28 de dez de 2006

Nobelo de desexos

33 comentários:

X disse...

Apertas sentidas tamén para vostede, ao lonxe.

paideleo disse...

Muitos saudos e bicos dende aqui.

Clara Flor disse...

Apertas ao lonxe, tamén para ti, amiga que nos fas sentirnos orgullosos da nosa galeguidade do xa e do que vai ser, loubando ao 2006 por terte coñecido. Non importan as distancias, senon as actitudes. Actitudes xenerosas das presenzas e dos silencios. Obviar a quen te menospreza ou ignora, construir polos que ainda cren que podemos seguir construindo. Moitos bicos e un futuro fermoso para a xente coma ti!!!!

A Randeeira disse...

Apartas tamén por ensinarnos a valorar "o noso" coa túa visión dende alén do océano.

Seoman disse...

Saudos e desexos de boaventura para que proximo ano sexa o mellor posible. Un saudo dende A Coruña. Que se fagan realidade os teus desexos

O Breogán disse...

Fíxome gracia que podendo escribi-los teus desexos, en troques os fales en voz alta. Paréceme curioso, porque é algo cotián: os desexos non se pensan, se din en marmurios de voz baixa ou a berros, pero se falan, non se escriben. Queremos que se oian e se escoiten.

Foi un moi fermoso xeito de expresarte, Torre. Que se che cumplan todos do primeiro ao último.

Anônimo disse...

Mágoa, linda! estou nun cyber onde non logrei escoitar este post!!! outra vez será!!!
Moitas grazas polo teu fermoso de Nadal que foron as túas mensaxes no meu blog!!! GRAZAS!! porque as túas verbas sempre son delicadas, tenras, suaves, líricas, e teñen o costume de esvarar polo meu corazonciño de galega morriñenta. Unha aperta efusiva
moralla :-) *****************

Marinha de Allegue disse...

Unha aperta grande grande e boa para ti linda, encantoume escoitarte de novo. Un agasaio ben fermoso que compartes con nos.
Que o ano vindeiro nos permita cumprir os nosos desexos chín-chín.
Saude e Armonía.
;)

Torreira disse...

Fermoso nobelo de desexos Torre que me sorprendeu preparando o meu,xenial escoitarte.
Coídese

moucho branco disse...

Que se cumplan tódo-los desexos, e aproveito para desexarte eu un feliz 2007.

un saúdo.

pepe penas disse...

Feliz Aninovo

Pablo disse...

Repítome en todo o que dixeron os meus colegas. Apertas e todo o que desexares se faga realeidade.

jan disse...

Que alegría poder escoitar a túa voz! Moitas grazas, como sempre, pola túa dozura!
Contigo na distancia....Unha enorme apreta transoceánica!!!!!

máis alá disse...

Feliz aninovo e que no 2007 sigamos unidos polos polos teus fios marabillosos.

Madeleine disse...

Que ben ler-escoitar algo de vostede, SEMPRE. Feliz aninovo e que non calen nunca as súas palabras

Laurindinha disse...

Apertas ao lonxe tamén para vostede... Recordoume tanto a Cortázar a mestura dos acentos transoceánicos... un pracer rematar o ano oíndoa... Pase unha boa noite de San Silvestre!

FraVernero disse...

Agardo que a nosa galaico-arxentina favorita pase as mellores festas de Nadal en compañía da xente que quer... que (usurpando un lugar no peito dos seus afectos), englobará sen dúbida tamén aos seus seguidores e admiradores virtuais, entre os que me prace contarme.
Iso sí: non fun quen de escoitar a túa voz. Teño que probar con algún programa de baixada de música (estes días tampouco do escoitado arquivos .ogg).
Anque sexa tópico sacá-la estampa do teu Nadal Cálido, aquí estou a comer unhas cereixas que veñen precisamente da Arxentina... grandes como ameixas!

(P.S. bon, sempre que as ameixas sexan das pequenas que se dan eiquí).

Unha aperta, e bo ano!

marcos valcarcel disse...

Fermoso texto, fermosa voz, fermosos desexos, Torre de Babel. "Nunca estamos sós": efectivamente, neste mundiño virtual somos unha gran familia a compartir ideas, imaxes, voces, amigos, pensamentos e desexos. Feliz 2007.

SurOeste disse...

Que agasallo tan emocinante, querida Torre!
Estou de acordo: forza para loitar polo que queremos é o que cómpre.

Anônimo disse...

OLa Torredebabel!
Recén emocioneime coa túa voz, pois é a primeira vez que a escoito. A VOZ transmite tanto das persoas!!! xa coñezo un chiskiño máis de ti! e iso é como un agasallo ÚNICO de Nadal dende o outro lado do Atlántico! O texto tamén é poesía e fermosura. MOITAS GRAZAS. Todos nos sentimos sós moitas veces, mais coas túas verbas é imposible! tes unha voz clara, doce, mansa, lírica como un regueiro que descende lentamente, algo necesario nestes tempos de ruído e estoupidos irracionais. Pensaba eu o outro día que o ser humano nunca será pacífico, penso que en xeral é certo. O consuelo que a min sempre me quedará é que quedamos persoas, TI entre elas, que viaxamos polo noso interior buscando paz, aínda que sexa duro e soframos, aínda que moitos non entendan nada e malinterpreten todo e prexulguen coa súa baixeza e covardía. Temos que seguir o noso camiño sen mirar para atrás, crecendo como un carballo, arrancando as espiñas dos miserables e embelecendo as flores da beleza.
UNHA APERTA, FLOR
moralla

XM Carreira: Caixa do Mendinho disse...

Pois iso, Feliz Ano.

*Sara disse...

Preciosa mensaxe. Oxalá que o 2007 tamén che deixe a ti facer realidade os teus desexos.
Apertas :)

leco disse...

Os nosos mellores desexos para 2007.
A familia pelacha

Nemeth disse...

apertas fisicamente lonxe, moi perto no corazón...

besbellinha disse...

que bonitooo :), que quedei toda apampadiña, e de lonxe nada, que non hai mellor cousa que che conten as cousas así de preto. Unha aperta enorme moza e que sexamos nos cos nosos desexos os que fagamos este 2007 un ano fermosísimo.

Mrs.Doyle disse...

Fermoso como os fermosos desexos que lle desexo para este fermoso ano que entra...

satine disse...

que se fagan realidade eses fermosos desexos, e que nós poidamos seguir compartindo contigo tódolos teus pensamentos, cada vez máis lindos e sentidos. Bicos enormes.

Anônimo disse...

Excelente misiva. Para todos, que se nos cumpran tódalas utopías imposibles.
XulioDRabal

Mario disse...

Si que é unha imprensión escoitar a voz de alguén que só coñeces de ler, e moito máis se é fermosa e di cousas fermosas como é o caso.

marga disse...

Querida Amiga!
Gostei muito de ouvir a tua voz, tão melodiosa, e em galego.
Que os teus desejos se cumpram e que os nossos fios, ainda que invisíveis, se entrelacem na amizade, solidariedade e companheirismo!
Beijos!

GALIZA VIVE EM NÓS!

Inés disse...

Fermosos sentimentos, Débora, e fermosa voz. Ogallá o 2007 nos deixe boa vontade para cumprilos. Todo o mellor para ti.

David disse...

precioso! que este ano sexa excelente para todos!! :D
apertas alén do mar! :P

cursi disse...

tia, eres unha cursi da hostia. só faltaba que te puxeras a chorar. joer!