Non é nova ningunha que o meu galego e eu imos pola vida con muletas. O caso é que -xa nin sei como- atopei un directorio de diccionarios bilingües e multilingües xestionado, pon aí, por “un equipo internacional de lingüistas e informáticos que traballan dende Francia e dirixidos por Sebastian Abbo, o fundador do sitio”.
Contan que o obxectivo de lexicool.com é “o de crear unha ferramenta de investigación que sexa o mais completa e potente posible para os lingüistas e, particularmente, para os tradutores e intérpretes”.
Hoxe, o sitio ten mais de 5 mil links e seica se engaden novos a cotío. O traballo do equipo consiste na pescuda e catalogación de todo diccionario/glosario bilingüe e/o multilingüe disponible gratis en Internet.
A min, os cinco mil se me fan moitos, entón fun ver qué pasaba cos diccionarios de galego. Para o caso de querer mergullar entre o afrikaans-gallego, non so hai aí diccionario, senón que tamén é posible atopar a Declaración Universal dos Dereitos Humans e unha lista cos nomes dos países do mundo. O mesmo para o caso do Albanés-gallego, o Árabe-gallego ou o Bielorruso-gallego, o Búlgaro-gallego, o Chino-gallego, o Croata-gallego, Estonio-gallego, e Finlandés-gallego. A lista é máis longa.
Para as linguas do Estado, como é ben que pase entre os irmans, xa hai mais vinculos. Na autovía que vai e ven do Catalán ao gallego pode un falar de Arquitectura e Construcción gracias a un diccionario Interactivo, pódese aprender algo do Léxico do Transporte de Turismo, ou aprender o nome de moitas Especies Marinas. Para o matrimonio entre o Vasco-gallego tamén están as Especies Marinas, e se enganden o vocabulario das Zona Verdes - Características e Aplicacións das Plantas, e a Declaración Universal dos Dereitos Humans, entre moitas outras ferramentas.
E claro, na lingüa de Castela hai para todos os gustos: Vocabulario xurídico-administrativo, de química, de transporte ou de termos da Internet. Diccionarios da construcción e da computación. Léxico do orientación educativa e profesional, de comercio electrónico, de termos esenciais de botánica, de Historia, léxico editorial e vocabulario de Matemáticas.
A nómina non remata: hai Índice de Plantas Medicinais, a fatídica Taboa Periódica dos Elementos que todos tivemos nas mans na escola. Tamén Léxico Básico das Ciencias Naturais, un Manual de prevención e avaliación de riscos laborais na construcción, o Pan-European Dictionary of Common Names of Wild and Domestic Animals - Mammals and Birds in 53 Languages of Europe, unha ferramenta para usar ben a Fraseoloxía Xurídico-Administrativa e un Vocabulario da fauna mariña.
Xa rematamos case, con tres alfaias: unha páxina coa Terminoloxía do futbol (non están os insultos, non os busquedes), unha base de datos plurilingüe de títulos cinematográficos e o nome das pezas de axedrez en 72 idiomas. Para unha lingua á que tantas veces déronlle a extremaución, non está nada mal. Digo eu.
18 comentários:
A min paréceme que as muletas non che fan falta ningunha, será mellor que llas vaias prestando a algún político galego, he he.
...comezando polo presidente eleito da Xunta... :D
saúdos.
xa nos gustaría a máis dun escribir o galego co que nos deleitas. Seguramente escribes máis e mellor que boa parte da poboación residente na Galiza.
unha aperta
AS linguas todo é practicalas e meter o sentido do ridículo no peto para ir mellorando no seu uso. A túa actitude positiva e emprendedora é unha lección para todos.
A verdade é que é unha sorte que o galego chegase vivo ata a época da interrede para poder ter ferramentas como as que nos mostras.
Un saúdo.
a min que non só levo muletas, senón que habitualmente vou en cadeira de rodas, encontro que é un verdadeiro descubrimento, grazas por o compartir
Unha aperta
O uso e amor pola lingua que tes é unha proba que o pais non remata no territorio e depende das vontades e non das fronteiras lexislativas.Mágoa que alá en Galiza, no no entenda algunha xente.
Utilísimo post, grazas.
Utilísimo post, grazas.
Fiquei sorprendido co de linier. Eu ate prefiro dicir linier que xuiz de liña, que non deixa de ser un castelanismo. Sen ser filólogo entendo que a expresión máis correcta debería ser xuíz de bandeira.
O mesmo con corner, que sendo un anglicismo parece máis correcto que o que din na TVG de "saque dende o curruncho".
Moi interesante! E nada de muletas! Contigo a lingua vive e é fermoso que teñeas o desexo de mellorala cada día!
Está moi vivo pero non sempre grazas aos galegos que fican na nosa terra...
Concordo co que di Jan nada de muletas contigo a lingua medra e espállase.
Unha aperta.
:)
Pois sí. Déixame a mín esas muletas.
Gustoume o que dixo mendinho dos termos futbolísticos.
Pezas de xadrez en 72 idiomas! Impresionante. Moitas grazas polo descubrimento. Eu fun procurando uns cantos idiomas pero nunca imaxinei que poidera estar feito ese traballo. Reitero o agradecemento.
Graciñas pola visita e parabéns (atrasados)para Santiago. O meu Leo non quere celebrar o seu aniversario no mesmo día.
Un saúdo e tranquila que te enteras se nace o Leo.
Util e util post...xa escomenzo a mover a lingua con razón de ser e estar
Gracias, sempre. Gracias polos agarimos, polas louvanzas, pola compañía e polas palabras sen muletas que deixades sempre por acá. Non me canso: sempre Gracias!
Postar um comentário