariposa que lo sueña.
Las manzanas de oro de las islas.
Los pasos del errante laberinto.
El infinito lienzo de Penélope.
El tiempo circular de los estoicos.
La moneda en la boca del que ha muerto.
El peso de la espada en la balanza.
Cada gota de agua en la clepsidra.
Las águilas, los fastos, las legiones.
César en la mañana de Farsalia.
La sombra de las cruces en la tierra.
El ajedrez y el álgebra del persa.
Los rastros de las largas migraciones.
La conquista de los reinos por la espada.
La brújula incesante. El mar abierto.
El eco del reloj en la memoria.
El rey ajusticiado por el hacha.
El polvo incalculable que fue ejércitos.
La voz del ruiseñor en Dinamarca.
La escrupulosa línea del calígrafo.
El rostro del suicida en el espejo.
El naipe del tahúr. El oro ávido.
Las formas de la nube en el desierto.
Cada arabesco del caleidoscopio.
Cada remordimiento y cada lágrima.
Se precisaron todas esas cosas
Para que nuestras manos se encontraran.

Las causas - Jorge Luis Borges

15 comentários:

Marinha de Allegue disse...

Gracias linda.Borges é un dos meus favoritos tes moi bo gusto.
MUUAAA, MUUAAA e REQUETEMUUAAA.
:)

Laurindinha disse...

Paréceme precioso este poema de Borges...
Un dos poemas que máis me gusta del é un que escribiu ó final da súa vida no que expresa que se volvese a comezar a súa vida interaría cometer máis erros, facer máis cousas sen temor a facelo mal ou a que acontecese algo malo... Pareceume un poema tan sabio, como un agasallo de sabedoría que me entrega unha persoa de 90 anos... E tento seguir o seu consello...

torredebabel disse...

Canta alegría que o poema sexa lindo para ti, Marinha!!! a ver se atopo algún conto deses que deixan a un pensando uns días...

satine e mare aberta, moitas gracias polos desexos e gustaríame que o ano 2006 sexa marabilloso para todos. Eu xa teño dabondo con este 2005 que me abriu a porta deste ciber-mundo-galego no que conocin persoas tan fermosas como vos.

Laurindinha, é como dis, Borges foi un home polémico pero xenial. Moitas veces, atopo algún conto, algún poema que dí iso que eu quero decir pero dun xeito que eu nunca podería deci-lo. Gracias!

folerpa disse...

Este poemas e un dos meu favoritos Para min a poesía de Borges supera a súa narrativa. Os seus sonetos son os mellores escritos en castelán. Unha aperta dende esta beira do charco.

Mr Tichborne disse...

Borges, marabilloso... Gracias polo agasallo

estibaliz... disse...

Un dos seus poemas que prefiro. E non sei por qué pensei nel nestes días. Nel e no que se titula "La dicha".

Coincidencias na cibermalla. Ti do teu lado de alá, eu no meu lado de acá.

Para ti será ao revés.

Biquismas

Anônimo disse...

Borges sempre será o gran mestre.
Muitos bicos e apertas.
Carmiña

FraVernero disse...

Borges, en verdade, é tan marabilloso como polémico. Espléndido o poema, turris babélica...
Sempre tiven unha relación estraña co autor das 'Ficciones' e outras tantas pequenas xoias... O seu famoso relato 'Tlön, Uqbar, Orbis Tertius' tentárame a facer toda unha continuación que, por suposto, desmerecería da do Grande Xenio. Máis que continuación, sería unha aceptación do marco que crea ese relato, pasando a escribir sobre o arte e a cultura neses países imaxinarios...
Mais a preguiza... Accidia maleva, por algo é un dos pecados capitais que persegue as vellas taboas pintadas do Bosco...

Un bó Nadal para tod@s!

Anônimo disse...

Tengo envidia de Penélope; el bien que podría hacer un Artipractor con un lienzo infinito!!!

edu disse...

un bico grande, torredebabel. agradezo sempre borges. tan exacto.

creo que o poema ese que menciona laurindinha non é del, aínda que se deu a coñecer postumamente coma se o fose.

e de acordo con folerpa, borges é superior na poesía.

un bico grande. que o 2006 sexa sereno.

torredebabel disse...

Gracias a todos polos comentarios. Folerpa, qué marabilla que teñas este poema tamén entre os teus favoritos, como eu. Eu tamén atópome mais fascinada polos poemas que polos contos ainda que os seus contos sexan dos mellores que teño lido.

Mr Tichborne gracias digo eu cada día que atopo unha nova história na tua páxina. Eses son agasallos!
Estibaliz, fermoso ese poema do que falas. Tamén pensei nil (e en outros) pero quedei con Las Causas porque é o primeiro que me viño á cabeza e quixen gardar esa primeira idea. Coincidencias, como anotaches!

Carmiña, moitas gracias pola segunda visita. É como dis, ainda que polémico, Borges sempre será o gran mestre. E FraVerner, tes que facer a continuación de 'Tlön, Uqbar, Orbis Tertius' que o mundo é dos valentes e a preguiza ten un remedio moi bo: o traballo!!!! ;-)

Artipractor, como sempre, moitas gracias polos comentarios e a tua páxina cada día me surprende mais!

Señor ollo, moitas gracias pola visita e o comentario coincidente. Efectivamente, o poema do que fala Laurindinha non é de Borges nen de García Marquez a quen llo atribuian. O seu autor é un ventrílocuo peruano, pero pensei que o dato non tiña importancia porque Laurindinha atopou neses versos algo que ia mais lonxe e ao mesmo tempo algo íntimo dela que non tiña necesidade de confirmar co nome do autor. E esa -penso- é a maxia da poesía. Atopar algo dun nela. Ben o sabe vostede que é un poeta marabilloso!

edu disse...

vale, vale... agradezo a gabanza que sei inmerecida.

evidentemente tanto ten o autor dun poema se produce a emoción.

non fose así, proscribiriamos os poemas dos poetas que son malas persoas, ou cousas peores e non o facemos.

bicos grandes, pásao ben mañá e pasado e manda algo de caloriña para estes lados que vai frío e chuvia.

acedre disse...

Pois tivo que pasar toda a historia da humanidade para chegar a ese amor e a todolos amores.
Unha forma mui bonita de dicir que se ama a unha persoa.
Saudos.

torredebabel disse...

mando, señor ollo, eu mando todo o que vostedes queira que acá temos dabando!!!
acedre, iso ten Borges que me gusta tanto, a história da humanidade é materia fermosa para decir cousas fermosas. Algo que non todos podemos facer...
Apertas!

Veloso disse...

É fermoso: o mundo roda, vai frío, é inverno e aquí estamos un fato de persoas máis ou menos descoñecidas falando de Borges. Os perigos de Internet, sen dúbida.
Un bico, Torredebabel, feliz ano novo.