10 de dez de 2006

Voces para un asasino

A noticia do infarto que fai unha semana deixou un soplo de morte no corpo do tirano Augusto Pinochet chegoume mentres lía Home sen nome, a última novela de Suso de Toro.

"Tanto home que matei, e que, que ocorreu? Non ocorreu nada. Ninguén parou o meu brazo. Porque non había nada. A miña vida.

E onde é que estou? Onde é aquí? Este aquí? Unha man. Movín unha man. Contra as sabas. Teño algo na man. Síntoa, proe. (...) Hospital. Doe. Tubos, teño tubos na man. Intravenosa,
alimentación intravenosa. Un hospital, un cuarto de hospital. Estou doente, metéronme nun hospital. Internado nun hospital. E como cheguei aquí, non sei. Estou aquí, trouxéronme aquí. Alguén. (...)

Facer o durmido, estou a durmir, os ollos cerrados. Así, fechados. Non me movo, volvo estar in
consciente. Un corpo morto, inerte. Coma se me pegasen un tiro, así caído. No meu leito. Non quero oír a eses fillos dunha puta, que eses cabróns me volvan falar así, coma se fose un neno. Non quero que me toquen o orpo, que se ispan. Non quero que se dean volta así, coma se fose unha árbore caída, sen respecto, non quero. Non quero que me limpen o cu, así, xa están, estanmo a limpar, ras, ras. Non quero que me vexan esperto, estou durmido. Trátanme sen respecto, coma se non fose ninguén. Manipulan o meu corpo, tócanmo coma se fose un saco de carne e ósos. Coma se non fose alguén. Coma se fose un ninguén. Porque non podo, que se non dáballes pasaporte. Se eu ainda fose alguén. A estes dous, munición. E cando foi que me atuaron, que me dixeron "ti" por primeira vez? Un destes. Foi neste hospital. Nunha residencia de anciáns. Atuarme. Prefiro estar durmido. Que me traten así coma se xa estivese morto e non que me traten como a un meniño, ou un tolo, un vello tolo. Non son un vello tolo. Eu decátome das cousas. Eu son eu. Máis ca ninguén (...). E estes dous merdentos que me asean non son ninguén (...). O que chegamos a ser."

Unha semana despóis, o home que se sentía deus, dono das vidas e das mortes, facedor de pesadelos, man diabólica tecedora de torturas, ladrón, corrupto mentireiro e indigno, que chegou a finxir unha loucura que non tiña para voltar ao país onde era impune, ese home con nome de morte acabou por morrer.

A presidenta das Avóas da Praza de Maio, Estela de Carlotto, (que ainda busca aos seus netos, roubados polos militares arxentinos e regalados a familias que tantos anos despois ainda os rouban cada vez, todos os días) dixo que "ninguén sinte alegría por unha morte, pero para Chile, Latinoamérica e o mundo todo é un día de alivio porque ainda seguía a ser perigroso, sempre escondía trampas para seguir influenciando. Dende hoxe, estará sendo xuzgado por Deus, ainda que a Xustiza non chegou".

Dende as Nais da Praza de Maio, Hebe de Bonafini lamentou: "Mágoa que morrera na súa cama e non unha cárcere, como correspondía". E Tati Almeyda dixo: "Pinochet é outro xenocida que morre e non é posible xuzgalo, sen embargo no seu caso a humanidade xa o condenou, non só os arxentinos e os chilenos".

O avogado chileno Hugo Gutiérrez, defensor nos xiuzos por dereitos humans, opinou que "este criminal foise deste mundo sen ter coñecido o significado dunha condea por todos os seus actos criminais".

Dende Francia, Sophie Tonon confesou que sinte frustración e tamén un "gran sentimento de cólera contra a xustiza francesa e a chilena porque non foron quen de xuzgalo a tempo". En sintonía, "a morte ganoulle á xustiza", recoñeceu o escritor uruguaio Mario Benedetti.

