20 de jun. de 2007

A identidade según Bauman

Ando traballando cun libro do sociólogo Zygmunt Bauman de quen engadiría aquí que é polaco se non fora porque o asunto da súa identidade é, precisamente, un tema que percorre a súa obra desafiando conceptos e provocando aos limites das categorías establecidas. Bauman é polaco por nacemento, ruso por circunstancias e inglés por elección. Gustoume moito este parágrafo no que me atopei eu mesma:

"A identidade desvélasenos so como algo que hai que inventar en lugar de descubrir; como o branco de un esforzo, "un obxectivo", como algo que hai que construir dende cero ou escoller de ofertas de alternativas e logo loitar por elas para protexelas despóis cunha loita ainda máis encarnizada..."

21 comentários:

paideleo disse...

Non anda nada descamiñado. A identidade dunha persoa varía coa persoa e ten vida.

mamiago disse...

encantada de coñecerte

Anônimo disse...

Dacordo. A identidade é unha construcción que se fai ao longo da vida ou algo así. Non lle parece? Imos experimentando e cas conclusións obtidas da experiencia ímos dando forma á personalidade.Líome Torredebabel, líome un pouco..

Un saúdo de valdeorosa-rosa

Anônimo disse...

E só inventándoa no canto de descubríndoa poderemos conferirlle singularidade e orixinalidade.
Moi acertado o Sr Bauman ;)

Anônimo disse...

É a definición de identidade que mais me gusta,aínda que non é a mais normal. A identidade nos nosos tempos quizais sexa màis así: segun o noso estilo de vida.

FraVernero disse...

Ben, encántame ver que de cando en cando, a xente topa lecturas e referencias en común. Fai xa bastante tempo lembro ter comentado algo na miña propia casa arredor deste sociólogo, un pensador tan interesante como -ás veces, e por temas-, controvertido.

Nada que obxetar ás súas propostas de construcción identitaria. Só engadiría que non só funcionan a nivel intelectual, creo, senón tamén colectivo. Qué é a pertenza a unha nación senón a construcción dunha identidade común entre varias ofertas, unha identidade que se reafirma logo a través da loita?

Son Unha Xoaniña disse...

Totalmente dacordo co Sr. Bauman e tamén co engadido de Fravernero, non so a nivel individual, senon tamén colectivo,"a pertenza a unha nación é unha construcción dunha identidade común" moi acertado.
saúdos.

Suso Lista disse...

É unha moi boa descripción. Esto tennos que facer pensar un pouco...ou un moito.

varzino disse...

Inaugura hoje, dia 22 de Junho, pelas 18h30, na Galeria Sargadelos (Porto), a exposição " Banda Desenhada Galega: uma retrospectiva – dos anos 70 à actualidade", com a presença do Dr. Luís Bará, Director Geral de Criação e Promoção Cultural, da Xunta da Galicia (pelouro da Cultura) e dos comissários da exposição, Fausto Isorna (também autor de BD) e Gemma Sesar.

A mostra, constituída por originais de mais de 20 autores galegos, está organizada em 4 períodos cronológicos: Pioneiros, Underground, Indústria e Presente. Nos primeiros tempos, destaca-se a influência da pintura na banda desenhada, tendo esta última um vincado carácter de intervenção política, com os nomes pioneiros de Reimundo Patiño ( La Coruna, 1936-1985), Xaquin Marin (Ferrol, 1943) e o Grupo do Castro (Xosé Diaz, entre outros). Os dois primeiros assinam, em 1975, a primeira BD galega, "2 Viaxes". Patiño considera que a arte popular foi aniquilada pelos novos meios de comunicação, perspectivando o comic como uma nova forma de expressão artística. No final dessa década, a revista Xofre, de que saiu apenas o primeiro nº (um dos autores é o então estudante Miguelanxo Prado), é alvo de ataques por parte dos nacionalistas galegos, acusada de "espanholista e imitadora do estilo francês". Os anos 80 (período da movida madrilena), surge em ambiente underground, com a multiplicação dos quadradinhos em revistas e fanzines. Nos anos 90, assiste-se por um lado a uma maior industrialização desta arte e por outro a um interesse crescente pela manga japonesa, salientando-se o idealismo e a aventura de uns poucos. Distinguida desde os seus primórdios, a BD da Galiza adquiriu projecção europeia. Destacam-se nomes como Emma Rios, Kiko da Silva e Das Pastoras. De assinalar também a revista Golfino e os fanzines BD Banda e Barsowia, que vêm confirmar a importância da banda desenhada galega no mundo da arte.

