28 de mai. de 2007

Gerónima

Gerónima López Diz, viuva de Vázquez
Nigueiroá 8-8-1916 -- Bos Aires 28-5-2007

Pídovos unha lembranza bonita para a miña avóa que marchou nesta mañá xélida e gris, unha oración para os que tendes o refuxio dun máis alá, e a compaña dos que -sobre todo dende a diáspora- entendedes a dimensión desta enorme dor, desta inmensa soidade.

50 comentários:

Roi Buligan disse...

Pois non sei que se pode dicir, se acaso que tua avoa sigue existindo nas lembranzas dos seus que a reviviran en momentos sabiamente escollidos...e no riso do neto e nos acenos dos fillos e nos voso soños doces onde seguiredes oindo os pasos e a voz de Geronima avisando de que a vida sigue

Basho disse...

O meu pensamento e o meu carinho estão hoje contigo. Todos conhecemos essa dor. Extranha que o mundo não se detenha e berre e chore com nós. A mim consola-me pensar que en quanto eu lembre aos meus mortos, eles não estarão mortos de todo...

Eu quereria dar-te uma aperta, mas uma real, que fosse reconfortante, e não esta que tenho de enviar-te a través duma mensagem.

Lúa Neghra disse...

Hai un ano entendín perfectamente a dor que dá cando a persoa que sostén o noso mundo nos seus brazos desaparece.Pero ninguén desaparece de todo mentres a súa memoria queda en nós. Unha aperta grande, grande.

Anônimo disse...

A máis fermosa lembranza para ela e para ti, e unha grande aperta chea de agarimo porque sei do fondo desa dor. Mais pensa que todo o que viviches ao seu carón sempre estará aí, contigo, para sempre xamais.

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Unha aperta moi forte desde Galicia. As palabras nestes momentos sirven de ben pouco. Pero que saibas que por aquí andamos.

SurOeste disse...

A túa avoa vive para nós facendo zume de limóns, non se vaian perder que aínda é un pecado.
Bicos e ánimo.

Anônimo disse...

Coincido con lúa neghra, os que marcharon viven en nós e moitas veces nos nosos soños...Ese é o consuelo, se é que o hai...

Moitos, moitos bicos

Anônimo disse...

Unha aperta desde Galicia ata Bos Aires.

Suso Lista disse...

Sintoo moito. Moitos bicos pra toda a familia de esa sonrisa.

Torreira disse...

Sobran aa verbas e faltan as apertas...ala vai un fato delas alen do mar!.Apertas e bicos babel

Anônimo disse...

Sigo dende hai moito tempo o teu blog e nunca participei activamente nel... Entro hoxe para participar desa túa dor, para arroupar no desconsolo co único do que dispoñemos cando non pode haber tacto nin miradas: as palabras. A ti. A Gerónima.

Marinha de Allegue disse...

Minha ben querida amiga, toda a minha companha e o meu agarimo contigo. Sen palabras e con todo o afecto como ben di Torreira.

Tódolos Beijos e Apertas que precises.
:)

FraVernero disse...

As palabras só apreixan deficitariamente a realidade, e menos aínda cando se trata de cristalizar emocións... e nembargante, reixeitamos o silencio.

Se che pode servir de consolo, recibe a nosa aperta, a nosa simpatía, e a nosa lembranza dunha avoa que, en parte coa participación anterior na túa bitácora, se fixo un chisco máis inmortal e pervivirá un tempo non só na lembranza e dor daqueles que a quixéchedes, senón na letra de molde impresa que todos lemos, e que nos fai co-partícipes da emoción.

bouzafria disse...

Síntoo. Non é consolo pero vivirá na memoria dos que a quixeron. Unha aperta.

Artipractor disse...

No te preocupes, el Artipractor cuidará de ella allá donde esté.

Un beso.

TXARI disse...

de seguro que hâ de levar ese riso consigo aló onde vaia e o que deixou eu creo que é o máis valioso, as túas lembranzas son o seu legado...agarimos

Marcos Valcárcel López disse...

O meu pésame e unha aperta nestes duros momentos. Nada desaparece totalmente: quedan as lembranzas e quedas ti, parte fundamental dese fío invisible que nos comunica co pasado e coa memoria.

Clara Flor disse...

Na travesia do barco facia moito frio. Hoxe tamen vai moito frio en Bos Aires. As lembranzas pasan como un filme. Da infancia ao barco, do pais desexado, da vida enteira, do bisneto Santi,da herdanza de ser galega, das duras consecuencias de ser emigrante. Sobran as palabras para tratar de dar folgos. Ai estamos contigo, sabelo. Apertas ao lonxe

paideleo disse...

Síntoo por ti. Xa sabes que eu perdín o meu avó recentemente e comprendo a túa dor e dos seres que a querían.
Unha aperta forte e non esquezo o asunto da carta manuscrita.