Pinochet morreu hoxe. No Día Internacional dos Dereitos Humáns. No día do cumpreanos da súa muller. Ás veces, a vida debuxa vieiros raros.

20 comentários:

Mario disse...

Si que son raras as coincidencias. Eu estou con Hebe de Bonafini, que morrese na súa cama debemos velo como unha derrota, sobre todo os que non cremos ou temos dificultades inmensas para crer nos infernos. Mesmo así lembremos o que unha das súas víctimas (morreu enfermo de fascismo) lle adicaba a outro que tamén morreu na cama. Por unha vez desexo que exista ceu e inferno e deséxolles aos dous xenerais un venturoso encontro aló abaixo:

"Maldito, que sólo lo humano
te persiga, que dentro del absoluto fuego de las cosas,
no te consumas, que no pierdas
en la escala del tiempo, y que no te taladre el vidrio
ardiendo ni la feroz espuma.

Solo, solo, para las lágrimas
todas reunidas, para una eternidad de manos muertas
y ojos podridos, solo en una cueva
de tu infierno, comiendo silenciosa pus
y sangre
por una eternidad maldita y sola.

No mereces dormir
aunque sea clavados de alfileres los ojos: debes estar despierto,
general, despierto eternamente
entre la podredumbre de las recién paridas,
ametralladas en Otoño. Todas, todos los tristes niños

descuartizados,
tiesos, están colgados, esperando en tu infierno
ese día de fiesta fría: tu llegada."

El General Franco en los infiernos (Pablo Neruda)

Mrs.Doyle disse...

Unha magoa que deixara este mundo sen ser xulgado...

Moralla disse...

Ola princesa: moitas grzas por todos os teus comentarios no meu blosg, porque xa sabes que todos queremos que nos queiran e nos mimen e nos valoren. Mais ogallá que o cadavre dese monstro traidor que é Pinochet se pudra na súa propia merda, é o que merece.
Un abrazo con todo o meu corazón paara Deborá, a dama de Babel
Yoli ;-)

paideleo disse...

A mágoa non foi que morrera senón que chegase a nacer. Tamén estou triste polos tiranos que hai e que seguirá habendo no futuro.

SurOeste disse...

É para meditar a custa de quen se fixeron certas transicións democráticas (e por que sempre acaban os mesmos largando "de rositas").

Ra disse...

Cada vez me sorprende más el dictado paradójico que nos presenta la vida. ¿No suele decirse que pone a cada uno en su lugar?Estupendo día para morir, pues.
Saludo!

XM Carreira: Caixa do Mendinho disse...

Aínda moitas responsabilidades de colaboradores cas ditaduras, quedan por esclarecer, e non só en Chile.

A Randeeira disse...

Estou totalmente de acordo con Mendinho... cantos responsabeis de apoio a ditaduras aínda quedan sen xulgar a este lado do atlántico.

Clara Flor disse...

E ainda quedan dictadores con apariencia de demócratas. Longa vida ao espiritu de Allende.

moucho branco disse...

Que o destino lle fixera morrer nese día é unha mostra que o destino tamén forma parte da conspiración marxista e debería ser brutalmente torturado por deus e pola patria...

Torreira disse...

Agardo que a súa conciencia sufra unha reencarnación en acúfeno que lle impida a todos os indesexables coma el escoitar a música e as verbas dun mundo que non precisa de tal concentración de indesexables.Aborrezo a Pinochet mais tamén me encabronan os asasinos de luba branca que viaxan en Limusina

torredebabel disse...

Mario, ás veces, Hebe de Bonafini é moi radical, pero penso eu que temos que entender esas posturas dunha muller á que a violencia amputoulles nesta vida os dous fillos cunha crueldade dificil de narrar. De todos os xeitos, concordo co que dis e co que tamén di Mrs. Doyle: Pinochet non tiña dereito a morrer sen dar contas na xustiza. Certamente, non tiña ese dereito nin o mereciamos nós, a xente que fai as cousas dignamente, que non matamos aos que pensan diferente, que non somos empregados das piores causas, nin roubamos.

