3 de jun. de 2007

Suso de Toro en Bos Aires

Quen só coñece ao inquietante escritor Suso de Toro pola súa obra pensará nel coma un home oscuro e difícil. Nada máis afastado da realidade. É un home cálido, loita contra a timidez cunha simpatía franca, e ten un sorriso contaxioso que loce máis do que el mesmo pensa. Como autor é virtuoso, intelixente, ambicioso e impiadoso: ten a teima de enfrontarnos ao retrato de Dorian Gray que cada quen de nós esconde no desván. Alí están os nosos medos, as nosas miserias. Alí os nosos egoísmos, as accións das que nos sentimos avergonzados e o noso lado negro e suxo. "Estou afeito a meter o dedo na ferida", di. Pero niso non hai a perturbación pola perturbación mesma senón un concepto literario audaz e ingrato: "Creo na capacidade de intervención da literatura, creo no poder da palabra", suliña. E quen leu as súas novelas, quen se achegou a elas, que conseguiu sair delas, sabe que é verdade.


Suso de Toro estivo en Bos Aires. Aquí asegurou que a súa última novela, Home sen nome, foi afogada pola crítica e que tivo con ela un problema de recepción porque os españois so queren obras complacentes ideoloxicamente. Tivo nesta viaxe de poucos días tempo para as risas e para as bagoas. E tamén para falar. Das moitas e moi impactantes cousas que dixo (que se poden ler aquí), quixera eu suliñar estas.

Dende que chegou a democracia, dende que se creou un goberno galego, e sobre todo dende que Manuel Fraga Iribarne comprendeu que o que alimentaba o poder político nunha democracia son os votos, dende ese momento buscou unha canteira de votos que fixeran que o seu poder político fora perpertuo. Enton foi que contemplou a emigración. Non o sei (pero podo incluso crer) se hai un aspecto de sinceridade pola súa experiencia como fillo dun pai emigrante. En todo caso, dende logo, houbo un aspecto de utilización cínica e perversa da situación histórica da emigración e da manipulación dunha parte da xente da emigración para conseguir un almacén de votos que era utilizado para perpetuarse no poder.

A idetidade das persoas é o tema mais moderno que ocorre en todas partes: en Nova Iork, en Fracia, en Inglaterra. Estase revisando a idea de cidadanía e estase resituando o componente de pertenza emocional, e revisando se é lexitimo ou non. Enton, o que está a ocorrer cada vez máis é que hai cidadáns dun Estado que desexan conservar dun modo regulado a súa relación con outra patria, nación ou comunidade. E iso é algo absolutamente contemporáneo e vai ser cada vez máis contemporaneo porque cada vez máis as urbes e cidades modernas están feitas de persoas que veñen doutro lugar. E hai unha cousa bonita que é que antes a xente tiña que negar o mundo do que procedía para integrarse á ideoloxia ríxida do Estado-nación.

Hoxendía, afortunadamente as nosas identidades son máis complexas, son máis individualistas, son mais libres. Temos que regularizar isto e comprender ademáis que se somos quen de trasladar ao mundo unha nova imaxe de país, unha nova Galiza que está nacendo, viva, bonita, atractiva, moderna, iso vai ser un banderín de enganche para moitas persoas que viven noutro país pero que queren ser parte desa Galiza. Eu gustaríame ter novas xeracións de persoas que quixesen seguir sendo norteamericanos, brasileiros, franceses, arxentinos, e ademáis diso que queran ter un lazo con Galiza por lealdade á sua historia persoal, pero tamén por orgullo e alegría, porque é algo bonito, do que se sintan orgullosos.

Tiven un problema de recepción clarísimo coa novela Home sen nome. En primerio lugar, coa crítica española. Encontreime con reseñas que foron moi favorables, nas que expresamente se recoñecía a enorme ambición literaria da novela, nas que decían que estaba a altura do desafío, e nas que a continuación podíalles máis unha cousa prexistente na que expresaban toda unha serie de pegas estéticas, anímicas, políticas... A que atribúo isto? pois a que amólalles verdadeiramente, disgústalles que unha novelística de moita ambición veña da literatura galega, é decir que non hai escritores españois neste momento que fagan desafíos literarios desa embergadura. Iso é evidente, altera a centralidade no mapa literario español.

Coa novela o que pretendín foi tocar dous tabus: o primeiro é o nome dos verdugos, eu na novela dou nomes dos asasinos. Por outro lado, ademáis decir o evidente que é que frente a complacencia en ser víctima (toda a sociedade española, a xente benpensante de esquerda di que somos todos víctimas) eu o que digo é que ali todo o que sobreviviu tivo que corromperse. Esa é a verdade das nosas vidas, das nosas familias. Eu tamen o xustifico porque houbo que sobrevivir, máis ao mesmo tempo a novela é moi incomoda porque obriga a decir: "Si, si, os asasinos estan aquí, siguen entre nós e calquera de nós pode ser fillo dun asasino". E en segundo lugar, é que se non es fillo dun asasino, es fillo dunha víctima dos asasinos que chantou, dalguen que se humillou. E iso é moi incomodo.