Tendo começado a sua itinerância, em finais de 2006, na conceituada Fundação Feima, em Madrid, a exposição passou por Barcelona e, no mês passado, pela Bedeteca (Lisboa).

Patente até 31 de Julho, na rua Mouzinho da Silveira, 294, Porto (Estação METRO S. BENTO)

TXARI disse...

gran reflexiom, e que pasa cando as identidades coinciden en gemtes próximas, som inventos copiados? paralelos? o que é claro é que muta

Anônimo disse...

Interesante, por certo, falando de todo un pouco, contoume un paxariño que igual este verán nos imos atopar... ogallá
Unha apreta.

Mrs.Doyle disse...

Canta razón...

Moralla disse...

Mais que descubrir, eu penso que a identidade é todo un proceso de construción até a mesma morte, de elaboración, de crecemento persoal que a fin de contas é o que somos, o que nos "identifica", a nosa "identidade". Ao longo da vida, imo seleccinamos, abrindo portas, tomando opcións que nos levan ao que van configurando a nosa esencia como seres humanos. Non creo no destino, camiñando somos!
Marabilloso post que fai reflexionar ao lector!!!
Urra Babeliña!!!
Bico inmenso
Yoli :-)

Marinha de Allegue disse...

A identidade para min é un concepto en construcción ao longo do tempo en función das vivencias e aprendizaxes. Curioso post.

Unha aperta
:)

A Raíña Vermella disse...

Encántame atopar xente que pon por escrito ideas que me bulen na cabeza. Despois digo: "ves? xa o pensaba Bauman" e síntome moi lista :p
O ideal sería poder construírnos sen ningún tipo de límite, desenvolver tódalas facetas de nós mesmos. Pero teño que engadir que a construcción consciente da propia identidade é un proceso que require esforzo, e moita xente non está disposta a facelo. Por iso existen toda unha serie de "identidades prefabricadas" que funcionan como a comida en lata. Aforran traballo.

Unknown disse...

ás veces pásame que me ando a buscar e non me atopo. pensaba que quizais podería ser que de tanto andar de aquí para acolá, algo se me ía quedando polos recunchos, talvez a miña sombra sexa demasiado preguiceira e cando por fin lle turro das orellas e lle digo, ¡vén para acá, calamidade!, somos un chisco estrañas a unha para a outra... e mira o que era, ¡a construcción da identidade, sempre en movemento!
apertas!!!

Anônimo disse...

Son tantos os factores que influen na creación dunha identidade que (afortunadamente)a maior parte de nós non temos o poder absoluto de todo o proceso.

Anônimo disse...

Un proceso longo e sempre inacabado o da consturción da identidade...Evolucionamos ata o noso derradeir alento e iso é bo.

llll disse...

ola. só quería felicitarche polo teu traballo no programa de Romaní. escóitoo sempre e creo que, dende a lonxanía, fas unha labor importante de dignificación de Galicia. é incrible a capacidade que tes para te afastar dos tópicos e facer unha análise comprometida e analítica do país estando a tantos quilómetros. xa podía ser así con outros que se consideran representantes da cultura galega. outro galo cantaría.

Mario disse...

Unha das cousas que máis me gusta dos discursos da negritude é esa tendencia a considerar que ser negro é unha elección, e non unha cuestión xenética.

Anônimo disse...

Os que somos fans de D�bora Campos queremos que colgues unha foto t�a no seu blog.

A forza da voz nas ondas radiof�nicas � o que ten.

Sa�dos