Grazas Moralla por vires de visita! non deixo de admirar intensamente o virtuosismo co que os poetas usades as mesmas palabras que o resto dos mortales. Eu podo empregar as mesmas pero nunca soarán coa contundencia e a elegancia e a beleza que o fan cando son bordadas polos que fan arte con elas.

Acedre, comparto a tua pena. Eses tiranos que sigue habendo son o pior cancro da humanidade. Mendinho, A Randeeira, Torreira e a benquerida Clara Flor teñen toda a razon: non esquezamos os que quedan, que son moitos e fan moito mal!! E quixera salientar as palabras de SurOeste o custo dalgunhas transicións estamos a pagalas hoxe e ainda serán pagadas polos nosos fillos.

Grazas moucho branco, debuxaches un sorriso xusto no momento indicado. Ese é un talento que non teño e que sempre agradezo!!!!

Graciñas polas vosas verbas! moitísimas grazas!

David disse...

Como xa dixeron antes, aínda quedan moitos tiranos, e algúns con demasiado poder... Non lle desexo mal a ninguén, mais este tipo de xente para min non son ninguén. Unha pena que non se fixese xustiza...

SurOeste disse...

Ola! acabo de escoitar pola radio as palabras de M.Fraga enxalzando a figura de Pinochet. Síntome tan avergoñada como non podedes imaxinar.Era esta a transición que queriamos? Non é isto, acaso, apoloxía do terrorismo?
(Síntoo, Torredebabel, estiven consultando páxinas de xornais e non aparecen)

Marinha de Allegue disse...

Se cadra a "xustiza divina" accionouse. Todo ven de volta tanto o bon coma o malo,"quen sementa recolle".

Unha aperta.
:)

marga disse...

NÃO PERDOAR!NÃO ESQUECER!

Apesar da morte do maldito, o Chile continua a doer, doer muito...
Onde está o Carlos??? vivo? morto? Onde? Só sei que a dor da perda suplanta a revolta. Tantos amigos e amigas que não sei!....



HOMENAGEM AO POVO DO CHILE

Foram não sei quantos mil
operários trabalhadores
mulheres ardinas pedreiros
jovens poetas cantores
camponeses e mineiros
foram não sei quantos mil
que tombaram pelo Chile
morrendo de corpo inteiro

Nas suas almas abertas
traziam o sol da esperança
e nas duas mãos desertas
uma pátria ainda criança

Gritavam Neruda Allende
davam vivas ao Partido
que é a chama que se acende
no Povo jamais vencido
– o Povo nunca se rende
mesmo quando morre unido

Foram não sei quantos mil
operários trabalhadores
mulheres ardinas pedreiros
jovens poetas cantores
camponeses e mineiros
foram não sei quantos mil
que tombaram pelo Chile
morrendo de corpo inteiro.

Alguns traziam no rosto
um ricto de fogo e dor
fogo vivo fogo posto
pelas mãos do opressor.
Outros traziam os olhos
rasos de silêncio e água
maré-viva de quem passa
Uma vida à beira-mágoa.

Foram não sei quantos mil
operários trabalhadores
mulheres ardinas pedreiros
jovens poetas cantores
camponeses e mineiros
foram não sei quantos mil
que tombaram pelo Chile
morrendo de corpo inteiro.

Mas não termina em si próprio
quem morre de pé. Vencido
é aquele que tentar
separar o povo unido.
Por isso os que ontem caíram
levantam de novo a voz.
Mortos são os que traíram
e vivos ficamos nós.

Foram não sei quantos mil
operários trabalhadores
mulheres ardinas pedreiros
jovens poetas cantores
camponeses e mineiros
foram não sei quantos mil
que nasceram para o Chile
morrendo de corpo inteiro.