É, probablemente, a novela máis ambiciosa literariamente, pero foi afogada. Ali son aceptada as propostas que no fondo son complacentes ideolóxicamente: "Que víctimas somos, pobres de nós, canto asesino anda por aí". Xa está ben! Ese punto de vista é, no fondo, un ponto de vista conservador porque non obriga a afrontar a realidade do que foi. Somos unha sociedade construida polos vencedores.


Escribilo era unha decisión moi dura, e eu xa estou afeito, xa tiña demasiados conflictos abertos en moitos aspectos. Foi para min decir: "Vou meterme tamén neste lío". Pero pasa que eu entendo a literatura dun modo moi radical en moitos sensos e tamén dende o ponto de vista social: creo na capacidade de intervención da literatura, creo no poder da palabra, e pensei que esta novela -sinceramente- era un acto non so literario senon un acto de forza social, pensei que xeneraría un debate. Pero non. Foi afogada. Danse na Galiza sete ou oito premios a libro publicado e nin un foi para ela, para min é moi elucuente de que é unha novela que molesta.

No caso da crítica galega é que molesta ao lector porque o obriga a interrogar e a interrogarse a un mesmo. Aparte da perturbacion psicoloxica que provoca, as preguntas sobre a identidade, sobre a condicion humana e sobre o do que é capaz esa condición humana, é que non é nada complacente coas víctimas. Enton, o que lle va á xente é retratarse na figura da víctima, pero iso para min é reaccionario.


((Fotos de Herbas de Prata))

20 comentários:

Basho disse...

Bem pelo Suso! O que ele não diz, porque é certo que é modesto e tímido e suporia botar lenha ao lume, é que os ataques estão motivados por outras rações... extraliterárias. Não há muito o presidente Zapatero citou o nome de Suso de Toro como o do seu escritor favorito. Para certas mentalidades é motivo mais que sobrado para condená-lo à crucifixão, ainda que se apontem excusas críticas para fazer tal. O que nos faz suspeitar, porém, é o facto de repetir o mesmo argumento todos esses alegados críticos literários...

Com o que acabo de ler nesta entrada, eu, que não lera ainda Home sen nome, venho de engadir uma leitura imprescindível para a lista do meu verão...

Suso Lista disse...

Coincidin co Suso de Toro varias veces,mesmo fomos testigos xunto con Gómez de un xuicio a Xurxo Lobato, nun pleito ca Voz de Galicia, e desde logo sempre o tuven por un home xusto, e sobre todo, sin medo a decir as cousas. Bo escritor e millor persona.

Son Unha Xoaniña disse...

Eu son unha lectora asidua de Suso de Toro, inda que esta "homes sen nome", non a lin, pero xa so por o post que tes colgado, vouna mercar para ler xa.

Hai Cada disse...

Sigo a Suso de Toro dende que estaba no instituto... ¡hai un millón de anos! Graciñas pola crónica, habera que apuntar o libro para a próxima viaxe a Galiza.
Apertas.

Mrs.Doyle disse...

Non é dos meus favoritos... pero recoñezo que Polaroid é xenial.

Torreira disse...

Suso é un bo escritor do que gosto e tamen leo ainda que co paso dos anos cada vez coincido menos con el en cuestións extraliterarias (coido que a día d hoxe os seus posicionamentos son mais a cabalo gañador que dignos de ser considerados unha posición comprometida...mais eso non é literatura).Boa crónica babel.Bicos

Laurindinha disse...

Que post tan interesante...
A min Suso de Toro paréceme un excelente narrador... e unha persoa moi valente...

Sinto moitísimo o da túa avoa...

Unha grande aperta!

Anônimo disse...

Suso de Toro, é un estomago agradecido convertido en tonto util do PSOE. Non hai máis que ler os seus artigos no Pais diario oficial do PSOE para decatarse da súa evolución que ben pensado non é tanta. Sempre o lembro tentando amolar o nacionalismo cando orbitaba aredor de Esquerda galega-Unidade galega. Para min non significa nada, porque as plumas que escreben a favor do poder de turno danme noxo. Admiro os criticos ainda que non os comparta cando non están o servicio dos poderosos. Por mim que lle dean

Son Unha Xoaniña disse...

Pois non estaba eu ó tanto desto que comenta aquí o anónimo e máis o torreira, canto o sinto, pero é que a min os estómagos agradecidos escandalízanme, xa non os poido aturar.
saudiños

Raposo disse...

