16 de mai de 2007

De letras e de días

Parabens no Día das Letras para cada un de vós! Parabens nesta festa da palabra en galego! Parabens para os que empregan o galego para comunicarse, para traballar, para contar un conto aos fillos. Parabens, para os que bican en galego. Para os que berran en galego. Tamén para os que soñan en galego. E, a propósito,
por qué falades en galego?




Linguas cruzadas - María Yañez e Mónica Ares - 1.08 minutos

32 comentários:

Torreira disse...

Parabéns a ti Babel...eu intento facer da lingua algo natural asi que falo galego como respiro.Apertas

TXARI disse...

porque é a minha lingua, na que nacin, crecin, vivin, amei, desamei, e porque é fermosisima e ajudame a expresar do milhor xeito o que sinto...por isso...felicidades língua....

Clara Flor disse...

Felicitations a vos polo acto de hoxe, Herbas de Prata. Falo en galego, porque ... lingua dos sentimentos, da infancia, dos pensamentos, e como diria Queipo, dos desexos. E por transmitila a Mafalda galega. Uso outras linguas mais frecuentemente agora pero penso nela. Vai pendurada na forma de ser, no compromiso de cada un e na esperanza que non se perda nunca. Bicos para ti

Ra disse...

Yo...sólo puedo decir que estoy en ello ;). Éso sí: pienso en gallego las más de las veces.
Besote

F. Miguez disse...

Pois agora que o preguntas... non teño nin idea. Porque o falan meus pais e meus avós. Supoño ;)
Unha aperta.

coyote2000@mundo-r.com disse...

"Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gana, porque me sae de dentro ..."
Celso Emilio Ferreiro.
Podería dar outras razóns pero hoxe apetéceme lembrar os versos de gran Celso Emilio.
Unha aperta.

Marinha de Allegue disse...

P A R A B E N S a ti tamén linda por espallala ao pé de ti.

Apertasss e beijossss máis alá do mar.
;)

Mr Tichborne disse...

quédome coa resposta de celso emilio (coyote2000).
Falo galego polas mesmas razóns polas que un holandés fala holandés. Porque é a lingua de seu.
O que pasa é que ó holandés non lle preguntan por qué fala holandés. Eí-la diferencia. O holandés vive unha situación NORMAL, o galego non.
unha aperta

Doutora Seymour disse...

Falo galego porque é aúnica lingua na que as palabras falan por min máis alá dos significados.

arume dos piñeiros disse...

Hoxe Freixanes acordou a túa presencia na rede:
http://www.lavozdegalicia.es/se_opinion/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=5818419
Noraboa, amiga.

Mrs.Doyle disse...

Eu, polas circunstancias ,falo pouco galego, pero sempre teño moi presente que é a lingua do meu país ainda que a aprendera na escola.
Soño cunha lingua normalizada...

Homesdepedra disse...

Ahí ven o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno! ...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan os meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
(Manuel Curros Enriquez)

Falo Galego por isto e por que foron as verbas que mamei e son as unicas letras que consiguen emocionar a un homedepedra.

Unha aperta , Torredebabel

Homedepedra disse...

nin foros, nin cregos.




PS. Quedoume esto atras

Maxo disse...

Parabéns polo blog! Fai tempo que entrara aquí, cando sairas na televisión. Agora eu tamén ando metida no mundo dos blogs. Faime moi moi féliz ver que inda que estés tan lonxe o galego é importante para ti.

Unha aperta moi grande e féliz día das letras galegas con atraso!

Anxélica
http://www.blogoteca.com/cinema

Anônimo disse...

Grazas Babeliña por estar ahí-aquí, por contribuír a enriquecer a nosa lingua con tanto agarimo e sensibilidade. Lindo sería que o ano que vén estiveses en Galiza "in situ" (pois sempre estás en espírito) para celebralo xuntos entre tangos e muiñeiras.
Bico de moralla ;-)

Mario disse...

Eu creo que hai que ir reformulando a pregunta e preguntarlles aos galegos que falan en castelán por que o fan. Eu creo que para falar galego non hai que dar explicacións.
Por certo que vin hoxe o documental este e pareceume chulísimo, habería que convencer aos da Coruña de que si poden, e que de feito o teñen todo a favor, empezando polo sotaque e polo sistema vocálico.

Rifo I de Zeuquirne disse...

Pois eu fago miñas tamén as palabras de Celso Emilio Ferreiro, "falo Galego porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña, porque me sae de dentro..."
Unha aperta.