José Carlos Ary dos Santos
(Poeta da Revolução de Abril)

Este, é para os sátrapas dos malditos que babujam por aí, por aqui, por todo o lado:

ZECA AFONSO
Os Enucos


Os eunucos devoram-se a si mesmos
Não mudam de uniforme, são venais
E quando os mais são feitos em torresmos
Defendem os tiranos contra os pais

Em tudo são verdugos mais ou menos
No jardim dos harens os principais
E quando os mais são feitos em torresmos
Não matam os tiranos pedem mais

Suportam toda a dor na calmaria
Da olímpica visão dos samurais
Havia um dono a mais na satrapia
Mas foi lançado à cova dos chacais

Em vénias malabares à luz do dia
Lambuzam da saliva os maiorais
E quando os mais são feitos em fatias
Não matam os tiranos pedem mais

satine disse...

E marchou de rosiñas, aínda na morte tivo a última palabra. De tódalas formas bendito sexa o día no que o demo voltou o inferno que é a donde pertence.

FraVernero disse...

Sí, concordo con moito do dito, e máis con satine. A morte do ex-dictador pilloume por sorpresa trala volta de Alemaña... E lamenta un que, coma o dictadorziño local, morrese tranquilo na cama sen a xustiza revolucionaria afeitándolle algo máis que a barba...

Paciencia...

Lúa- Haberlas, hailas... disse...

...pero a súa memoria sempre pingará o sangue dos inocentes; fantástico libro...
bikos

torredebabel disse...

Moito vos agradezo que -con estes comentarios- fagades dun texto menor unha entrada interesante e rica. David tes toda a razón: os mortos, mortos están (ainda que neste caso...) pero son os vivos, os que teñen tanto poder ainda, os que deben darnos medo e preocupación.
Grazas benquerida SurOeste! vin referencias a esas palabras de Fraga e lembrei a unha alumna que este ano mandoume un correo electrónico para preguntarme se podía usar "malas palabras" nunha entrevista porque llas dixera o protagonistas. Respondinlle que as palabras non eran nin boas nin malas, o bo ou malo eran as intencións. Esas palabras de Fraga son certamente "malas palabras" que non fan senón que ofender a intelixencia e a honestidade de todos os galegos e galegas e de todos os homes e mulleres de ben que hai neste mundo.
Querida Marinha de Allegue, sempre ese ollar sereo e equilibrado, e sempre esa delicadeza para decir as cousas: ogallá leves toda a razón. Ogallá sexa a "xustiza divina" que se accionou.

Ola marga! ogallá foras unha Marga que coñecín ao comenzo deste intenso 2006 e de quen non souben mais e moito lamento. Non sempre ten unha a ocasión de atopar na vida xente marabillosa e é un pecado laico perder o contacto con esas persoas. Concordo con que non temos que perdoar nin que esquecer!! que poemas tan pero tan fortes e apropiados, que talento o de quen sabe tecer as verbas levándoas a decir iso que nin sequera elas sabían que podían decir. Se cadra, o drama dos desaparecidos é a proba de que os humanos somos os animais mais inferiores de toda a natureza...

Fermosa satine!!!! que ledicia cando chegas por acá e deixas ese perfume de fermosura!!! Claro que pertence ao inferno, e ogallá nunca mais saia dalí.

FraVernero, cantos mais mortos de cama delicada e ausencia de xustiza teremos que ver pasar ata comprender que a xustiza é xustiza cando chega na vida dos homes e non nesa que ven logo só para os poucos que creen (cada vez menos, por certo)??

Lúa, tes toda a razón: as mans suxas de sangue non se limpan por moita agua que as percorra. E o libro é estupendo, movilizante, impactante, para espabilar espíritos.

Grazas de novo! tendes unha xenerosidade conmigo que non chegarei a agradecer abondo ainda que tivera tres vidas mais por diante. Grazas!!