9 de mar. de 2006

Correspondencia /I


Moitas histórias de cartas e correpondencia temos na diáspora. Coido que por cada unha das nosas haberá outra xemelga na terra. Das que contan os meus, esta é a que máis me gusta.


A miña avóa tería daquela algo máis de 8 anos e a Arxentina non era nin siquera futuro. Un daqueles días claros na aldea, atopou no fondo dun baúl esquecido na casa un atado de cartas de amor que o seu pai atesouraba lonxe de miradas equivocadas. Había moitas asinadas por unha muller. E había só unha escrita por il. Comenzaba así: "Florípides, bella princesa". Non tanto polo uso do castelán, senón porque a nai da miña avóa non se chamaba Florípides senón Ana, a pequena Xerónima quedou desconcertada.

Non sabía, como soubo logo, que Florípides era unha muller da terra que tiña marchado con él e cun curmán para Cuba, nalgunha desas viaxes non tan longas que se emprendían entón na procura de traballo e unha vida menos famenta. Con ela, don Emilio seica tivo amores, ainda que non foi o único, ou eso decían as voces.

"Sen malicia nengunha", como ainda se defende cando lembra o asunto, a pequena e os seus poucos anos de inocencia entregáronlle o fardo de papeis á nai. "E foi o demo", aclara e fai silencio porque á miña avóa dáselle moi ben a síntese cando fala das cóleras, carraxes e enfados dos seus pais.

E así foi como Florípides, dende entón, sempre fíxose un lugar nos berros que a bisavóa Ana dedicáballe ao home cando tocaba discutir. Pero eran outros tempos e un matrimonio non se terminaba por algo tan pouco transcendente.

18 comentários:

Basho disse...

Uma história genial, como sempre. As discussões dos casais que levam tempo juntos são terríveis, porque o tempo arma-nos com facas bem afiadas e ensina-nos a atirá-las onde mais doem. É o que melhor apreendemos das nossas parelhas.

acedre disse...

Eu sei da historia dun que emigrou ao Brasil e deixou a noiva embarazada en Galicia. Esta muller non sabia ler nin escribir e mandoulle a unha vecinha que lle escribise ela e quedou de acordo en facelo. O conto foi que esta vecinha queria estar co ese home emigrado e contoulle historias falsas que fixo que o emigrante desprezase a noiva e que acabase casando coa que escribia as cartas.
Foi un caso real e un exemplo das emocions que poden provocar as cartas.
Un saudo.

máis alá disse...

Acedre, iso da para unha novela.
Eu teño un bo paquete de cartas que nos escribimos eu e máis a miña muller cando eu estaba na "mili", supoño que algún día as leran os netos, aínda que non van a atopar amores estraños.

Anônimo disse...

Fermosa carta, as cartas vellas teñen un aquel… Din moito máis do que poñen.
Unha aperta

FraVernero disse...

Ams...
pois eu poucas cartas teño, ou. Alén, coa miña horrorosa caligrafía, atopeille moito máis gusto ao correo electrónico, anque sexa máis fuxidío... O cal tamén pode ser mellor, tendo en conta as vergoñantes formas que temos de abrirnos aos demais e expor os nosos sentimentos en certos textos...
Se despois de todo, repuna ver un cadáver aberto pola metade e coas vísceras na mesa do lado, o mesmo pasa con esas tripas espirituais...
As parellas, de certo, aturaban máis antano. Hoxe seguimos máis a cultura do kleenex -usar e tirar, pouca paciencia. As parellas como obxetos de consumo-, mais tampouco é bon idealizar o pasado e os seus espectros patriarcais.

Anônimo disse...

É unha historia deliciosa que conta con un nome de muller que realmente dase para o "insulto" familiar...
Ay, aqueles tempos en que as cartas eran o mundo de comunicación...
Tiven unha compañeira que iba roubando ovos a sua nai para vendelos e poder comprar os sellos das cartas o noivo que estaba facendo o servicio en Africa...
¡Qué tempos!!
Bicos.

Anônimo disse...

