10 de jan de 2007

Memoria historica

"Logo de longos meses de crudel sofrimento, foi internado no Sanatorio do Centro Galego para sere sometido a unha delicada operación quirúrxica, co fin de coutarlle a firente dôr que o martirizaba; e a tal efeito, as autoridades do Centro asiñá ronlle unha habitación especial con tudal-as comodidades e dispuxeron se lle prestasen as máisimas atencións de tudo orde, e o mesmo â súa dona, doña Virxinia, que ficou â súa veira no Sanatorio até o derradeiro intre. Mais apesares da abnegación dos doutores Gumersindo Sánchez Guisande e Miguel S. Pastor que non se arredaron nin un sô intre do leito do ilustre enfermo, éste non reaicionou da delicada operación quirúrxica a que fora sometido. E ao fio das 23 horas da noite do sábado 7 de xaneiro,
surtiu pra Eternidade o grande home que perante toda a súa vida fixo un culto do amor a Galiza e ao seu povo, e que loitou arreo pol-a súa liberdade".

((CRONICA DA ENFERMEDADE, MORTE I ENTERRO DE CASTELAO - A Nosa Terra NÚMERO ESPECIAL ADICADO A CASTELAO ANO XXXII - Nº 474. DIA DE GALIZA DE 1950. AÑO DEL LIBERTADOR GENERAL SAN MARTÍN))


"Era imposibel non amalo, porque o amor a Castelao era amor a Galiza. Il, o home o dibuxante i-o escritor, realizábase en espresión galega tanto como Galiza se espresaba a través d-il. Il era Galiza por transubstanciación. Il fíxonos visibles e inevitables as nosas obrigas de conducta, pra con ila, como Pondal, Curros e Rosalía nol-a fixeron conscente nas súas doores, belezas i-espranzas. Pro o que aquiles dibuxaron no ar estrelecido do verso, Castelao modelouno en nidia e dura materia de conducta política e social. Il creou unha nova responsabilidade, un novo xeito de ser galego. Antes de Castelao podía amarse a Galiza de moitos modos. Dempois d-íl todal-as fronteiras d-iste amor están acotadas".

((DISCURSO DE EDOARDO BLANCO AMOR A NOME DA COLEITIVIDADE GALEGA))


"Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao se advierte lo siguiente:
La noticia de su muerte se dará en páginas interiores y a una columna.
Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto políltico.
Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, literato y caricaturista.
Se podrá destacar su personalidad política, siempre y cuando se mencione que aquella fue errada y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados.
De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro "Sempre en Galiza" ni de los álbumes de dibujos de la guerra civil.
Cualquier omisión de estas instrucciones dará lugar al correspondiente expediente".

((O 8 DE XANEIRO, TRALA MORTE DE CASTELAO, A DIRECCION GENERAL DE PRENSA ENVIALLES ESTA CONSIGNA AOS XORNAIS))


Longa vida a Castelao!

22 comentários:

Clara Flor disse...

Blanco Amor, nese mesmo texto, fala da "unanimidade de amor" que facia sentir Castelao. Contaba don Elixio Rodriguez que nunca vira tanta xenerosidade, bondade, carisma e forza xuntas. Canta herdanza que deixou, aqui e alá. Longa vida aos que o lembrades coma ti, Torredebabel!!!!

marcos valcarcel disse...

Longa vida, por suposto. Cabe destacar tamén a valentía do xornal La Noche publicando un artigo emocionado de Paz-Andrade, na portada do seu suplemento cultural, en contra das directrices oficiais. E ademais son emocionantes moitas das cartas que se recollen desas datas en "Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces", libro recente que preparou Alonso Montero e editou Galaxia (no próximo número de Grial saco unha recensión do mesmo afondando nesta idea). Saúdos.

marga disse...

Bem hajas Débora, por esta homenagem a Castelao! Um homem da envergadura de Castelao honra a sua Pátria tornando-a inesquecível. A Galiza bem se pode orgulhar dos seus filhos!

Curiosa a "consigna" da Direcção Geral da Imprensa aos jornais... tristemente tão pouco original...

Do SEMPRE EN GALIZA, algumas frases de que gosto muito:

<< o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos >>

<< A nosa galeguidade provén da forteza do espírito, e aínda que
carecemos de vontade ofensiva somos inexpugnables na resistencia. >>

<< os soldados galegos loitaron na guerra como loitan nas romerías: aturuxando e sen temer á morte. >>

<< A loita nobre e leal das ideias é o que asegura o progreso. >>

<< Galiza soio merecerá respeto cando abandoemos a nosa mansedume, despois de saber o que fomos, o que deixamos de ser e o que seríamos con vida independente. >>

<< O miragre da existencia diferenciada de Galiza, a través de
tantos erros e miserias históricas, proba que do chan galego
xurde unha enerxía incoercible, capaz de facernos inmortaes. >>

<< O galego é a forma máis antiga das linguas neolatinas de Hespaña e a primeira que alcanzou un pleno desenrolo literario. >

<< o idioma imposto non logrou matar o seu idioma natural; pero
logrou degradalo. >>

<< Pero dentro de Portugal quedounos a mitade da nosa terra, do noso espírito, da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa vida, do noso ser nacional. >>

"A Morriña, pois, é a Saudade en estado de conciencia; é o desexo, posible ou imposible, de recobrar o que se perdeu; é a devoción a algo que está na lonxanía do tempo ou do espazo."

