19 de mar. de 2006

A fin da terra

Curioso lugar este planeta, que non ten unha fin senón duas. Ou moitas. Iso conta a escritora arxentina María Rosa Lojo, filla dun galego republicano e exiliado, na súa última novela: Finisterre (en castelán) / A fin da terra (en galego). Ela prefire a expresión "exiliados-fillos" e defende a diferenza. "Exiliados hijos. No, meramente, hijos de exiliados. El exilio en primer lugar, como articulación sustantiva de la vida, como ubicación fundadora de la existencia. Una ubicación paradójica, por cierto: para estos hijos hay dos dimensiones del espacio: la real-aparente, que pisan con sus pies, y la real-esencial, que ni rozan los pies ni ven los ojos vivos: mítico reino del Origen, fuente primordial, donde se ha hecho la materia de la sangre, donde se oculta la raíz de la memoria. Así pues, aunque muchos de nosotros seamos vástagos de socialistas agnósticos o de comunistas ateos, estuvimos -desde nuestro azaroso nacimiento en tierra extraña- condenados ab initio a la Metafísica", explica nunha autobiografía conmovedora.

Nun país que recibiu millóns de galegos, é doado pensar que unha chea de escritores arxentinos (novos e vellos, talentosos e non tanto, exitosos e anónimos) teñen na sua história un avó galego. É doado pensalo pero imposible atopalos. Ou, polo menos, descubrir esa pegada galega na sua obra. Entre tantos que esquecen, Lojo lembra e loce a sua galeguidade. Nas novelas e nas investigacións científicas que fai como académica.

A fin da terra reúne memorias e personaxes da Arxentina, de Irlanda e de Galicia que falan das orixes, das identidades e das vidas que se viven un pouco alá e outro pouco acá. "Nun invermo Londinense, alá polo 1874, Elizabeth Armstrong comeza a ler as cartas que inesperadamente lle chegan desde Galicia, desde a afastada vila de Fisterra. A súa correspondente Rosalind promete nelas rachar o teimudo silencio que sempre rodeou o nacemento da protagonista no Río da Prata. As súas cartas lévana corenta anos atrás, á Arxentina, á tribo dos indios ranqueles, á súa propia orixe".

Sobre ela, a súa história, o seu traballo, a galeguidade na Arxentina, o nacemento desta última novela que vai ser presentada en Galicia esta semana, e sobre o oficio de escribir, fala nesta entrevista que lle fixen. Sobre A fin da terra fala tamén. Porque ela que ten a sua memoria alá e a sua vida acá, ben sabe deses lugares máxicos. Eses extremos "onde nos enfrontamos ao descoñecido, ao misterio que cadaquén leva dentro de si mesmo".

17 comentários:

SurOeste disse...

Moitas veces me teño preguntado como era posible que en tan poucas ocasións se teña abordado o tema da emigración galega en América(centos de miles de emigrantes galegos e os seus descendentes). Na literatura galega tense tratado o tema, fundamentalmente, desde a perspectiva dos que quedaron, aínda que algúns escritores que tiveron esa experiencia (Castelao, Neira Vilas, Celso Emilio, Lesta Meis...non pretendo ser exhaustiva) tratan o tema. Moi poucas veces desde América. Moi poucas veces desde o punto de vista dos descendentes. Non temos esas voces. Temos ese votos pero non temos esas voces, curiosamente. Nin en galego nin en castelán. Si en portugués brasileiro: Nélida Píñón.

Se algún descendente de galego xa chegou a ser presidente de Arxentina, como é posible que non haxa un escritor descendente de galegos que nos quixera contar a vida desde esa perspectiva? Un Saul Bellow galego.Só atopo unha explicación: vergoña de confesarse descendentes de galegos, a mesma que moitos galegos senten por falar a súa lingua. Que ben nos lavaron o cerebro!

Marcos Valcárcel López disse...

Veño de coñecer agora mesmo o seu blog, que, dende agora, consultarei a cotío (graciñas por incluírme nas ligazóns: as uvas na solaina). Sobre o debate de emigración e literatura, era unha das queixas repetidas de Blanco Amor: a Galiza fáltalle unha gran novela sobre a emigración. Quizais el mesmo pensou en escribila, pero, mágoa, non o fixo. Un saúdo moi cordial dende a Terra.

Marcos Valcárcel López disse...

Veño de coñecer agora mesmo o seu blog, que, dende agora, consultarei a cotío (graciñas por incluírme nas ligazóns: as uvas na solaina). Sobre o debate de emigración e literatura, era unha das queixas repetidas de Blanco Amor: a Galiza fáltalle unha gran novela sobre a emigración. Quizais el mesmo pensou en escribila, pero, mágoa, non o fixo. Un saúdo moi cordial dende a Terra.

Anônimo disse...

O texto en cursiva e o que conta na entrevista de “espacio simbólico al que nos sentimos pertenecientes” resulta do máis esclarecedor, o teu traballo paréceme esplendido.
Unha aperta

acedre disse...

Ten unha pinta estupenda ese libro e gustoume a entrevista.
Tamen quero agradecer a atencion que tiveches felicitandome no meu blogo. A ver que tal se me da iso de ser pai !!.
Un saudo.

máis alá disse...

Non ten nada que ver pero, coñeces www.bivir.com ?