A miña avoa aínda recita de memoria a dirección á que lle mandaba as cartas ó seu pai, cociñeiro en Lisboa, cando era pequena. Rúa da Horta Seca, nº8, creo que era.
Agora chégase nunhas horas en coche. Que cousas.

Veloso disse...

Fermosa historia. Florípides é un nome espantoso para a vida real, pero raramente evocador e literario para a vida epistolar. Un saúdo dende a primaveral tarde zamorana.

Anônimo disse...

Unha historia moi bonita, como sempre. "Florípides", qué nome, eh...

Saúdos

Anônimo disse...

"E Arxentina non era nin sequera futuro". Que fermosura de frase.

TXARI disse...

as surpresas son um vieiro de dobre fío, e os segredos ou se destrúen ou rematan aflorando....evocadora histria, coma sempre,...

nenodanorita disse...

Hai uns anos, cando morreu miña avoa, buscando polos papeles para arranxar o endemoniado asunto sucesorio tiven ocasión de atopar as cartas que miña bisavoa lle escribía dende "Lomas del Mirador" a miña avoa que vivía acó. Podo asegurar que son as letras máis tristes que lin na miña vida, as letras dunha nai sabedora que lle quedaba pouco e non era quen de xuntar os cartos para vir morrer xunto a sua filla... A historia da nosa emigración daría para encher enciclopedias que poderían comprender todas esas cartas que foron saltando dun lado ao outro do atlántico.
Unha apreta moza

Ghanito disse...

Bonita historia polo que ten de evocadora, e moi ben contada, si señor.
Mágoa que se perderan as cartas, a literatura epistolar é un dos poucos camiños nos que sempre se coidou a linguaxe.
Tamén é certo que a web, o teléfono e os modernos transportes permiten manter mellor o contacto na longa distancia.

Sergio Makaroff láiase tamén nunha canción de que xa ninguén escrebe cartas a non ser el (e a súa nai).

Laurindinha disse...

Que historia tan bonita...
Encantoume a túa última frase, realmente xenial!

edu disse...

ai, torredebabel... unha historia terríbel... chea de soidades e desencontros...

a pobre da túa avoa non imaxinaba con oito anos as tormentas que desataba.

Anônimo disse...

Sempre contas todo dun xeito tan agarimoso...

Unha aperta forte.
:)

estibaliz... disse...

Grande historia. Supoño que Florípides nunca sospeitou que estaba presente nas discusións daquel matrimonio. Talvez ela, ou o seu home, tiñan outros nomes na boca que poder cuspir con carraxe e ciumes. Nomes como Ana (outra Ana), Prímula, Lucía, Romualdo... E así sucesivamente nas delicadas galerías internas de cada parella...

torredebabel disse...

Moitísimas gracias polas palabras e histórias!! sodes tan pero tan agarimosos e amables! Mágoa que Parzival teña tanta razón, pero eu penso que eses xeitos de amor-odio forman parte de xeracións pasadas. Hoxe, penso eu coma dixo Fravernero, os matrimonios valoramos moito mais os sentimentos, o compañeirismo, e tamén as mostras de amor, que fai só dez anos eran case que impúdicas.
Falando de cartas e correspondencias, cantas histórias fermosas e terribles que podense contar sobre elas... Acedre, é verdade que a que contas é para novela. E qué novela!!! E tamén poden ser para novela as de máis alá, ainda que niguén atope "amores estraños" e as lágrimas que saen das cartas que atopou o nenodanorita. E tamén a história que conta Carmiña sobre a compañeira que roubaba ovos a sua nai para comprar os sellos.
E sobre o nome, concordo con Veloso e Larvós, o nome é espantoso. Ainda que eu penso iso moi influida pola opinión da miña avoa, claro! xa que así chamábase a Dona Flor de Jorge Amado e ese libro gustoume moitísimo!
Laurindinha e Marinha, sempre sodes así de fermosas nestas fiestras de comentarios. Moitas gracias! Tamén ohqtordv, sempre gracias!
E benvido Ghanito!! e estibaliz... a tua visita sempre é un agasallo. Como a de todos vos que, ainda non entendo pero chégame para agradecelo a vida toda, seguides abrindo esta páxina.