Que VIVA CASTELAO!

GALIZA VIVE EM NÓS!

Torreira disse...

Longa vida a Daniel pois Babel.

Mario disse...

Conforme van pasando os anos a figura do Castelao político vai perdendo intensidade e configúrase cada vez máis un Castelao mítico que no inconsciente colectivo debe ser algo así como a figura dos antergos reis, creo que ante esa situación é mellor rescatar o ideario político coas súas luces e sombras (que de todo hai) para insistir nas primeiras e corrixir as segundas. Os ídolos incontestábeis non fan ben a ninguén e menos nun caso coma este no que cada quen os reclama ao seu xeito. Aquí vai un texto que atopei pola rede:

"La propuesta de un plebiscito equivale a confesar que todos nos hemos equivocado -tanto los fascistas como nosostros- y que aquello fue un crimen pasional, una reyerta de electores, algo propio de nuestro carácter incivil (...) no se trata de averiguar si España quiere o no quiere vivir en la esclavitud, para complacerla a su gusto. Se trata de salvarla de la esclavitud, quiera ella o no lo quiera, pues otra cosa equivaldría a una estafa autorizada por los propios estafados o un ardid claudicante e indecoroso que no nos llevaría más que al descrédito definitivo. ¿Aceptaríamos nosotros la perpetuación de una tiranía en España, aunque así lo decidiera el pueblo libre democraticamente? No hay a quien engañar ni hay por qué engañarnos a nosostros mismos. Antes de convenir la idea de un plebiscito, contando desde luego con las reservas de confianza que nos ofrece el pueblo, yo me declaro partidario de la lucha abierta, dejando en pie la guerra civil, porque sus frutos siempre serían los mejores que los de una indignidad colectiva(...). Vea, pues, mi querida amiga, como sin ser un doctrinario empedernido, y mucho menos un intransigente, me veo en la obligación de reachazar cualquier idea de plebiscito, siempre peligrosa y desacreditada, aunque se celebrase después de la caida de Franco, a no ser que se le llame así a unas elecciones generales que algún día se habrán de celebrar después de la restauración democrática(...).En resumen: nada de plebiscitos ni consultas que puedan favorecer a los monárquicos al acecho, a los republicanos claudicados o a los fascistas dispuestos a cambiar la chaqueta sin cambiar de alma".
Carta de Castelao à Pasionaria (Xaneiro de 1946).

marga disse...

Que abraiante actualidade tem este texto de Castelao à Pasionaria!!!

Conquanto haja muitas "vontades" em embafar a actualidade histórico/política de muitas das posições assumidas por Castelao, tal não passa de, na prática, rechaçar uma visão revolucionária em favor de outras mais permissivas ao branqueamento da ditadura fascista de Franco, ou a medidas neoliberais que, na actualidade, conformam sistemas muito perto de serem antidemocráticos.

Uma análise desapaixonada dos escritos políticos da Castelao, ajuda-nos a uma visão mais clara da época e é um bom exercício para a compreensão do mundo de hoje que acreditamos poder ser melhor.
E, a assumir atitudes de cidadania plena!

Elianinha disse...

Nunha exposición sobre a memoria histórica que hai no auditorio de Compostela hai unha reprodución da orde que deran pola morte de Castelao. Tanto me impactara que lle tirara unha foto, e tiña pensado algún día escribir sobre iso.
Castelao foi unha personaxe única na historia galega. Un home convertido, merecidamente, nun mito para o galeguismo.
Por certo, noraboa polo novo espazo na Radio Galega, no Diario Cultural. Gustei moito del, ademais do descubrimento de Sabrina ;)
Insisto, noraboa. Agardarei ata o vindeiro xoves para máis historias transoceánicas.

Mario disse...

Hei, que aquí se nos oculta información, que é iso do Espazo na Radio Galega? Que baixo concepto do autobombo, se non o di Elianinha nen me entero. O caso é que case nunca podo escoitar o Diario Cultural, pero xa farei por grabalo, con que a sección sexa a metade de interesante que o blog xa vai compensar o esforzo.

Marinha de Allegue disse...

Longa vida e longa memoria!!!. Saber de onde vimos vai marcar os nosos pasos...

Unha aperta.
:)

TXARI disse...

castelao, encheselhe a boca aum ao pronunçiar, difícil falar del sem caer no elógio...dende logo que o que trabalhou pola galiza nom quedou en augas de borralha, somos debedores do seu legado...longa vida e máis preséncia na actualidade a castelao e companheiros/as!!!!

Clara Flor disse...

Concordo con Mario que a imaxe de Castelao tratou de levarse ao campo das múltiples facetas e profesións que exercia, e non precisamente políticas. A diáspora non é allea, Fraga encargouse de transmitilo na estratexia da manipulación das Comunidades Galegas. Qué bon debuxante, qué bon doctor, qué bon escritor...escoitase repetidamente. E debemos engadir, pero que gran político, qué gran deputado, qué gran home de Estado dentro e fóra, no Consello de Galiza. Para min non é un mito, está vivo, legado, palabras, exemplo e mesmo nos une na rede como agora!!!

