A locura dos piromaniacos? A codicia dos negocios inmobiliarios? Os «despechados»? A memorias das vacas que xa non limpan os montes coma nos tempos dos meus? Todo iso?
Temos moitas preguntas, pero ata agora ningunha resposta. Un saúdo, Torredebabel. Rematadas as vacacións, incorpórome de novo ao traballo e ao blogomillo. Sinto que coincida con estes días de lume e grisalla.
Precisamos respostas ás preguntas e quero pensar que irán vindo tanto fume desacouga a calquera. Nos anos 80 tamén houbera unha queima masiva pero esta creo que é peor si cabe.
Eu estiven axudando a apagar o lume en Arbo, a terra dos pais de Ana que na foto que puxeches está por riba xusto do "p" de Portugal. E de feito tivemos axuda dos bombeiros portugueses de Melgaço. Un saúdo e a ver se remata isto que non o teño nada claro.
Eu teño a miña teoría pero prefiro reservarma para min... E é moi triste pensar que chegaron ata este punto... que xente que te rodea pode chegar a organizar isto... Espero que estes terroristas (porque para min isto é terrorismo, e non podemos esquecer que morreron tres persoas) acaben no cárcere!
E o peor é que este ano andan a queimares nas beiras das casas e as terras dos máis, e todo para que? Isto si que é terrorismo, pero non van facer nada para que termine porque ós políticos venlles ben, sexan dun lado ou doutro.
10 comentários:
Temos moitas preguntas, pero ata agora ningunha resposta.
Un saúdo, Torredebabel. Rematadas as vacacións, incorpórome de novo ao traballo e ao blogomillo. Sinto que coincida con estes días de lume e grisalla.
Precisamos respostas ás preguntas e quero pensar que irán vindo tanto fume desacouga a calquera. Nos anos 80 tamén houbera unha queima masiva pero esta creo que é peor si cabe.
Unha aperta nun día triste e afumado.
Eu estiven axudando a apagar o lume en Arbo, a terra dos pais de Ana que na foto que puxeches está por riba xusto do "p" de Portugal. E de feito tivemos axuda dos bombeiros portugueses de Melgaço.
Un saúdo e a ver se remata isto que non o teño nada claro.
Esa árbore é o esquelete do noso estado anímico.Xa non fago preguntas porque sei que nunca terei respostas (polo menos que poida crer).
Tantas preguntas para tan poucas respostas... :(
Eu teño a miña teoría pero prefiro reservarma para min... E é moi triste pensar que chegaron ata este punto... que xente que te rodea pode chegar a organizar isto...
Espero que estes terroristas (porque para min isto é terrorismo, e non podemos esquecer que morreron tres persoas) acaben no cárcere!
Os bastardos sempre actúan dende a súa mediocridade.
E o peor é que este ano andan a queimares nas beiras das casas e as terras dos máis, e todo para que?
Isto si que é terrorismo, pero non van facer nada para que termine porque ós políticos venlles ben, sexan dun lado ou doutro.
Eu díxeno por boca de outro... ou por pluma de outro, mellor dito... a min é que nisto trábanseme as verbas pola carraxe...
Un saúdo.
Que diferente esta nosa cinza daqueloutra tan fermosa!
Postar um comentário