SurOeste disse...

Nada máis natural que falar galego, no fondo.
Hoxe regaláronlle á miña filla unha camiseta que poñía: "aí vai o can coa bica toda!" Díxenlle: "a ver como lles traduces isto aos teus compañeiros de clase". Porque a isto chegamos, amigos, a esta situaciónn tan ridiculamente pouco natural.

paideleo disse...

E por que non ?.

Veloso disse...

É a lingua dos meus pais e dos meus avós. O estraño sería falar noutro idioma. Unha aperta.

FraVernero disse...

Vaia, que chego algo tarde porque estiven sen conexión todos estes días... Porqué falo galego? Qué remedio... Porque é a miña fala e o meu xeito de pensar e de vé-las cousas, anque se colen no pensar-expresar resabios de español e de inglés. Porque creo que as línguas son a mellor e maior creación cultural dun grupo de suxeitos colectivos, e expresan moi ben o seu xeito de vé-las cousas...

Modesto disse...

E, ademais de por todo canto se dixo, lembrando ao astuto lobo que devorou (segundo algunhas versións) á pobre da Carrapuchiña", para comerte mellor".
Unha saúdo desde o país dos mil ríos.

Amor disse...

parabens
no hablo gallego, pero escribo desde madrid recién aterrizado de galicia, de finisterre, que no conocía y me ha encantado
abrazos gallegos o como haga falta, de
amor

sara jess disse...

nena, teño ese documental gravado en dvd. como sei a paixón que pos en todo o que veña daquí, non me custa nada enviarche unha copia pra que quede pra ti. en serio, sen problema. mándame o teu enderezo ó meu mail e envíocha por correo.

um beijo

pd: que o pases ben coa visita de Toro

occam disse...

é que teño que expresarme!!, como o faría sinon?

O Breogán disse...

Eu falo galego porque ningunha outra lingua é capaz de expresar totalmente todo o que quero comunicar como a de eiquí. Supoño que si me tiveran criado no castelán opinaría o mesmo, pero do castelán. Disque cada lingua se adapta a cada cultura (sendo parte desa cultura), e evoluciona con ela. Se a miña cultura é a Galega, pois máis motivo logo para usar o galego.
Déixoche isto por se che gusta:
"Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de
obras de arte."
"se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma."
"a nosa "lingua rústica" vive porque aínda temos moito que decir
nela".
Son citas todas de Castelao.

Suso Lista disse...

¡Falade neniñas, falade ghallegho!

David disse...

Pois supoño que porque o aprendín de pequeno e me expreso moito mellor con el que con calquera outra lingua... E tamén polas razóns de C.E. Ferreiro, hehehe...

peke disse...

Eu tamén chego ben tarde e total para dicirche que non teño nin a menor idea. Ou si? Bicos. :)

Laurindinha disse...

Porque é a lingua na que aprendín a falar...
Porque é a lingua dos meus pais, dos meus avós, dos meus devanceiros...
Porque é unha lingua que foi maltratada, humillada, aldraxada...
Porque era a lingua dos parias, e sempre me poño a carón dos máis desfavorecidos...
Porque se esmorece unha lingua, morrerá unha das flores do xardín de linguas que é o mundo... e que vergonza que a que morra sexa a nosa flor...
Porque é a lingua na que amaron a miña nai, a miña avoa Laurinda, a miña avoa Carme, e a tía avoa Elvira, pasional onde as haxa, e a emprendedora tataraboa Casilda, e a melancólica Delfina...
Porque é a miña lingua na que soño...

Unha aperta, torredebabel!!

jan disse...

Eu aprendín a falar en castelán, crecín en castelán, fixen amizades en castelán e namoreime en castelán...

Eu continuei crecendo en galego, fixen amizades en galego e namoreime en galego tamén...

A miña avoa materna non é galega, os meus avós paternos falaban cos seus netos en castelán, e entre eles en galego, e os meus pais as falaron sempre con nós en castelán...A miña relación co idioma é as veces algo esquizofrénica...

Nada deso impediu que co tempo tivera o desexo de comunicarme en galego e que o faga moitas veces, pero non sempre...Nada deso contradí o meu desexo de que o galego sexa o idioma no que se críen os meus fillos o día que os teña...

Parzival disse...

Torredebabel (e todos os companheiros que leiam isto): na entrada que publico hoje proponho um tema que poderia interesar-te. Estaria muito obrigado se, ademais de opinar tu mesma, convidasses a fazê-lo a outra gente... :)