Abrín a páxina de
estalote e quedei cun nó no peito, como llo contei
aí mesmo. A miña nai levaba pouco tempo vivindo na Arxentina (chegara so meses antes de Galiza un mes antes de facer os seis anos) e -como os pais non tiñan cartos para mercarlle lapices de cores para a escola- ela e o irmán pequeno recollian do lixo os que os outros nenos tiraban porque xa eran moi pequenos para usalos ben. Mágoa que ás veces, algúns non lembren que fai non tanto tempo eles eran os que chegaban ás praias alleas...
21 comentários:
Pero mentres haxa xentiña coma ti mais eu, que non o esquecemos...algo se poderá facer non é?
Biquiños!
Por desgraza temola mala costume de esquecer a nosa propia historia.
Hai de todo: hai persoas que rexeitan a súa propia historia e transfórmanse en verdadeir@s tiran@s e tamén hai xente que aprende e actúa en consecuencia. Esquencer as orixes pode incubar patoloxías graves.
Unha aperta grande grande.
:)
http://www.laopinion.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=58519&pIdSeccion=9&pNumEjemplar=2528
A verdade é que tardamos ben pouco en esquecer o noso pasado. Que non é tan pasado que seguimos a emigrar.
o peor, coido eu, é o cinismo da dereita máis dura, que é quen obtén o maior beneficio da man de obra barata na que se converten unhas ilusións.
Un saúdo
A sociedade galega esquenceu que arrderor dos buques que saian de Vigo ou A Coruña, tamén funcionaban mafias, igual que en Africa. Esquenceu o legado da diáspora, a dor e o desarraigo. Non imos parar ate mudar esa imaxe, non si, querida torredebabel?
Filla de emigrante actutal ve os debuxos de Marco e dime: " súa nai tamén se foi. Coma nós". Sorprende, verdade?
A emigración é un fenómeno que se perde na noite dos tempos, e nós sufrímolo moi especialmente... creoq ue a xente o recorda, pero se ampara en "era distintos" de diversos tipos...
saúdos.
En 1948 todos los países adscritos a Naciones Unidas ratifican la Declaración de los Derechos Humanos en la que se reconoce que "toda persona tiene derecho a salir de cualquier país, incluso del propio, y a regresar a su país". Sin embargo, en la Declaración no se incluye la obligación de los países de destino de permitir la entrada.
ao final teñen que vir os alemáns a calmarnos e dicirnos que 25000 inmigrantes non son tantos. todos somos inmigrantes, de ourense en vigo, de vigo en barcelona, de paquistán en barcelona... que máis ten! ninguén liscamos da casa por gusto.
unha aperta
Sublime...Saludo!
Temos un resfriado de amnesia colectiva incurable...
Hoxe en día a sociedade española e tamén a galega, lamentablemente, viven ollando para ese furadiño pequeno que hai na barriga: embigo. Teñen un mal: o embiguismo. Porque a súa autosuficiencia non lles permite entender o que está a acontecer. O certo é que aínda é máis magoante no caso galego por sermos un pobo emigrante dende hai 2 séculos. A Galiza interior precisa dunha rexeneración que debería vir, en parte, da Galiza exterior que ten, por historia e biografía unha ollada moito máis abranguente. Velaí a reflexión de torredebabel dende a outra beira "galega" do atlántico. Un saúdo.
Cuestiones de la memoria selectiva. Lamentable pero cierto que es mucho mas sencillo ser egoista que prestar un poco de atencion por los demas.
que razón tes, moi pronto esquecemos.
todos/as somo todo, e todo nos revirte, uma milhora nosa é uma milhora de todos/as...comprensión, e determinaçon...
si, supoño que para os políticos hai lembranzas de 1ª e de 2ª clase. Era unha obriga moral recoñecer aos homes e mulleres que loitaron e deron, moitas veces, a sú vida na Guerra Civil...non se pode esquecer. Mais esta lembranza non implica o olvido dos que tiveron que marchar da súa terra; non implica esquecer que os que un día forno na barca ou no tren foron os nosos avós, ou os nosos bisavós.
Unha apreta moi grande...
Ben certo o que dis. O ser humano tende a ser moi desagradecido, ou a padecer unha "cerat amnesia", cando le convén. Un saúdo. Por certo, as túas consideracións, que sempre lin no blog de "asuvasnasolaina" parécenme do mellor! unha aperta Babeliana de
Yoli :-)
Graciñas polo teu comentario.
Seguro que esta reportaxe che resulta interesante:
http://www.20minutos.es/noticia/159230/0/Cayuquero/mi/amor/
Saúdos
Moitas grazas a todos vos! Levo días sen escribir porque andiven atrapada polo traballo e por a organización dunha conferencia na que foi presentada en Bos Aires a revista ReNova Galiza. Prometo as fotos e algunha palabriña nestes días porque foi un acto emocionante, cheo de historias fermosas e de xentes que levan moi en alto a sua galeguidade acá, lonxe. Fixose no mítico Café Tortoni, sé de momentos e de acontecementos importantes para a historia de Galiza.
Souben da conferencia de Galeano na que tamén falou do medo onte en Compostela. Moita admiración teño por este delicado e talentoso escritor uruguaio. Sei que moitos no blogomillo non o atopan nada interesante (segundo fun lendo hoxe) pero eu teño un respecto intelectual e moral e un agarimo coma lectora enormes por el.
Falando tamén da memoria, é verdade o que dixeron Lúa- Haberlas e a doce Marinha
sempre hai quen prefiere lembrar. O que pasa é que nestes tempos a moda é a desmemoria, coma dixo A Randeeira e tantos acá.
Grazas a nenodanorita e larvós que engadiron mais lecturas. Todas elas moi oportunas e que merecen ser lidas. E grazas a SZ e a Da sibeira e do cuarto e a Jan que puxeron as palabras máis duras e necesarias: moita moita moita razón tendes!
E o pior do asunto, xa foi sinalado por paideleo e por Nemeth, é que a emigración non rematou en Galiza. Hoxe, neste mesmo momento, hai unha chea de profesionais, políglotas e ben formados que marchan cara a un futuro que non atopan onde tiña que estar: na sua terra.
Grazas moucho branco, Mrs.Doyle, Ra, Torreira, Seoman (benvido a esta rede de fios!), elianinha, a querida e admirada satine, TXARI, Moralla (Yoli, que ledicia o teu blog, xa me tardaba que aparecera). Moitas grazas polas visitas e polas vosas palabras.
Grazas especiais a estalote que foi a orixe de esta lembraza. E a Clara Flor que loita cunha forza de xigante por mudar esto do que estamos a falar.
Postar um comentário