30 de ago de 2006

O día do blog

Por Bretemas sei do BlogDay 2006. As instrucción para engadir un novo ladrillo nese muro colectivo, plural, políglota e espallado polo mundo adiante son sinxelas:

O que é o BlogDay?
BlogDay foi criado na convicção de que os bloggers deverão ter um dia dedicado ao conhecimento de novos blogs, de outros países ou áreas de interesse. Nesse dia os bloggers recomendarão novos blogs aos seus visitantes e visitarão blogs recomendados por outros blogueiros participantes, para alargar seus horizontes e criar novas conexões na blogosfera.

O que acontecerá no BlogDay?
Durante o dia 31 de Agosto, bloggers de todo o mundo farão um post recomendando novos blogs a serem visitados. Blogs estes que, de preferência, representem uma cultura, ponto de vista ou atitude diferentes do seu próprio blog. Nesse dia, os leitores de blogs poderão navegar e descobrir blogs desconhecidos, celebrando a descoberta de novas pessoas e novos bloggers e criando novos links na blogosfera mundial.

Instruções para o BlogDay:
1. Liste cinco novos Blogs que você ache interessantes.
2. Notifique por email esses cinco bloggers de que serão recomendados por você no BlogDay 2006.
3. Escreva uma pequena descrição dos blogs e o link para eles.
4. Publique no BlogDay (no dia 31 de Agosto) esse post.
5. Junte a tag do BlogDay usando este link: http://technorati.com/tag/BlogDay2006 e um link para o site do BlogDay: http://www.blogday.org/


Imos alá, entón:

1. Cobiñas: comenzo polo blog de Andrea Cobas Carral, a filla do célebre Pepe Cobas, de quen algunha vez falei. A rapaza é profesora na Universidade de Bos Aires, integrante da Cátedra de Estudos Galegos desa mesma universidade en Bos Aires, investigadora e unha persoa marabillosa, como todos os que fan posible ese lugar de intercambio e coñecemento. O seu blog -dende marzo de 2005- é un perfecto espello do que xurde en Bos Aires da cultura galega e da arxentina. Convídovos!
2. GalizaGlobal: é raro invitar a un blog que apenas está nacendo, pero sei que atoparedes nos días ou semanas vindeiras unha mirada nova e revolucionaria sobre a galeguidade. Non digo mais para gardar o suspenso...
3. Nubosidade Variábel: pode que non teña sentido engadir neste día blogs xa moi recoñecidos. Pero nada dín ao respecto as instruccións, entón eu fago caso a iso de "blogs que ti penses que son interesantes" e, sen dúbida, eu penso que o traballo de SurOeste o é. Valoro moito a calidade das historias, lembranzas, comentarios ou anécdotas. Non son pretenciosas, pero -ao mesmo tempo- sempre din moito mais do que semella que din. Gústame ese xeito de mostrar o mundo e as suas hipocrecías, inxustizas e fermosuras, sen decilo ainda que quede dito. Polo mesmo (e xa sei que é trampa, pero cinco é ben pouco), deixovos o camiño ata un momento e unha perspectiva.
4. Neste ultimo tempo, din con duas páxinas intelixentes, ben informadas e reveladoras para min. Co gallo dramático do lume, O blog do campesiño foi algo de ar entre o fume. Datos e información, onde abunda a palabra fácil e valeira; seriedade e rigor, onde sobra espectáculo e mentiras. Memoria, onde impera o esquecemento. Todo o anotado é do mesmo talle do Blog de Ana Bande ainda que o seu asunto sexan mais os libros, como non podía ser doutro xeito, polo camiño dos textos, Ana Bande deixa pegadas de todos os aspectos da humanidade.
5. O derradeiro, coido, é unha explicación das outras catro eleccións: Falamos galego. En positivo. O blog desenrolado polo profesor e critico e escritor e tantas cousas Marcos Valcarcel coas palabras de Afonso Vázquez Monxardín e tantos outros. No primeiro post, engadido o 18 de xunio, explicaban: "Dende hai un par de meses hai un ruxe-ruxe polo mundo cultural galego e tamén polo mundo das bitácoras galegas arredor da necesidade de buscar un novo estilo de defensa da nosa lingua. Un novo estilo que se define na cabeceira desta mesma bitácora, “Falemos galego. En positivo”, e que pretende buscar tamén un novo discurso que poña sempre en primeiro plano os aspectos positivos da recuperación do idioma e non aqueles, negativos e mesmo de confrontación agresiva, que xa son demasiado subliñados nos medios de comunicación tradicionais". Falemos todos galego! Espallemos as nosas palabras pola internet toda!

13 comentários:

xabre disse...

Estás na miña lista do Día dos Blogs:

http://ouriceira.blogaliza.org/2006/08/31/31-de-agosto-dia-dos-blogs/

Feliz día! :)

SurOeste disse...

Torre de Babel, alta señora:

Eu... isto...a miña nubosidade non merecía a súa distinción...
Levo toda a mañá sen me caber unha fabiña no cu.

gu disse...

Pois eso, que agradezo o comentario e a ligazón.
E alédome que viras no meu blog algo máis ca un feixe de fotos, senón a mensaxe que cada unha delas leva dentro.
Unha aperta ben forte.

xabre disse...

De nada, Torredebabel! Adiante blogaleg@s do mundo unidos! :)

Marinha de Allegue disse...

Torredebabel sempre facendo boas recomendacións. Moitas gracias guapa.

Unha aperta grande.
:)

paideleo disse...

Pois feliz blogday.

moucho branco disse...

blogday?... vaia, sempre me entero tarde das cousas... :)

saúdos.

SZ disse...

case me gusta máis considerar o blogday todos os días do ano

Unha aperta
:)

Cobiñas disse...

Moitas grazas, Torredebabel. Avergóñame un pouco tanta xenerosidade:-))
Unha aperta, Andrea

Pés de naufragha disse...

Moi boa selección, Torredebabel!! Só sinto non terme enterado antes do blogday! Apertas para tod@s!

Lúa- Haberlas, hailas... disse...

Boas! moi interesante iso do blogday, moi currada tua páxina, e a de cobiñas a que lle mando un saúdo dende a túa porque non sei porque non podo deixar comentarios na sua, Saudos as duas!

Ana Bande disse...

Eu penso que Torredebabel merece un grandísimo aplauso de moitos blogueiros porque nos está animando moitísimo a todos.
Para ti TdeB, blog, blog, blog, (nova onomatopeia do bico)

torredebabel disse...

o Día do Blog quedou atrás, pero non quixera pechar o tema sen decirvos gracias por cada unha das vosas visitas, por cada unha das vosas palabras, e tamén por cada un dos vosos silencios. GRACIAS! en maíusculas.