Anônimo disse...

Vaia, sinto ler esta mensaxe tan tarde Babeliña: mándoche un fato de agarimo para que coloques sobre ese sorriso tan luminoso que desprende a túa avoa. Despois dos momentos difíciles, quedarán as vivencias de Gerónima das que seguro desfrutaches e aprendiches. Recibe unha aperta quentiña para non sentirte soa nas mañás e nas noites máis xélidas. A morte, co tempo, tamén é renacemento.Un bico grande
moralla

Anônimo disse...

O meu máis sentido pésame, amiga Torredebabel. Por desgraza (ou por sorte, vai ti saber) nada dura eternamente nesta nosa vida, unhas veces cruel, outras alegre...
Un bico grande e unha aperta de calor nestas difíciles datas para ti e para os teus.

Veloso disse...

Levo un pouco parado sen saber que escribir. No momento de dor non hai palabras que vallan. Hoxe, máis que nunca, mándoche unha aperta enorme. Que en paz descanse a avoa Gerónimo. O seu sorriso hate acompañar sempre.

Anônimo disse...

Mándoche unha sentida aperta, sabendo que a túa avoa seguirá entre nos, coas súas vivencias que tí tan ben nos relatas.

Anônimo disse...

Para as avoas non hai palabras, a min crioume a miña e cando se foi ... pero a súa lembranza e o que aprendín dela segue aquí. Unha aperta.

Nemeth disse...

nunca sei o que dicir nin o que facer nestes casos. Penso que todo sobra pero tamén sei que cando me pasou a min conforta saber que hai xente que che apoia. Así que só podo darche moitos ánimos e apertas.

Eduard a 39º 51' 14.57" N - 4º 12' 09.35" E disse...

Vexo que a tua avoa tiña claro cal era o eixo do seu mundo, e ti tamén. É o máis importante: deixouche un lugar de referencia, un lugar para a memoria, a moitos quilómetros de América, mais no que ti tamén vives, aínda que non sexa xusto nel.

Desde aquí, o meu pensamento para ela.

Ra disse...

Boa viaxe, Gerónima.
Un abrazo, Débora.

Son Unha Xoaniña disse...

Amiga Torredebabel, mándoche dende un rinconciño no oriente ourensán, unha forte aperta de consolo, inda que non che á quitar a dor que sintes.
Gerónima dende onde esté a seguir ó teu lado sempre, porque soupeches tecer entre as dúas eses "fios invisibles" pero fortes que unen para sempre.
Un bico.

Anônimo disse...

Ti seguirás unida a ela a pesar de que xa non estea aquí. Bicos.

Da sibeira e do cuarto disse...

Benquerida,
dende aquí xa unha oración por Gerónima. Que Deus a recolla no seu seo !!!
Unha aperta moi forte.

Anônimo disse...

Boas tardes e tristes tardes. Hoxe e una tarde coma as de Sarria. Debora, siento lo que sientes, se lo que es sentir que queda una como una hoja en el viento. Geronima te eligio como su heredera y aunque no creas antes de morir dejo en ti su memoria para que aquella historia se proyecte allende el mar y que cuando vuelvas a la tierra vaya contigo y asi ira ella. Bicos.

Anônimo disse...

Sé muy bien que no hay palabras que puedan reconfortarte en este momento.
Cuando se fue Otilia (mi abuela), sentía no sólo que perdía a quien yo quería con todo mi corazón, sino que se perdía parte de mi memoria.
Me torturé durante meses pensando en todas las cosas que debía haberle preguntado y no había hecho, pero cuando el duelo llegó a su fin, me di cuenta que me ella me había contado todo cuanto había querido, que siempre había escuchado con atención todo su legado, y entendí que también me había legado las preguntas.....y empecé de a poquito a buscar las respuestas.
Vos sos un pedacito de Gerónima, siempre vivirá en tu corazón.
¿Cómo vas a ser gallega ahora? Preguntale a tu corazón. O simplemente, relee tu mail.

Un fuerte abrazo

Anônimo disse...

Pois que como diria o meu Avó, isto que che acontece é unha carallada.
É un tremendo dor que non pode descreber-se, como tampouco non podemos descreber, quenes che queremos todo aquilo que sentimos nun momento como éste no cual non existe mellor palabra que o calor dunha aperta. Lamento non estar perto teu para poder dar-to.
Cómo seguir? Pois en princípio chorando todo o que sintas que tes que chorar por ela, por ésta é unha perda irreparábel .. nada .. ninguén poderá substituí-la.
Pero entón, terás que seguir da mesma forma que fixo ela cando veu para este pais: quitando forzas de onde non as tiña.
Ela non está mas. Non. É verdade. Pero deixou-che entre nós para que vivas ambas galeguidades, a tua e a dela. Para que as sigas transmitindo. A sua galeguidade vive en ti, agora.
O teu dor é tan grande que che pensas deslembrada, pero lembra que ela deixoche todo canto era e o tu tes a obriga de continuar esa obra que ela comenzo cando decidiu deixar a sua terra querida, porque sen aquela decisión hoxe non che teríamos con nós.
Grazas Gerónima pola semente que deixas: esta Neta que hoxe chorate sen consolo. Até logo!!