Suso de Toro paréceme un dos mellores escritores que ten Galicia e un bo analista da situación política e literaria actual.
Unha aperta.

Torreira disse...

Matizo...quen me pediria a min poñerme serio.Eu discrepo do anónimo,tan só digo que non coincido con moitos dos seus posicionamentos (lexítimos por outra parte).Como escritor (eso é importante) non teño nada que decir e como persoa (nas poucas experiencias que tiven con el) tampouco.
Dito e fechado

Ra disse...

La cuestión es que debe gustar mucho escucharlo allá, no torredebabel? Sea como sea, con la literaura hay que arriesgar. A mí tus crónicas siempre me ponen en la piel de la Galiza vista desde Buenos Aires, con Suso o con quien sea. Un lujo. Beso

FraVernero disse...

Bon, non ven ao caso facer unha polémica arredor de Suso, anque era visto que íamos tocar algún destes terreos...

Certo é que en Madrid se converteu no intelectual áulico de Zapatero, a quen acompaña ás veces e cuxas virtudes sempre tende a loubar. Nestes momentos é unha persoa totalmente afastada do nacionalismo.
Certo tamén que Suso decidiuse fai tempo a tomar unha opción valente e respectábel, anque non se comparta: deixar de ser profesor de liceu e vivir profesionalmente da literatura. É un transito que ao meu ver se pagou literariamente (aas cousas que escrebe parécenme cada días máis pobres), mais foi un risco que valentemente asumiu.
A min paréceme que segue tendo cousas que dicir, como escritor e como membro da intelligentsia, e que non andamos sobrados para andar botando pola borda á xente que decide profesionalizarse...

Sintagma in Blue disse...

Suso é unha das miñas debilidades e paréceme unha mente moi lúcida. Estivo hai pouco dando unha conferencia no Centro Galego Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) e o mellor de todo era escoitar os comentarios que lle facían algunhas velliñas ao rematar o acto e a infinita tenrura da ollada de Suso.

Nébeda Piñeiro Barros disse...

Cantas cousas se aprenden no teu blog. Gracias por contribuír á miña cultura. jeje. bico:**

Mr Tichborne disse...

De Toro é un grandísimo escritor, e pechándonos só na literatura, Home sen Nome é unha novela valente pero inferior a outras anteriores. E este é o seu grande mérito literario: é valente, non rexeita o conflito e procura sempre novas vías de expresión.
Do que di do complot contra el abráiame: escribe para o grupo de comunicación máis importante do Estado.
De cousas extraliterarias non estou tan ó tanto, nin tampouco me interesan, ainda que coido que é un tío coherente.

Anônimo disse...

Que interesante todo isto Torredebabel. Paréceme un bo escritor este home. Pero sí creo que é certo iso de que é a voz que asesora a Zapatero en algúns asuntos. Cada un elixe o que desexa. Eu non vou xulgar. Bicos e grazas pola visita(VALDEOROSA)

OSIÁN disse...

Ceguiños hai que estar, para non ver a marxinación que sofre Galiza por parte de Zapatero e dos gobernantes anteriores. Se alguen de supeto pasa a defender esa politica ese é un estomago agradecido. Non vexo nesas actitudes valentia ningunha, nin tampouco me vale de nada que o Pais sexa o grupo de comunicacion mais grande de España. Menudo analista que o uneco que fai e loubar a politica de Zapatero. A min non me vai facer comulgar con rodas de muiño. A sua literatura ultimamente deixa moito que desear. REspeto os que o defenden, pero afortunadamente eu non son do PSOE.

OSIÁN disse...

NON QUERO DECIR QUE OS QUE DEFENDEN A SUSO DE TORO SEXAN DO PSOE. FAGO ESTA ACLARACIÓN POR SE ALGUEN SE SINTE ALUDID, NON ERA ESA A MIÑA INTENCIÓN.

Anônimo disse...

Que manía de encadrar a xente polas súas ideas , acabaremos facendo de novo “autos de Fe” como sigamos por ese retorto camiño.
Un escritor pode facelo ben ou mal ou peor , gustar ou non , pero as súas ideas son súas e moi validas por erradas que e min u a calquera nos poda parecer.
Deixémonos de xulgar os demais pola súa maneira de pensar e tratemos de ser nos mellores do que somos.

Günter Grass Premio Nobel de literatura e premio Príncipe de Asturias das letras, disque foi Nazi ou das SS hitlerianas na súa xuventude, os que gustamos da súa lectura deberiamos queimar os seus libros agora?
Leemos a alguén porque nos gusta como escribe e deixamos de facelo se a súa narrativa nos desgusta , e non por as súas ideas.

Non xulguemos e non seremos xulgados , deixemos iso para os xuíces.

Bicos e apertas