Mr Tichborne disse...

impresionante a consigna, oxalá eses tempos nunca volvan (ainda que algúns si queren) pero si personalidades coma a de Alfonso Daniel.
Como dixo el: "os mortos que vós matastes gozan de boa saúde"

moucho branco disse...

longa vida a Castelao, por suposto, e como a el a todos aqueles e aquelas que loitaron contra o golpe fascista criminal, pola liberdade e a república.

Lúa- Haberlas, hailas... disse...

Homes coma iste quedan moi poucos...

pepe penas disse...

¡o que é a vida!.. O Sr. Fraga foi dos que foron a recibir os restos mortais de Castelao coma un heroe...Noutros tempos él, e outros coma él tiñan moito interese en que non souberamos quen era.

Anônimo disse...

Ola Debora. Hai tempo que non sei de ti. Agardo todo vaia ben ao outro lado do Atlántico, aínda que te sintamos tan preto cando escribes con esa maestría do noso prezado e talentoso Castelao. GRAZAS. UN bico de MORALLA :-)

jan disse...

Impresionantes os tres textos, unha magnífica escolla penso eu; pero non por non ser esperado é menos estremecedor e ridículo o derradeiro "Se podrá destacar su personalidad política, siempre y cuando se mencione que aquella fue errada y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados."

En fin pouco hai que dicir...só o que apuntas ao final: Longa vida a Castelao!

torredebabel disse...

Ola a todos! cheguei das vacacións e xa me tardaba non respondervos estes intensos e fermosos comentarios. Sei ben que se alguén interpretou as palabras de Castelao e as fixo súas esa é Clara Flor. Vina moitas veces traballar con forza na diáspora para facer realidade os soños dese home.

Grazas Marcos por engadir esa relevante lembranza do xornal La Noche. Lera as palabras que deixaches ao respecto no teu blog (que vivamente recomendo a todo aquel que non o coñeza) e agardo con ganas o vindeiro número de Grial. Cando moitos calan, as voces soan máis fortes.

Marga eu penso coma ti, Galiza ten moitos fillos dos que sentirse orgullosa. Sobre todo, como apuntas, deses fillos que lle deron sona. Algo no que moito se pode facer ainda. As frases que deixas son favulosas. En serio, moito moito chas agradezo. Teñen (como o libro en moitos momentos) unha forza e unha actualidade que deixan a un coa boca aberta. Por iso, atopo moi apropiado o comentario que fai Mario: cando os persoeiros da historia son amados por todos é porque xa foron domesticados, a forza de apropiarse do seus pensamentos menos perigrosos e de esconder as ideas revolucionarias.


Graciñas benquerida Marinha de cada tarde. Graciñas Torreira e moucho branco por estar sempre. Graciñas Txari (tes toda a razón: somos herdeiros e temos unha obriga con el). Graciñas Mr Tichborne (ogallá que nunca volvan, e ogallá que os que foron os seus protagonistas non morran en camas de ouro coma outros xa fixeron). Graciñas Lúa! Graciñas fermosa Moralla! andiven fora da casa e sen posibilidade de usar internet, pero estou de volta e teño a ledicia de atopar cousas fermosas que ler na tua páxina!!! Graciñas Pepe e Jan, lembrades precisamente o que eu quería decir con isto da "memoria histórica". Ás veces, o pior da nosa historia está moi presente, moi vivo, moi influinte.

Grazas Elianinha! e moito me gustaría ver a foto e -sobre todo- ler o texto que prometes. Graciñas tamén polos parabens a ti e a Mario. Non o contei antes porque dame algo de vergonza. Ben sabedes que o meu galego escrito é un compendio de erros e barbaridades, pois imaxinade o que será o meu galego falado!! Pois a xente do Diario Cultural da Radio Galega tivo a tola idea de pedirme un comentario semanal. E alá imos! Fágoo cunha paixón que sen dúbida non se pode ver nos resultados de momento, pero penso que sempre pode un mellorar, verdade? Ademáis, esa xanela de luxo para tecer palabras que falen dos galegos que estamos na diáspora paréceme un milagre.

Graciñas a todos vós por estares acá! Graciñas por estes fíos invisibles!

Adycto disse...

de certo nunca estivera neste blog e estou encantado con el. Evidentemente dicir algo sobre Castelao que algún galego non dixera algunha vez é complicado pero, realmente, é un dos poucos galegos sen os que Galiza non sería tal

paideleo disse...

Mágoa de que os políticos non fosen intelectuais e humanistas como foi Castelao.

David disse...

Precioso post! Oxalá Castelao tivese a sona que merece, facendo o que fixo por nós...

Anônimo disse...

Por certo, estaría ben que os prebostes, ou moitos deles, da colectividade galega se documentasen ben verbo de quen era, que escribía e que dicía Castelao. Era ben penoso ver tanto culto oco á súa memoria no Centro Galego ou no Centro Galicia, e tanta falla de coherencia...