Sintagma in Blue disse...

biquiños

Cobiñas disse...

Pienso que la memoria que vas a legarle a Santiago seguramente será el mejor homenaje a tu abuela y al mundo que, gracias a ella, aprendiste a amar.
Unha aperta, Andrea

Micas disse...

Tua avoa sigue caminhando a tu lado sempre, porque vive dentro do teu coração. O corpo é apenas pó, o Tempo ajudará a amaciar a dor da perda fisica.
Unha aperta

varzino disse...

As avós são sempre mulheres sábias. A sapiência da vida. Quem te lê, por aqui, não pode deixar de sentir essa dor, essa tua dor. Sempre nos falaste dela, da tua avoa Xerónima, a ultima das quais no Zume de Limóns. Apesar da dor, da perda, e da saudade, ficarão sempre, na tua memória, os seus ensinamentos.
Uma abraço muito forte.

varzino disse...

E deixa-me dizer-te que me lembrarei sempre dela, da tua avoa Xerónima. Ela partiu no mesmo dia em que cumpro o meu aniversário (28 de Maio). Ficará para sempre, tambem, na minha memória.

Seoman disse...

Unha gran aperta e emocionada para ti en unha lembranza para atua aboa que seguro que descansara en paz...
Ten unha cara moi fermosa a tua aboa,
Moita apertas dende Galicia

Anônimo disse...

Quen sentiu o calor dunha avoa arrolando sabe mellor que ninguén a inmensa dor que se sinte cando parte.
Unha apreta inmensa.

Ulixes disse...

Cando nas noites de luar caladas
vía unha estrela polo ceo correr,
decía miña nai, cas maus direitas:
"¡Dios te guíe con ben!"

Dende entón, cando vexo que un galego
a terra deixa onde infelís naceu,
i achego busca noutras praias, digo:
"¡Guíete Dios!" tamén.
[...]


M. Curros Enríquez

moucho branco disse...

uf!, vaia nova para o retorno... eu non podo menos que crer nos meus particulares deuses, a eles pido nestas ocasións... o sinto moito... unha aperta.

Mrs.Doyle disse...

Gerónima segue acompañando a quen a coñeceu a través das lembranzas.

Unha aperta

Anônimo disse...

A Comunidade Asorita sinte que Gerónima desaparecese e que esteas triste. Síntoo (valdeorosa)

Anônimo disse...

A materia esvaecese e volve a terra, pero a lembranza nunca morre e Geronima vivirá sempre no teu recordo. Tan so terás que pechar as túas pálpebras e volveras a vela una e mil veces , as que ti desexes.
Unha sentida aperta.

Anônimo disse...

comparto a túa mágoa. hai nada a miña avoa tamén marchou coma unha andoriña migratoria e deixou ese espazo infindo e aberto da súa tenrura. as persoas que queremos son irrepetibles e con elas tamén imos nós e nós quedamos coa ausencia e a lembranza de todo o amor e vivenzas que desinteresadamente nos ofreceron. só nos queda manter acesa esa chama, transmitir esa luz aos que están ao noso carón e facer que cada día sexa único e continuar vivindo.
unha aperta!!!!

torredebabel disse...

Grazas a todos, de corazón. Agradezovos moitisimo que esteades alí. Sinto non atopar mellores verbas: non saen, fican anestesiadas, lonxe, algo descoñecidas. Adoitase decir que nestes momentos as palabras non fan gran cousa pero non é verdade. As vosas apertan, dan forzas, collen a forma dun bastón ou dun abrigo, dun pano, dunha man. As vosas palabras, unha a carón da outra, se cadra tamén constrúen unha ponte para eses momentos nos que mais sos e mais illanos nos sentimos...
Graciñas, de corazón!

Mario disse...

Sinto chegar tan tarde, e sinto moito que o noso país (que non é outra cousa que a súa xente, incluída a diáspora), teña un anaquiño menos.

Mr Tichborne disse...

Non teño oracións pero si que che fago compaña na túa dor e na túa lembranza. Unha aperta.

Suso Díaz disse...

Poucos sentimentos son tan sinceiros coma os das avós, moitas criaron a nosa xeración "obrigadas" por mor da ver como os seus fillos percuraban na emigración un futuro mellor para eses netos que quedaban a seu cargo, ademais cargaban coa casa e coas labores do campo, mulleres entregadas en vida, alma e amor os seus, son o verdadeiro valor que posuemos, son os alicerces do que somos.
Unha sentida aperta por tan grande perda.
Suso