16 de ago. de 2006

Chove en Santiago

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.


70 anos despois da sua execución, o seu corpo ainda non foi localizado. Nunha reportaxe da BBC, cóntase del: "Vemos a Lorca en la única filmación que existe de él. Es en blanco y negro, y en ella Lorca aparece siempre sonriendo, vital, ayudando con los decorados o actuando. Parece una persona llena de energía. «Federico era radiante y transmitía esa energía a cuantos le rodeaban»", contan hoxe del ainda os que non o coñeceron. Dos seis poemas galegos, da viaxe a Bos Aires, da súa obra, da vida en Fuente Vaqueros, dos rigosos libros de Ian Gibson e de todo o resto pode un falar outro día. Hoxe cumpre lembrar que é un desaparecido. Outro deses que deixa sempre a máquina de matar polo mundo adiante.

10 comentários:

moucho branco disse...

Para os que levamos anos a traballar no tema da memoria histórica é unha das vítimas do terror fascista e unha das sombras que nos apremia a recuperar aquelo polo que eles foron represaliados; a república á que eran fieis.

un saúdo.

Anônimo disse...

A combinación de lorca, Santiago e a choiva é sublime...

Unha aperta grande desde a cidade do apóstolo baixo a auga.
;)

X disse...

Despois de ler o seu post non puiden evitar volver pasear por algunhas liñas de Yerma.

Cobiñas disse...

Moitas grazas por este recordo tan fermoso. Unha aperta, Andrea

paideleo disse...

Nestes dias de chuvia ven mui ben a lembranza de Garcia Lorca, outra das vitimas da intolerancia.

Anônimo disse...

Parabéns porlo blog y polo recordo a Lorca e a súa elección, agora ven moito ao caso, precisamos da chuvia aínda que parece que tamén pode facer moito dano, aproveito para agradecer as túas mensaxes de ánimo no meu espazo. Bicos.
Ana Bande
http://www.anabande.blogspot.com

Anônimo disse...

Para min descubrir no seu día os seis poemas galegos (e non é paixón) foi descubrir unha dimensión diferente da persoa do poeta…
Unha aperta

Torreira disse...

O mellor de ser galego de nacemento e pais e que como dixo algún escrito "sae moi barato ser galego".Lorca ,como home sensible era un galego do sur que pagou polo seu compromiso e as suas verbas.A sua victoria e que anos despois ,el segue a contarnos cousas a lus dun candil e os outros forman parte dun pesadelo colectivo

TXARI disse...

se lorca ficou con nós, porque non recuperar aqueles que o único sitio onde escribiron foi un poucoa e ás trancas nas súas próprias vidas? por que avergonharmos de quen fijo do seu silenzo un arma con munición de tempo?

torredebabel disse...

Gracias a todos polas vosas palabras. Como moucho branco, tamén penso que Lorca é unha desas sombras que ten que nos apremiar a recuperar a memoria. Pero unha memoria completa, a dos recoñecidos e a dos anónimos, como xa foi dito acá. Graciñas a Marinha (sempre tan doce e poética, sempre tan sensible), satine (que ledicia que viñeras de visita!!!!!!!), Pés de naufragha, X (logo do teu comentario, tamén eu volvin pasear por algunhas liñas de Lorca... que marabilla!), Cobiñas (convidovos ao seu blog que é fermoso, fermoso), Acedre, Ana Bande (outro blog polo que pode un pasar a cotío e sempre ten algo fascinante), á querida Jan, SZ (moito concordo co que anotaches, tamén para min foi descubrir unha dimensión diferente de Lorca), a Torreira (e mais blogs que merecen a pena: o de Torreira) e a TXARI (moita razón tes!!). Graciñas a todos vós!!