Nemeth disse...

O xoves que vén preséntase o libro 'A fin da terra' na Sargadelos de Compostela.

torredebabel, a miña simpleza non ten comparanza coa fermosura das túas palabras :) é un pracer lerte e saber desas terras tran achegadas ao meu ser, graciñas

apertas

Ghanito disse...

Dunha desgraza tan grande como foia fame, a miseria e asúa consecuencia, a emigración naceu algo tan grande como é a nosa diáspora.

Encantame ler o que escribides por aló (haberá que sacar tempo para ler "a fin da terra" que ten boa pinta) e cando leo o teu blogue sinto ese estúpido orgullo de dicir: mira, que isto escribe é unha galega.

Sempre que pensei na Arxentina pensei na familia que aí teño, agora tamén penso nestes Fíos invisibles.

Veloso disse...

Moi interesante e aleccionador o que contas, como sempre. Para esta fin de semana, cando vaia a Vigo, xa teño outro propósito que cumprir: mercar o libro de María Rosa Lojo. Unha aperta, Torredebabel, no principio da primavera, cando comeza a cantar o cuco.

edu disse...

o texto da lojo foi escrito orixinariamente en castelán, supoño. a tradución é dela? agardo poder achegarme mañá á presentación. maría rosa vaiche deber a ti bastante público do blogomillo :-)

Veloso disse...

Se non me equivoco, a tradución é de Ramón Nicolás.

verdello disse...

coincido con ghanito, tamén me encanta ver o que escribides por aló e louvo o teu traballo.

unha aperta por amares a lingua

Laurindinha disse...

Estarei na presentación en Compostela... queda moi pretiño da miña casa...
De novo, dende a distancia, fas medrar aínda máis a miña galeguidade... Unha aperta!

Mr Tichborne disse...

Pouco que engadir... un bico transoceánico e parabéns polo teu traballo

Anônimo disse...

Escoitei en Compostela a Rosa Maria Lojo e fiquei con profunda emoción, coma todos os presentes. A sua linguaxe trascende, e a sua mensaxe e universal. Falou de ti a saida, asi que a ver se podemos conocernos, cando vaia a fin de abril por Bos Aires, para falar da Galiza global, da que vos formades parte, e da que vos felicito profundamente, por aportar tanto, por dar a entender a pechada sociedade galega por momentos, que sodes parte dela, porque a identidade non entende de fronteiras.

Anônimo disse...

Moi interesante sen dúbida, mais entereime tarde, estes días teño problemas para accedera internet.
Sempre me gusta lerte, un pracer pasar por aquí...

Unha aperta grande.
:)

torredebabel disse...

SurOeste tés razón, ese é un tema interesantísimo e moi dificil no que, penso, a vergonza e a diglosia teñen moito que ver. Coido que por ese camiño pódese entender por qué non hai novelas, contos e poemas arxentinos dabondo nos que a migración galega e a galeguidade sexan tema central. Pero penso que sempre estamos a tempo. Se eu tivese algo de talento, sen dúvida o tería feito. Como non o teño, espero e valoro a quen -como Lojo- poden facelo fermosamente...
Benvido Marcos! qué ledicia ler a Blanco Amor, non só pola calidade da sua obra, senón pola lucidez do seu ollar sobre a lingua, a emigración, os galegos de acá e os dalá. Mágoa que, se algunha vez pensou en escribir esa gran novela sobre a emigración da que falas, non o fixera. Moito ben teríanos feito!!! (PD: tes un blog fermoso!)
Coma sempre, gracias SZ e Mr Tichborne (lonxe vai o meu traballo de ser espléndido pero moitas gracias por anotalo), acedre (iso de ser pai é unha das experiencias mellores que ten para ti a vida. Xa o verás...), máis alá (sisi, coñezo a biblioteca ainda que non vou por esa páxina todo o que me gustaría), Nemeth (graciñas pola información: eu non sabía ben as datas e os lugares das presentacións), Ghanito (fixéchesme sorir e sentir vergonza ao mesmo tempo!! moitas gracias polo que escribiches, un dos meus desexos máis grandes é -algunha vez- merecer estas palabras tuas), Veloso (diríache que gracias polo que anotaches, pero deixoas para a tua novela. Qué fermosa!!!!! estou case terminandoa e sinto a curiosidade de saber e a desesperación por que non se acabe...), Edu (efectivamente, o texto foi escrito en castelán xa que Lojo ten aquelo da "deformación profesional" que non a deixa escribir mal coma min), e verdello (moitas gracias tamén!! e tes razón: eu amo profundamente esta lingua). As fermosas Laurindinha, satine (benvida de novo!!!!!!!!! dame moita moita alegría que esteas de novo por acá!) e Marinha, moitísimas gracias polas suas palabras (estas e as de sempre).
Deixo o último agradecemento para o "usuario anónimo" que me trouxo anacos e retrincos da presentación de María Rosa en Compostela. E algo máis: POR FAVOR non deixes de escribirme ao correo do blog (fiosinvisibles@gmail.com) cando veñas a Bos Aires. Cada un de vostedes que ven á Arxentina é un pouco da terra e eu necesito esas presencias porque fanme máis feliz do que xa son (e iso que son unha muller moi feliz a cotío!). Por favor, non deixes de escribirme!!!